200kg de peixe solidario para Cáritas
Máis de 200 kg de peixe capturado no transcurso do III Campionato Solidario Ferroatlántica de Pesca Submarina foron doados a Cáritas o pasado sábado, en virtude do acordo subscrito entre o Club Costa da Morte Sub, organizador do evento e a empresa Ferroatlántica, patrocinadora do mesmo.
Un campionato que gañou José María Formoso, pertencente ao club Os Petóns, superando aos 47 participantes.
O campionato celebrouse ao longo da mañá do sábado na zona de Muxía e desenvolveuse con total normalidade, dacordo co previsto, aínda que as condicións meteorolóxicas, a escasa visibilidade, impediron que se puidese pescar un número maior de pezas. Entre as especies capturadas e doadas á entidade benéfica, podían atoparse pinto, maragota, sargo, robaliza, dourada, muxo, abadexo, etc
Neste sentido, a organización puxo o acento no respecto aos bancos marisqueros de ría e no cumprimento da normativa da federación por parte dos deportistas participantes.
Entre as pezas capturadas, un pinto de 2.430 gramos, capturado por Pedro Silva, do Club Neptuno, foi a de maior tamaño.
Clasificación
- 1º - José María Formoso (Club Os Petóns).
- 2º- Carlos Atán (Club Costa da Morte Sub).
- 3º- Omar Alonso (Club Menas, Asturias).
- 4º- Agustín Louro (Club Costa da Morte Sub).
- 5º- Pedro Silva (Club Neptuno).
- 6º- Roberto Castiñeira (Club San Martiño).
- 7º- Aresio Gómez (Club San Martiño).
- 8º- Arturo Pasantes (Club Costa da Morte Sub).
- 9º- Rubén Pando (Club Pescamar, Asturias).
- 10º- Sergio Castro (Club San Martiño).
Novas relacionadas
- Investigadores europeos destacan a riqueza dos pecios da Costa da Morte.
- 2013: Pesca de disfrute e solidariedade en Carnota.
- 2012: O Campionato de Pesca Submariña cede 350 kg de peixe a Cáritas.
- A pesca que non se comercializa, do mar de Camariñas ás familias necesitadas.
- Cáritas poderá seguir atendendo a 150 familias na bisbarra.
- 0 57% dos galegos non pode permitirse ir de vacacións.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).