Mércores. 11.09.2024
El tiempo

28 anos de Fútbol Base na Costa da Morte

28 anos de Fútbol Base na Costa da Morte
Hemeroteca de La Voz sobre os Cadetes da Costa-1991 Hemeroteca de La Voz sobre os Cadetes da Costa-1991 Ata 1990 o único fútbol base que coñecía a zona da Costa da Morte era o de categoría xuvenil, e algún partido esporádico de exhibición de nenos antes das finais dos populares Maratons de Fútbol Sala. Ata que a finais de xaneiro de 1990 se puña a semente para ir ampliando os equipos as demais categorías. Tal e como se desprende da prensa da época, os equipos de 1ª e 2ª Rexional da Costa, reuníanse en Baio para crear unha competición de fútbol infantil. A convocatoria, a que asistiron representantes da Federación Galega de Fútbol, foi promovida, curiosamente, polo decano da Costa, o Baio. Nesa xuntanza incribíronse o Bergantiños, Outes, A Baña, Esteirana, Sporting Zas e o propio Baio, convertindo o municipio zaseiro no máximo representante canteirán con dous equipos. Na mesma xuntanza acordouse abrir un prazo ata o 10 de febreiro por si saían interesados a posteriori. A data de comenzo da competición estableciuse no 3 de marzo e o remate no 12 de maio.

Outas novas históricas do noso fútbol

Novas do libro dos 50 anos

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa

Fonte

  • José María Suárez.

Comentarios