2ª Autonómica: 3 líderes e 2 pechacancelas
12:16 21/09/15
O Ponteceso é un dos tres líderes tras vencer ao Mazaricos-Foto-SD
Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com
Quedan Castriz, San Lorenzo e Ponteceso como os únicos equipos con 3 vitorias nos 3 primeiros partidos. Por abaixo, Cabana e Volantes aínda non sumaron. A sorpresa da xornada foi a vitoria do Cerqueda ante o Baíñas, rompendo todas as quinielas.
Esteirana – Sporting Zas (0-5)
- Campo: José Luis Vara
- Esteirana: Ponte, Codesido, Tubío, Rafa (David m.77), Veloso, Damián Suizo, Álex, Simón (Serrano m.77), Marcos (Jaime m.46), Campos (Andel m.61) e Róber Pladur
- Sporting Zas: Bugui, Rubén Forján, Josito, Diego (Chapela m.58, Dani, Villa, Dieguiño, Isma, Manu (Adri m.59), Rubio (Sande m.59) e David Blanco
- Árbitro: Martínez Rodríguez (A Coruña). Sen amonestacións
- Goles: 0-1 m.41 David Blanco; 0-2 m.49 David Blanco; 0-3 m.56 Rubio; 0-4 m.68 David Blanco; 0-5 m.86 David Blanco
Todo un ‘Zas’ de David Blanco
Pequeno, escurridizo e talentoso coma poucos, o cabanés David Blanco resultou ser o grande protagonista e pesadelo para a parroquia local en Esteiro. Precisamente, un home que encaixaría á perfección no tipo de xogo dos azulgrana acabou por ser o máis determinante. Empezou a minarlle a moral el soíño aos seus rivais pouco antes de ir á caseta e, ao pouco de chegar, cun gol a centro de Rubén Forján e outro tras un pase en profundidade de Isma. Podería dicirse que aí morreu o que de igualado ou emocionante podía ter o choque xa que a Esteirana foi incapaz de xerar opcións claras de perigo. Rubio, tras unha recuperación na medular fixo o terceiro, e na media hora final todo acabou por ser un festín para que David Blanco completase o seu póker que lembraba o nivel da súa etapa en Montañeros.Ponteceso – Mazaricos (2-1)
- Campo: O Pinguel
- Ponteceso: Brais, Moscoso, Adrián, Cotelo, Puente (Pablo Regueiro m.92), Mendieta, Alberto Recarey, Iago (Juanma m.46), Nando, Cacha (Jose m.53) e Dieguito (Youssef m.88)
- Mazaricos: Miguel, Miguel Riveiro, Marcos, Matías, Martín, Ricardo, Pereiro, David, Estéfano, José Ángel e Molinos (Chenel m.46)
- Árbitro: Regos Martínez (A Coruña). Amonestou a Jose do Ponteceso; Ricardo, Matías, José Ángel, Chenel do Mazaricos
- Goles: 1-0 m.22 Alberto Recarey, de penalti; 2-0 m.80 Adrián; 2-1 m.92 Chenel
Estratéxico Ponteceso
Son encontros de poucas oportunidades nos que parece que apenas sucede nada pero vaia se sucede! O Ponteceso volveu tirar de estratexia e intelixencia para levarse un comprlcado choque ante o Mazaricos, un rival ordeado, experimentado e que sabe perfectamente a que xoga en cada momento. Para rachar a igualdade coa que comezou a cita, tivo que chegar un penalti por mans na área visitante. Claras, pero protestadas polo infractor ao entender involuntariedade. Alberto Recarey tirou de novo de galóns e converteu desde os once metros. Non variaría en exceso o panorama ata o segundo acto co Mazaricos buscando as contras e balón directo e o Ponteceso minimizando riscos. Un paradón de Miguel a Adrián e varios achegamentos perigosos nos visitantes foron a escasa bagaxe dos segundos cuarenta e cinco minutos. O propio Adrián, á saída dun córner, sentenciaría o choque a pesar do postreiro tanto de Chenel.Porteño – Cee (3-4)
- Campo: Agrixa
- Porteño: Moro, Pejo, Óscar, Manuel, Caamaño, Iago, Rodrigo (Quilmes m.51), Marcos (Parga m.60), Cristian, Wii (Cachirulo m.66), Grela (Sergio m.70)
- Unión Club Cee: Paulo, Nico, Rubén Fiuza (Andrés Fandiño m.75), Aitor, Jorge, Josiño (Esteban m.78), Jacobo, Pereira, David (Picallo m.60), Llanero (Chiru m.55) e Leo (Piquero m.60)
- Árbitro: Dacal López (A Coruña). Amonestou a Aitor, Chiru, do Unión Club Cee
- Goles: 0-1 m.14 Aitor; 1-1 m.20 Caamaño; 2-1 m.51 Cristian; 2-2 m.56 Leo, de penalti; 2-3 m.72 Rubén Fiuza; 3-3 m.76 Quilmes; 3-4 m.80 Esteban
Alternativas, polémica e cara vitoria para o Cee
Á terceira chegou a primeira para o Unión Club Cee, que foi quen de levarse un partido tolo no campo de Agrixa. Os de Alfredo Cambeiro esta vez si tiveron o acerto que lles faltara unha semana atrás ante Maikel, gardamallas do Ameixenda, e nos primeiros compases xa abriron a lata. Foi Aitor, cunha fenomenal volea, o que puxo en momentánea vantaxe aos seus. Cun pouco máis de posesión, o Cee non mantivo a renta e Caamaño, no primeiro acto, e Cristian, xa no segundo, voltearon en dúas accións desafortunadas dos branquiazuis. E aí, curiosamente xa con vento a favor, comezaría o cabreo local. Primeiro, ao reclamar un posible penalti por derribo de Paulo sobre Cristian e despois coa igualada ceense nunha pena máxima convertida por Leo. O intercambio de golpes seguiría cun gol de longa distancia de Rubén no que Moro puido facer algo máis, un disparo do local Quilmes tras unha falta lateral, e o definitivo de Esteban tras a xogada de Chiru para decidir a tarde. A mala nova para o Cee foi a lesión de Llanero.Buño – Fisterra (0-0)
- Campo: Xaviña
- Buño: Toni, Miguel (Jorge m.35), David (Pablo m.16), Dimitri, Eloy, Dani Mato, Iván Mato, Dani Calvete, Víctor, Fran e Neucha (Emilio m.60)
- Fisterra: Ángel, Rubia, Munitis (Yeray m.80), Guardiola (Santi m.73), Piti, Julito, Abel (Mané m.46), Pablo Lestón, Roco, Adrián e Adri (Bruno m.50)
- Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Expulsou a Piti, do Fisterra (m.89). Amonestou a Dani Mato, Víctor, Fran e Jorge do Buño; Abel, Roco, Adrián, Rubia do Fisterra
Resistencia oleira
Fixo todo o posible para levar os tres puntos un Fisterra sen sorte na tarde de onte. Certo é que o Buño aportou o seu cunha defensa ordenada e moi seria, que incluso se mantivo firme a pesar dos dous trocos obrigados na primeira metade. Posesión e perigo foron dúas variables que se manexaron case de forma exclusiva en clave verde e que estiveron moi disputadas co factor acerto, alleo desta vez para Abel, nun remate de cabeza, Adrián, ata en tres ocasións distintas, e Pablo Lestón, con dous disparos cruzados. Protestou, e moito, dúas accións o Fisterra: un gol anulado a Adrián, tras taconazo de Mané, e un posible penalti ao propio ariete, tras un agarrón continuado dentro do área.Baíñas – Cerqueda (0-1)
- Campo: Municipal de Vimianzo
- Baíñas: Sergio, Tantán, Carliños (Pablo Rey m.78), Mario, Alemán, Jorge Calvete (Esteban m.67), Eloy Cabeza, Matías (Jaime m.57), Javi Suárez, Pablo Muíño (Joselu m.85) e Migueliño
- Cerqueda: Diego Dourado, Darío, Xavi, Dani, Pazos, Manu (Eloy m.66), Lorenzo, Juanjo, Brais (Atu m.46), Adrián (Jonás m.51) e Martín (Bruno m.84)
- Árbitro: Méndez Castro (A Coruña). Expulsou a Pazos (m.55) do Cerqueda, Jaime (m.68) do Baíñas, ademáis de a Mario por protestar no derradeiro minuto. Amonestou a Migueliño, Alemán, Matías, Carliños, Sergio, Mario Casal do Baíñas; Diego Dourado, Dani, Juanjo e Manu do Cerqueda
- Gol: 0-1 m.78 Martín
O Cerqueda reventa as casas de apostas
Os antecedentes falaban dun Cerqueda tan competitivo coma desafortunado, pero seguro que nin os propios membros da familia bergantiñá terían xogado o soldo a un triunfo en Vimianzo. E non se pode dicir que a sorpresa da xornada fose escandalosamente inxusta, nin moito menos. Os locais non se asemellaron a si mesmos e os visitantes tiveron claro como limar as diferencias de calidade e sacar proveito da verticalidade. Jorge Calvete, Jaime ou Javi Suárez dispuxeron de accións de perigo, pero máis por empurre ou en balóns parados que en combinación. Os tres expulsados da tarde non son testemuña real do que pasou no campo,pois apenas houbo dureza no xogo. O premio para o Cerqueda chegaría a falta de doce minutos, tras un cabezazo de Martín nun córner. Darío executaría un penalti, que adiviñaría Sergio. A anécdota da xornada foi que o meta fisterrán Joselu acabou formando como dianteiro nos derradeiros minutos. O cabreo do Baíñas co colexiado cormelán Méndez Castro ten que ver, segundo aseguran desde Vimianzo, con ameazas previas ao comezo da Liga por parte do trencilla.Ameixenda-Camariñas (2-3)
- Campo: San Paio de Refoxos.
- Ameixenda: Maikel, Jorge, Trillo (Grille m.67), Camacho, Samuel, Jesús, Andrés (Demetrio m.73), Mamaño, Brais (Borja m.41), David (Antón m.46) e Mario (Bichiño m.83)
- Camariñas: Lala, Nico, Rodri, Kevin, Pablo (David Vieites m.70), Moro, Carlos (Sanchiño), Sule, Adrián (Brais m.55), Sergio Camelle (David m.55) e Yuyo
- Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Expulsou a Mamaño (m.32) do Ameixenda. Amonestou a Borja, Mario e Camacho do Ameixenda
- Goles: 1-0 m.18 Camacho; 1-1 m.20 Yuyo; 1-2 m.46 Sule; 2-2 m.50 Borja; 2-3 m.84 Yuyo.
Ameixenda e Camariñas danlle a F5
Resetearon as súas traxectorias Ameixenda, que por primeira vez non gañou, e Camariñas, que estreou o seu contador de triunfos. Dous conxuntos mozos, con virtudes cara á portería contraria e algún despiste na retagarda pintaron o cadro dun encontro tamén condicionado pola obviable expulsión de Mamaño á media hora de xogo. Comezara a película como as dúas precuelas, cun atrevido cadro local, ao que lle acompañou a fortuna nun pelotazo de Camacho desde corenta metros que acabou no fondo da rede. A vantaxe foi tan efímera como o dominio. Yuyo, a referencia constante dos palilleiros, igualou nunha acción de dianteiro e, pouco antes do descanso, xa en superioridade, Sule deulle a volta. Aínda que con menos presencia na área que o seu rival, o cadro ceense non afundiu e aínda volvería igualar nun balón longo de Samuel para Borja, que se desfixo de dous rivais para resolver. Constante na procura da vitoria, o Camariñas acabaría por atopar o premio a falta de seis minutos nun novo papel estelar de Yuyo.San Lorenzo-Cabana (5-0)
- Campo: As Pedreiras
- San Lorenzo: Javi Souto (Puyol m.63), Rubén Varela, Adrián Varela (Kevin m.63), Rudi, Juanjo, Álex Taibo, Álex Figueiras, Fuentefría (Joaquín m.63), Luis, Isaac (Mario m.54) e Juni
- Cabana: Vázquez, Valiña (Eloy m.46), Ismael (Grille m.46), Raúl (Aurelio m.35), Cabana, Varela, Diego, Fernando, Samuel (Álex m.75), Manolo (Cristian m.75), Reigia
- Árbitro: González Arévalo (A Coruña).
- Goles: 1-0 m.19 Juni; 2-0 m.35 Luis; 3-0 m.42 Juni; 4-0 m.60 Luis; 5-0 m.75 Joaquín
Unha historia rápida de contar
Apenas houbo incidencias máis alá dos goles nun encontro marcado novamente pola inexperiencia dun Cabana que dista da imaxe do seu debut fronte ao Castriz e que nos dous últimos partidos encaixou doce goles. Ademais, o equipo está sen Miki e Nando, teoricamente os seus dous puntas titulares. Foi a tarde máis prácida da tempada para o San Lorenzo.Castriz – Volantes de Baño (6-0)
- Campo: San Pedro
- Castriz: David, David Velo, Álex, Alberto (Diego Maneiro m.40), Miguel, Martín Uruguayo (Óscar m.74), Bolón, Fabián (Dani Martínez m.50), Bruno (Iván Pastoriza m.60), Darío Capelo e Álex Flores
- Volantes de Baño: Jose, Sergio, Juan, Álvaro, Javi, Pardelo, Sergio, Ramón, Áñex, Rubén Santos e Iago
- Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Expulsou a Iago, do Volantes de Baño (m.75). . Amonestou a Martín Uruguayo del Castriz; Jose e Álvaro do Volantes
- Goles: 1-0 m.5 Álex Flores; 2-0 m.12 Darío, de penalti; 3-0 m.34 Álex Flores; 4-0 m.66 Dani Martínez; 5-0 m.84 Álex Flores; 6-0 m.87 Iván Pastoriza
Preocupante realidade do Volantes
Apenas houbo pelexa nin loita nun encontro no que contrastou o fondo de armario e a ambición local, cos problemas visitantes para completar unha convocatoria de doce ou trece futbolistas. A ausencia de Yanky penalizou máis se cabe a un Volantes en construcción. A xogada que máis proveito lle pode sacar o Castriz é a estratexia do tanto inicial de Álex Flores.Coristanco – Carnota (5-1)
- Campo: A Rocheira
- Coristanco: Herrera, Rubén, Rubio, Pablo Díaz, Mato, Lagoa, Ivi (Sergio m.82), Andrés, Iván (Damián m.87), Magovi (Samu m.65) e Gonzalo (Johny m.78)
- Carnota: Peipo, José Ángel (Alexis m.46), Manolo Chouza, Tono da Caixa, Adrián, Carocho, Raúl, Berni, Oreiro e Óliver
- Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Magovi, do Coristanco; Miguel Ángel e Peipo do Carnota
- Goles: 1-0 m.43 Rubio; 2-0 m.52 Gonzalo; 2-1 m.54 Alexis; 3-1 m.63 Gonzalo; 4-1 m.81 Iván; 5-1 m.84 Lagoa, de penalti.
Non foi para tanto
Xusta pero excesivamente avultada foi a vitoria do Coristanco sobre un Carnota ao que se lle fixo moi longo o encontro e moi curto o banco. Pódese dicir que A Rocheira viviu o seu partido CanalPlus xa que ás dez da noite os futbolistas nin siquera estaban nas duchas. O dominio era pataqueiro ata que, pouco antes do intermediom un córner botado por Lagoa foi cabeceado a gol por Rubio. Obrigado a abrirse, o cadro visitante concedeu espazos e sufriu o 2-0 nun contragolpe finalizado por Gonzalo. Parecía sentenciado o encontro pero Alexis mantivo a incerteza nunha execución de pelota parada. Unha hora, iso foi o que durou a resistencia, xusto ata que Gonzalo matou o encontro cun tiro lonxano. Protestou nalgunha acción o Carnota a falta de visibilidade, pola hora de xogo.Crónicas da 2ª Autonómica – Bazarra
- X.1: E veña goles, e veña festa.
- X.2: Un derbi para a historia.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
- En marcha un novo curso de Monitor de Fútbol Base en Santa Comba.
- Óscar Leis analiza o estado de saúde da canteira do Dumbría CF.
- Guillermo Parga a Cambeiro: Só lle falta o Dépor.
Fonte
- Guillermo Parga ([email protected]).