Domingo. 03.11.2024
El tiempo

2ª Autonómica: A Costa da Bastilla

2ª Autonómica: A Costa da Bastilla
Volantes e Esteirana dando exemplo-Foto-Nicasio Lago Volantes e Esteirana dando exemplo-Foto-Nicasio Lago Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com Acabouse o reinado do Ponteceso, nun partido surrealista en Ara Solis, e o Zas toma a alternativa tras vencer, con apuros, ao Cerqueda. Baíñas, San Lorenzo e Mazaricos acurtan distancias, mentres o Castriz volve deixarse dous puntos, permitindo que o Fisterra xa o alcance. Por abaixo, segue preocupando a situación do Cabana, o único que non coñece a vitoria. O detalle da xornada protagonizárono Esteirana e Volantes, nun fermoso e limpo derbi.

Unión Club Cee 2-0 Buño

  • Campo: San Paio de Refoxos.
  • Unión Club Cee: Ángel Luis, Nico, Jorgito, Jacobo, Rubén Fiuza (Borja m.44), Piquero, Josiño (Xabi m.70), Llanero, Leo (Isma m.67), Dani Picallo (Penedo m.67) e Chiru (Andrés Trillo m.87).
  • Buño: Toni, Dimitri, Pablo, Dani Mato, Eloy, Dani Calvete (Emilio m.75), Miguel (Jorge m.60), Dourado (Gurita m.80), Richard (Juan m.67), Fran Borrazás e Víctor.
  • Árbitro: Soto Eiroa (A Coruña). Amonestou a Xabi, Jorgito e Llanero do Cee; Fran Borrazás e Dani Mato do Ponteceso.
  • Goles: 1-0 m.14 Leo; 2-0 m.90 Piquero.
Éxito con lavado de cara Importante triunfo para un Cee que se presentou cunha convocatoria na que figuraban varios xuvenís. O Buño segue pelexado co gol desde hai dous meses, e esta vez Miguel, nun man a man con Ángel Luis, e Víctor, golpeando o pau, foron os encargados de amosalo. Un pase medido para Leo con xogada persoal do de Corcubión, así como un gran disparo desde fóra do área de Penedo, resultaron ser as accións definitivas e goleadoras. A boa nova para os ceenses, ademais da victoria, foi o debut de Andrés Trillo, tras mancarse na pretempada.  

San Lorenzo 2-0 Ameixenda

  • Campo: As Pedreiras.
  • San Lorenzo: Javi Souto, Isaac, Adrián Varela, Rubén, Juanjo, Anxo (Parafita m.60), Álex Taibo, Mario, Luis (Omar m.77), Fuentefría (Kevin m.84) e Juni (Dani m.85).
  • Ameixenda: Maikel, Javichu, Trillo (Grille m.88), Álex, Serginho (Samuel m.75), Jesús, Bicho, Bichiño, Demetrio (Ruso m.81), Borja, Antón Lestón (Rafa m.68).
  • Árbitro: Gómez Otero (A Coruña). Amonestou a Juni e a Puyol; Antón Lestón e Serginho do Ameixenda.
  • Goles: 1-0 m.62 Fuentefría; 2-0 m.71 Juni.
Suspense na vitoria do San Lorenzo Unha vez máis prantexou unha faena compricada o Ameixenda, que durante unha hora soñou incluso coa victoria nas Pedreiras de Verdillo. O San Lorenzo dominou e apretou, pero con máis sensacións que accións concretas de perigo. Dous disparos lonxanos de Sergio foron a bagaxe dun Ameixenda ben plantado. Xa no segundo acto, e curiosamente cando máis parexo estaba o choque, houbo premio para os carballeses. Abriu a conta Fuentefría, tras unha xogada de Juni pola banda esquerda, con rechace de Maikel e un balón morto que o mediocentro empurra a gol. Pediron mano os visitantes, infructuosamente. Sentenciaría pouco despois Juni, ao converter en gol unha moi boa acción persoal de Luis.  

Camariñas 3-2 Carnota

  • Campo: Hermanas Patiño.
  • Camariñas: Pablo, Vicente, Kevin, Rodrigo, Moriño, Soule, David (Vieites m.76), Yuyo, Carlos Meu Lar (Sergio m.73), Nico e Paco.
  • Carnota: Peipo, Pumuky, Manolo Chouza, Pedro (Alexis m.80), Adrián, Miguel, Nakata, José Ángel (Óliver m.76), Oreiro, Raúl (Bernardo m.76) e Manuel Luis.
  • Árbitro: Insua Lago (A Coruña). Amonestou a Paco, David e Nico do Camariñas; Pedro de Pichín, Cibrán, Miguel e Peipo do Carnota.
  • Goles: 1-0 m.3 Yuyo, de penalti; 1-1 m.19 Manuel Luís; 2-1 m.54 Soule; 3-1 m.84 Yuyo; 3-2 m.87 Manuel Luís.
Yuyo vence na batalla de goleadores Nove goles en dez partidos suma xa Yuyo, dianteiro dun Camariñas que ten feito un 'all in' polo canteirán no seu arriscado e xoven proxecto. Onte, foi unha man vencedora no intercambio de golpes ante un Carnota con algo de infortunio e con problemas no repliegue. Comezou pronto o espectáculo, xa que aos tres minutos o propio Yuyo xa convertía un claro penalti por mans de Pedro de Pichín. E apenas un cuarto de hora despois habería réplica doutro home en estado de gracia, Manuel Luis, que abriu a súa conta persoal cun gran disparo desde o punto de penalti. Houbo un punto de inflexión nunha ocasión en boca de gol que José Ángel non foi quen de resolver con 1-1. Xa no segundo acto, un córner e unha falta a favor do Carnota tiveron contras letais dun Camariñas que sentenciaría por medio de Yuyo.  

Cabana 0-5 Mazaricos

  • Campo: As Redondas.
  • Cabana: Adrián, Grille (Eloy m.46), David, Ismael, Jose (Christian m.70), Aurelio, Rama (Diego m.57), Fernando (Álex m.86), Santi, José Manuel e Raúl.
  • Mazaricos: Miguel, Miguel Riveiro (Martín m.76), Matías, Ramón (Coxo m.84), Marcos, Ricardo, Pereiro, Estéfano, Molinos (Orlando m.80), Chenel e José Ángel (Chico m.60).
  • Árbitro: Fuentes Seoane (A Coruña). Amonestou a Miguel e a Chico do Mazaricos.
  • Goles: 0-1 m.11 Ramón; 0-2 m.44 José Ángel, de penalti; 0-3 m.53 Chenel; 0-4 m.75 Chenel; 0-5 m.89 Estéfano.
Apenas houbo máis que unha parte Sinxelo triunfo do Mazaricos sobre un Cabana ao que lle afectan demasiado os golpes. Unha primeira metade parexa resolveuse cun gol de penalti de José Ángel que prácticamente pechaba a cita. Desapareceron os locales e a único nova interesante foi o gol de libre directo de Estéfano.  

Cerqueda 2-3 Sporting Zas

O Zas, de amarelo, novo líder da Liga da Costa tras vencer en Cerqueda e aproveitar a derrota do Ponteceso en Ara Solis-Foto-UD O Zas, de amarelo, novo líder da Liga da Costa tras vencer en Cerqueda e aproveitar a derrota do Ponteceso en Ara Solis-Foto-UD
  • Campo: Xaviña.
  • Cerqueda: Diego Dourado, David, Sergi (Juanjo m.50), Dani, Manu, Pazos (Uru m.58), Adrián, Fernandito, Martín, Lorenzo e Brais (Eloy m.52).
  • Sporting Zas: Bugy, Diego Fernández, Isma, Josito, Dieguiño, Cilindro, Manu (Martín m.74), Sande (Pablo m.84), Chapela, Dani e David Blanco (Steven m.37).
  • Árbitro: Gándara Bello (A Coruña). Amonestou a Adrián, Sergi e Eloy do Cerqueda; Chapela, Sande e Diego do Sporting Zas.
  • Goles: 0-1 m.5 Chapela; 1-1 m.7 Dani, de penalti; 1-2 m.29 David Blanco; 1-3 m.46 Dani; 2-3 m.86 Juanjo.
Xaviña corona un novo líder O pinchazo do Ponteceso e un novo éxito da maquinaria do Sporting Zas converten a este último en novo líder da Liga da Costa. Non foi sinxelo fronte a un Cerqueda acostumado a competir, con maiúsculas, e que nin se veu abaixo cos goles madrugadores dos zascenses. Con só cinco minutos de xogo, Chapela fixo o primeiro tras un disparo que Diego Dourado parecía ter sacado en primeira instancia, pero que acabou por entrar no marco local. Tres xogadas tardaron os de Emilio Uzal en respostar e igualar. Sería de penalti convertido por Dani, especialista do equipo. Cinco minutos antes de mancarse, David Blanco daríalle a volta ao marcador ao aproveitar un bo pase de Josito. Dani, xa no segundo acto e desde a frontal, parecía sentenciar para o Sporting. Houbo suspense final debido a un tiro desde cuarenta metros que Bugy calcolou fóra e que acabou por entrar na rede. [fbvideo link="https://www.facebook.com/union.cerqueda/videos/983291001734281/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]  

Fisterra 4-2 Ponteceso

  • Campo: Ara Solis.
  • Fisterra: Norberto, Rubia, Munitis, Manuel Cartamil (Robertín m.64), Piti, Guardiola, Adrián Makaay, Roco, Pablo Lestón (Cote m.86), Adri (Roa m.59) e Bruno.
  • Ponteceso: Brais, Puente (m.80), Collazo (Cacha m.46), Dani Cotelo, Charly, Laik, Nando, Recarey, Mendieta, Dieguito e Youssef (Eloy m.46).
  • Árbitro: Gil Soriano, Eugenia (A Coruña). Expulsou a Charly (m.29). Amonestou a Bruno, Rubia, Manuel Cartamil, Guardiola, Adrián, Rodrigo e Pablo Lestón do Fisterra; Mendieta do Ponteceso.
  • Goles: 1-0 m.18 Guardiola; 2-0 m.48 Adrián Makaay, de penalti; 3-0 m.58 Adrián Makaay; 3-1 m.62 Nando; 3-2 m.68 Alberto Recarey; 4-2 m.89 Adrián Makaay.
Festival de Adrián Makaay... e de María Eugenia A primeira derrota do Ponteceso, e por ende a recuperación do espíritu do Fisterra, chegaron en medio dunha surrealista actuación da colexiada María Eugenia Gil Soriano, quen no ácta inventouse un partido paralelo que realmente non existiu. No estrictamente deportivo, non funcionou a resistencia dun conxunto visitante algo timorato na saída e fallón no repliegue. Non tardou en plasmar o dominio en gol o Fisterra, tras unha xogada de Bruno con rexeite que Guardiola resolveu con maestría case desde o pico do área. Seguía a superioridade local na chegada, acentuada a raíz da evitable expulsión de Charly por dúas infraccións cativas. Afundiría tralo descanso o equipo de Barca. Adrián, de penalti primero e de falta despois, parecía resolver un compromiso que Nando, de cabeza, e Alberto Recarey, de falta, se encargarían de resucitar. Adrián pecharía o seu hat trick e o partido nunha postrera contra. Goles aparte, foi o Fisterra quen máis perigo levou nas áreas, e quen máis quixo o balón. Pero todo estaba condicionado polo dantesco espectáculo de María Eugenia. Estes son os erros do acta de María Eugenia:
  • O hat trick dallo a Santi Pelada, en lugar de a Adrián, cando o primeiro leva un mes mancado.
  • Tamén teóricamente Santi Pelada foi amonestado, cando leva un mes mancado. A cartulina debería ser para Adrián.
  • Borja Munitis consta como expulsado durante o encontro, cando en ningún momento tivo que abandoar o terreo de xogo. A posteriori tamén sería expulsado.
Ademais, o Ponteceso remitirá vídeo en protesta pola arbitraxe.  

Volantes de Baño 1-3 Esteirana

  • Campo: Eleuterio Balayo.
  • Volantes de Baño: Rubén Santos, Maceiras (Álex m.59), Mou, Juan do Sivil, Paky, Cucurro (Yeray m.73), Uru, Javi, Roi, Cajulo (Pardelo m.53) e Yanky.
  • Esteirana: Manuel, Eloy, Álex, Adrián, Pablo, Codesido (Marcos m.61), Jorge (Martín m.68), Simón, Tobío (Rafa m.61), Róber Pladur e Suizo.
  • Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña). Amonestou a Paky e Roi do Volantes.
  • Goles: 0-1 m.34 Róber Pladur; 0-2 m.43 Jorge; 0-3 m.62 Róber Pladur; 1-3 m.77 Yanky, de penalti.
Cómodo derbi para a Esteirana Non tivo demasiada historia a victoria esteirana no derbi fronte a un Volantes que volveu retroceder os pasos ao frente que dera nas semanas anteriores. Antes do gol de penalti que supuxo o 1-3, convertido por Yanky, o Volantes reclamou outra pena máxima máis clara. Foi superior e xusto gañador o equipo azulgrana.  

Baíñas 5-0 Porteño

  • Campo: Municipal de Vimianzo.
  • Baíñas: Sergio, Matías, Carliños, Mario (Pablo Rey m.64), Jorge Calvete, Eloy Cabeza (Tantán m.67), Canay (Cristian m.67), Javi Suárez (Héctor m.75), Alemán, Jose (Jaime m.54) e Migueliño.
  • Porteño: Martín, Gabi, Jose, Roi, Manuel (Cristian m.46), Sergio, Doyle, Jorge (Cachirulo m.63), Marcos (Curra m.73), Wii (Iago m.46) e Rodrigo (Óscar m.46).
  • Árbitro: Gil Soriano (A Coruña). Amonestou a Jorge Calvete e Migueliño do Baíñas; Jose, Wii e Cristian do Porteño.
  • Goles: 1-0 m.28 Matías, de penalti; 2-0 m.59 Matías, de penalti; 3-0 m.71 Javi Suárez; 4-0 m.75 Tantán; 5-0 m.82 Jaime.
Pouca resistencia do Porteño Aguantou unha hora con vida o compromiso de Vimianzo, no que o Porteño apenas tivo oportunidades claras de perigo. Dúas penas máximas, unha delas protestada polos visitantes, racharon coa igualdade e Pablo Mallón aproveitou para darlle minutos aos menos habituais.  

Castriz 2-2 Coristanco

  • Castriz: Añón, Sergio (Miguel), Álex, Martín Uru, David Velo (Martín Gemelo), Bruno, Iván (Bolón), Fabián, Dani Martínez, Darío e Álex Flores.
  • Coristanco: Herrera, Samuel, Iván, Rubén, Mato, Toni (Damián m.55), Andrés (Lagoa m.30), Pazos (Mallón m.80), Magovi (Alexis m.75), Gonzalo e Ivi.
  • Goles: 1-0, m.15: <strong>Darío dende o borde da área; 1-1, m.32: Magovi resolve un man a man; 1-2, m.55: Rubén de cabeza nun córner; 2-2, m.80: Álex Flores.
  • Lesión: o visitante Andrés.
  • Expulsión: o local Dani Martínez e o visitante Ivi no m.85 por unha rifa.
Frenazo do Castriz Non fixo un bo partido o cadro de Periscal, que non acertou no prantexamento, e o Castriz sacou un punto e mesmo puido quedar sen el. Comezaba o choque co Coristanco moi ben situado, e un Castriz ao que lle costaba saír coa pelota xogada. Aínda así, a pegada de Darío puña ao equipo local por diante. Os de Da Silva daban un paso adiante e nese primeiro tempo conseguían facer perigo en varias ocasións. Ivi pediu penalti e Magovi cruzaba demasiado. Así, á media hora, chegaba o empate cun man a man de Magovi. Comezaba a segunda metade co segundo gol visitante nun córner. Eran minutos de desconcerto nos que o Castriz tíñase que ir arriba, pero os verdes sacaban contras. Pero aparecía a calidade e o oportunismo dun gran Álex Flores para igualar o marcador nunha xogada protestada polos visitantes por posible fóra de xogo. TYería aínda o Coristanco unha máis no último suspiro, xa cos dous equipos con 10 no campo tras unha doble expulsión, pero o tiro de Gonzalo acabaría fóra.  

Crónicas da 2ª Autonómica

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios