Domingo. 06.10.2024
El tiempo

2ª Autonómica: As sillas eléctricas

2ª Autonómica: As sillas eléctricas
  • O mesmo día que Nuno deixaba o Valencia por verse incapacitado, Mallón facía o propio co Baíñas por motivos persoais (lean a emotiva carta de despedida), mentres que Amador amagou con deixar o Carnota.
POlemica en San Andres-Foto-Alejandro Mel Non faltou a polémica en San Andrés-Foto-Alejandro Mel Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Entraron os vértigos na zona alta da Liga da Costa, onde asoma sorprendente a cabeza do Mazaricos. Había duelos directos por arriba, e nin Zas nin Ponteceso sacaron máis dun empate ante os perseguidores Castriz e San Lorenzo. A vantaxe é mínima entre os 4.  

Buño 4-2 Porteño

  • Campo: Xaviña.
  • Buño: Toni, Miguel, Fran Borrazás, Dani (Eloy m.75), Dimitri, Dourado, Emilio, Gurita (David m.46), Víctor, Dani Calvete e Iván (Jorge m.46).
  • Porteño: Martín, Gabi, Jose, Caamaño, Adrián (Mario m.82), Quilmes, Doyle, Cristian, Rodrigo, Jorge (Marcos m.63) e Wii (Cachi m.63).
  • Árbitro: Ramos López (A Coruña). Iván, Dimitri e Dani Calvete do Buño; Carlos e Doyle do Porteño.
  • Goles: 1-0 m.18 Dani Calvete; 1-1 m.26 Jorge; 1-2 m.30 Wii; 2-2 m.48 Fran Borrazás; 3-2 m.74 Víctor; 4-2 m.79 Gurita.
A ferida do Porteño é máis profunda Tivo nas súas mans un triunfo fundamental o Porteño, pero non foi quen de manter un resultado que durante vinte minutos sorriulle. O Buño, forte na casa en momentos chave, comezou máis forte e adiantouse no marcador, tras un balón largo peinado por Víctor e ben resolto por Dani Calvete. Máis rápido con espazos, o Porteño non toleou e deulle a volta ao marcador en só doce minutos. Jorge, nun córner ao segundo pau, e Wii, libre de marca no área pequena, acadaron a remontada momentanea. Pero non contaban os da Ponte co golpe psicolóxico que pegaría Fran Borrazás á volta dos vestiarios. O 2-2, tras unha boa execución de balón parado, foi unha inxección de moral oleira, que atoparía o clímax no 3-2, de Víctor, e nun afortunado tiro de Gurita.  

Ponteceso 3-3 San Lorenzo

  • Campo: O Pinguel.
  • Ponteceso: Brais, Puente (Youssef m.85), Collazo, Nando, Recarey (Aday m.36), Juanma (Ismail m.46), Dieguito, Laik, Cacha (Pablo m.94), Mendieta e Charly.
  • San Lorenzo: Javi Souto, Rubén, Adrián Varela (Kevin m.75), Rudi (Anxo m.60), Juanjo (Omar m.80), Figueiras, Álex Taibo, Mario, Fuentefría, Luis e Juni.
  • Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña). Expulsou a Mendieta (m.71) do Ponteceso. Amonestou a Diego do Ponteceso; Rudi, Adrián, Parafita do San Lorenzo.
  • Goles: 1-0 m.4 Cacha; 1-1 m.32 Juni; 1-2 m.43 Luís; 2-2 m.55 Nando; 3-2 m.56 Dieguito; 3-3 m.94 Collazo, en priopia meta.
Costeiro a tope Se houbese que definir un partido clásico da Costa utilizaríanse argumentos coma a intensidade, a emoción e a espectacularidade. A todos eses puntos ceñiuse o guión do Ponteceso-San Lorenzo, resolto cunha carambola case que fóra de tempo. Con prantexamentos similares e atrevidos, os dous equipos foron arriba de inicio, aínda que con maior tino por parte dos pupilos de Barca, que tiraron da súa gran virtude, o balón parado, para adiantarse no rexeite dun córner. Non lle chegaría ao intermedio a alegría, xa que nun sprint final bravo Juni e Luis, protagonista absoluto onte, voltearon o marcador. O zurdo asistiu primeiro e resolveu con clase despois. Para entón xa se mancaran dous dos protagonistas do curso no Ponteceso, pero iso non decreceu o nivel do equipo. Repetiuse o discurrir inicial cun cadro local novamente moi forte, e que remontaría en só dez minutos. Nando, nun centro lateral de Diego, e Dieguito, tras un pase en profundidad, deixaban virtualmente líderes aos brancos. Fundamental resultaría a expulsión de Mendieta nos últimos vinte minutos, que fixo recuar de máis ao Ponteceso. E a insistencia carballesa atoparía o premio nun mal despexe de collazo na prolongación.  

Esteirana 1-0 Baíñas

Esteirana Seniors-Foto-Nikasio Lago Plantel da Esteirana-Foto-Nikasio Lago
  • Campo: José Luis Vara.
  • Esteirana: Manuel (Roberto m.69), Eloy (Marcos m.60), Rafa, Martín, Álex, Pablo, Campos, Codesido (Damián m.89), David (Simón m.46), Jaime e Tobío.
  • Baíñas: Joselu, Mario, Tantán (Héctor m.78), Pablo Rey (Samuel m.78), Jorge Calvete, Jaime, Eloy, Javi Suárez, Eloy Cabeza, Alemán e Migueliño.
  • Árbitro: Del Río Amor (A Coruña). Amonestou a Codesido da Esteirana; Joselu e Mario do Baíñas.
  • Gol: 1-0 m.72 Pablo.
Adeus de Pablo Mallón Non foi o resultado, senón motivos persoais, pero Pablo Mallón adestrou onte por última vez na derrota contra a Esteirana. Terá que buscar o Baíñas un novo capitán para a nave, mentres que o carballés vivirá o primeiro paréntesis deportivo en quince anos. É unha decisión que viña rondando a súa cabeza desde hai varias xornadasA directiva tentou que rectificase, pero non houbo marcha atrás. No estrictamente deportivo, a ilusión esteirana pudo co potencial vimiancés. Foron fructíferos en perigo os primeiros corenta e cinco minutos, pero ningún dos atacantes visitantes tivo o seu día. Por contra, a rapidez, dinamismo e sentemento de que se podía dos locais contrarrestaron a súa inferioridade sobre o campo. E Pablo compretou a machada nun bo remate. Nos vindeiros días haberá novo inquilino do banco do Baíñas. Aquí vedes o golazo de Pablo Rama: [fbvideo link="https://www.facebook.com/rober.lago.5/videos/10206028654780012/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]  

Unión Club Cee 1-2 Cerqueda

  • Campo: San Paio de Refoxos.
  • Unión Club Cee: Ángel Luis, Nico, Jorgito, Jacobo, Borja, Piquero (Esteban m.76), Andrés Trillo (David m.48), Llanero, Leo (Roberto m.52), Dani Picallo (Penedo m.55) e Chiru.
  • Cerqueda: Diego Dourado, Darío, Jon (Gemelo m.80), Uru (Luchi m.53), Dani, Manu Guillamet (Bastón m.83), Athu (Sergio m.28), Fernandito, Martín, Lorenzo e Eloy (Juanjo m.60).
  • Árbitro: Gómez Otero (A Coruña). Expulsou a Llanero (m.86) do Cee. Amonestou a Jorgito, Jacobo, Roberto, Esteban e Nico do Cee; Jon, Dani e Manu Guillamet do Cerqueda.
  • Goles: 1-0 m.41 Dani Picallo; 1-1 m.87 Darío; 1-2 m.92 Gemelo.
Outro '8.000' para o currículum Extranísimo partido e desenlace en San Paio de Refoxos, onde o Cee sufriu nas súas carnes a eficacia do Cerqueda contra os equipos de renombre. O bo gol de Dani Picallo antes do intermedio non era espello do que sucedera sobre o campo, cos visitantes moi ben prantados e con Ángel Luis facendo boas intervencións. Xa na reanudación, e tras alternativas nas dúas porterías, a expulsión de Llanero por unha execución rápida dunha falta deu paso á remontada postrera do Cerqueda. Darío, tras un xenial pase de Luchi, igualaba. E Gemelo, na prolongación e a pase de Martín, dábanlle en cinco minutos tres puntos a un loitador cadro malpicán. Horrible foi o desenlace cunha tángana entre un futbolista do Cee e varios visitantes.  

Carnota 1-2 Volantes de Baño

  • Campo: Lombáns.
  • Carnota: Peipo, Pumuky, Adrián, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Jose, Raúl, Óliver Bermejo, Cibrán (Bernardo m.65), Miguel Ángel e Manuel Luís.
  • Volantes de Baño: Javira, Javi, Juan do Sivil, Mou, Fran do Español, Iago, Uru, Pardelo, Andel, Ivi (Sergio m.80) e Yanky.
  • Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña). Amonestou a Miguel Ángel, Jose e Manolo Chouza do Carnota; Fran e Iago do Volantes de Baño.
  • Goles: 0-1 m.15 Mou; 0-2 m.30 Yanky; 1-2 m.65 Oli Bermejo, de penalti.
... E o Volantes fóra do descenso Segundo triunfo da tempada dun Volantes de Baño que lle traspasa a posición ao veciño Carnota. Podería haber novidades no banco de Lombáns, xa que Amador non parece convencido de querer seguir. Un córner e un bo remate de Yanky dictaron sentencia a favor dos muradáns, moi superiores ao seu rival no día de onte. Espellismo en forma de penalti convertido por Bermejo e seriedade visitante.  

Sporting Zas 2-2 Castriz

Duro partido entre Zas e Castriz-Foto-Alejadro Mel Duro partido entre Zas e Castriz-Foto-Alejadro Mel
  • Campo: San Andrés.
  • Sporting Zas: Bugy, Rubén Forján, Josito, Isma, Diego Fernández, Chapela (Dieguiño m.67), Cilindro, Manu (Sande m.46), Rubio, Dani (Carlos m.89) e David Blanco.
  • Castriz: Añón, Miguel (Óscar m.90), Álex, Bruno, Martín Gemelo, Maneiro (Agra m.80), Darío, Dani Martínez, Fabián (Iván m.80), Bolón e Álex Flores.
  • Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Amonestou a David Blanco e Manu do Sporting Zas; Maneiro e Martín Gemelo do Castriz.
  • Goles: 1-0 m.3 Rubio; 1-1 m.60 Álex Flores, de penalti; 2-1 m.78 Dieguiño; 2-2 m.90 Darío Capelo.
Zas-Castriz-Foto-Alejandro Mel Zas-Castriz-Foto-Alejandro Mel Felicidad e cabreo Por tódolos estados de ánimo posibles na competición deportiva pasaron as expedicións de Sporting Zas e Castriz, para ao final quedarse nun punto medio que no práctico quizáis lle sirve de máis aos locais. Con ese manido argumento hitchcockiano de empezar cunha explosión e acabar cun terremoto, Rubio empezou a festa ao inaugurar o marcador aos tres minutos, cun precioso tiro desde a frontal. Non afundiu a moral visitante o golpe, e Bugy emerxeu maxistral a tiros de Álex Flores e Dani Martínez, ao igual que faría o xalleiro Añón con Manu. O Zas reclamou tamén un penalti sobre Rubio. A reanudación mantivo o divertimento para os espectadores, coa dosis alta de polémica. Álex Flores igualaría cun penalti no que posiblemente cometeu falta previa sobre o defensa, e este ao caer dalle coa man ao balón. A xogada cabreou, e moito, a familia sportinguista, que parecía resarcirse momentos despois co tanto de Dieguiño, tras unha recuperación de Dani no centro do campo. Parecía que o líder, a pesares do cabreo coa actuación 'xudicial', levaría o partido. Pero faltaba un protagonista por aparecer. Darío Capelo cazou un balón morto no área pequena para, co tempo cumprido, selar unhas táboas de mestura de sentementos.  

Coristanco 2-1 Ameixenda

  • Campo: A Rocheira.
  • Coristanco: Nacho, Marcos, Sergio, Iván, Mato, Toni, Pablo Díaz (Mallón, m.70), Pazos, Samu (Jorge, m.60), Magovi e Gonzalo.
  • Ameixenda: Maikel, Jorge, Trillo (Javichu m.70), Bicho (Grille m.80), Álex, Jesús, Rafa (Antón Lestón m.73), Bichiño, Sergio (Demetrio m.46), Borja (Ruso m.64) e Andrés.
  • Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña). Amonestou a Sergio e Pazos do Coristanco; Jesús, Álex e David do Ameixenda.
  • Goles: 1-0 m.38: Magovi; 1-1 m.50 Álex, de penalti; 2-1 m.82: Iván, de penalti cometido sobre Magovi.
Hai outro Ameixenda Reaccionou e sacou un importante choque un Coristanco capaz do mellor e do peor este curso, pero xeralmente fiel ao seu estilo. Os 'pataqueiros' foron mellores nun primeiro acto no que o seu rival poucas veces pisou área e non xerou xogo. Ademais, unha indecisión defensiva provocou o 1-0 de Magovi, que comezou a administrar o cadro local. E tanto administrar fixo que lle pillase o toro ao pouco de voltar dos vestiarios. Un forcexeo no área acabou nun penalti que Álex converteu con clase. E nesa media hora ata o gol do desenlace final ningún dos dous equipos foi especialmente descarado, aínda que si tiveron ambos opcións de perigo. Caería do lado local o encontro finalmente, con outro penalti calcado ao anterior.  

Mazaricos 3-1 Fisterra

  • Campo: Peña do Ouro.
  • Mazaricos: Miguel, José (Brais m.56), Ramón, Matías, David, Estéfano, Juan, Miguel Riveiro, Pereiro, Chenel (Molinos m.89) e Marcos (Martín m.88).
  • Fisterra: Ángel, Rubia, Manuel Cartamil (Julito m.68), Santi (Cote m.61), Roco, Abel (Bruno m.64), Robertín, Pablo Lestón, Mané (Guardiola m.64), Adri e Roa.
  • Árbitro: Vilariño Hidalgo (A Coruña). Amonestou a Miguel Riveiro, Chenel, Orlando e Juan do Mazaricos; Mané, Pablo Lestón e Manuel Cartamil do Fisterra.
  • Goles: 0-1 m.8 Roco; 1-1 m.46 Estéfano; 2-1 m.63 Ramón; 3-1 m.86 Chenel.
Un novo 'chico' na festa Coa vitoria ante o Fisterra, o Mazaricos converteuse no únicos dos conxuntos do pelotón de cabeza que sacou os tres puntos. E foi nada menos que contra un Fisterra que viña de poñer contra as cordas ao líder Zas. Por se fose pouco, o fixo remontando, que así é como se crea ese carácter épico que reclama calquera campaña histórica. Roco, nun córner botado por Pablo Lestón, adiantou a un Fisterra que pouca bagaxe máis que o gol tivo. Notouse a ausencia de Adrián ou Piti, e notouse tamén as ganas de gañar que ten este Mazaricos. A reanudación foi un pesadelo para os visitantes, que comezaría nada máis retornar da caseta. Non se entenderon Manuel Cartamil e Robertín, e Estéfano cruzou maxistral ante Ángel. Pouco despois, nin Ángel nin a defensa chegan a un balón colgado nunha falta, e Ramón, máis listo que todos, remachou a gol no segundo pau. Buscou a directa o Fisterra cando se veu por detrás, pero máis por empurre que por clarividencia. E esa fórmula facilitou a contra coa que Chenel pechou o partido a falta de catro minutos para o final.  

Camariñas 1-2 Cabana

  • Campo: Hermanas Patiño.
  • Camariñas: Pablo, Kevin, Rodrigo, Moriño, Soule, Yuyo, Carlos Meu Lar (Espiñeira m.65), Paco, Vicente, Nico e Vieites (Sergio m.70).
  • Cabana: Adrián, Raúl, Eloy (Grille m.46) (Diego Varela m.85), Isma, David Varela, Álex, Adrián, Fernando, Santi, Jose e Jose Manuel (Reigia m.58).
  • Árbitro: Baña Tajes (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.27 Yuyo; 1-1 m.55 Santi; 1-2 m.89 Reigia.
O 'baby partido' foi cabanés Dous dos conxuntos máis novos do fútbol da Costa, Camariñas e Cabana, loitaban onte en clave de escapada da zona baixa, e foron os visitantes os que sacaron a contenda adiante. Tivo o partido todo o bo e o malo da propia xuventude: foi atractivo e con ocasións, pero tamén errático no táctico. Os locais, que se adiantaron co ceremonial gol de Yuyo, non foron quen de pechar o partido. Santi e Reigia, na reanudación, fixeron xustiza ás ganas dos de Tono, que foi profeta na súa terra.  

Crónicas da 2ª Autonómica

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios