Xoves. 28.03.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Bergantiños 'rules'

2ª Autonómica: Bergantiños 'rules'
Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com   Espectaculares están San Lorenzo e Ponteceso, con 6 de 6 e unhs números estupendos. Pero ollo a Baíñas e Zas, que suman 15 puntos, demostrando xa que son tamén os candidatos ao título. Parece pois que se van colocando nas posicións de saída.  

Mazaricos 6-0 Buño

  • Campo: Peña do Ouro.
  • Mazaricos: Miguel, Miguel Riveiro, Marcos, Matías (Rodri m.75), Ramón, Ferreiro (Martín m.18), Ricardo, Pereiro (Coxo m.75), Chenel, Estéfano e David.
  • Buño: Toni, Dimitri, Fran, Pablo, Eloy, Dani Calvete, Neucha, Emilio, Juan (Richard m.74), Víctor e Velo (Gurita m.75).
  • Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Amonestou a Coxo e Matías do Mazaricos; Dimitri, Dani Calvete e Víctor.
  • Goles: 1-0 m.5 Chenel; 2-0 m.6 Chenel; 3-0 m.49 Matías; 4-0 m.73 Chenel; 5-0 m.79 Ricardo; 6-0 m.60 Martín.
Chenelismo do de toda a vida Tres goles de puro vividor da área asinou o veterán Chenel na victoria do Mazaricos contra o Buño. Pequeno, tocanarices e letal, o trotamundos santiagués deu unha lección maxistral, sobre todo nun inicio algo adormilado por parte visitante. Só seis minutos tardou en convertir en gol dous desaxustes terribles da zaga oleira, primeiro tras varios rexeites no área, e só sesenta segundos despois ao aproveitar unha indecisión entre portero e defensa. Non resultou definitivo o golpe para un Buño que si tivo achegamentos con perigo ata o descanso, aínda que na reanudación acabaría por firmar unha terrible capitulación que aínda pudo ter máis castigo. A única boa nova para os visitantes foi o retorno de Gurita, un ano despois.  

UD Carnota 1-4 Sporting Zas

  • Campo: Lombáns.
  • UD Carnota: Peipo, Tono da Caixa, Adrián (Pumuki m.60), Manolo Chouza, Pedro de Pichín (Adrián do Porto m.58), Nakata (Cibrán m.72), Raúl, Oreiro, Óli Bermejo, José Ángel (Bernardo m.81) e Manuel Luis.
  • Sporting Zas: Bugui, Dieguiño, Josito, Braulio, Rubén Forján, Marcos (Dani m.65), Adri, Cilindro (Manu m.55), Rubio, Sande (Diego Fernández m.70) e David Blanco.
  • Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Amonestou a Nakata, Pumuki, Adrián do Porto do Carnota; Cilindro do Sporting Zas.
  • Goles: 0-1 m.11 Rubio; 1-1 m.27 Oreiro; 1-2 m.48 Sande; 1-3 m,77 David Blanco; 1-4 m.81 David Blanco.
Máis difícil do que di o marcador Novamente rocoso e ordeado, o Carnota resultou ser un trago duro para un equipo da zona alta, a pesares dun marcador que podería falar de diferencia abismal respecto ao Sporting Zas. Amador, que dispon xa dun plantel case que definitivo, prantexou unha cita algo máis valiente que seus antecesores no cargo. Atopou un carril o conxunto zascense nos primeiros minutos. Avisara cunha combinación entre Rubio e David Blanco, e posteriormente abriría o marcador cun bo gol de Rubio tras un lanzamento desde a frontal. Os carnotáns non renunciaron ao ataque e incluso reclamaron un penalti antes de que Oreiro igualase a cita, tras un cabezazo en un balón lateral. Eran os mellores minutos dunha UD que a piques estivo de voltear o marcador nunha indecisión entre Bugui e Josito. Tivo que ser na reanudación cando o Sporting retomase o protagonismo, e non tardaría en facelo, primeiro cunha asistencia de David Blanco a Sande, e despois con dous tantos postreros do de Neaño que cerraron unha goleada moi traballada.  

Unión Club Cee 3-0 Esteirana

  • Campo: San Paio de Refoxos.
  • Unión Club Cee: Ángel Luis, Rubén Fiuza, Jorgito, Jacobo, Aitor, Esteban (Josiño m.61), Isma Leis (Xabi m.76), Pereiro, Leo (Penedo m.75), David (Dani Picallo m.50) e Chiru.
  • Esteirana: Ponte, Codesido (Damián m.80), Rafa, Tubío, Simón, Adrián, Pablo, Jaime (Iker m.66), Álex, Campos (David m.55) e Róber Pladur.
  • Árbitro: Ramos López (A Coruña). Expulsou a Rafa (m.85), da Esteirana. Amonestou a Jacobo, Roberto, Jorgito e Aitor do Cee; Codesido e Simón da Esteirana.
  • Goles: 1-0 m.68 Aitor; 2-0 m.79 Xabi.
Tranquilidade en branco e azul Baixan lixeiramente máis calmadas as augas en Cee despois do éxito ante a Esteirana. Nunha convocatoria atípica para os de Alfredo Cambeiro, os branquiazuis impuxéronse con xustiza a un rival irregular e imprevisible. Non foi ata a última media hora cando se desnivelou a balanza, grazas ao acerto dos canteiráns Aitor e Xabi. O primeiro aproveitou unha execución de bola parada de Isma, mentres o segundo converteu un rexeite nun córner. Un posible penalti a Simón e unha acción invalidade por fóra de xogo resultaron as mellores accións visitantes.  

Camariñas 2-3 Ponteceso

  • Campo: Hermanas Patiño
  • Camariñas: Jose Luis, Moro, Kevin, Rodrigo, Pablo (Sergio m.30), Soule (Cerbán m.69), David, Yuyo, Carlos Meu Lar, Pablo e Vieites.
  • Ponteceso: Brais, Collazo (Cacha m.78), Márquez (Juanma m.46), Charly, Pablo (Iago m.66), Mendieta, Nando, Puente, Dieguito, Alberto Recarey e Youssef (Eloy m,58).
  • Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Amonestou a Moro, David, Soule, Cerban, Sergio, e expulsou, por dobre cartón, a David (m.76) e Sergio (m.87). Brais, do Ponteceso.
  • Goles: 1-0 m.1 Yuyo, de penalti; 2-0 m.74 Sergio; 2-1 m.77 Alberto Recarey, de penalti; 2-2 m.86 Dieguito; 2-3 m.90 Cacha.
Esa bendita flor Camarinas e Ponteceso fixeron un gran partido Camariñas e Ponteceso fixeron un gran partido-Foto-Camariás Cando a un lle saen as cousas, ata nas situacións máis extremas pode invertir a situación. É un caso dun Ponteceso polo que poucos darían un euro na primeira hora da súa visita a Camariñas, pero que en trece minutos finais resultou vitorioso tras remontar un 2-0 adverso. E iso para desesperación palilleira, nunha tarde ademáis con dous expulsados. Non podían pintarlle mellor as cousas ao conxunto local cando, ao minuto de xogo, Yuyo convertía un penalti por derribo de Brais, no que a parroquia local pedíu a expulsión do meta. Foi un guión que lle permitiu ao Camariñas agardar e contragolpear, e baixo ese guión os dous conxuntos dispuxeron de toda unha sucesión de ocasións de todo tipo. Foi faltando un cuarto de hora cando Sergio, tras erro de cálculo de Brais, parecía sentenciar. Pero nada máis lonxe da realidade. David cometeu un penalti e acabaría expulsado, posteriormente Sergio tamén, e entre medias Alberto Recarey, desde os once metros, e Dieguito e Cacha, aproveitando a velocidade ás costas da defensa, voltearon un partido impensable.  

Fisterra 0-2 San Lorenzo

  • Campo: Ara Solis.
  • Fisterra: Ángel, Rubia, Munitis, Piti, Cote (Santi m.68), Julito (Manuel Cartamil m.68), Roco, Pablo Lestón, Adri (Abel m.53), Guardiola (Yeray m.73) e Adrián.
  • San Lorenzo: Javi Souto, Rubén Varela, Juanjo, Rudi, Adrián, Álex Taibo (Kevin m,78), Mario, Dani Fuentefría (Anxo m.66), Juni (Omar m.70), Isaac e Luis (Joaquín m.57).
  • Árbitro: Del Río Amor (A Coruña). Amonestou a Rubia, do Fisterra; Javi Souto, Rubén Varela do San Lorenzo.
  • Goles: 0-1 m.27 Rudi; 0-2 m.44 Mario.
Imponente O invito San Lorenzo de Verdillo saiu de Fisterra coa sensación de ter logrado un deses triunfos chave. Nun feudo difícil e contra un rival ilusionado, os carballeses foron firmes os noventa minutos. E sen fisuras. A piques estiveron de adiantarse cun remate de Rudi nun saque de curruncho, pero sería invalidado por posición adiantada. O mesmo canteirán do Bergantiños si tería premio pouco despois, nunha falta sacada en curto para Álex Taibo, con centro deste e remate do central. Pouco antes do intermedio, un libre directo de Mario poñería xa moita terra de por medio. O Fisterra, que tería máis posesión, volcouse nun segundo acto con moitas oportunidades, e no que mesmo Adrián mandou fóra unha pena máxima.  

Castriz 0-1 Baíñas

  • Campo: San Pedro.
  • Castriz: David, Ferreiro, Martín, Alberto (Sergio m.83), Bruno, Iván (Diego Maneiro m.65), García (Fabián m.59), Alejandro, Darío Capelo, Bolón e Álex Flores.
  • Baíñas: Sergio, Matías, Carliños (Samuel m.88), Pablo Rey, Jaime (Héctor m.82), Jorge Calvete, Esteban de Baíñas (Eloy Cabeza m.67), Javi Suárez, Pablo Muíño (Tasky m.18) (Canay m.70), Alemán e Migueliño.
  • Árbitro: López Fernández (A Coruña). Expulsou a Álex Flores (m.43) e Darío Capelo (m.76), ambos do Castriz. Amonestou a David, Álex Flores, Iván, Esteban do Castriz; Tasky do Baíñas.
  • Goles: 0-1 m.10 Matías, de penalti.
Unha tarde con moita pementa Marchou o Castriz coa cabeza alta da derrota cun rival directo, aínda que sen punto algún. Foi o Baíñas o vencedor noutro dos compromisos ilustres da tarde, grazas a un penalti convertido aos dez minutos por Matías. Claro, e que ben pudo ter acarreado a expulsión do meta David. De tódolos xeitos, e a pesares de que acabaría por quedarse con ata nove futbolistas, o Castriz manexou en todo momento o ritmo do xogo e mantivo a posesión. Iso si, sen crear opcións claras de gol, salvo nunha boa parada de Sergio no segundo acto. Pola súa banda, o Baíñas, que lamentaría as lesións de Pablo Muíño e Tasky, tivo varias á contra.  

Volantes de Baño 3-3 Ameixenda

  • Campo: Eleuterio Balayo.
  • Volantes de Baño: Rubén Santos, Fran, Mou, Iago, Javi, Tico, Uru, Jurjo, Cajulo, Cucurro e Yanky.
  • Ameixenda: Maikel, Javichu, Bichiño, Grille, Camacho, Demetrio (Rafa m.55), Jesús, Borja (Trillo m.76), Mario, Álex e Andrés.
  • Árbitro: Dacal López (A Coruña). Amonestou a Fran e Yanky do Volantes de Baño; Bichiño e Jesús do Ameixenda.
  • Goles: 1-0 m.11 Yanky; 2-0 m.14 Yanky; 2-1 m.20 Iago, en propia meta; 2-2 m.55 Borja; 3-2 m.84 Iago; 3-3 m.93 Iago, en propia meta.
Iago, o amigo de Murphy Un can fraco e pulgoso parece pasearse con gusto polo Eleuterio Balayo para desgracia do Volantes. O de onte ante o Ameixenda rozou o sketch de Monthy Pyton, con suicidio deportivo incluido cando se intuía a milagre. Ía para primeira victoria dos muradáns, con actuación estelar de Yanky (un golazo e outro remate marca da casa nun balón parado), cun 2-0 cedo, e cun Ameixenda sen fortuna e estrelando dous balóns no pau. Pero nin así. Tódolos malos farios caeron sobre un Iago bigoleador en propia meta, o último deles incrible tras un balón colgado desde corenta metros, e tamén goleador para os seus propios intereses. Os visitantes estrelaron dous paus e reclamaron dous penaltis.  

Cabana 3-3 Coristanco

  • Campo: As Redondas.
  • Cabana: Vázquez, David Varela, Jose Sabana, Ismael, Guille (Valiña m.46), Aurelio, Adrián, Reigia (Fariña m.80), Diego (Fernando m.46), Manolo e Santi.
  • Coristanco: Herrera, Lagoa (Javier m.57), Gustavo (Mallón m.83), Álex Mato, Gonzalo, Sergio (Rial m.64), Pablo, Cristian, Samuel, Damián e Ivi (Antonio m.78).
  • Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Expulsou a Adrián, do Cabana (m.89). Amonestou a Adrián, Reigia e Fernando, do Cabana; Lagoa, Samuel, Damián e Rial do Coristanco.
  • Goles: 0-1 m.1 Gonzalo; 0-2 m.8 Damián; 0-3 m.12 Lagoa; 1-3 m.20 Santi; 2-3 m.58 Santi; 3-3 m.79 Santi, de penalti.
Santi obra o camino á fe [fbvideo link="https://www.facebook.com/cabana.soc.dep/videos/499732200202113/" width="700" height="500" onlyvideo="1"] Os mellores e peores argumentos do Cabana desta tempada afloraron no épico empate final fronte a un Coristanco ao que ao mellor se lle puxo todo moi sinxelo e demasiado rápido. Os pataqueiros xa gañanaban 0-3 aos doce minutos, despois dun saque de banda mal defendido, un balón ás costas e outro tanto case que en propia meta. Pero a resposta dun Cabana que realmente si que medrou chegou sempre da man do Juvenil Santi, trigoleador e cun tanto de cada especialidade: libre directo primeiro, bo remate nun córner despois e penalti para pechar. Houbo alternativas para os dous equipos.  

Cerqueda 1-1 Porteño

Cerqueda e Porteno Cerqueda e Porteño en Vaxiña_Foto-UD
  • Campo: Xaviña (Buño).
  • Cerqueda: Diego Dourado, Sergio, John (Xabi m.46), Dani, Alberto, Jonás (Uru m.35) (Juanjo m.77), Lorenzo, Manu, Darío, Adrián (Brais m.70) e Luchi.
  • Porteño: Martín, Óscar, Caamaño, Jose, Manuel, Iago, Quilmes, Grela, Marcos (Curra m.75), Cristian Canosa e Parga (Rodrigo m.82).
  • Árbitro: García Vázquez (A Coruña). Expulsou a Caamaño do Porteño (m.28) e a Dani (m.77 do Cerqueda. Amonestou a Albertiño do Cerqueda; Grela, Quilmes e Roi do Porteño.
  • Goles: 1-0 m.10 Albertiño; 1-1 m.50 Iago.
Igualados a todo [fbvideo link="https://www.facebook.com/union.cerqueda/videos/971176892945692/" width="700" height="500" onlyvideo="1"] Un expulsado por equipo e o mesmo xeito de facer os goles, con sendas faltas laterais, define o equilibrado do Porteño post Papi. O Cerqueda empezou mellor e controlou. Curiosamente, ata a media hora, cando quedou en superioridade numérica. Pareceu medrar un Porteño que pouco a pouco estirou liñas, dispuxo de ocasións e fixo méritos incluso para algo máis.

Crónicas da 2ª Autonómica

Crónicas da semana

Conversas co Mito

Máis información

Fonte

Comentarios