2ª Autonómica: Ouro en Ara Solis
A 4ª xornada da Liga da Costa deixa a San Lorenzo e Ponteceso como líderes con 12 puntos cada un. Xa contabamos co San Lorenzo, e o cadro pontecesán únese á lista de candidatos, na que xa estaban outros como o Zas, que empeza a coller forma, ou Fisterra e Castriz, que disputaron un partido espectacular en Ara Solis, que deixa aos de Nacho na 3 praza aínda sen coñecer a derrota.
Por abaixo, seguen sendo preocupantes as situacións de Cabana e Volantes, aínda sen estrear o taboleiro de puntos.
Zas - Buño 1-0
- Campo: San Andrés.
- Sporting Zas: Bugui, Diego Fernández, Braulio (Cilindro , Josito, Dieguiño (Pablo m.69), Rubio, Dani (Sande m.63), David Blanco, Rubén Forján, Isma e Manu (Adri m.66).
- Buño: Toni, Dimitri, Fran, Dani Mato, Eloy, Dani Calvete, Iván Mato (Juan m.46), Emilio (Richard m.83), Víctor (Velo m.69), Jorge (Pablo m.80) e Neucha.
- Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña). Amonestou a Braulio, Rubén Forján, Dani, Isma e Pablo do Sporting Zas; Neucha, Dani Mato e Calvete do Buño.
- Gol: 1-0 m.70 Sande.
Empeza a tomar forma o Zas
Cada vez maior sensación de equipo. En maiúsculas. É o que transmite un Sporting Zas que a base de paciencia e experiencia foi quen de superar ao Buño, un rival sólido, compacto e que apenas deixa lugar ó risco. O acerto que tiveran os de Víctor Pazos sete días atrás en Esteiro non aflorou esta vez, e menos nun primer acto de protagonismo co balón, pero deficiente en puntería. Ían apenas oito minutos cando os locais protestaron a non validez dun tanto de Rubén Forján, por fóra de xogo. David Blanco, en dúas opcións no borde da área tería tamén o gol nas súas botas. Por parte oleira, moita orde e un disparo lonxano foron os argumentos. Manu e Diego, en dúas accións colectivas na reanudación protagonizarían a antesala do gol de Sande, cun bo disparo desde a frontal da área. E a piques estivo de haber réplica visitante, nunha grande execución de libre directo por parte de Neucha que repeleu o longueiro.
Mazaricos - Esteirana 3-1
- Campo: Peña do Ouro.
- Mazaricos: Miguel, Miguel Riveiro, Matías, Martín, Marcos (Tuco m.54) (Orlando m.78), Ricardo, Pereiro, David, Estéfano (Molinos m.54) (Coxo m.74), Chenel e José Ángel.
- Esteirana: Ponte, Codesido, Rafa, Veloso, Marcos (Tobío m.46), David (Damián Suizo m.46), Adrián, Álex, Simón, Jaime (Campos m.64) e Róber Pladur.
- Árbitro: Patricio Blanco (A Coruña). Amonestou a Róber Pladur, Codesido da Esteirana.
- Goles: 1-0 m.10 David; 2-0 m.26 José Ángel; 2-1 m.54 Adrián; 3-1 m.84 José Ángel.
Dúas siestas distintas
Apareceron e desapareceron do mapa tanto Mazaricos coma Esteirana, que debido a méritos propios e deméritos axenos tiveron ambos o partido nas súas mans. Caeu finalmente do canto local a contenda, baseado principalmente nun gran comezo, con protagonismo de David e José Ángel, autores dos tantos. O primeiro chegaría tras un balón ás costas da zaga, no que acabou picando a bola por enriba de Ponte. No segundo, José Ángel aproveitaba un centro de David. Non existía por aquel entón unha Esteirana que agardaría ata a reanudación para contrarrestar o chaparrón inicial. Sería Adrián, ao aproveitar un balón morto dentro da área, o que resucitaría aos seus. O atacante tería ata un par de opcións para voltear o marcador. Non houbo puntería e José Ángel, de tiro cruzado, pechou o marcador. Houbo dobre ración de pinchazos musculares, dos que foron víctimas Tuco e Molinos.
Carnota - Ponteceso 0-2
- Campo: Lombáns.
- Carnota: Peipo, José Ángel, Manolo Chouza, Tono da Caixa, Carreira, Adrián, Nakata, Carocho, Raúl (Alexis m.70), Oreiro (Óliver m.62) e Manuel Luis (Cibrán m.75).
- Ponteceso: Xurxo, Charly (Márquez m.88), Moscoso, Adrián (Collazo m.62), Pablo Regueira (Youssef m.46), Mendieta, Dani Cotelo, Nando, Puente, Alberto Recarey e Dieguito (Luca m.90).
- Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Peipo, Tono da Caixa, Miguel e José Ángel do Carnota; Adrián, Charly do Ponteceso.
- Goles: 0-1 m.79 Alberto Recarey, de penalti; 0-2 m.90 Alberto Recarey.
Outro triunfo do paciente Ponteceso
Novamente os compases finais foron fundamentais para que o Ponteceso acadase un triunfo, aínda que ben é certo que en Carnota buscouno durante os noventa minutos. Os de Barca, que contan os seus partidos por victorias, dominaron de forma apabullante a posesión. Pode que un dos segredos da resistencia local pasase polos reforzos procedentes de Mazaricos e arredores, que sustentaron un equipo que viña competindo aproximadamente unha hora nas últimas xornadas. Non houbo apenas variacións no guión de todo o choque, cun cadro local moi ordeado e un visitante monopolizando o balón e chegando frecuentemente á meta de Peipo. A bagaxe de opcións locais foron un disparo lonxano de Nakata e unha falta con marchamo de gol por parte de Manolo Chouza. Despois de oitenta minutos de insistencia, a ruptura no marcador chegaría tras un pase en profundidad a Dieguito, con dribbling a Peipo e derribo na área. Penalti claro, aínda que protestado polos locais, que pedían fóra de xogo. A sentencia chegaría no derradeiro minuto, tras un disparo desde lonxe de Alberto Recarey.
Gol de penalty de Alberto Recarey en Carnota
Posted by Ponteceso SD on Domingo, 27 de Setembro de 2015
Unión Club Cee - Coristanco 3-0
- Campo: San Paio de Refoxos.
- Unión Club Cee: Carlos, Nico, Piquero, Aitor, Jorgito, Chiru (Picallo m.74), Jacobo, Pereira (Andrés Fandiño m.80), Josiño (Esteban m.70), David (Juan Bello m.61) e Penedo (Leo m.51).
- Coristanco: Herrera, Magovi (Samu m.46), Rubén (Duga m.70), Rubio, Mato, Pablo, Iván (Mallón m.60), Toni (Damián m.46), Ivi, Gonzalo e Juan (Alexia m.40).
- Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Amonestou a Nico, Jacobo e Chiru do Cee.
- Goles: 1-0 m.18 Chiru; 2-0 m.65 Esteban; 3-0 m.85 Dani Picallo.
Celebración na volta de Penedo
Un ano despois, Penedo volveu a sentirse futbolista. O extremo corcubionés aguantou case unha hora sobre o terreo de xogo e aportou para que o Unión Club Cee acadase a segunda victoria seguida. Foi ante un Coristanco que non dispuxo de demasiadas oportunidades de perigo, pero que cando as tivo atopouse coa xenial figura do meta Cadete Carlos, quen actuou con inusitada madurez. Foi outro canteirán, Chiru, o que case no ecuador do primeiro acto abriu a conta, tras aproveitar un centro medido. Non mudaría a dinámica ata unha segunda metade na que Esteban, nunha contra, e Dani PIcallo, tras unha boa xogada de Juan Bello, pecharon a conta.
Camariñas - Porteño 4-1
- Campo: Hermanas Patiño.
- Camariñas: Pablo, Kevin, Nico, Rodrigo, David Vieites (Adrián m.65), Moro, David (Pablo Suárez m.76), Sule, Carlos (Sergio Quintáns m.86), Sergio Camelle (Brais Chicote m.70) e Yuyo.
- Porteño: Martín, Marcos (Baña m.46), Óscar, Jose, Manuel, Iago (Rodrigo m.66), Vicente, Grela (Parga m.77), Cristian, Quilmes e Roi.
- Árbitro: Vázquez Veras (A Coruña). Amonestou a Moro do Camariñas; Manuel e Iago do Porteño.
- Goles: 1-0 m.23 David Vieites; 2-0 m.38 David; 3-0 m.72 Yuyo; 4-0 m.77 Yuyo, de penalti; 4-1 m.83 Baña.
Superioridade do Camariñas
Non houbo demasiada historia nun derbi camariñán no que os da capital municipal golearon a un Porteño que sigue a encaixar goles con demasiada facilidade. Os dous tantos no ecuador e ao final do primeiro acto sentenciaron o chollo. Máis de 300 espectadores nas gradas foron a mellor nova da tarde.
Cabana-Ameixenda 0-2
- Campo: As Redondas.
- Cabana: Vázquez, Varela, Jose, Raúl (Isma m.80), Aurelio, Fernando (Samuel m.46), Adrián, Eloy, Diego, Reigia, Cristian (Álex m.75).
- Ameixenda: Maikel, Jorge, Javichu, Camacho, Samuel, Jesús, Demetrio (Antón Lestón m.88), Bichiño, Brais, Borja (Rafa m.80) e Álex.
- Árbitro: López Vila (A Coruña). Amonestou a Aurelio e Álex do Cabana; Camacho do Ameixenda.
- Goles: 0-1 m.25 Borja; 0-2 m.86 Álex, de penalti.
Tamén fóra de Cee
Primeira xornada na que o Ameixenda competía fóra da casa, e primeiro autobús cargado de puntos. O cadro ceense impúxose con xustiza a un Cabana con problemas de disponibilidade de efectivos, e que bastante tivo con manterse no partido. Foi unha mala decisión defensiva a que comezou a desequilibrar a cita, tras unha tentativa de cambio de xogo da zaga local, e un roubo no que Borja estivo máis listo que os seus rivais. Xa na segunda metade, co factor vento incidindo, o Ameixenda pudo sentenciar cedo, pero non foi ata a recta final cando, unha pena máxima convertida por Álex tras unha man, pechou o marcador.
Cerqueda - San Lorenzo 2-4
- Campo: Xaviña (Buño).
- Cerqueda: Diego Dourado, Juanjo (Jonatan m.56), Atu (Sergio m.81), Albertiño (Piñeiro m.82), Dani, Adrián (Luis m.56), Martín, Lorenzo, Fernandito, Guillamet (Brais m.71) e Darío.
- San Lorenzo: Javi Souto, Rubén, Adrián Varela, Rudi, Juanjo, Álex Taibo, Álex Figueiras, Fuentefría (Joaquín m.70), Isaac (Mario m.55), Luis (Javi Puñal m.75) e Juny (Kevin m.76).
- Árbitro: Añón Salgueiro (A Coruña). Expulsou a Martín do Cerqueda e Rubén (m.90) do San Lorenzo. Amonestou a Guillamet, Dani do Cerqueda; Rudi, Taibo e Javi Puñal do San Lorenzo.
- Goles: 1-0 m.7 Guillamet; 1-1 m.25 Fuentefría; 1-2 m.52 Isaac; 2-2 m.55 Darío; 2-3 m.80 Álex Figueiras; 2-4 m.89 Mario.
Vibrante e novamente durísimo Cerqueda
Segue a media goleadora e de ritmo sumatorio dun San Lorenzo que conseguiu dobregar a sempre compricada resistencia do Cerqueda. E iso que non o puxeron sinxelo unha vez máis os malpicáns, que rápidamente se adiantarían no marcador grazas a unha boa acción de Guillamet. O tanto non impediu que os carballeses mantiveran a calma e acabasen por darlle a volta ao marcador, primeiro cun tanto de Fuentefría tras centro de Rubén, e despois tras unha pequena carambola de Isaac. Igualaría Darío, pero Álex Figueiras de falta, e Mario, nunha contra, voltearían.
Gol de Manuel Guillamet que abría un partido de puro estilo da liga da costa.
Posted by Unión Deportiva Cerqueda on Domingo, 27 de Setembro de 2015
Volantes de Baño - Baíñas 0-4
- Campo: Eleuterio Balayo.
- Volantes de Baño: Rubén Santos, Fabi, Sergio, Juan do Sivil, Mou, Yeray, Pardelo, Tiko, Javira, Piki e Yanky.
- Baíñas: Sergio, Matías, Alemán, Pablo Rey, Jorge Calvete, Carliños, Cristian, Javi Suárez, Eloy Cabeza, Pablo Muíño e Migueliño.
- Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Sergio, Javira, Yeray, Juan do Sivil e Yanky do Volantes; Pablo Rey e Pablo Muíños do Baíñas.
- Goles: 0-1 m.25 Pablo Muíño; 0-2 m.48 Javi Suárez de penalti; 0-3 m.59 Javi Suárez; 0-4 m.72 Jorge Calvete.
Empeza a ir a peor a situación dun Volantes de Baño que só foi quen de presentar once futbolistas para enfrontarse ao Baíñas, e un deles era o habitual gardamallas Javira. Polo menos, eses once foron absolutamente dignos na forma de competir, ante un candidato á zona nobre, e aguantaron co garra a primeira metade, e parte da segunda. A chave chegou nun penalti claro de Yeray, convertido por Javi Suárez, e un novo gol do ex do Xallas, xusto un minuto despois. Os muradáns tiveron ata dúas opcións para marcar o gol da honra, cun remate de Yanky sacado sobre a liña e outro de Mou. Calvete redondearía a conta.
Fisterra-Castriz 1-0
- Campo: Ara Solis.
- Fisterra: Norberto, Rubia, Munitis, Santi, Roco, Pablo Lestón (Manuel Cartamil m.89), Adri (Bruno m.54), Guardiola (Noé m.84), Julito, Adrián Makaay e Mané (Cote m.54).
- Castriz: Añón, Miguel, Uruguaio, Álex, David Velo, Maneiro (Alberto m.52), Darío Capelo, Adrián Prol, Dani Martínez (Iván m.60), Bolón (Fabián m.70) e Álex Flores.
- Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña). Amonestou a Adrián, Roco, Julito e Bruno do Fisterra; Bolón, Esteban, Adrián Prol e Darío Capelo.
- Gol: 1-0 m.88 Adrián Makaay.
A outro nivel
Era o partido da xornada, e non defraudou. Se o encontro de onte contra o Castriz era un plebiscito sobre a candidatura ou non do Fisterra á Liga da Costa, gañou o si (por escanos e votos). Pola forma, polo resultado, e polo desenlace, os verdes amosaron unha capacidade de concentración e sobriedade desas que fan equipo. Sairon a apretar nun primer acto con poucas ocasións de perigo e moita intensidade, e na que só houbo algún 'ui' por parte da parroquia local. Variaría lixeiramente hacia máis aberto o programa da segunda metade, cun paradón de Añón a disparo de Bruno, e cun preludio do tanto definitivo en forma de ocasión errada de Darío Capelo, que sen porteiro non acertou a cabecear a gol. Non perdoaría Adrián, tras asistencia maxistral de Bruno, para levar o delirio á grada. Habería unha máis: turno para a heroicidade de Manuel Cartamil ao sacar un remate en boca de gol.
Crónicas da 2ª Autonómica – Bazarra
- X.1: E veña goles, e veña festa.
- X.2: Un derbi para a historia.
- X.3: 3 líderes e 2 pechacancelas.
Conversas co Mito
- Presentación: A importancia de ser Manolín. Conversas co mito.
- Conversas I: “A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”.
- Conversas II: “Vexo cousas no Real Madrid ou no Barcelona que xa as inventara eu”.
- Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Unha dupla que vale un liderato.
- Preferente: Esperanza ou desconfianza.
- Tarde de pecado na Porta Santa.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- En marcha un novo curso de Monitor de Fútbol Base en Santa Comba.
- Óscar Leis analiza o estado de saúde da canteira do Dumbría CF.
- Guillermo Parga a Cambeiro: Só lle falta o Dépor.
Fonte
- Guillermo Parga ([email protected]).