2ª Autonómica: Ponteceso e Zas marcan o ritmo
Ninguén regala nada nesta Liga da Costa. Está a cousa tremendamente igualada e así o comprobaron esta semana equipos como o San Lorenzo en Buño, o Baíñas en Cee ante o Ameixenda, ou o Castriz na Ponte do Porto. Os tres perden lixeiramente o tren dos dous de arriba, Ponteceso e Zas, que manteñen unha liña impresionante de resultados.
Mazaricos - Camariñas (3-0)
- Mazaricos: Miguel, Chico (Marcos, m.65), Martín (Ferreiro, m.70), Ramón, Tuco, Ricardo, Matías, Estéfano, Miguel, Jose Ángel (Coxo, m.75) e Chenel.
- Camariñas: Pablo, David ( Chikote min.55), Sergio (Pablo Suarez min.55), Kevin, Rodri, Moro, David (Sergio Camelle), Carlos, Sule, Pablo Mouzo, Yuyo.
- Goles: 1-0, m.10: Estéfano; 2-0, m.15: José Ángel; 3-0, m.60: Jose Ángel de penalti.
Pronta sentenza
Púxoselle o partido de cara ao cadro de Néstor nada máis comezar tras aproveitar un par de erros da defensa camariñá. E iso que Yuyo no primeiro minuto lanzara un chutazo que pegou no longueiro e botou non se sabe se dentro ou fóra pero o colexiado decidiu que era fóra.
Co 2-0, controlou o Mazaricos o balón e acabou o primeiro tempo con moita tranquilidade e sen problemas atrás, tendo algunha chegada de Molinos, Chenel ou Ricardo. Na segunda, mellorou o Camariñas, pero outro erro permitía que José Ángel marcase o terceiro dende os 11 metros. De aí ao final Sule e Yuyo puideron remontar pero o partido xa estaba moi costa arriba para os de Javi Baña, que terán que sumar os 3 puntos a semana que vén se non quere ter problemas.
Ameixenda - Baíñas (4-2)
- Ameixenda: Maikel, Pastecas, Trillo (Javichu, m.41), Álex, Sergio, Jesús, Bicho (Demetrio, m.56), Bichiño, Brais (Grille, m.80), Borja e Antón (Samuel, m.75).
- Baíñas: Sergio, Tantán, Matías, Mario, Héctor, Jaime, Jorge, Miguel, Carliños, Eloy e Javi. Tamén: Cristian, Canay, Samuel e Tasky.
- Goles, 0-1 min.25: Jaime aproveitando o erro do meta local; 1-1, m.26: Álex de espectacular volea dende fóra da área; 2-1, m.41: Antón dende a frontal da área a bote pronto; 3-1, m.46: Borja marca en xogada ensaiada nada máis sacar de centro; 4-1, m.76: Brais despoios de levar a dous defensas; 4-2, m.94: Baíñas de rexeite a un penalti parado por Maikel a el mesmo.
Un Baíñas sen intensidade
Deixouse o Baíñas 3 puntos dos que hai que gañar para estar arriba, pero atopouse cun gran Ameixenda que xa ten un colchón impresionante nesta a súa primeira tempada na Liga da Costa. Empezou ben o cadro de Pablo Mallón, dominando e cunha ocasión de Jaime que precedeu ao gol inicial. Pero no seguinte minuto empataba o cadro local cunha espectacular volea de Álex dando conta do baixón xa dos vimianceses, que perdían intensidade ante a saída e o bo facer do Ameixenda, que foi quen de darlle a volta o partido e acadaron unha vitoria moi merecida.
Carnota - Cee (1-2)
- Carnota: Peipo; Tono, Pedro Pichín, Manolo Chouza, Adrián; José Ángel (Berno), Carocho, Oreiro, Raúl (Oli); Lalo (Cibrán) e Manuel Luís.
- Cee: Paulo, Nivo, Jorgito, Jacobo, Fiuza, Isma Leis (Samuel), Chiru, Sergio, Leo (Llanero), Dani Picallo (Borja) e Leo.
- Goles: 1-0, m.20: Manuel Luís de cabeza nun córner; 1-1, m.25: Dani Picallo; 1-2, m.60: Samu.
- Expulsión: Tono da Caixa no min.78.
- Lesión: o punta carnotán Lalo.
As augas cálmanse por Cee
Voltaba Cambeiro a Lombáns, o que foi a súa casa durante tantos anos, e levou os puntos para Cee, un dos eternos rivais, nun dos partidos con máis ambiente dos últimos tempos. E foi un choque moi igualado cun Carnota moi enchufado que puido empatar a pesar de quedar con 10, facendo sufrir ao Cee.
Colocouse o Carnota por diante nunha boa primeira metade por medio de Manuel Luís, que volveu facer un partidazo xunto ao Carocho. Pero Dani Picallo empatou pronto e o partido igualouse. Tivo o Carnota as mellores ocasións con dous balóns á madeira, pero o Cee tamén protestou un gol anulado e un posible penalti sobre Leo.
Púñaselle o partido de cara aos ceenses, co gol de Samu nada máis saír e a expulsión de Tono da Caixa: pero aínda co 10, sacando o Cee xente de calidade para xogar o balón, acabou pasando apuros o cadro ceenses e o Carnota, a balón parado tivo boas ocasións. Tivo o empate Manuel Luís nunha xogada na que sorprende a Paulo e lle rouba o balón cando este o bota no chan, pero só sen porteiro mandou ao poste. Levou os puntos de Lombáns o Cee tras moito sufrimento.
Esteirana - Cerqueda (3-2)
11 da Esteirana ante o Cerqueda- Esteirana: Ponte, Code, Rafa, Veloso (Arcos), Tobi, Adrián, Jaime (Martín), Pablo, Álex, Campos (Simón) e Róber Pladur.
- Cerqueda: Diego Dourado, Juanjo (Jon), Sergio (Uru), Atu, Eloy (Guillamet), Lorenzo, Fernando, Darío, Adrián (Brais), Luchi (Jonas) e Martín.
- Goles: 1-0, m.9 Jaime a pase de Pladur; 2-0, m.36; Róber Pladur aproveita unha indecisión do porteiro visitante; 2-1, m.62: Luchi; 3-1, m.65: Róber Pladur aproveita un pase de Pablo nunha contra; 3-2, m.75: Brais.
- Expulsión: o visitante Atu minuto 85 por protestar.
Partido de dúas caras
Non parecía que o ano pasado fosen equipos de dúas ligas tan diferentes. O Cerqueda prantou cara a toda unha Esteiran que vai collendo ritmo ao son dos goles e asistencias de Pladur. O cadro de Emiio Uzal presentábase con 3 baixas importantes en defensa, e notouno.
O partido empezou cunha ocasion para Adrián que saiu por pouco. Pero na seguinte xogada, cunha Esteirana que estaba dominando o xogo e triangulando ben, avisaba cun gran pase de Pladur que fallaba Álex. Non fallaba Jaime a segunda asistencia de Pladur para poñer o 1-0. Era unha primeira metade de dominino local e á media hora Rober Pladur, o máis listo da clase, pon o segund no marcador. O Cerqueda só dispuxo dun disparo no 45 dende fóra da área de Darío que saiu a centímetros da escuadra.
Na segunda metade o Cerqueda saiu sen medo e con defensa de 3, e pronto Luchi recortaba distancia nun barullo na área. Pero pouco durou a alegría pois apenas 5 minutos despois Pladur caza unha contra e marca o terceiro. Tivo que empregarse Diego para parar as entradas por bandas dos blaugranas pero o Cerqueda non daba o partido por perdido e Brais metía aos seus de novo.
Quedaban 15 minutos tolos con ocasións das dúas áreas tendo o empate o Cerqueda nun córner pero a Esteirana logrou tres puntos xustos., mantendo unha boa liña.
Porteño - Castriz (2-2)
- Porteño: Martín, Gabi, Roi, Oli, Manuel, Quilmes, Doyle, Curra (Cachirulo, m.46), Cristian, Wii (Porto, m.46) e Marcos (Brais, m.75).
- Castriz: Añón, David Velo, Álex, Martín Uruguallo, Sergio, Bruno, Fabián, Maneiro, Iván Pastoriza (Luís xuv.), Martín Femelo (Miguel) e Álex Flores.
- Goles: 0-1, m.25: Fabián; 0-2, m.35: Maneiro; 1-2, m.49: Roi; 2-2, m.52: Roi coa axuda dun defensa.
O Castriz deixouse 2 puntos
"Estes partidos son os que hai que gañar", quedou pensando Periscal tralo empate deste aspirante a todo na Ponte do Porto. E iso que o partido se puña de cara na primeira metade, con dous goles en dúas chegadas. Aí puido matar o partido, pero non acertaron os xalleiros, que desapareceron no segundo tempo.
Cos cambios, o cadro de Pupus mellorou e foi polo empate, e o conseguíu nos primeiros 7 minutos, aproveitando a desbandada rossonera. Convertíase o choque nun duelo forte no medio campo, e o Castriz foise volvendo meter no partido e nos últimos 15 minutos tivo varias para levar o partido, pero o empate foi máis que xusto.
Zas - Cabana (3-1)
- Zas: Bugy, Manu, Diego Fernández (Adri, m.75), Dieguiño, Rubén Forján, Cili (Carlos, m.87), Isma, Sande (Dani, m.77), Chapela (Stiven, m.87), Rubio e David Blanco.
- Cabana: Víctor, Raúl, David Varela (Álex, m.87), Isma, Jose Cabana (Samuel, m.31), Aurelio, Pose (Valiña, m.75), Fernando, Santi, Diego (Manolo do Cruceiro, m.76) e Dani Reigía.
- Goles: 1-0, m.27: David Blanco a pase de Rubén Forján; 2-0, m.30: Dieguiño en xogada individual; 2-1, m.35: Santi tras un erro de Isma; 3-1, m.84: Chapela a pase de Dani.
Este Zas vai en serio
250 afeccionados en San Andrés para seguir a este equipo que mantén o pulso ao Ponteceso. Comezaba o Cabana apretando e probando cun tiro de Jose que despexa con dificultades Bugy. Pero á media hora, despois de aguantar moi ben, chegaba o baixón cabanés e en apenas 3 minutos chegaron 2 goles, que deixaban o choque encarrilado.
Reaccionou o Cabana recurtando e meténdose no partido co gol de Santi antes do descanso.
Na segunda Chapela tiña a puntiña, e tras moitos minutos de dominio alterno e onde o partido podía caer dos dous lados, xa contra o final, Chapela sentenza o choque dun bo Zas de Víctor Pazos e un noviño Cabana de Tono.
Ponteceso - Volantes (6-1)
- Ponteceso: Xurxo, Pablo (Ismail, m.72), Collazo, Laik (Márquez, m.76), Charlie, Mendieta, Recarey, Juanma, Nando, Cacha (Aday, m.65) e Youssef (Eloy, m.68).
- Volantes: Rubén, Juan do Sivil, Sergio, Maceiras, Javi, Ramónsiño, Mou, Iago, Pedro, Roi e Yanki.
- Goles: 0-1, m.6: Ramosiño; 1-1, m.35: Recarey de falta; 2-1, m.42: Youssef; 3-1, m.48: Charlie nun córner; 4-1, m.55: Nando de disparo dende fóra da área; 5-1, m.75: Mendieta de remate; 6-1, m.88: Recarey de penalti.
- Lesión: Yanki cun pinchazo no descanso.
Tardou en arrincar
Tardou en meterse no partido este impecable Ponteceso, pero en canto o fixo barriu ao cadro muradán. Un Volantes que saía descarado e nada máis comezar se metía por diante. Defendeu ben na primeira metade o cadro laranxa ante un Ponteceso que tiña a posesión peron sen perigo, mentres Yanki si que facía dano á contra, nos roubos dos medios visitantes.
Nos últimos 15 minutos da primeria parte chegarían varias ocasions dos locais que conseguía remontar a balón parado, con goles de Recarey de falta directa desde a frontal e Youssef nun remate de corner.
A segunda parte foi un asedio por parte local e con moitas ocasións ante un Volantes que perdera o seu faro arriba por lesión, e que pronto baixou os brazos. A única ocasións dos visitantes nesta parte foi un un contra un contra Xurxo que acabaria en penalti claro do meta pontecesán pero que acabou por paralo.
Coristanco - Fisterra (1-2)
- Coristanco: Herrera, Joni (Mallón, m.75), Rubio, Iván, Mato, Andrés, Pablo (Sergio, m.40), Magovi, Gonzalo (Lagoa, m.60), Ivi e Xavi (Toni, m.75).
- Fisterra: Ángel, Munitis, Manuel Cartamil, Piti, Dani, Pablo Lestón (Julito, m.60), Cote, Guardiola (Roco, m.50), Bruno, Abel e Adri (Adrián Makaay, m.50).
- Goles: 0-1, m.5: Cote; 1-1, m.40: Ivi nun centro desde a banda de Gonzalo; 1-2, m.70: Adrián Makaay a centro de Dani.
Este Fisterra ten pegada
Duelo de equipos verdes na Rocheira, moi disputado con máis loita que xogo, cun Fisterra algo máis dominador. Adiantouse pronto tras un saque de banda o cadro de Nacho. Adri e Bruno facían dano nos primeiros compases á defensa dos de Da Silva, pero pouco a pouco foron encontrando o seu sitio e acabaron o primeiro tempo empurrando e atopando o empate por medio de Ivi.
Saíu mellor o Coristanco ao comezo pero o colexiado anúlaballe un tanto por fóra de xogo. E era o Fisterra, porén, o que se adiantaba de novo cun tanto de Adrián Makaay tras un gran centro de Dani, que xa leva 4 asistencias neste comezo de curso, nunha xogada na que os locais pedían fóra de xogo.
A base de loita intentou empatar o Coristanco mentres o Fisterra tentaba durmir o partido, e con máis oficio foi quen de parar o ímpetu dos locais.
Buño - San Lorenzo (2-0)
- Buño: Toni; Miguel, Fran, Dani, Eloy, Calvete, Neucha, Dourado (Juan, m.75), Víctor (Emilio, m.80), Jorge (Dimitri, m.57) e Iván (Richard, m.85).
- San Lorenzo: Javi, Isaac, Adrián (Luís, m.67), Rudi, Juanjo, Taibo (Dani, m.75), Álex Figueiras, Mario, Fuentefría, Juni e Joaquín (Parafita, m.60).
- Goles: 1-0, m.25: Iván tras unha indecisión da defensa visitante; 2-0, m.70: Iván tras un erro do meta.
- Expulsións: os carballeses Rudi e Álex Figueiras contra o final.
Escápaselle a cabeza ao San Lorenzo
Facíalle falta unha vitoria a este Buño na visita dos ex de Gueli a Xaviña, ante un Buño que xa viña facendo bos partidos nas últimas semanas a pesar dos resultados. E foi un bo partido dos locais, moi serio, e mal partido dos carballeses, que regalaron dous goles e que non entrou no partido.
Defendeu ben atrás o cadro branquiazul, e as poucas veces que chegaron os de Pedro Gómez estivo ben Toni. Os goles foron con algo de fortuna, aproveitando os erros da defensa carballesa, pero apretou o San Lorenzo ao comezo da segunda, pedindo un penalti que non viu o colexiad.
A mellor nova para o San Lorezo, o debut este ano de Parafita despois da grave lesión do ano pasado na copa co Muxía.
Crónicas da 2ª Autonómica
- X.8: Palabras maiores.
- X.7: Vergonza para o Unión.
- X.6: Bergantiños ‘rules’.
- X.5: Cando a vida está por riba de todo.
- X.4: Ouro en Ara Solis.
- X.3: 3 líderes e 2 pechacancelas.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Que bonitos son os derbis costeiros.
- Preferente: O Xallas releva ao Dumbría na UCI.
- Resultados dunha xornada completa de Difuntos.
Novas relacionadas
- Sporting Zas: Crise dos 40? No, festa dos 40.
- /medio-seculo-de-futbol-soneiran-comprimidos-nunha-emotiva-gala/>Medio século de fútbol soneirán comprimidos nunha emotiva Gala.
- O Sofán arma unha cea solidaria polos refuxiados sirios.
- Baio e Carballo acollen os novos Cursos de Adestrador dos Niveis 1 e 2.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).