![O Castriz ganou en Verdillo-Foto-David Pena]()
O Castriz gañou en Verdillo-Foto-David Pena
![Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com]()
Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com
O Cee leva un pau histórico en San Andrés de Zas nunha xornada despois da convulsión no vestiario. Mentres, xa temos un só líder da Liga da Costa. Caía o San Lorenzo ante un Castriz que presentou a súa definitiva candidatura ao título, que deixou ao Ponteceso líder indiscutible da categoría. Os de Barca suman 7 de 7, despois de sufrir ante o Cabana. Por detrás, un completo grupo de aspirantes, que parece que estarán aí ata o final: Zas, o propio San Lorenzo e o Baíñas con 18 puntos, e Castriz con 15.
Mazaricos 3-1 Carnota
- Campo: Peña do Ouro.
- Mazaricos: Miguel, Miguel Riveiro, Tuco, Ramón, Martín, Matías (José Ángel m.55), Ricardo, Estéfano, David, Pereiro e Chenel.
- Carnota: Peipo, Tono Lestón, Adrián, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Nakata, Jose (Oli Bermejo m.62), Oreiro (Alexis m.90), Jose Manuel (Cibrán m.86), Miguel Ángel (Raúl m.46) e Manuel Luís.
- Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Miguel Riveiro, Rodrigo, Pereiro do Mazaricos; Jose, Oreiro, Nakata, Tono Lestón e Manolo Chouza.
- Goles: 0-1 m.18 Jose; 1-1 m.52 Ricardo; 2-1 m.89 Ricardo; 3-1 m.92 Estéfano.
Mel nos beizos para o Carnota
A piques estivo Amador Carballo de celebrar un triunfo na súa primeira saída co Carnota. Os sureños afrontaban un partido de vecindade e vellos coñecidos, no que o gol de Jose tras un rexeite, definiu a resistencia. Estivo espeso o Mazaricos durante case unha hora, pero emerxeu a figura colosal do moi veterano Ricardo, bigoleador. O excapitán do Xallas igualou á volta do vestiario cunha volea na área e contra o final cun remate escorado. Xa co Carnota afundido moralmente pola perda do traballo feito, unha contra con pase de David a Estéfano decidiu.
Buño 0-4 Baíñas
- Campo: Xaviña.
- Buño: Toni, Miguel, Fran Borrazás, Dimitri (Dourado m.46), Eloy, Dani Mato, Neucha (Emilio m.82), Jorge Calvete, Juan (Iván m.46), Jorge (Pablo m.74) e Víctor.
- Baíñas: Sergio, Matías, Carliños, Pablo Rey (Samuel m.79), Jorge Calvete (Mario m.77), Jaime (Jose m.70), Eloy Cabeza (Esteban m.65), Javi Suárez, Cristian (Canay m.60), Alemán e Migueliño.
- Árbitro: Zas Vázquez (A Coruña). Amonestou Miguel, David, Fran Borrazás, Víctor, Eloy e Iván do Buño; Javi Suárez e Canay do Baíñas.
- Goles: 0-1 m.7 Jaime; 0-2 m.15 Carliños; 0-3 m.40 Matías; 0-4 m.85 Mario Casal.
Acabouse demasiado cedo
Non tivo moita historia o retorno de Pablo Mallón e Jorge Calvete a Buño, onde ao intermedio xa gañaban por 0-3. Máis alá do resultado, o que máis enfadou á parroquia oleira foi a arbitraxe de José Luis Zas Vázquez, no que a actitude se refire. Gueli, adestrador local, denunciou faltas de respecto previas e posteriores. Sobre o terreo de xogo, Jaime, tras a combinación con Javi Suárez, Carliños, de libre indirecto dentro da área, e Matías, de lanzamento lonxano, sentenciaron nos primeiros corenta minutos. O pechepoñeríao Mario nun segundo acto de alternativas e moito máis distendido no aspecto táctico. Desde o manchón co Cerqueda, os vimianceses só saben gañar, e ademais recuperaron a fiabilidade defensiva. Todo o contrario que un Buño con problemas atrás nos tres últimos encontros.
Sporting Zas 8-0 Unión Club Cee
- Campo: San Andrés.
- Sporting Zas: Bugy, Rubén Forján, Josito (Braulio m.46), Villa, Diego Fernández, Sande (Dieguiño m.71), Isma, Adri, Rubio, Chapela (Dani m.56) e David Blanco.
- Unión Club Cee: Ángel Luis, Rubén Fiuza, Jorgito (Josiño m.46), Jacobo, Aitor, Esteban, Nico, Pereira (Andrés Fandiño m.55), Leo, Dani Picallo e Chiru (Isma Leis m.56).
- Árbitro: Reborido Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Josiño (m.60) e Rubén Fiuza (m.81), ambos do Unión Club Cee. Amonestou a Ángel Luis, Rubén Fiuza, Jorgito, Jacobo, do Cee.
- Goles: 1-0 m.8 David Blanco; 2-0 m.15 Chapela; 3-0 m.26 Sande; 4-0 m.51 Sande; 5-0 m.54 David Blanco; 6-0 m.67 David Blanco; 7-0 m.79 Dieguiño; 8-0 m.84 David Blanco.
Un punto e aparte
Resulta complicado analizar unha malleira como a do Sporting Zas ao Unión Club Cee só en positivo e en referencia ao extraordinario despregamento local. Non está asegurada a continuidade dun Alfredo Cambeiro notablemente afectado polas sensacións e a imaxe, máis alá do resultado. Incluso Ángel Luis detivo un penalti a Rubio que podería aumentar unha ferida de por si sangrante. A diferenza estivo na velocidade, intensidade e ideas dos locais, que cun fútbol rápido e combinativo provocaron a hemorraxia defensiva ceense. Chapela, Sande e David Blanco foron novamente sobresaíntes.
San Lorenzo 1-2 Castriz
- Campo: As Pedreiras.
- San Lorenzo: Javi Souto, Rubén Varela, Adrián Varela (Kevin m.70), Rudi, Juanjo, Álex Taibo (Omar m.66), Mario, Luis (Anxo m.46), Fuentefría (Dani m.77), Isaac e Joaquín (Juny m.46).
- Castriz: Añón, Martín Gemelo, Alberto, Martín, David Velo, Bruno, Fabián (Maneiro m.70), Dani Martínez (Sergio m.90), Adrián Prol (Adrián Prol m.24), Iván Pastoriza (Miguel m.80) e Bolón.
- Árbitro: García Vázquez (A Coruña). Amonestou a Rudi e Taibo do San Lorenzo; Bolón do Castriz.
- Goles: 0-1 m.11 Adrián Prol; 0-2 m.40 Martín; 1-2 m.47 Fuentefría.
Imperial Castriz no xogo de tronos
Despois de dúas decepcións seguidas fronte a rivais directos, o Castriz reivindicou o seu poderío da forma máis contundente posible: no feudo dun San Lorenzo ata onte líder e que contaba os seus partidos por victorias. Xustísimo éxito dos combeses, que tiraron de dous ex de Montañeros e Xallas para abrir a conta goleadora. Primeiro, o extremo Adrián Prol aproveitou un balón morto na área, xirouse e colocou o balón esquinado, lonxe de Javi Souto. Achegándose ao descanso, o uruguaio Martín tirou de recurso e colou de tacón a bóla na rede. Foi un primeiro acto para enmarcar por parte do Castriz. Xenerou, xogou e perdoou. Especialmente Bolón, que tivo dous goles claros nas súas botas. Reaccionaría o San Lorenzo na reanudación, especialmente grazas ao gol de Fuentefria, tras sentar a Añón e resolver con calidade. Dominou a pelota pero non agobiou o cadro verdillés, que só cun remate de Rudi e dous lanzamentos lonxanos rozou a igualada.
Ameixenda 2-2 Fisterra
- Campo: San Paio de Refoxos.
- Ameixenda: Maikel, Pastecas, Javichu, Álex, Camacho (Demetrio m.75), Jesús, Bichiño, Brais, Andrés, Mario (Bicho m.67) e Borja.
- Fisterra: Norberto, Rubia, Munitis (Manuel Cartamil m.66), Adrián, Roco, Pablo Lestón, Piti, Bruno, Yeray (Adri m.62), Cote (Abel m.80) e Julito.
- Árbitro: Regos Martínez (A Coruña). Amonestou a Adrián e Julito, ambos do Fisterra.
- Goles: 0-1 m.15 Bruno; 1-1 m.52 Brais; 1-2 m.77 Adri; 2-2 m.90 Álex.
Un Ameixenda rei da zona
Un punto conseguiron arrebatarlle entre Cee e Fisterra a un Ameixenda que parece medrar exponencialmente cando chega un choque de rivalidade. É a terceira semana consecutiva sen gañar para o xigante verde, que segue a dar sensacións cunha de cal e outra de area. Houbo destellos de Bruno, como na xogada do gol, pero tamén sombras. Cunha desas sombras defensivas igualaría Brais para os locais, nun desaxuste tras unha perda no centro do campo. O Fisterra era mellor, e Adri remataría con calidade a falta dun cuarto de hora para facer o 1-2. Saboreaba o éxito xa o cadro de Nacho cando Álex tirou de guante na execución dunha falta que acabaría por repartir un punto por cabeza. Válido moralmente para os locais, e decepcionante novamente para o Fisterra. Por outra banda, houbo un susto cunha lesión de Camacho que aparentaba de suma gravedade nos ligamentos do xeonllo. Chegou a ambulancia a San Paio de Refoxos, aínda que as novas posteriormente eran lixeiramente alentadoras respecto ao posible diagnóstico.
Esteirana 3-0 Camariñas
- Campo: José Luis Vara.
- Esteirana: Manuel (Ramón m.79), Marcos (Iker m.77), Damián Suizo (Damián m.85), Eloy, Álex, Adrián (Simón m.53), Róber Pladur, Pablo (Martín m.66), Alberto Codesido, Tobío e Caamaño.
- Camariñas: Pablo, Antonio, Kevin, Rodrigo (Vieites m.46), Soule, Pablo, Yuyo, Sergio, Pablo (Joseba m.74), Carlos Meu Lar e Brais (Vigo m.62).
- Árbitro: García Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Álex da Esteirana; Kevin e Sergio do Camariñas.
- Goles: 1-0 m.4 Róber Pladur; 2-0 m.21 Róber Pladur; 3-0 m.38 Róber Pladur.
![Esteirana-Camarinas-Foto_Camarinas]()
Esteirana-Camariñas-Foto_Camarinas
Pladur e máis pladur
Tres goles de Róber Pladur retomaron o rumbo correcto para unha Esteirana bipolar, capaz do mellor e o peor esta tempada. Os azulgrana foron superiores ao Camariñas e mataron antes do descanso cunha exhibición de velocidade, pegada e poderío do seu dianteiro estrela.
Ponteceso 3-2 Cabana
![11 do Ponteceso lider-Foto-SD]()
11 do Ponteceso lider-Foto-SD
- Campo: O Pinguel.
- Ponteceso: Brais, Martín, Collazo (Eloy m.78), Pablo (Laik m.67), Nando, Recarey, Juanma, Víctor, Youssef (Cacha m.60), Mendieta e Charly.
![11 do Cabana en Ponteceso-Foto-SD Ponteceso]()
11 do Cabana en Ponteceso-Foto-SD Ponteceso
- Cabana: Vázquez, David Varela, Ismael, Jose Sabana, Valiña, Eloy (Fariña m.60), Diego (Álex m.75), Aurelio, Fernando, Reigia e Santi.
- Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Amonestou a Charly do Ponteceso; Reigia, Fernando, Jose e Aurelio do Cabana.
- Goles: 1-0 m.31 Martín Puente; 2-0 m.39 Alberto Recarey, de penalti; 2-1 m.62 Santi; 2-2 m.76 Reigia; 3-2 m.93 Charly.
![Ponteceso e Cabana no Pinguel-Foto-Ponteceso]()
O Ponteceso e o Cabana no Pinguel-Foto-Ponteceso
Ata sen querer
Outra máis para o pleno do Ponteceso nun inicio perfecto de tempada. Favoritísimo nas apostas, poucos sospeitarían a forma coa que superaría ao veciño Cabana, un conxunto con moitos problemas defensivos. O 2-0 no intermedio, tras un disparo lonxano de Martín Puente e un penalti cometido por Diego sobre Recarey que o propio canteirán convertiría, daríanlle unha cómoda pero desaproveitada vantaxe aos de Barca. Santi, coa axuda da zaga local, e Reigia, cun bo remate, igualaron para sorpresa xeral. Non obstante, e nesa línea de gracia que está a ter o equipo, Charly decidiría o encontro no último suspiro, tras un balón morto. O Cabana ata tivera antes ocasións para levarse o choque.
![Ponteceso-Cabana Foto-Ponteceso]()
Ponteceso-Cabana Foto-Ponteceso
Coristanco 0-1 Cerqueda
- Campo: A Rocheira.
- Coristanco: Herrera, Mato (Jorge m.50), Sergio, Pablo, Samu, Toni (Damián m.60), Andrés, Iván (Rubio m.70), Magovi (Alexis m.75), Gonzalo, Mallón (Xavi m.65).
- Cerqueda: Diego Dourado, Sergio, John, Albertiño, Pazos, Uru (Guillamet m.55), Fernando, Lorenzo, Darío (Bastón m.90), Eloy (Juanjo m.66) e Adrián (Brais m.80).
- Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Amonestou a Iván, Toni e Samu do Coristanco; Albertiño e Guillamet do Cerqueda.
- Goles: 0-1 m.75 Darío.
![Coristanco-Cerqueda-Foto-UD]()
Coristanco-Cerqueda-Foto-UD
Outro triunfo do traballo
De novo o Cerqueda tirou de oficio, curiosamente xa que é un dos conxuntos más novos da categoría, para impoñerse a un rival directo na súa casa. Foi mellor o Coristanco nun primeiro acto no que reclamou como gol un lanzamento con carácter de fantasma que sacou Diego Dourado. Non chegaba nin apretaba o Cerqueda durante esa apertura, aínda que si mostraba unha ordenada resistencia. Houbo variante no plantexamento de Emilio Uzal, e con iso no guión dunha reanudación en chave cerquedista. Foi o irmán do adestrador, Fernandito, o que asistiu a Darío para resolver con clase no gol definitivo. O tanto bloqueou aos locais, que apenas dispuxeron de achegamentos con perigo.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/union.cerqueda/videos/974091902654191/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]
Porteño 3-3 Volantes de Baño
- Campo: A Grixa.
- Porteño: Curra, Jose, Roi, Manuel, Rodrigo (Doyle m.54), Quilmes, Iago, Cristian, Grela (Javi m.56), Baña (Curra m.76) e Óscar (Gabi m.79).
- Volantes de Baño: Rubén Santos, Fran, Mou, Juan do Sivil, Sergio, Uru, Javi, Cucurro, Cajulo (Ramonsiño m.64), Jurjo (Iago m.10) e Yanky.
- Árbitro: López Vila (A Coruña). Amonestou a Grela, Roi, Iago, Quilmes e Gabriel do Porteño.
- Goles: 0-1 m.43 Javi; 1-1 m.50 Roi; 1-2 m.78 Yanky; 2-2 m.84 Roi; 2-3 m.85 Yanky; 3-3 m.90 Iago, en propia meta.
Unha historia de crueldade
Segundo 3-3 consecutivo para o Volantes de Baño, e de novo coa desgraciada sorte para Iago, autor de catro goles nunha semana, tres deles en propia portería. Esta vez frustrouse de novo o triunfo muradán, a pesar do golazo de falta de Javi ou do oportunismo de Yanky no último cuarto de hora. O 'matador' estivo activo todo o choque e formou unha boa sociedade con Javi e unha gran capacidade no remate de cabeza. Suscitou moitos problemas o balón parado dun Porteño que segue a dar mostras de melloría nos últimos choques, pero que ten serios problemas na zaga.
Crónicas da semana
Conversas co Mito
Máis información
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).