xoves. 01.05.2025
El tiempo

2ª Galicia: Aguanta o lider a presiòn de Puenteceso e Esteirana

2ª Galicia: Aguanta o lider a presiòn de Puenteceso e Esteirana
Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com Sufriu o líder pero sacou un importante partido en Outes. O derbi pontecesán foi tremendo, con penalti marrado no último minuto por Alejo. A Esteirana ganou pola mañá e móstrase como candidato cada vez con mais seguridade. O Malpica abandona o faroliño vermello a costa do Coristanco. OUTES 0 - MAZARICOS 1 OUTES: Xandre, Borja, Cutu, Maroñas, Pose, Chía, Chúa, Babu, Yago Dosil, Alvaro e Jura.   Tamén xogaron Bruno, Veleiro, Marito e Simón. MAZARICOS: Toni, Roberto, Esteban, Sueiro, Amoedo, Martín, David, Ricardo, Manuel Luís, Molinos, Estéfano.   Tamén xogaron Barbeira, Danis e Iago. GOL: 0-1 89´Roberto Amoedo Un tremendo lanzamento de falta de Amoedo doulle a vitoria ó líder no desconto, nun encontro no que o Outes dou boa medida, pero a falta de pegada condenouno un domingo mais a perder o encontro. O oficio do líder, especialmente en portería e defensa, fixo que aguantara as embestidas dos locais e aproveitara a ocasión que tivo para levarse os puntos. PUENTECESO 3 - CORME 1 PUENTECESO: Xurxo, Rubén, Sotelo, Luís Alvite, Matías, Eloy Trigo, Mendieta, Ismail, Recarey, Charro, Juanma, Eloy Álvarez.   Tamén xogaron Iván Rodríguez, Martín Puente e Luca. CORME: Susiño, Javi Peón, Jesús, Dani Cousillas, Pandi, Sueiro, Doldán, Brais Torrado, Lucas, Toniño e Samu Costa.   Tamén xogaron Eloy, Alejo, Alejandro e Manu Bermúdez. GOLES: 1-0 49´Eloy Álvarez   1-1 61´Doldán   2-1 85´Rubén Sotelo   3-1 89´Recarey Gran ambiente no Pinguel para o derbi pontecesán Tremendo derbi o vivido onte no Pinguel ante unha chea de afeccionados que presenciaron un gran espectáculo. O encontro foi moi igualado dende o inicio. Mendieta tivo a primeira ocasión no 11´, pero Susiño respostou cunha boa parada. Eloy Álvarez e Brais Torrado rondaron o gol no primeiro tempo pero ó descanso non se movera o marcador. A igualdade seguía no segundo, pero un trallazo de Eloy Álvarez inaugurou o marcador. A partir de ahí rompeuse o encontro e víronse os mellores minutos de fútbol. Adrián Doldán puxo a igualada, e contra o final Rubén Sotelo coa axuda dun defensa anotou o segundo que parecía definitivo. Pero nada mais lonxe da realidade. Na seguinte xogada penalti a favor do Corme, pero o especialista Alejo mandou o balón ó pao, e no desconto aínda tivo tempo Recarey de anotar o terceiro da tarde. SP-ZAS 0 - U.C.CEE 1 SP. ZAS: Maikel, Fabián, Brais, Diego, Víctor Vecino, Josito, Jaime, Dani Mato, Manu Fuentes, Bruno e Isma.   Tamén xogaron Alex e Pablo Fuentes. U.C.CEE: Carlos, Martín, Borja, Nico, Aitor, Adrián Canosa, Penedo, Esteban, Charly, Juan Bello e Leo.   Tamén xogaron Carlos Castiñeira e Uri. GOL:   0-1 89´Charly Un gol no último minuto supuxo a derrota do Zas ante o Cee, nun choque con pouco ritmo e poucas ocasións, onde a igualada sería o mais xusto visto o visto. O colexiado anulou dous tantos a Leo por fora de xogo e a mellor ocasión do Zas foi un lanzamento ó pao de Manu Fuentes. O oportunismo de Charly doulle os puntos ós de Rosky. BAÍÑAS  1- CERQUEDA 0 BAÍÑAS: Víctor, Tantán, Héctor, Moreira, Esteban, Jesús, Cristian, Javi Souto, Pablo Muíño, Samuel e Felipe.    Tamén xogaron Cristian Hermida, Damián e Javi. CERQUEDA: Richard, Bastón, Dani, Atu, Fran, Eloy, Manu, Méndez, Julián, Martín e Michel.   Tamén xogaron Gonzalo e Marcos Pensado. GOL: 1-0 60´Cristian Canosa Levouse un partido trabado e complicado o Baíñas para seguir na zona alta da clasificación. Nun primeiro tempo igualado os locais tiveron dúas boas ocasións en sendos remates de cabeza pero o porteiro do Cerqueda Richard estivo moi acertado. A xogada polémica do partido foi a do gol, pois previamente móntase unha pequena tangana porque o Cerqueda reclama que o Baíñas debía ter tirado o balón fora para atender a un xogador visitante que quedou tirado no chan. E a raíz do córner resultante veu o único gol do partido. O Cerqueda estirouse, e o colexiado sinala penalti por mans na area do Baíñas, pero Bastón tirouno por fora marrando a ocasión mais clara dos visitantes. Co Cerqueda volcado o Baíñas tivo claras opcións de contragolpe pero co 1-0 chegoulle para levarse os tres puntos LIRA 2 - MONTE LOURO 2 LIRA: Peipo, Javichu, Jano, Pedro, Miguel, Toni, Kike, Isma Sanli, Adrián, Pesco e Jose. Tamén xogaron Raúl, Angel, Eloy, Yeray e Oliver. MONTELOURO: Iago, Miguel, Abel, Cesar, Pedro, Alex Siaba, Raúl, Gelo, Juan de Celia, Dani Corniños e Pablo Vidal.   Tamén xogaron Geiko, Dani Sahorta e Manolo Chouza. GOLES: 0-1 24´Dani Corniños   1-1 55´Jano   1-2 75´Juan de Celia   2-2 79´Jano Expulsado Peipo no 7´, Jose no 57´e Juan de Celia no 87´ O Monte Louro segue a ser a sorpresa do campionato Partido condicionado pola expulsión de Peipo no inicio do encontro. Con un home menos o Lira dou a cara e puxo en moitos problemas ós de Louro. Dani Corniños fixo o primeiro de forte disparo dende fora da area. Os visitantes puideron sentenciar nun gol anulado a Alex Siaba por discutible fora de xogo. No inicio do segundo tempo iguala o Lira co seu sorprendente goleador Jano, pero pouco despois queda con 9 homes. Juan de Celia puxo o 1-2 pero igualou o Lira nunha xogada que os de Louro reclaman falta ó porteiro. Contra o final os de Louro tamén se queixan dun penalti na area do Lira que o colexiado pasou por alto. O encontro de rivalidade respostou ás espectativas BUÑO 1 - MUXÍA 1 BUÑO: Brais, Dourado, Manu, Moscoso, Pablo, Fran, Petis, Emilio, Pedro, Martín e Adrián Rama.   Tamén xogan Juan Antelo, Richard, Jorge Calvete, Alexander e David Alvarez. MUXÍA: Angel Luís, Peski, Tomas, Martín, Michael, Conguito, Adrián Alcaina, Toja, Víctor Alcaina, Julián e Manu Nogueira.   Tamén xogaron Mario, Roberto, Iván Lagoa e Isma. GOLES: 0-1 57´Adrián Alcaina   1-1 67´Juan Antelo Expulsado Michael 89´ Igualada en Xaviña entre Buño e Muxía Encontro moi competido e disputado en Xaviña. Un Buño que se está a distinguir por ter moi claro ó que xoga, creoulle moitas dificultades ó Muxía, ben plantado en defensa e explotando as súas virtudes en ataque. Adiantouse o Muxía no inicio do segundo tempo por mediación dun remate de cabeza de Adrián Alcaina, pero o Buño non se descompuxo, buscou o empate e conseguiuno pouco despois nunha contra culminada por Juan Antelo. O Muxía tentou buscar a vitoria pero a seriedade do Buño deixou o encontro nunha xusta igualada. MALPICA 1 - CORISTANCO 0  MALPICA: Anxo, Mante, Omar, Santi, Jesús, Gustavo, Martín, Gonzalo Vilariño, Ures, Dani Casal e Andy.   Tamén xogaron Rubén Castro, Soule, Pablo Souto e Joel. CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel Mallo, Mato, Andrade, Botana, Damián, Samu Vázquez, Jorge Lorenzo, Bermúdez, Corral e Samuel.   Tamén xogaron Pazos, Jonathan, Figueiras e Cristian Pace. GOL: 1-0 14´Gustavo Un solitario gol de Gustavo ó cuarto de hora ó rematar un córner doulle un triunfo vital ó Malpica ante un rival directo, o Coristanco. que acabou protestando moito a actuación do colexiado do encontro. O Coristanco dominou o encontro a partir do gol local pero sen excesiva claridade ante o marco rival, no que estivo un seguro Anxo, que fixo paradas de mérito, especialmente unha contra o final para salvar a vitoria local. ESTEIRANA 3 - CAMARIÑAS 2  ESTEIRANA: Álex de Yi, Codesido, David, Dani Rama, Samu Pensado, Alex, Adrián, Manu Tobío, Rober Pladur, Pablo Rama, Eloy Campos.   Tamén xogaron Estévez, Cristian, Brais e Eloy Fernández. CAMARIÑAS: Alvaro, Rodri, Kevin, Santos, Moriño, Joseba, Adrián Bardanca, Soule, Mickael, Barreiro e Maikel.  GOLES: 1-0 40´Eloy   2-0 49´Pladur   2-1 68´Maikel de pti   3-1 89´Pladur   3-2 90´Mickael A Esteirana dalle igual pola mañá que pola tarde, gaña igual Un bo partido dos medios camariñáns Mickael e Moriño eclipsou á Esteirana que nos ten acostumados. O encontro foi de calidade, con dous equipos deixando xogar ó rival e que se decantou en detalles de calidade. Nun córner adiantouse a Esteirana por medio dun testarazo de Campos. Unha volea de Pladur parecía sentenciar o encontro pero unha pena máxima sobre Soule serve para recortar distancias. No último minuto, dous tantos, o de Pladur co seu habitual oportunismo, para deixar a xusta vitoria da Esteirana no marcador.    

Comentarios