2ª Galicia: defínense as posicións

23:52 11/11/18
Paliza do Mazaricos a un Buño descabezado, que ven de cesar o seu segundo adestrador en nove xornadas. O Corme impúxose con claridade ó Cerqueda para seguir a estela dos amarelos. Ponteceso e Muxía manteñen a persecución, á que se acercan Baíñas e Volantes tras as súas vitorias de hoxe. Pola cola, o Lira non levanta cabeza, e Ameixenda, Muros, Louro e Buño parecen condenados a loitar a morte pola salvación. Máis cómodos están o San Lorenzo tras vencer en Louro, Cee e Zas que igualaron e Malpica e Cerqueda a pesar das súas derrotas.
PUENTECESO S.D. 1 - 0 C.D. MUROS
PUENTECESO SD: Brais Vázquez, Martín PUente, Matías, Dani Cotelo, Moscoso, Luca, Eloy Trigo, Charro, Adrián Pose, Eloy Alvarez, Iago. Tamén xogaron Ismail, Nando, Iván e Aday.
CD MUROS: Xandre, Berni, Juachy, Pelos, Eloy, Ramón, Alex Siaba, Alvaro, Xavier, Suso Pata e Dani. Tamén xogaron GAbo, Gael, Xoaquín e Bruno
GOL: 1-0 26´Matías
Expulsado Matías 52´
Costoulle ó POnteceso levarse o partido ante un Muros competitivo, que foi un rival de cuidado. De inicio ocasións do Ponteceso para Dani Cotelo e Eloy Trigo, e Brais Vázquez tivo que facer unha gran parada para evitar o tanto visitante. Un clásico disparo lonxano de Matías puxo o único tanto no marcador. O propio Matías foi expulsado no inicio do segundo tempo. O Ponteceso puido controlar ben o partido, aínda que o Muros o puxo en bastantes dificultades, pero sin contar con ocasións excesivamente claras para empatar.
CORME C.F. 4 - 0 U.D. CERQUEDA
CORME CF: Suso, Jesús, Javi Peón, Pandi, Manu Bermúdez, Javi Bermúdez, Brais Torrado, Toniño, Brais Pombo, Lucas e Alejo. Tamén xogaron Doldán, Alejandro, Cristian, Martín e Angel.
UD CERQUEDA: Diego Dourado, Martín, Dani, Javi Pazos, Javi Souto, Manu Guillamet, Michel, David Dourado, Molinos, Lorenzo e Dieguito. Tamén xogaron Xulián, Jonathan, Méndez, Marcos Pensado e Bastón.
GOLES: 1-0 10´Lucas 2-0 30´Alejo 3-0 76´Alejo 4-0 80´Alejo
Moi superior o Corme ó Cerqueda nunha nova exhibición de Alejo. Os visitantes aguantaron ata que Lucas anotou un golazo de falta dos seus. A partir de ahí o Corme tiñao claro: defender ben e buscar as espaldas da defensa visitante con Alejo sempre de estilete. O killer anotou os tres restantes tantos, o cuarto de belísima factura nun trallazo dende o borde da area. O Cerqueda tivo as súas opcións no segundo tempo pero a efectividade do Corme acabou de matalos.
MUXÍA C.F. 5 - 0 LIRA C.F.
MUXÍA CF: Hugo, Michael, Brais Mouzo, Tomás, Macareno, Mauro, Pereira, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Manu Nogueira e Mario. TAmén xogaron Conguito, Gora, Gerardo e Toja
LIRA CF: Baitir, Cristian, Formoso, Porto, Manuel, Badara, Sieira, Caamaño, Borja, Raúl e Toni. Tamén xogou Peipo.
GOLES: 1-0 7´Manu Nogueira 2-0 31´Adrián Alcaina 3-0 32´Manu Nogueira 4-0 53´Conguito 5-0 87´Toja
Goleada dun Muxía que na casa anda moi forte ante un Lira desnortado, que a pesar do debut do gardameta Baitir no puido evitar os cinco tantos encaixados. Ten mala pinta este Lira, con poucos xogadores no plantel e que non é quen de plantar cara. O Muxía adiantouse moi pronto con gol de Manu Nogueira, que clavou na escuadra tras unha gran xogada individual e antes do descanso anotou dous máis para sentenciar o encontro, o primeiro de Víctor tras xogada de Mauro e o segundo nun remate de cabeza de Manu Nogueira, bigoleador. Congui e Toja redondearon a goleada no segundo tempo.
C.D. BAÍÑAS 3- 0 S.D. AMEIXENDA
CD BAÍÑAS: Jacobo, Rodri, Toño, Oreiro, Samuel, Naya, Ramón, Esteban, Pablo Muíño, Javi Souto e Felipe. Tamén xogaron Luis Alvite, Mayor, Canosa, Canay e Paulo.
SD AMEIXENDA: Riolo, Camacho, Javichu, Adan, Chucho, Castrexe, Po, Juanfran, Piquero, Tomás e Susiño. Tamén xogaron Alex, Samu, Bichiño e Pablo.
GOLES: 1-0 16´Javi Souto 2-0 48´Felipe 3-0 85´Pablo Muíño
Iniciou o encontro cunha boa parada de Riolo e respostou Susiño cunha boa ocasión. Javi Souto adiantou ós locais ó cuarto de hora. Riolo tivo que intervir a boas ocasións do Baíñas. Adán intentou o empate pero rematou desviado. Anotou Felipe o segundo tanto. O Baíñas relaxouse e tivo o Ameixenda as súas opcións pero o gol de Pablo Muíño sentenciou o encontro.
U.C. CEE 1 - 1 SPORTING ZAS
UC CEE: Maikel, Martín, Pablo, Carlos Leis, Jaiolo, Jon, Brais, Leo, Chema, Luis Lojo e Patera. Tamén xogaron Fran, Iván e Carballo.
SP. ZAS: Adrián Vázquez, Juan, Manu Fuentes, Alvarez, Josito, Rubio, Brais, Miguel, Fabián Dani Mato e Santi Casas. Tamén xogaron Pablo, Amado, Alvaro, Rubén e Christian.
GOLES: 1-0 6´Jon 1-1 56´Pablo
Igualada en Cee con dúas partes diferenciadas. A primeira foi frouxa, sen moito fútbol, aínda que o Cee se adiantou cun gran disparo de Jon dende a frontal. Despois do descanso o encontro converteuse nun ida e volta, empatando o Zas nun centro de Josito que prolonga Pablo Vidal. Lesionouse o gardameta local Maikel cun forte golpe na cara, e o Cee acabou aguantando o resultado cun xogador de campo de porteiro.
BUÑO S.D. 0 - 7 MAZARICOS C.F.
BUÑO SD: Rubén, David Dourado, David Alvarez, Miguel, Fran, Borja Gándara, Zinho, Alexander, Simón, Pablo e Juan Antelo. Tamén xogaron Brais, Petis, e Brandón.
MAZARICOS CF: Miguel, Cutu, Roberto, Oreiro, Borja, Amoedo, Mario, Piki, Estéfano, Pereiro e Yago Dosil. Tamén xogaron BArbeira, Chiki, Carreira e Raúl.
GOLES: 0-1 7´Mario 0-2 9´Yago Dosil 0-3 26´Borja 0-4 35´Piki 0-5 58´Barbeira 0-6 76´Estéfano 0-7 78´Chiki
Goleada do Mazaricos ó Buño nun encontro no que os locais acusaron a marexada na que están envoltos dende o inicio de tempada, con idas e vidas de adestradores e continuas polémicas. O Mazaricos foi práctico e xa ós 10 minutos vencía con claridade. Ó descanso o encontro estaba sentenciado 0-4 e o segundo tempo non fixo máis que reafirmar o que é un equipo serio e ganador e outro sen norte nin rumbo.
VOLANTES DE BAÑO F.C. 4 - 1 S.C.D. MALPICA
VOLANTES DE BAÑO: Marcos, Santi, Godo, Ricardo, Saúl, Juan do Sivil, Mou, Thiago, Pardelo, Raúl e Pesco. Tamén xogaron Cajulo, Yanki, Tico e Dani.
SCD MALPICA: Angel, Mante, Belar, Dimitri, Juan Fuentes, Miguel Martínez, Aitor, Laik, Brais Lado, Dani Casal e Gonzalo Vilariño. TAmén xogaron Alberto, Andy, Jorge, Marcos e Roberto.
GOLES: 0-1 3´Dani Casal 1-1 4´Mou 2-1 45´Raúl 3-1 54´Saúl 4-1 62´Yanki
Expulsado Brais Lado no 72´
Partido máis igualado do que reflexa o marcado. Adiantouse pronto o Malpica pero igualou o Volantes acto seguido. O Volantes buscou a velocidade arriba, pero acusaron a lesións de Thiago, con posible luxación de cóbado. O Malpica intentou ter o control da pelota pero o Volantes acertou nos momentos decisivos, moi fino a balón parado e en segundas xogadas. Gran vitoria dos locais que os acerca á cabeza da tabla.
U.D. MONTE LOURO 1 - 2 S.D. SAN LORENZO
UD MONTE LOURO: Fer, Abel, Pedro, Manolo, Borja, Gelo, Pesco, Dani de Sahora, Rama, Juan de Celia e Yeray. Tamén xogaron David, Dani Corniños, Pablo Vidal e Mingos.
SD SAN LORENZO: Benja, Fidalgo, Rudi, Luciano, Pablo Díaz, Dani Cotelo, Diego Varela, Jose, Fuentefría, Mario e Brais Cancela. Tamén xogaron Juanjo, Styven, David Lorenzo e Alberto Mato.
GOLES: 0-1 28´Diego Varela 1-1 75´David 1-2 76´Fuentefría
Expulsados Rama 73´e Alberto Mato 89´
Pagou caros os erros defensivos o Louro ante o San Lorenzo no partido adiantado ó sábado. Os visitantes estiveron ben plantados desde o inicio, adiantáronse no marcador por medio de Diego Varela e aguantaron o marcador ata o descanso. Na reanudación o Louro quedouse con 10 homes pero aínda así empuxou na busca do empate. Pero cando o atopou, un erro de marca propiciou o gol de Fuentefría, sempre coa caña. Os visitantes aguantaron ben a pesar de quedarse tamén con 10 homes contra o final





