venres. 02.05.2025
El tiempo

2ª Galicia: emoción e espectáculo

2ª Galicia: emoción e espectáculo
Temos ó Mazaricos liderando en solitario a clasificación despois da súa vitoria ante o Baíñas. A igualdade está a ser a tónica reinante neste inicio ligueiro, e ata sete equipos están perseguindo ós de Mazaricos con 7 e 6 puntos. A Esteirana mostrou o seu potencial ante o Corme, e o Puenteceso está a rentabilizar moi ben os seus goles. O Lira e o Muxía siguen a optar ó título de revelación do ano. Por debaixo o Malpica e o Coristanco todavía non puntuaron. MONTELOURO 2 - MUXIA 3 MONTELOURO: Iago, Miguel, David, Cesar, Vidal (Alex Siaba 57´), Adrián, Riki (Abel 77´), Raul, Geiko (Manolo Chouza 57´), Juan de Celia e Dani de Sahorta (Jose 88´) MUXÍA: Hugo, Iván Chans, Denis (Adrián Negro 61´), Michael, Tomás, Conguito, Víctor Alcaina (Javi 75´), Josiño (Romaní 46´), Adrián Alcaina, Manu Nogueira e Martín (Ruso 86´) GOLES: 0-1 3´Michael   1-1 44´Adrián   2-1 81´Raul Olveira   2-2 87´Ruso   3-2 89´Manu Nogueira O Muxía dedicoulle o triunfo a Borja Munitis Partido de infarto en Louro. Adiantouse pronto o Muxía nun remate de Michael de cabeza. O Montelouro igualou cerca do descanso tamén nun remate de cabeza. O segundo tempo foi trepidante. Hugo detivo un penalti que sería o 2-1. Isto fixo espabilar ó Muxía, que puido adiantarse no marcador, pero a expulsión de Michael e o golazo de chilena de Raul parecía sentenciar o partido. Pero o Muxía arriscou con 3 centrais, e o revulsivo Ruso igualou a falta de 3 minutos, e cando ninguén o esperaba unha contra levada por Mario e culminada por Manu Nogueira levou ó delirio á afección visitante. Partidazo en Louro, con goles e emoción a raudales CORISTANCO 1 - CERQUEDA 4 CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel Mallo, Mato, Jonathan, Andrade, Samuel (Miguel 75´), Damián, Jorge Lorenzo, Lagoa (Pazos 65´), Corral (Figueiras 51´) e Cebey (Botana 80´) CERQUEDA: Dourado, Bastón (Fernando 69´), Dani, Atu, Javi Souto, Manu Guillamet (Gonzalo 55´), Cholo, Michel (Julián 78´), Martín, Vieites (Méndez 66´) e Iván Mato (Eloy 81´) GOLES: 1-0 8´Damián   1-1 12´Cholo   1-2 70´Iván Mato   1-3 79´Gonzalo   1-4 8´Gonzalo O Coristanco adiantouse, pero non foi quen de aguantar a ventaxa Vitoria contundente do Cerqueda no mini derbi en Coristanco. A pesar de que o equipo local se adiantou no marcador por medio do seu centrocampista Damián, a igualada chegou de inmediato. O Coristanco, en crise de resultados, aguantou ata o descanso sen virse abaixo, pero no segundo tempo o Cerqueda foi superior. O ex xogador do Coristanco Gonzalo foi decisivo na súa participación en todos os goles, asistindo nun e anotando os dous últimos. CAMARIÑAS 0 - UC CEE 1 CAMARIÑAS: Martín, Roi, Moriño, Soule, Brais, Rodri, Adrián Bardanca (Kevin 85´), Javi Antelo, Maikel, Joseba (Dani Costa 65´), Miki U.C.CEE: Parroto, Carlos Castiñeira, Borja, Aitor (Juan 63´), Guardiola, Jorge, Javi (Penedo 84´), Martín, Uri (Charly 76´), Juan Bello (Leo 89´) e Andres GOLES: 0-1 85´Charly Un gol contra o final do encontro do ex do Dumbría Charly doulle a vitoria ó U.C.Cee ante o Camariñas, no duelo de históricos. O Cee mantén así a súa xeira de ganar os partidos a domicilio, e o Camariñas perde o liderato coa súa primeira derrota. ESTEIRANA 4 - CORME 1 ESTEIRANA: Rober, Simón, Samu Pensado, Josiño Alves, Alex Rama, Roberto Pladur (Eloy 78´), Pablo Rama (Brais 71´), Codesido, Estevez (Samuel 85´), Jaime (Adrián 56´) e Manu Tobío CORME: Susiño, Jesús, Alejandro (Cristian 88´), Sergio Sueiro (Brais Torrado 66´), Diego, Doldán, Uru (Aitor 78´), Manu Bermúdez (Samu 46´), Lucas, Toniño, Pandi GOLES: 0-1 12´Diego   1-1 19´Estevez   2-1 43´Pablo Rama   3-1 49´Estevez   4-1 89´Brais A Esteirana está mostrando un gran fútbol Partidazo no Xosé Luis Vara. Ambos equipos mostraron o seu talento e foi unha Esteirana lanzada a que se levou o gato á auga. Iniciaron ambos conxuntos buscando as liñas ofensivas co seu clásico fútbol combinativo. Nun desplazamento longo a Diego, este plantouse diante de Roberto e batiuno na súa saída. Á media hora unha gran combinación entre Alex, Pladur e Estévez significou a igualada. E a pouco do descanso unha incorporación de Codesido posibilitou o tanto de Pablo Rama. Pladur en rol de pasador esta vez O segundo tempo foi da Esteirana, que seguiu cunha presión alta e roubando e saindo rápido. Así chegou o terceiro de Estevez. O Corme baixou os brazos e a Esteirana gustouse, mostrando todo o seu potencial, e chegou o cuarto tanto que selaba unha boa goleada para presentar candidatura ó título. MALPICA 1 - OUTES 4 MALPICA: Lamas, Ramón, Rubén, Mante, Jesús, Gustavo, Fabio, Yonattan, Dariel, Castro (Koffi 68´), Elhadji OUTES: Xandre, Borja (Sergio 67´), Dani Maroñas, Pose, Chia (Yago Dosil 50´), Martin, Babu, Jura, Marito, Elias (Saul 81´) GOLES: 0-1 12´Elías   0-2 46´Elías   0-3 66´Elías   1-3 81´Elhadji   1-4 85´Sergio Foi suficiente unha boa mañá do dianteiro Elías para axusticiar ó Malpica, un conxunto que navega na indefinición e o caos. O Outes foi o claro dominador do encontro, non tivo apenas problemas para levarse os puntos, e incluso o debutante no primeiro equipo Sergio se permitiu o luxo de anotar un bonito tanto de vaselina. BUÑO 1 - PUENTECESO 2 BUÑO: Brais, David Álvarez, Eloy (Juan Antelo 82´), Moscoso (Pedro 68´), Antelo (Richard 47´), Jorge, Adrián, Fran (Alexander 72´), Martín (Manuel 77´), Emilio e Petis PONTECESO: Xurxo (Damián 83´), Luis Alvite, Matías, Eloy Trigo (Yaguito 56´) (Luca 65´), Recarey, Dieguito (Charro 72´), Rubén Sotelo, Iago (Pose 79´), Moreira, Ismail, Eloy Álvarez GOLES: 0-1 49´Ismail   0-2 60´Iago   1-2 79´Petis Buño e Ponteceso saudando ó público en Xaviña Gran partido en Xaviña nunha tarde de moita calor. Anulouse un gol a Matías no 4´, e a partir de ahí igualdade no primeiro tempo, con moito control por ambos equipos. Un remate de Recarey no 42´foi a ocasión mais clara dos visitantes. Un golazo de Ismail de media chilena adiantou ó Puenteceso, e isto dou seguridade os de Tito Pedreira, que tiveron 20 minutos de gran fútbol, anotando o segundo tanto. Petis reduciu distancias, e Antelo nunha falta ó borde da area case logra a igualada, pero o Puenteceso levouse os puntos con xustiza. LIRA 4 - SP.ZAS 3 LIRA: Peipo, Adrián (Pelexo 86´), Pedro, Javichu, Jano, Joseph, Miguel, Toni (Manu 88´), Pesco (Yerai 84´), Kike Paluca, Ismael (Oli 76´) SP.ZAS: Tivoli, Jaime, Isma, Rubio (Andres 78´), Dieguito (Fabian 83´), Josito, Dani Mato, Pablo Fuentes (Vecino 71´), Bruno (Brais 80´), Alex (Rubén 87´), Manu Fuentes GOLES: 1-0 18´Isma   1-1 30´Dani Mato   1-2 47´Dani Mato   2-2 51´Isma   3-2 60´Isma   4-2 69´Pesco   4-3 89´Jaime Espectáculo en Lombáns, onde un gran Lira mostrou que pode ser un dos animadores da liga. Ante todo un Sp.Zas que viña de golear ó Baiñas, logrou vencer nunha boa tarde de Isma, goleador do encontro con 3 tantos. Adiantáronse os locais, pero antes do descanso igualou Dani Mato. O talentoso mediapunta voltou a marcar na reanudación, pero en 15 minutos trepidantes o Lira púxose con ventaxa 4-2. Ainda así o Zas non baixou os brazos, anulouselle un gol a Jaime, e o mesmo Jaime anotou un insuficiente 4-3 MAZARICOS 2 - BAIÑAS 1 MAZARICOS: Toni, Roberto Amoedo, David, Ricardo, Manuel Luis (Iago 89´), Estéfano, Roberto (Martín 58´), Raul (Oreiro 58´), Carreira (Molinos 70´), Miguel (Manuel 78´), Pereiro BAIÑAS: Victor, Tantán, Héctor, Moreira, Estaban, Samuel, Cristian Canosa, Luis (Javier Oreiro 66´), Javi Souto, Cristian Hermida e Roi Carril GOLES: 1-0 7´Carreira   1-1 12´Cristian Canosa   2-1 76´Moreira en pp Primeiro tempo moi igualado con ocasións para ambos equipos e goles tempraneiros en Mazaricos. No segundo tempo o campo púxose pesado, o Baiñas, pouco acostumado notouno e apenas tivo oportunidades, ainda que tivo duas ben claras, un balón o pao e outro disparo que sacou Amoedo baixo paos. O Mazaricos co empate buscou a vitoria con interés, e a insistencia tivo premio. O equipo de Roberto Amoedo é dos que non baixa os brazos en ningún instante e por iso se están a levar os partidos.

Comentarios