Martes. 31.03.2020
El tiempo

2ª Galicia: o Lira da a gran sorpresa

2ª Galicia: o Lira da a gran sorpresa
O colista Lira subiuse ás barbas de todo un Corme e dou a gran sorpresa da xornada. Isto permite ó Mazaricos coller máis vantaxe na clasificación. Os perseguidores Ponteceso, Voltantes, Baíñas e Muxía non fallaron. No derbi muradán houbo igualada e gran entrada no Eleuterio Balayo. C.D. MUROS 1 - U.D. MONTE LOURO 1 CD MUROS: Xandre, Berni, Juachy, Pelos, Eloy, Ramón, Alex siaba, Gael, Xavi, Alvarito e Daniel. Tamén xogaron Yerai, Pedro, Jesús e Gabriel. UD MONTE LOURO: Iago, Abel, Pablo, Bolo, Dani Corniños, Yeray, Pesco, Gelo, David, Juan de Celia e Sambade. Tamén xogaron Geiko, Ivi e Fer. GOLES: 0-1 55´Pelos en pp   1-1 69´Ramón Partido moi igualado onde as mellores ocasións chegaron no tramo final de encontro. O Muros reclamou un penalti. Juan de  Celia e Pesco estaban a levar perigo, pero este último tivo que retirarse lesionado. No segundo tempo unha falta que saca Juan de Celia desviaa Pelos a gol. O Muros con fútbol directo buscou a igualada e despois dun saque de banda Ramón logrou a igualada. Os de Louro tiveron boas ocasións no treito final pero Xandre estivo moi inspirado para que o empate non se desfixera. U.D. CERQUEDA 0 - PUENTECESO S.D. 1 UD CERQUEDA: Diego Dourado, Dani, Javi Pazos, Martín, Javi Souto, Michel, Manu Guillamet, Molinos, Xulián, Dieguito e Martín Castro. Tamén xogaron Méndez, Gonzalo, Atu, Marcos Pensado e Bastón. PUENTECESO SD: Brais Vázquez, Martín Puente, Moscoso, Luca, Ismail, Dani Cotelo, Eloy Trigo, NAndo, Recarey, Iván e Mendieta. Tamén xogaron Charro, Iago e Aday. GOL: 0-1 59´Charro de penalti Derbi de cercanías moi intenso en Xaviña, con poucas ocasións e moita igualdade. No primeiro tempo os visitantes inquedaron unicamente en disparos lonxanos. O Cerqueda pediu penalti por mans que o arbitro non apreciou así. O balón parado de Dieguito era a arma dos locais. No segundo tempo Charro adianta ó Ponteceso de penalti. O Cerqueda botouse arriba e Moscoso foi expulsado na xogada que da lugar ó penalti, que lanzado por Dani, un seguro nestas xogadas, detivo Brais cunha gran parada. O Ponteceso aguantou as embestidas locais e levouse tres importantes puntos. LIRA C.F. 4 - CORME C.F. 2 LIRA CF: Baitir, Oscar, Cristian Formoso, Porto, Badara, Borja, Raúl, Deme, Cristian Caamaño, Oliver e Toni. Tamén xogaron Manuel, Sieira e Peipo CORME CF: Suso, Jesús, Pandi, Javi Peón, Brais Pombo, Brais Torrado, Sueiro, Manu Bermúdez, Alejo, Lucas e Javi Bermúdez. Tamén xogaron Eloy, Alejandro e Angel. GOLES: 1-0 36´Oscar   2-0 38´Cristian Caamaño   2-1 45´Alejo   3-1 58´Toni   4-1 70´Oliver   4-2 75´Alejo Gran partido do Lira, moi ben plantado e concentrado dende o inicio do partido. Oscar Rey anotou un auténtico golazo, e Cristian puxo o 2-0. Antes do descanso Alejo, como non, recortou distancias. O Lira non se asustou, seguiu xogando ben e Toni primeiro e despois Oliver de penalti fixeron o 4-1. Alejo de novo anotou pero non foi suficiente e o Lira levouse o partido. S.D. AMEIXENDA 1 - MUXÍA C.F. 4 SD AMEIXENDA: Riolo, Camacho, Samu, Bichiño, Javichu, Tomás, Chucho, Castrexe, Juanfran, Susiño e Pablo. Tamén xogaron Yago Costa, Po, Cristian e Bicho. MUXÍA CF: Noé, Gerardo, Michael, Brais Mouzo, Tomás, Pereira, Julián, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Mario e Mauro. Tamén xogaron Gora, Toja e Isma Pose. GOLES: 0-1 15´Manu Nogueira   0-2 53´Mario   0-3 59´Julián   1-3 87´Bicho   1-4 90´Adrián Alcaina Un serio Muxía levouse os puntos de Sampaio de Refoxos. Adiantouse pronto cun golazo de Manu Nogueira á reviravolta. O Ameixenda dou a cara ante un gran rival. No segundo tempo Mario anota o segundo e o partido rompiuse definitivamente. Co gol de Julián a distancia xa era insalvable. Mauro mandou dous balóns ós paos. Bicho nunha falta lateral marcou o gol da honra, un golazo de falta, e Adrián Alcaina fixo o definitivo sobre o tempo. SPORTING ZAS 1 - C.D. BAÍÑAS 3 SP. ZAS: Adrián Vázquez, Carra, Juan, Brais, Lois, Josito, Santi Casas, Manu Fuentes, Fabián, Dani Mato e Rubio. TAmén xogaron Miguel, Amado, Pablo e Miki. CD BAÍÑAS: Paulo, Rodri, Ramón, Capote, Oreiro, Toño, Mayor, Canosa, Esteban, Pablo Muíño e Javi Souto. Tamén xogaron Víctor, Canay e Calda. GOLES: 0-1 11´Pablo Muíño   1-1 15´Dani Mato de penalti   1-2 35´Javi Souto   1-3 90´Javi Souto Vitoria moi sufrida dun Baíñas que unha vez máis tivo na sociedade Muíño - Souto un estilete mortal para o rival. Adiantouse o Baíñas por medio de Pablo Muíño pero pronto igualou o Zas de penalti. Javi Souto fixo o segundo, e Dani Mato tivo outra vez o empate pero a porta valeira non foi quen de marcar. O Zas buscou o empate pero Pablo Muíño tivo claras ocasións para aumentar a diferencia. Pediuse penalti sobre Santi Casas e co tempo cumplido outra vez Javi Souto fixo o terceiro. MAZARICOS C.F. 3 - U.C. CEE 0 MAZARICOS CF: Miguel, Cutu, Borja, Amoedo, Roberto, Pereiro, Mario, Ricardo, Barbeita, Piki e Estéfano. Tamén xogaron Raúl, Chiki, Yago Dosil, Carreira e Pose UC CEE: Parroto, Jorge, Pablo, Berto, Jaiolo, Carlos Leis, Brais, Martín, Chema, Luis Lojo e Jon. Tamén xogaron Fran, Jose, Leo, Alexandre e Brais. GOLES: 1-0 21´Mario   2-0 43´Estéfano   3-0 57´Piki Segue a súa carreira imparable hacia o título o Mazaricos, que cada semana ve como algún dos seus rivais pincha, e eles non dan opción ás sorpresas. Onte ante un Cee con baixas adiantáronse no marcador por medio de Mario e antes do descanso decantaron o partido cun gol de Estéfano. Piki puxo a sentencia no 57 e de ahí ó final foi máis un deixar pasar os minutos que outra cousa. S.C.D. MALPICA 0 - BUÑO S.D. 1 SCD MALPICA: Eusebio, Mante, Belar, Dimitri, Juan Fuentes, Miguel Martínez, Andy, Aitor, Marcos, Dani Casal e Alberto. Tamén xogaron Martín, Brais Ceán, Jorge e Rober. BUÑO SD: Brais, Simón, Manu, Posiño, David Alvarez, Fran, Borja Gándara, Alberto, Juan Antelo, Eloy e Zinho. Tamén xogaron Petís, Miguel, Alexander e Brandón. GOL: 0-1 88´Petís Un ex do Malpica, Petís, foi que lle dou a vitoria ó Buño no derbi da Pedra Queimada. O encontro foi igualado, cun Buño buscando as contras ante un Malpica con moita posesión pero sen profundidade. O meta Eusebio, de 52 anos, no seu debut na liga estivo moi ben desbaratando unha tras outra as accións dos visitantes, excepto a contra do último minuto, na que Petis cruzou ben ante a saída do porteiro e o celebrou con ansia a pesar do seu pasado malpicán. S.D. SAN LORENZO 1 - VOLANTES DE BAÑO F.C. 2 SAN LORENZO: Rubén, Fidalgo, Rudi, Pablo Díaz, Luciano, Kuki, Jose, Fuentefría, Mario, Brais Cancela e Diego Varela. Tamén xogaron David Lorenzo, Pablo Garrido, Aarón e Styven. VOLANTES DE BAÑO: Javira, Samu, Juan do Sivil, Mou, Saúl, Cajulo, Pardelo, Santi, Pesco, Iván, Rachón. Tamén xogaron Dani, Godo, Yeray e Alex GOLES: 0-1 8´Pesco de penalti   0-2 49´Juan do Sivil   1-2 62´Mario Partido intenso, xogado de poder a poder, con fútbol directo e transicións moi rápidas por ambos bandos. Adiantouse o Volantes nun penalti que marcou Pesco. Con ese marcador chegouse ó descanso, e no segundo tempo Juan do Sivil fixo o segundo. Apretou o SAn Lorenzo, recortou con gol de Mario de penalti, pero o Volantes defendeuse como gato panza arriba e levouse os puntos. Foron expulsados Rudi e Mario por parte local, e Pardelo por parte visitante.  

comentarios