Mércores. 24.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: o Mazaricos segue intratable

2ª Galicia: o Mazaricos segue intratable
Mantén a cabeza da clasificación un Mazaricos que conta os seus partidos por vitorias. Perseguindo ós amarelos están Puenteceso e Esteirana. Os de Esteiro deron un bo golpe de man onte en Outes, nun encontro apaixoante e cunha masa de afeccionados na grada que xa nos gustaría en todos os campos. Na zoa baixa o Malpica non levanta cabeza, o Coristanco obtivo a primeira vitoria e sorprende ver ó Zas con so 3 puntos. U.C.CEE 1 - CORISTANCO 2 U.C.CEE: Parroto, Esteban, Borja, Juan (Leo 66´), Guardiola, Jorge, Javi Canosa (Carlos Castiñeira 80´), Martín, Uri (Charly 43´), Juan Bello e Andrés (Penedo 45´). S.D.CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel Mallo (Andrade 71´), Mato, Adrián Pazos, Samuel (Figueiras 68´), Damián (Añón 70´), Jorge Lorenzo, Lagoa, Samu Vázquez, Miguel (Cristian Pace 46´) e Cebey (Botana 57´). GOLES: 0-1 51´Samuel   1-1 80´Leo   1-2 85´Cristian Pace Intenso partido en Sampaio de Refoxos. O Coristanco, a pesar de ir colista non dou impresión de tal cousa e xogou un bo encontro. Tivo varias opcións para adiantarse no primeiro tempo pero foi no 51´cando Samuel Romero anotou o primeiro tanto. Viñeron entón os mellores minutos do Cee, que dominou o xogo e fixo sufrir ós visitantes con balón, logrando o veterano Leo o tanto da igualada. Foi expulsado o defensa visitante Pazos no 70´, pero cando parecía que o partido se ía decantar do lado local unha contra visitante doulle o tanto da vitoria. CERQUEDA 2 - MUXÍA 2 CERQUEDA: Richard, Dani, Atu, Fran, Iván Mato, Cholo, Méndez (Eloy 70´), Gonzalo (Manu Guillamet 56´), Julián (Fernando 87´), Martín e Michel. MUXÍA: Angel Luis, Iván Chans, Denis, Tomás (Romaní 70´), Conguito, Víctor Alcaina (Javi 63´), Julián, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Martinciño (Ruso 89´) e Josiño (Pesqui 82´). GOLES: 0-1 1´Víctor Alcaina   0-2 30´Josiño   1-2 46´Julián   2-2 67´Iván Mato CRISTIAN MENDEZ non anotou o sábado Está o Muxía cheo de moral e notouse hoxe no arranque do partido. Xogou con ventaxa dende o minuto inicial tras o tanto de Víctor Alcaina e parecía sentenciar cun disparo lonxano de Josiño. Pero a segunda parte foi outro cantar, cun Cerqueda volcado, axudado polo tanto nada mais sair dos vestiarios, e os locais tiveron ocasión para levarse o partido, ainda que o Muxía por medio de Mario e Toja puideron tamén gañar. Partido disputadísimo en Xaviña e xusta igualada   MONTELOURO 1 - MAZARICOS 3 MONTELOURO: Fer, Pablo Vidal (Alex Siaba 53´), David, Manolo Chouza, Pedro García (Cesar 34´), Adrián, Miguel, Raul (Gelo 56´), Geiko (Gabri 74´), Juan de Celia e Dani de Sahorta (Abel 53´). MAZARICOS: Toni, Manuel (Oreiro 61´), Roberto Amedo, Martín, David (Molinos 87´), Ricardo, Manuel Luis (Barbeira 67´), Estéfano, Raul (Iago 88´), Carreira e Pereiro. GOLES: 0-1 5´Martín de pti   0-2 50´Ricardo   1-2 59´Geiko   1-3 83´David Expulsados Martín 73´, Juan de Celia 80´e Alex Siaba 80´ Polémica en Louro, onde Mazaricos se levou os puntos por veteranía Partido moi polémico en Louro, con 3 expulsados e unha actuación arbitral que irritou á afección local sobremaneira, pois o Montelouro queixase de ata tres penaltis non sinalados, e unha persecución arbitral durante todo o encontro. O Mazaricos unha vez mais tirou de oficio, e da ventaxa que lle dou un penalti anotado por Martín, para xogar co ritmo do encontro, facerse forte na parcela defensiva, que é a súa virtud mais destacada, e rematar o encontro cando o Montelouro se atopaba con 9 xogadores sobre o terreo de xogo. Amoedo, un seguro de vida no centro da defensa do Mazaricos CORME 3 - CAMARIÑAS 1 CORME: Susiño, Jesús, Alex, Pandi (Uru 49´), Sergio Sueiro (Brais Torrado 79´), Eloy, Diego, Doldán (Isaac 86´), Lucas, Toniño e Javi Peon. CAMARIÑAS: Martín, Soule, Rodri, Brais (Kevin 89´), Adrián Bardanca (David Pasantes 55´), Antelo, Mickael, Dani Costa (Rodrigo Santos 73´), Nico, Joseba (Moriño 62´), Maikel. GOLES: 1-0 6´Toniño   1-1´Adrián Bardanca   2-1 43´Alejandro   3-1 66´Doldán Plantou cara o Camariñas en Corme, cun equipo moi xoven pero animoso. Adiantouse pronto o equipo local por medio de Toniño, pero na seguinte xogada igualaron os de Tono. Foi o veteranísimo Alejandro, incombustible e goleador cando se lle precisa, o que anotou o segundo ó borde do descanso. O segundo tempo fíxoselle longo ó Camariñas, que encaixou un tanto mais, e viu como Javi Antelo, o seu mellor xogador, foi expulsado no minuto 68´. Así a remontada antollouse imposible e o Corme levouse o partido. OUTES 1 - ESTEIRANA 2 OUTES: Xandre, Borja (Simón 84´), Dani Maroñas, Chúa, Jura, Pose, Chia (Yago Dosil 57´), Martín, Marito, Elías, Babu (Dani Corniños 52´). ESTEIRANA: Roberto, Code, Simón, Rafa, Josiño Alves, Jaime, Manu Tobío, Alex Rama, Estévez, Rober Pladur, Pablo Rama GOLES: 1-0 25´Borja   1-1 30´Manu Tobío   1-2 71´Alex Rama As gradas do Cunchido a reventar Partidos como o de onte en Outes gustaríanos velos todas as fins de semana na costa. Un campo do Cunchido ateigado recibiu os dous equipos, que disputaron o encontro como se de unha final de copa se tratase. Adiantouse no marcador o Outes por medio de Borja cerca da media hora, pero a euforia local durou pouco, pois Manu Tobío, sempre atinado cara a gol, igualou o marcador acto seguido. No segundo tempo dominou o Outes de inicio, ben organizado e sen deixar  facer o seu fútbol á Esteirana. Mandaron 2 balóns  ós paos e reclamouse un penalti na area visitante. Pero foi Alex Rama, un dos que sempre tiran do carro, o que adiantou ós de Esteiro cun golazo. Pouco despois foi expulsado Yago Dosil por parte local, nunha polémica xogada na que se pediu penalti do gardameta visitante, e ainda que o tentou, o cadro local con un menos non foi quen de lograr a igualada. Este resultado confirma á Esteirana como un dos equipos a ter en conta de maneira clara para o título, pois ganar en Cee e en Outes, e ó Corme na casa con claridade non está ó alcance de calquera. O Outes, sempre detallista, agasallou a Fornís polo seu cumpleanos e a Chúa, recente papá. Un remate de Pladur. FOTO: Conchi Freire O gol decisivo, de Alex Rama. FOTO: Conchi Freire PUENTECESO 2 - MALPICA 0 PUENTECESO: Xurxo (Damián 85´), Luca, Matías, Eloy Trigo, Rubén, Recarey, Ismail, Dieguito (Juanma 82´), Iago (Iván Rodríguez 62´), Charro e Eloy Alvarez (Mouhssin 73´) MALPICA: Nacho, Ramon (Pablo Souto 57´), Fabio, Santi Cambón, Manteca, Mauri, Soule (Gustavo 46´), Johny (Koffi 72´), Martin, Ruben e Dariel. GOLES: 1-0 75´Rubén   2-0 81´Matías Bo plantexamento defensivo de Repi en Ponteceso, que amargou durante boa parte do encontro ó equipo local. O meta visitante Nacho, debutante onte, detivo unha pena máxima a Eloy Alvarez no minuto 12. No segundo tempo o dominio foi pontecesán, pero os malpicáns tiveron unha boa ocasión nunha falta ó borde da area que non foron quen de transformar. Ós 75 minutos, cando os locais xa se estaban impacientando, unha falta botada por Recarey mandouna Rubén, ex malpicán, ó fondo das mallas. Poucon despois clásico golazo de falta de Matías, e partido finiquitado. SP.ZAS 1 - BUÑO 2 SP.ZAS: Tívoli, Andrés (Fabián 61´), Víctor Vecino, Manu Fuentes, Pablo Fuentes, Bruno (Brais 3´), Alex, Josito, Diego, Rubio, Dani Mato BUÑO: Brais, David Alvarez (Manu 46´), Eloy García (Bolón 81´), Moscoso, Pablo, Jorge Calvete, Adrián Rama (Richard 74´), Fran, Martín (Alexander 83´), Emilio e Petis. GOLES: 1-0 5´Rubio   1-1 65´Petis   1-2 76´Petis Sorpresa en Zas. As baixas locais, Isma, David Blanco e Jaime, e a temprana lesión de Bruno foron unha lousa difícil de superar para os de Manolo Corredoira. A pesar de que se adiantaron pronto no marcador, e tiveron ocasións suficientes no primeiro tempo para sentenciar o partido, non o fixeron, e o Buño, sabendo ó que xogada, e esperando a súa oportunidade, aproveitou dous erros defensivos dos locais para poñerse por diante con dous tantos de Petis. O acoso final local foi infructuoso. BAIÑAS 4 - LIRA 2 BAIÑAS: Víctor, Tantán, Héctor (Pejo 58´), Roi Carril, Esteban, Samuel Lema, Cristian Canosa, Luis (Pablo Muíño 20´) (Damián 82´), Javi Souto, Felipe e Cristian Hermida. LIRA:Peipo, Adrián, Pedro (Yerai 67´), Javichu, Jano, Kike Paluca, Joseph (Jesús 78´), Miguel, Ismael (Lamela 46´), Pesco e Toni (Jose 73´). GOLES: 1-0 20´Javi Souto   2-0 48´Pablo Muíño   2-1 51´Pesco   3-1 53´Pablo Muíño   4-1 69´Pablo Muíño   4-2 84´Jano Unha tarde estelar de cara a gol de Pablo Muíño, e cantas van xa, foi suficiente para que o Baíñas derrotara ó sorprendente Lira, que cando parecía meterse no partido co gol de Pesco atopouse pronto con dous tantos de Pablo para sentenciar o encontro.  

Comentarios