2ª Galicia: o Mazaricos supera unha dura proba
08:26 16/10/17
Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com
Proba de fogo a do Mazaricos desta tarde, que superou con nota. Á súa cola andan Esteirana e Puenteceso, que igualaron nun gran partido en Esteiro. Pinchou o Corme ante un Coristanco que levanta a cabeza, e ahí están os sorprendentes Muxía e Camariñas, sumando sin parar e pelexándolle ós grandes da competición.
MAZARICOS 2 - LIRA 1
MAZARICOS: Toni, Amoedo, Oreiro, Roberto, Carreira (Sueiro 73´), Miguel, Pereiro, David, Ricardo, Molinos (Manuel Luis 56´) e Estéfano.
LIRA: Peipo, Javichu, Cristian, Eloy, Jano, Toni (Isma Sanli 72´), Brais (Yerai 81´), Joseph (Jesús 81´), Vituco, Pesco e Kike Paluca (Isma Lamela 58´).
GOLES: 0-1 40´Pesco 1-1 61´Amoedo 2-1 85´Manuel Luis
O prometedor colexiado Naim Juncal cos dous capitáns
Expulsado Roberto 44´.
Traballada vitoria do Mazaricos. O conxunto local tivo que pelexar ata o final os puntos ante un gran Lira. A calidade de Pesco e a pelexa do debutante Vituco foron un pesadelo para os locais, que ainda así, con 10 todo o segundo tempo, remontaron nunha falta de Amoedo e un disparo á escadra de Manuel Luis. Este Mazaricos ten garra para dar e tomar, e de vez en cando incluso con calidade decide os partidos.
ESTEIRANA 1 - PUENTECESO 1
ESTEIRANA: Rober, Codesido, Brais (Jaime 64´), Simón, Samu Pensado, Josiño Alves, Alex Rama (Estevez 59´), Adrián, Roberto Pladur, Pablo Rama, Manu Tobío.
PUENTECESO: Xurxo, Luis Alvite, Matías, Eloy Trigo, Ismail, Recarey, Dieguito (Luca 67´), Rubén Sotelo, Iago García, Mendieta e Eloy Álvarez (Juanma 83´).
GOLES: 0-1 37´Recarey 1-1 40´Roberto Pladur
Expulsado Simón 79´
Día de tremendo calor en Esteiro. A pesar diso ambos equipos ofreceron un bo espectáculo. De inicio o Puenteceso fixo traballar ó meta local con disparos de lonxa distancia de Iago. Matías lanzou unha falta fora antes do golazo de Alberto Recarey. Pero no duelo de calidades apareceu Pladur para anotar o seu goliño. Empate ó descanso. A Esteirana acosou no segundo tempo, forzando varias faltas perigosas no borde da area. A expulsión de Simón fixo que ambos equipos deran por bo o empate.
MUXÍA 4 - U.C.CEE 0
MUXÍA: Hugo, Michael, Denis, Conguito, Chans (Martín 80´), Adrián Alcaina, Julián (Toja 75´), Tomás, Josiño (Mario 62´), Víctor Alcaina, Manu Nogueira.
U.C.CEE: Parroto, Nico, Borja, Juan (Javi 68´), Guardiola, Jorge, Carlos Castiñeira (Leo 68´), Martín (Esteban 46´), Uri (Andres 80´), Juan Bello e Charly.
GOLES: 1-0 35´Josiño 2-0 59´Tomás 3-0 71´Víctor Alcaina 4-0 76´Manu Nogueira
Arliña estreou o flamante sintético
Estrea do sintético de Arliña, e non puido ser de mellor maneira. O aire e as altas temperaturas condicionaron o choque. Co aire a favor o Cee dominou o primeiro tempo, pero so un disparo lonxano que Hugo detivo ben foi a bagaxe ofensiva ceense. A pouco do descanso unha xogada de Manu Nogueira rematouna Josiño ás mallas. Co aire no seu favor o Muxía atacou moito no segundo tempo, e o Cee pouco a pouco foi cedendo. O mais destacado foi o golazo de Víctor Alcaina, nun disparo que entrou pola escadra.
CORISTANCO 1 - CORME 1
CORISTANCO: Diego Mallo, Mato, Cebey (Botana 66´), Lagoa, Javi, Samuel, Damián, Jorge Lorenzo (Añón 87´), Samu Vázquez (Johnathan 72´), Miguel e Figueiras (Cristian Pace 46´)
CORME: Susiño, Jesús, Pandi, Sueiro (Samu Costa 69´), Eloy (Uru 57´), Diego, Javi Peon (Brais Torrado 77´), Alex (Dani Cousillas 51´), Toniño, Lucas e Doldán
GOLES: 1-0 50´Damián 1-1 89´Lucas
Tivo que ser no desconto cando o Corme foi quen de igualar un partido que se lle tiña posto moi costa arriba. O gol de Damián no inicio do segundo tempo abocou ó Corme a un ataque desenfrenado, ben defendido por un Coristanco con moita moral despois da súa vitoria en Cee. Pero nunha boa combinación xa con 5 minutos sobre a hora Lucas sacou de calidade e anotou o tanto do empate, para desesperación dos locais.
BUÑO 3 - BAIÑAS 1
BUÑO: Brais, David Álvarez, Eloy, Moscoso, Pablo, Jorge Calvete, Adrián (Manu 79´), Fran (Pedro 68´), Richard (Alexander 69´), Emilio e Petís (Juan Antelo 81´)
BAIÑAS: Víctor, Tantán, Héctor (Cachi 80´), Roi Carril (Pejo 67´), Esteban, Samuel, Cristian Canosa (Oreiro 86´), Javi Souto, Pablo Muíño, Felipe (Damián 87´) e Cristian Hermida.
GOLES: 1-0 14´Richard 1-1 63´Pablo Muíño 2-1 73´Pedro de pti 3-1 77´Alexander
Un Buño cheo de moral despois da súa vitoria a semana pasada en Zas, foi quen de seguir coa súa xeira de triúnfos ante un Baíñas que non acaba de dar mostras do potencial que se lle supón. Adiantouse o Buño ó cuarto de hora con un tanto do seu dianteiro centro Richard. Pablo Muíño, en vena goleadora igualou no segundo tempo, pero cando o Baíñas parecía disposto a levarse o partido un penalti e un gol de Alexander deron o triunfo ó equipo de Dani Calvete.
MALPICA 0 - SP.ZAS 0
MALPICA: Nacho (Lamas 67´), Joel, Ramón Lukaku, Santi Cambón, Jesús, Soule, Fabio, Johnny, Dariel, Gus (Pablo Souto 25´) e Rubén Castro
SP.ZAS: Tivoli, Jaime, Isma (Fabián 80´), Victor Vecino, Josito, Diego (Andres 70´), Rubio, Dani Mato, Pablo Fuentes (Brais 30´), Alex e Manu Fuentes
Rosario de ocasións marradas polo Zas, que non foi quen de marcar a pesar de ter opcións suficientes. O Malpica, cun plantexamento eminentemente defensivo, sumou o primeiro punto da competición, ainda que tivo que lamentar as lesións de Gus e o gardameta Nacho, que para un equipo tan escaso de efectivos pode ser un problema gordo.
CAMARIÑAS 2 - OUTES 1
CAMARIÑAS: Martín, Rodrigo Miñones, Kevin, Moriño, David Pasantes, Adrián Bardanca (Brais Alonso 56´), Mickael, Soule, Nico, Joseba (Rodrigo Santos 79´) e Maikel Mouzo
OUTES: Xandre, Borja (Simón 59´), Cutu, Dani Maroñas, Pose (Bruno 84´), Chia (Babu 48´), Martín, Elías (Serxio 73´), Chua, Jura e Marito.
GOLES: 1-0 40´Maikel de pti 1-1 73´Marito 2-1 83´Soule
Unha boa actuación de Martín, que desbaratou varias ocasións do Outes, axudou moito á vitoria local na tarde de onte. A pouco do descanso un penalti de Xandre a Soule permitiu a Maikel anotar o primeiro tanto do partido. No segundo tempo o Camariñas replegouse, deixando a Soule solo en punta. Babu marrou un penalti no minuto 65, e pouco despois Marito igualou. Co Outes buscando a vitoria Soule nunha contra anotou o tanto da vitoria local.
MONTELOURO 0 - CERQUEDA 0
MONTELOURO: Fer, Pablo Vidal, Abel, Manolo Chouza, Cesar, Adrián ( Dani 50´), Miguel, Raul, Geiko (Gabri 70´), Gel e David Lestón.
CERQUEDA: Diego Dourado, Bastón (Marcos Pensado 72´), Dani, Atu, Javi Souto, Manu Guillamet, Iván Mato, Gonzalo (Méndez 60´), Julián (Vieites 62´), Martín, Michel
Un Montelouro plagado de baixas fixo un gran esforzo para levarse un punto ante o rocoso Cerqueda. Ambos equipos están necesitados de puntos e vitorias e o medo a perder fíxose notar no encontro de onte. O Cerqueda exerceu o dominio do encontro e incluso marrou un penalti no minuto 80. Aínda así a pouco do final o Montelouro puido levarse o partido pero entre o meta Dourado e Javi Souto salvaron a xogada e permitiron a igualada a cero tantos. Debutou no equipo visitante o lateral esquerdo Marcos Pensado.