Mércores. 18.09.2024
El tiempo

2ª Galicia: ¿quen para ó Mazaricos?

2ª Galicia: ¿quen para ó Mazaricos?
Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com   Parecía onte o día no que o Mazaricos ía ceder os seus primeiros puntos pero unha vez mais os de Amoedo remontaron e ganaron o partido nos últimos intres. O Ponteceso é o que segue máis de cerca ó líder, pois a Esteirana so foi quen de igualar en Zas nun polémico partido. Muxía e Corme empataron mostrando boas maneiras ambos equipos pero con pouco acerto cara a gol. Na zoa baixa o Malpica segue sen levantar cabeza, e o Montelouro conseguiu unha vitoria importante en Cee. CERQUEDA 1 - MAZARICOS 2   CERQUEDA: Dourado, Dani, Atu, Javi Souto, Fran, Manu Guillamet, Méndez (Fernando 67´), Gonzalo (Bastón 51´), Julián (Martín 89´), Michel e Vieites (Eloy 81´) MAZARICOS: Toni, Miguel (Manu 53´), Carreira, Amoedo, Martín, David (Barbeira 53´), Ricardo, Manuel Luís (Molinos 63´)(Cristian 78´), Estéfano, Oreiro e Pereiro GOLES: 1-0 36´Méndez   1-1 58´Pereiro   1-2 86´Ricardo O encontro foi disputadísimo Está o Mazaricos co santo de cara. Saca partidos adiante en situacións límite, sen problemas. Onte o Cerqueda foi un durísimo rival, que xogou un bo primeiro tempo e cobrou vantaxe nun gol de penalti de Méndez. O Mazaricos dominou máis no segundo tempo, buscando a remontada, e en dous córners impuxeron a súa envergadura para levarse o partido. Méndez anotou de penalti o tanto do Cerqueda U.C.CEE 1 - MONTELOURO 2 U.C.CEE: Parroto (Carlos 58´), Nico, Borja (Leo 46´), Aitor, Jorge, Carlos Leis (Adrián Canosa 75´), Penedo (Andrés 58´), Esteban (Carlos Castiñeira 80´), Charly, Juan Bello e Martín MONTELOURO: Fer, Miguel, Pablo Vidal, Manolo Chouza, Cesar, Adrían, Alex Siaba (José 77´), Raúl, Geiko (Juanma 75´), Gelo (Juan de Celia 71´)(Iago 89´) e Gabri GOLES: 0-1 3´Raúl   0-2 30´Geiko de pti  1-2 47´Leo Gran vitoria do Montelouro en Cee, a pesar de ir bastante en cuadro o cadro de Oscar Leis. Os de Louro sorprenderon de inicio ó cadro local, adiantáronse, e despois nunha gran xogada de Alex Siaba que acabou en penalti, Geiko puxo terra de por medio. O Cee, co debut do mister Rosky no banco, tirou de Leo, que respostou como sempre anotando o seu goliño, achuchou bastante enviando Charly un balón ó pao, pero o Montelouro aguantou e levouse os puntos. CORME 0 - MUXÍA 0 CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Pandi (Isaac 86´), Eloy (Manu Bermúdez 55´), Diego, Doldán, Brais Torrado (Uru 59´), Lucas, Toniño e Javi Peón MUXÍA: Angel Luís, Iván Chans, Denis, Michael, Tomás, Conguito, Toja (Mariño 46´), Víctor Alcaina (Ruso 80´), Julián (Adrián Negro 65´), Adrián Alcaina e Manu Nogueira Bonito partido no Cairo a pesar da ausencia de tantos. Ambos equipos buscaron un fútbol combinativo, xa se sabe que o Corme é dos mellores da costa nesa faceta. Despois dun primeiro tempo de poucas ocasións, a mais clara tivoa o Corme nunha pena máxima que non foron quen de transformar. Os cormeláns volcáronse buscando a vitoria pero nunha contra ben puideron perder o encontro, pois o Muxía marrou unha clarísima ocasión case a porta valeira. OUTES 2 - CORISTANCO 1 OUTES: Xandre, Borja, Cutu, Dani Maroñas, Pose, Martín, Elías (Simón 84´), Yago Dosil (Chía 59´), Chúa, Jura e Mario CORISTANCO: Brais, Mato, Lagoa, Javi, Samu Vázquez, Cebey (Rubén 46´), Cristian Pace (Figueiras 52´), Miguel Torres (Johnatan 64´), Pazos, Samuel (Andrade 89´), Jorge Lorenzo (Miguel Mallo 75´) GOLES: 1-0 11´Martín   2-0 29´Yago Dosil   2-1 41´Samuel Dominio inicial do Outes que se traduce no gol de Martín. O Coristanco co marcado en contra tenta irse hacia arriba, pero tras varios rexeites na area Yago Dosil anota o segundo. A pouco do descanso Samuel de volea reduciu distancias. O Coristanco volcouse sobre a portería local a base de fútbol mais directo, tendo varias ocasións claras de gol, pero o desacerto na definición penalizou ó equipo de Pensado, que se trouxo unha nova derrota. PUENTECESO 3 - CAMARIÑAS 1 PUENTECESO: Xurxo (Damián 79´), Ismail, Rubén Sotelo, Matías, Eloy Trigo, Recarey, Mendieta, Yago (Iván 58´), Dieguito (Mourón 74´), Charro (Adrián Pose 79´) e Eloy Álvarez (Luca 70´) O equipo local agasallou a Yousseff CAMARIÑAS: Martín, Nico, Joseba (Brais 56´), Rodri, Moriño (Kevin 64´), Soule, Maikel, Roi Santos (Adrián Bardanca 72´), David Pasantes (Christian 81´), Javi Antelo, Mickael GOLES: 0-1 14´Javi Antelo   1-1 32´Yago   2-1 44´Rubén Sotelo   3-1 89´Matías de pti Expulsado Kevin 89´ Gran partido no Pinguel. Charro tivo a primeira ocasión, pero foi Javi Antelo o que adiantou ós visitantes. Eloy Álvarez e Matías poideron empatar, pero foi Yago o que igualou. A pouco do descanso Rubén, despois de outra ocasión de Matías, puxe en vantaxe ós locais. O segundo tempo foi moi vistoso. Soule creou moito perigo. Dieguito no 57´lanzou fora nunha clara opción local, e puido igualar Soule no 65´. Sobre a bocina Matias de penalti sentenciou o encontro. SP.ZAS 2 - ESTEIRANA 2 SP.ZAS: Tívoli, Jaime (Pablo Fuentes 46´) (Andrés 78´), Alex, Brais (Fabián 71´), Manu Fuentes, Isma, Víctor Vecino, Josito, Diego, Rubio e Dani Mato (Pedro 90´) ESTEIRANA: Rober, Samuel, Samu Pensado, Codesido, Josiño Alves, Estévez (Eloy 61´), Alex Rama, Adrián, Manu Tobío (David 73´), Pablo Rama e Rober Pladur GOLES: 1-0 26´Dani Mato   2-0 66´Manu Fuentes   2-1 73´Pablo Rama   2-2 90´Pladur de pti Polémico final en Zas, onde o equipo local deixou escapar dous puntos nun riguroso penalti que Pladur transformou con frialdade. Antes, o Zas logrou unha vantaxe sustancial con goles das súas xoves promesas Dani Mato e Manu Fuentes, e incluso o meta visitante Rober fixo varias intervencións evitando a sentencia local. Diego estrelou un balón no longueiro á saida dun córner. Tívoli tivo que facer dúas boas paradas, e na segunda parte a Esteirana estirouse tras o segundo gol de Manu. Pablo Rama a balón parado reduciu distancias, e o arbitro foi o protagonista dos últimos instantes. Anulou un gol a Dani Mato e sinala o penalti final, fonte da polémica. BAÍÑAS 4 - MALPICA 0 BAÍÑAS: Iván, Tantán, Héctor (Samuel 67´), Roi Carril (Pejo 59´), Esteban, Cristian Canosa (Damián 74´), Javi Oreiro (Jesús 63´), Javi Souto, Pablo Muíño (Moreira 79´), Felipe e Cristian Hermida MALPICA: Lamas, Ramon Lukaku (Fabio 62´), Manteca, Jesús, Santi Cambón, Gustavo, David, Johnny, Dariel, Rubén e Soule (Pablo Souto 67´) GOLES: 1-0 15´Felipe   2-0 32´Pablo Muíño   3-0 42´Felipe   4-0 66´Javi Souto Expulsado Gustavo 80´ Partido cómodo para o Baíñas ante o colista Malpica, no que quedou sentenciado o encontro no primeiro tempo, podendo ser a goleada mais abultada. Nos locais a nota mais positiva é a volta de Jesús ó equipo, de cara ós próximos compromisos. LIRA 1 - BUÑO 1 LIRA: Peipo, Jano (Ismael Lamela 82´), Javichu, Cristian, Manu Cartamil, Yerai, Miguel, Vituco (Joseph 78´), Brais (Oliver 66´), Pesco, Kike Paluca (Ismael Sanli 66´) BUÑO: Brais, David Álvarez (Dourado 79´), Eloy, Moscoso, Pablo, Jorge Calvete, Petis (Manuel 86´), Fran (Pedro 74´), Richard (Alexander 74´), Emilio (Martín 62´) e Adrián Rama GOLES: 0-1 35´Jorge Calvete   1-1 67´Jano Condicionou o partido a temprana expulsión de Cartamil ós 12 minutos. O Buño adiantouse cun golazo nun disparo lonxano de Jorge Calvete, e puido sentenciar cun remate ó longueiro de Petis. Con 10 o Lira buscou o empate, Pesco ensaiou de longa distancia, e o perigo rondaba a porta de Brais, e así chegou a igualada. O Buño meteu medo nalgunha contra, pero o marcador de empate non se moveu ata o final

Comentarios