venres. 02.05.2025
El tiempo

2ª Galicia: tomando posicións na parrilla de saída

2ª Galicia: tomando posicións na parrilla de saída
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Están a situarse e mostrar as súas credenciais os equipos fortes da competición, que en dúas xornadas xa deixaron ver sinais do seu potencial. Onte foi o Sp. Zas o protagonista da tarde, cunha goleada clarificadora ante a visita do Baíñas, e o Mazaricos, que obtivo unha sufrida vitoria en Camariñas ante o Muxía. O Lira mostrou que pode competir con calquera pero caeu en Ponteceso. O Camariñas segue a contar os seus partidos por vitorias e a Esteirana ensinou do que é capaz. Non nos queda nada¡ U.C.CEE 1 - ESTEIRANA 3 U.C.CEE: Parroto, Nico, Aitor, Borja (Leo 72´), Guardiola, Jorge, Javi, Martín, Uri (Charly 55´), Juan Bello e Andres (Esteban 65´). ESTEIRANA: Roberto, Simón, Samu Pensado, Josiño Alves, Jaime (Samuel 74´), Alex Rama (Eloy81´), Roberto Pladur (Iván 72´), Pablo Rama (Adrián 67´), Codesido, Brais (Estévez 45´) e Manu Tobío. GOLES: 0-1 28´Alex Rama 0-2 54´Pablo Rama 0-3 69´Estevez 1-3 88´Charly Cee e Esteirana saen a un remozado Sampaio de Refoxos Está a Esteirana plantando os seus reais na competición costeira. Todos sabemos do talento que ten este equipo, pero é que ademáis agora os Pladur, Alex Rama e compañía teñen a experiencia suficiente para manexar os partidos ó seu antollo. Se a semana pasada deron unha moi boa imaxe na casa, onte leváronse os puntos do difícil campo ceense, dando moi boa imaxe, e con bastante contundencia. Os irmáns Rama anotaron por partida doble, e o gol final de Charly non fixo mais que maquillar o marcador. CERQUEDA 0 - CAMARIÑAS 1 CERQUEDA: Dourado, Dani, Atu, Javi Souto, Fran, Manu Guillamet, Iván Mato (Gonzalo 46´), Cholo, Mendez (Eloy 68´), Julián e Michel. O Cerqueda apoiando ó seu dianteiro infantil CAMARIÑAS: Pablo Novo, Rodri, Moriño, Adrián Bardanca, Javi Antelo, Miki, Soule, Nico, Joseba (Brais 73´), Maikel e Rodrigo Santos(Kevin 63´). GOLES: 0-1 51´Javi Antelo Dou a sorpresa da xornada o Camariñas no campo de Xaviña, levándose os puntos no que o ano pasado foi un terreo de xogo inexpugnable. O Cerqueda asumiu o dominio do balón dende o inicio do partido, pero non foi quen de levar excesivo perigo á meta de Pablo Novo. E como soe ser habitual, un erro defensivo aproveitouno o talentoso e explosivo Javi Antelo para anotar o tanto camariñán. Volcouse o Cerqueda, tivo un par de ocasións claras, e moito balón parado como posibilidades de facer gol, pero non estiveron acertados. Foron expulsados Nico e o adestrador Andres no 89´por parte do Camariñas. Moriño, un incombustible, pelexa con Méndez, un dos da nova fornada MONTELOURO 4 - CORISTANCO 1 MONTELOURO: Fer, Pablo Vidal, David, Cesar, Pedro García (Manolo Chouza 74´), Adrian (Jose 80´), Raul, Dani de Sahorta, Riki (Geiko 65´), Juan de Celia (Alex Siaba 70´) e Miguel CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel Mallo, Mato, Andrade, Samuel, Jorge Lorenzo, Lagoa (Miguel 62´), Samu Vazquez (Jose M. 52´), Corral, Cebey (Añón 79´) e Botana (Javi 55´) GOLES: 1-0 12´Juan de Celia 2-0 48´Juan de Celia 3-0 71´Alex Siaba 4-0 77´Geiko 4-1 89´Corral Emotivo minuto de silencio en Louro Saíu a relucir o talento dun dos que mais diso ten na costa, o mediapunta de Louro Juan de Celia, para desequilibrar o encontro entre Coristanco e Montelouro. Despois dun inicio onde os equipos tanteaban forzas, e o Coristanco tivera a primeira opción de gol, unha volea de Juan dende o borde da area doulle o tanto inicial ós de Oscar Leis. Loita e disputa ata o descanso con pouco fútbol, e novamente á volta dos vestiarios imponse o talento de Juan para deixar o partido sentenciado. O Montelouro nadou e gardou a roupa, e coa entrada no campo de Siaba e Geiko sembrou o pánico en cada contra, anotou dous tantos mais, e completou un partido redondo. O Coristanco arriscou co 2-0 pero non estivo demasiado acertado en ataque. MUXIA 1 - MAZARICOS 3 MUXIA: Hugo, Denis (Javi Rey 65´), Borja Munitis (Iván Chans 25´), Michael, Conguito, Victor Alcaina, Julián, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Martin e Josiño (Mario 72´) MAZARICOS: Toni, Roberto (Martín 88´), David, Ricardo, Manuel Luis (Barbeira 67´), Molinos (Carreira 46´), Estéfano, Roberto Amoedo, Raul (Oreiro 46´), Miguel Riveiro, Pereiro (Sueiro 85´). GOLES: 0-1 44´Pereiro 0-2 54´Estéfano 1-2 56´Manu Nogueira 1-3 89´Barbeira O Muxía caeu en Camariñas Que o Mazaricos é un equipo rocoso, sabémolo todos. E coa incorporación de Amoedo na liña defensiva, pois moito mais. Onte o Muxía intentouno, tivo o control durante o primeiro tempo, pero non é sinxelo superar o entramado defensivo amarelo. E se por enriba no primeiro erro che anotan gol, pois todo é mais difícil. No segundo tempo, coa entrada de Carreira e Oreiro o Mazaricos dominou o encontro, anotou o 0-2, e aínda que Manu Nogueira volveu a estar fiel á súa cita co gol, foi un espellismo, pois o Mazaricos controlou o tempo do partido e anotou a sentencia co cronómetro marcando o minuto 90. CORME 3 - MALPICA 1 CORME: Susiño, Jesús (Alex 46´), Dani Cousillas, Pandi, Diego (Aitor 72´), Doldan, Lucas, Uru (Brais Torrado 63´), Toniño, Josiño (Cristian 80´), Samu (Manu 51´). MALPICA: Lamas, Ramon, Pablo Souto, Mante, Suso, Gustavo, Martin (Soule 24´)(Koffi 67´), Luis, Yonnatan, Ruben Castro e Dariel GOLES: 1-0 1´Lucas 2-0 25´Uru 3-0 42´Toniño 3-1 75´Dariel Fin de semana festiva en Corme, onde o fútbol, parece mentira, pero pasou a segundo plano. Pero cando os rapaces de Corme visten a camiseta azul, da igual o cansancio, e se por enriba Lucas anota un gol os 10 segundos de partido, pois todo é mais fácil. Ese gol indica a situación na que está o Malpica, equipo sin norte nin rumbo, que ten moito traballo por diante se quere competir dignamente. Ó descanso un cómodo 3-0 e o Corme a sestear no segundo tempo. OUTES 2 - BUÑO 1 OUTES: Xandre, Borja, Cutu (Alvarito 75´), Maroñas, Pose, Chia (Babu 68´), Elias (Álvaro 89´), Chua, Jura, Dani Corniños (Martin 63´), Marito. BUÑO: Brais, Dourado, Manu (Eloy 78´), David Alvarez, Canedo, Jorge Calvete, Adrian (Alexander 80´), Fran, Martin (Juan Antelo 80´), Emilio (Pedro 75´) e Petis (Richard 80´). GOLES: 0-1 34´Adrian 1-1 44´Maroñas 2-1 79´Elias Bonito encontro en Outes. Viuse un primeiro tempo con moitas imprecisións, sen claridade no xogo. Aproveitou o Buño de Dani Calvete para adiantarse nun golazo de Adrián. O Outes estaba bastante espeso pero unha falta marca da casa de Dani Maroñas igualou o encontro ó borde do descanso. No segundo tempo o Outes foi superior, acumulou moitas chegadas á area, pero tivo que ser nunha falta de entendemento entre Martín e Brais, reclamada como falta polos visitantes, na que Elías se aproveitou e anotou o tanto do triunfo. SP.ZAS 5 - C.D.BAIÑAS 1 SP.ZAS: Tívoli, Alex, Diego, Victor Vecino (Andrés 85´), Josito, Isma, Jaime (Rubén 86´), Rubio (Brais 75´), Dani Mato, Bruno e David Blanco (Pablo Fuentes 46´). C.D.BAIÑAS: Victor, Pejo, Roi Carril, Esteban, José Ramón, Samuel, Luis (Damián 80´), Cristian, Javi Souto (Roi Caamaño 86´), Cristian Canosa (Oreiro 70´) e Felipe. GOLES: 1-0 8´Diego   1-1 9´Javi Souto   2-1 11´David Blanco   3-1 62´Jaime   4-1 64´Dani Mato   5-1 83´Dani Mato Partidazo do Zas ante un rival de nivel como é o Baíñas, que se presentaba con algunha baixa en San Andrés. Tres goles moi rápidos ó inicio do encontro facían presaxiar o espectáculo. A chave foi o gol de Jaime tras o descanso, que unido á expulsión de Pejo fixo que os visitantes baixaran os brazos e se vira ó mellor Zas, ese de calidade do medio do campo para arriba. PONTECESO 1 - LIRA 0 PONTECESO: Xurxo, Luis Alvite, Matias, Eloy Trigo, Recarey, Dieguito, Rubén Sotelo (Martín Puente 67´), Iago (Charro  67´), Mendieta, Ismail, Eloy Álvarez (Iván 68´). LIRA: Peipo, Javi, Jano, Eloy, Pedro, Joseph (Jose 79´), Miguel, Cristian (Yerai 75´), Oliver, Pesco, Toni. GOLES: 1-0 49´Dieguito Partidazo, de poder a poder, o visto en Ponteceso onte. O Lira mostrouse como candidato a todo, cun Pesco estelar, como corresponde. Tivo Dieguito a primeira ocasión para os locais no 2´, e respostou Pesco cun disparo dos seus que sacou baixo paos Eloy. Nun córner case se adianta o Lira pero Luis Alvite despexou cando o balón se colaba. Eloy Álvarez tivo unha boa ocasión para o Ponteceso cun disparo cruzado antes do descanso. Unha boa internada do mesmo xogador remachouna Dieguito facendo o único tanto do partido. O Lira tentou a igualada, pero a saída de recambios fresco no banco do Ponteceso como Charro e Martín Puente fixo que os locais aínda tiveran opcións de anotar mais tantos. Gran partido entre dous equipos que seguro estarán na parte alta da táboa.

Comentarios