Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Autonómica: 10 equipos para 6 postos

3ª Autonómica: 10 equipos para 6 postos

Pese a que este ano hai 6 prazas para loitar polo ascenso semella que a cousa vai a estar complicada ata o final. A brecha parte superior-parte inferior continua e ata o Laxe que está décimo pode haber unha dura batalla por eses 6 postos. O Laxe conseguiuse meter aí na loita tras remontar un 0-3 adverso en Muxía. Nos enfrontamentos directos o Porteño e Cerqueda firmaron táboas nun partido igualado, mentres que o Coristanco levouse os 3 puntos ante o Carnota en tempo de desconto. Montelouro e Outes seguen na súa loita polo liderado, aínda que sufriron para levarse a vitoria, xunto co Cerqueda, estes dous equipos aínda non coñecen a derrota. Destaca tamén da xornada a primeira vitoria da tempada do Soneira B, neste caso, a primeira da súa curta historia, e tamén do Pereiriña.

Este mércores pola festividade do Pilar terán de novo xornada, polo que non van ter moito tempo os equipos para pensar no sucedido esta fin de semana. Destacan entre os enfrontamentos o Cerqueda-Outes, o Alcaián-Porteño ou o Soneira B-Montelouro.

Corcoesto - Soneira B (0-2)

  • CORCOESTO: Luís, Germán, Edelmiro, Manuel, Pablo, Rodri, Uru, Miguel, Pablo, Martín e Pichón.
  • SONEIRA: Víctor, Damián, Alberto, Pichón, Curra, Jemisa, Roi (Dani, min.73), Chans, Cristian Cereixo (Ricardiño, min.75), Cho (Cristian, min.65) e Capote (Félix, min.70)
  • Goles: 0-1, min.2: Capote; 0-2, min.81: Ricardiño.

Vai o Soneira B asentándose na competición e coas últimas incorporacións está gañando en consistencia e coa incorporación de Quilmes para a semana máis efectivos para o medio campo que tiñan moi xusto.

Na tarde de onte o equipo vimiancés acadou a primeira vitoria, tanto da tempada como da súa historia, ante un rival moi mermado polas baixas, tan só contaron con 11 xogadores e incluso non puido contar con porteiro Siro e Luís tivo que pórse baixo paus. Capote abriu o marcador ao recoller un saque de porta do porteiro, encaralo e a pesar que este lle sacou o balón en primeira instancia, o rexeite volveu a quedar para o xuvenil soneirán que marcou a porta valeira. O segundo gol caería a pouco para o final cun lanzamento forte de Ricardiño que a inexperiencia de Luís lle impediu parar, pasándolle o balón por debaixo dos brazos.

Muxía - Laxe (3-4)

  • MUXÍA: Angel Luís, Carrera (Santi, min.80), Martinciño, Jose manuel, Currás, Javi (Angel, min.62), Pataca, Ziro, Raúl (Jose Ignacio, min.46), Alberto (Ramón, min.77) e Arsires.
  • LAXE: Illote, Jacinto (Iván Ventura, min.65), Dani Gándara (Zurich, min.65), Antonio Castro, Jaja, Adán, Iván Ferreiro, Felipe, Darío, Rubén (Samuel, min.46) e Martín Rivera (Oscar, min.46).
  • Goles: 1-0, min.19: Alberto; 2-0, min.28: Jose Manuel; 3-0, min.32: Arsires; 3-1, min.35: Martín Rivera, de falta; 3-2, min.55: Antonio Castro; 3-3, min.77: Zurich; 3-4, min.90: Zurich.

Como vén sendo habitual esta tempada, o Muxía aguanta moi ben as primeiras metades, pero logo baixa moito o seu rendemento, disto aproveitouse o Laxe para remontar un 3-0 adverso. Alberto ao rematar un centro raso, Jose Manuel de espuela e Arsires ao rematar co pé un centro de Alberto puxeron o 3-0. Antes do descanso, Martín Rivera cun maxistral lanzamento de falta acurtou distancias.

Tralo descanso os cambios realizados por Lilo xurdiron efecto e pouco a pouco foron materializando as ocasións ata culminar na remontada. Antonio Castro marcaba o penalti feito a Darío. Logo Zurich, que entraba de refresco, marcaba dous goles case que idénticos picando o balón ante a saída do porteiro Angel Luís.

Atl. Pereiriña - Lira (3-1)

  • ATL. PEREIRIÑA: Adrián, Alvaro (Grille, min.77), Jose (Mario min.46), Javichu, Josiño, Mario (Paulino, min.75), Alex, Morcillo (Nestor, min.60), Rafa, Vitor (Javier, min.87) e Poqui.
  • LIRA: Ribadulla, Fernando, Michelón (Oscar, min.65), Yeray, Manolo (Pelexo, min.60), Fran (Alvaro, min.62), Gabriel, Graik (Fran Perico, min.66), Lalo, Suso Patachín e Yago.
  • Goles: 1-0, min.55: Morcillo; 2-0, min.65: Mario, de penalti; 2-1, min.75: Fran Perico; 3-1, min.80: Néstor.

Chegou a primeira vitoria do filial ceense ante un Lira que protestou moito a designación arbitral, aínda que poucas opcións tivo sobre o campo de sacar algo positivo.

Tras unha primeira metade moi aburrida e sen apenas ocasións de gol para ningún dos lados a segunda foi moito máis activa e chegaron os goles. Os locais levaron o peso do choque aínda que en momentos puntuais chegaron a pasar apuros. Morcillo abriu o marcador e logo Mario ao transformar unha pena máxima puxo o segundo. A pena máxima foi moi reclamada polos visitantes ao igual que un fóra de xogo que lle pitaron en contra que puido servir para acurtar distancias. Os locais puideron sentenciar por medio de Rafa, Poqui e Vitor, pero no minuto 75 era Fran Perico cun remate de cabeza tras un córner o que acurtaba distancias. Os lirachos tiveron o empate uns minutos despois nunha contra, non o fixeron e Néstor sentenciou a pouco para o final.

O malestar visitante era pola designación arbitral, pois o colexiado do encontro foi o fisterrán Julito, xogador do Cee, equipo matriz do Atl. Pereiriña.

Porteño - Cerqueda (1-1)

  • PORTEÑO: Asiel, Yago, Maikol, Brais, Pejo, Iago Carril (Pablo de Quintáns, min.15), Cousillas, Ismael (Pablo Santacristiña, min.60), Asier, Jorge (Adrián Tajes, min.85) e Wi (Sergio Vilaseco, min.70).
  • CERQUEDA: Che, Javi Pazos, Javi, Dani, Jorge (Rober, min.46), Santi, Maikel (Nión, min.46), Lorenzo, Manu (Athu, min.46), Alex e Dieguito (Dani Añón, min.65).
  • Gol: 1-0, min.67: Pablo Santacristiña; 1-1, min.90: Javi Pazos.
  • Lesións: Iago Carril, Ismael con rotura de fibras e Wi cunha fisura nas costelas.

Encontro entre dous da parte alta da clasificación e que de seguro acabarán moi alto ao final da liga. Tralo visto no campo xusto reparto de puntos, aínda que na Ponte con mal sabor de boca, pois o gol visitante chegou en tempo de desconto.

A primeira metade foi de pouco fútbol e con balóns moi directos. Os locais moi ben en defensa non deixando xogar aos de Cerqueda. No descanso os visitantes fixeron 3 cambios e cambioulle a cara, a charla de Rochi xurdiu efecto e os de Malpica melloraron a imaxe e pasaron a inquedar máis a porta defendida por Asiel. Aínda así sería os da Ponte os que se adiantarían por medio de Pablo Santacristiña ao rematar con comodidade na área pequena un centro lateral. Xa en tempo de desconto, tras un córner e varios rexeites dentro da área, sacando os locais o balón baixo paus, este chega a Javi Pazos que dende a frontal marca ao porteiro coruñés.

Montelouro – Fisterra B (3-0)

  • MONTELOURO: Isma (Canario, min.80), Jeiko, Pedro (Jose, min.80), Alvaro, Fernando, Dani (Rico, min.60), Chema, Germán (Pesco, min.55), Denís e Jarondo (Juan, min.75).
  • FISTERRA B: Joselu, Roberto, Insua, Dudo, Eddy (Manuel, min.80), Jorge, Dani (Tano, min.74), Jose, Marco, Juanjete (Pirri, min.50) e Carlos (Gabi, min.74).
  • Goles: 1-0, min.7: Jarondo; 2-0, min.80: Pesco; 3-0, min.87: Jeiko.

Custoulle máis do que indica o resultado a vitoria aos de Louro. A calor, o polbo do campo e a pouca intensidade fixo que se vira un mal partido, o filial tampouco inquedou moito a porta de Isma. Unha das mellores ocasións de gol dos fisterráns tívoa Jose da Anchoa, pero non a aproveitou, pouco despois Jarondo abriu o marcador ao recibir un pase de Denís e plantarse só co porteiro, os visitantes protestaron moito a xogada ao considerar un claro fóra de xogo.

Xa na segunda metade, os visitantes reclamaron unha pena máxima, pero o colexiado considerou que a falta fora fóra da área. Coa incertidume do marcador chegouse ata os minutos finais nos que sentenciou Pesco, nunha contra, tras unha parede con Rico e Jeiko ao rematar co pé no segundo pau un centro lateral.

Outes - Independiente (3-2)

  • OUTES: Gato, Primo (Martín, min.46), Saúl, Chúa, Arturo, David, Poque, Kin (Edu, min.67), Deivi, Pesco e Fernando.
  • INDEPENDIENTE: Noé, Rafa (JOrge, min.70), Dani, Míchel (Scot, min.30), Efren (Iván Lorenzo, min.55), Carlos, Cholo, Sande, Ivi, Brian (Yuni, min.40) e Gustavo.
  • Goles: 0-1, min.20: Brian; 0-2, min.25: Ivi; 1-2, min.28: Deivi; 2-2, min.45: Chúa; 3-2, min.72: Deivi.
  • Lesións: Os visitantes Michel, cun problema fibrilar e Brian, cunha escordadura.

Non acaban de entender moi ben por Carballo como logo de 7 xornadas están colistas da liga. Non están a dar mala imaxe, pero entre lesións, onte tiveron dúas máis, e o pouco acerto goleador impídelle sumar puntos e son o único equipo que aínda non gañou.

Na tarde de onte puxeron en apuros ao líder, tras poñerse con dous goles a favor non foron quen de defender a renda. Brian marcaba ao peitear unha falta e Ivi tras unha xogada persoal na que se desfai de tres contrarios e marcaba no man a man co porteiro. Pronto veu a reacción local, Deivi marraba un penalti, pero o rexeite do meta Noé volve para el que acaba marcando. Xusto no desconto da primeira parte chegou o empate e forte mazazo para os de Carballo, o Central Chua recollía un balón morto tras unha falta e empataba o choque.

Despois dos primeiros 45 minutos os locais tiveron máis o control do balón e as chegadas visitantes era principalmente a balón parado. Efren tivo a vitoria cando o marcador reflexaba o 2-2, pero o seu cabezazo foise fóra, quen non perdoou foi o dianteiro local Deivi, moi acertado no que vai de liga, e tras un córner e tocar Pesco o balón, este remata de tacón no segundo pau para deixar os tres puntos na casa e manterse no máis alto da táboa clasificatoria.

Coristanco - Carnota (2-1)

  • CORISTANCO: Pombo, Iván (Oscar, min.60), Germán, Marcos, Pazos (Carlos, min.70), Luís (Arantón, min.80), Sergio, Mallón (Dani, min.65), Benitez, Edgar e Toniño.
  • CARNOTA: Peipo, Boni (Pumuki, min.75), Brea, Pedro, Urco, Andrés (Manolo Chousa, min.35), Rodrigo, David Castreje, Borja Santos, Manoliño (Raúl, min.70) e Casti.
  • Goles: 1-0, min.20: Toniño; 1-1, min.45: Manoliño, de penalti; 2-1, min.95: Edgar.

Gran partido o visto na Rocheira entre dous equipos da parte alta. Os locais estiveron mellor na primeira metade con máis presenza en ataque na que protestaron un gol anulado a Pazos. Toniño abriu o marcador ao rematar un balón morto dentro da área tras unha falta. Xusto antes do descanso, Manoliño materializaba un claro penalti para igualar o choque.

Os carnotáns foron adaptándose as pequenas dimensións do campo coristanqués e na segunda metade tiveron boas ocasións de gol. Xa en tempo de desconto, unha internada de Toniño na área acaba co derribo deste, pero o balón queda morto para Edgar, o colexiado aplica a lei da vantaxe e os da casa quédanse cos tres puntos que os soben a cuarta posición.

Cabana - Xaviña (2-1)

  • CABANA: Añón, Rubén García, David, Marcos, Jose, Fernando (Eloi García, min.75), Jacobo (Sandro, min.60), Darío (Fran Martuxa, min.55), Adrián (Eloi Pereira, min.46), Rubén Rama (Diego, min.65) e Nando.
  • XAVIÑA: Pablo, Jallejo, Alberto, Sergio, Maikel, Juan Antonio, Búa, Diego, David, Angel e Martín.
  • Goles: 1-0, min.3: Jose; 2-0, min.70: Sandro; 2-1, min.73: Martín, de penalti.

Causou moi boa sensación o Xaviña en Cabana e puxo en moitos apuros ao equipo de Pablo Mallón. Na primeira metade, e co vento a favor, os da casa tiveron o dominio e algunha ocasión aínda que cun xogo pouco fermoso. Jose adiantaba cedo aos cabaneses ao aproveitar un rexeite dentro da área tras un córner.

Tralo descanso os visitantes foron pouco a pouco vendo posibilidades de sacar algo positivo e presionaron bastante, pese a iso chegaría o segundo gol local, Sandro remataba cun disparo forte e raso dende a frontal tras unha xogada rápida de ataque. Tan só tres minutos despois Martín transformaba unha pena máxima e poñía o medo na parroquia local, pero finalmente o marcador xa non se movería máis. Pese a ter cinco homes no banco, Camuel non fixo cambio algún durante o partido.

Volantes – Camelle (7-0)

  • VOLANTES: Masu, Juan, Josiño, Mou (Maikel, min.62), Paki (Fran, min.72), Ramón, Ivi (Nimo, min.72), Varo, Benja (Pardelo, min.20 (Pirujo, min.57)), Javi e Piti.
  • CAMELLE: Coruña (Adrián, min.16), Cristian, Manuel, Carlos, Juanjo, Álvaro (Sergio, min.63), René, Valiña, Mario, Martín (Pantera, min.32) e Felipe.
  • Goles: 1-0, min.10: Juan; 2-0, min.48: Juan; 3-0, min.52: Piti; 4-0, min.59: Ivi; 5-0, min.75: Piti; 6-0, min.78: Piti; 7-0, min.83: Piti.
  • Lesión: O meta visitante Coruña.

Moito público en Miraflores dun e doutro bando para ver un cómodo partido do Volantes que na casa aupados polo seu público vai de goleada en goleada e suma 20 goles en tres partidos. Na tarde do sábado Piti marcou catro goles que xa o demarcan como o pichichi do equipo. Ivi cunha chilena lonxana marcou o máis fermoso da tarde.

O partido foi malo na primeira parte, no que tan só se marcou un gol, o de Juan nun centro-chut, no que o reconvertido porteiro visitante non estivo moi acertado, pouco despois tivo que retirarse lesionado. Os locais levaron a iniciativa, pero os de Camelle defendéronse moi ben.

Na segunda parte, pronto viñeron os goles locais e a moral visitante foise mermando, aínda así non pararon de loitar ata o último minuto pese a goleada. Piti foi o gran protagonista goleador, pero Javi o gran artífice destes, pois creou moito perigo por banda.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios