3ª Autonómica: Igualdade e moita tensión
3ª xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, e nótase que a igualdade vai ser a protagonista nestas primeiras voltas. Descansaba o Ameixenda (que leva 4 puntos) e o Coristanco pedía xogar na casa ante o Muxía para aproveitar o ritmo da Festa da Pataca.
Precisamente queda o Coristanco só arriba tras vencer en Muxía nun partido apretadísimo. Como o Corcubión-Lira, con indeseado protagonismo arbitral, que mete aos de Lema igualados cos lirachos na segunda praza.
Só o Muxía, cun partido menos, queda sen puntuar.
Laxe - Nantón (0-1)
- LAXE: Jacobo, Aarón, Iván, Jacinto, Jose A., Samuel, Roberto, Gora, Mouzo, Borja e Manu.
- NANTÓN: Guillermo, Patelele, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Lareu, Martín, David (Raúl, min.88) e Luís. Tamén xogou: .
- Gol: 0-1, min.28: Fabio de cabeza tras un rexeite do meta local.
- Expulsión: o visitante Martín no min.85.
Un solitario gol de Fabio á media hora deu a primeira vitoria para un Nantón que soubo aproveitar as súas armas no Municipal de Laxe, tras un partido moi igualado. Un Nantón que fixo unha boa primeira metade, cun Luís que mandou dous balóns á madeira.
O Laxe viríase arriba na segunda creando perigo e merecendo o empate. Pero a falta de fondo de armario dos de Chamy evitou que o equipo puidese meter unha marcha máis.
Destacar tamén o debut de Raúl, novo xogador do Nantón.
Corcubión - Lira (3-2)
- CORCUBIÓN: Jesús (Sito, min.46); Trillo, Gabi, Jesús, Javi (Marcos, min.56), Sebas, Toja, Edu, Lema e Coiro (Javi, min.35).
- LIRA: Peipo, Chindo, Pedro Suárez, Miki, Pelos, Patachín, Adrián León, Demetrio, Yanki, Manu e Oli. Tamén: Iago, Aitor, Paulino e Mauro.
- Goles: 0-1, min.12: Patachín de falta; 0-2, min.15: Yanki; 1-2, min.69: Javi; 2-2, min.76: Lema de penalti; 3-2, min.85: Alán.
- Expulsións: os lirachos Pelos (min.55) e ao porteiro Peipo (min.65) e os corcubioneses Edu (min.78) e Jesús (min.83).
Partido de aúpa no Cubaleiro entre dous dos candidatos a todo, no que o colexiado tivo un protagonismo sempre indesexable. O partido comezaba cun minuto de silencio polo falecemento de Manolo, fundador do Bar Suiza de Corcubión e un dos socios protectores de toda a vida do club.
Chegaba o Lira moi forte, e comezaba sorprendendo con dous goles de Pata e Yanki. Tardaba o Corcubión e coller o ton, mentres o Lira mantíñase ben, aguantando ben e esperando para saír á contra.
Pero no comezo da segunda metade cambiaban as tornas. Dúas expulsións seguidas dos lirachos (unha ante a estupefacción ata dos corcubioneses cun Pelos expulsado por unha suposta perda de tempo cando tivo que ser substituido polas dores. Javi e Lema empataron e Alán, xa co colexiado tamén desesperando aos locais con outras dúas expulsións, remachaba o partido cun gol a 5 minutos do final, cos dous equipos desquiciados.
Castrelo - Cerqueda (0-0)
- CASTRELO: David Buxantes, Marcos, Pichón, Darío, Víctor (Estebo, min.59), Luís (Quintáns, min.64), Roi (Raul, min.62), Edreira (Miki, min.89), Isra, Stiven e Lucho (Suso, min.80).
- CERQUEDA: Ángel, Pailos, Pablo (Pedro, min.70), Sergio, Javi Pazos, Dani, Xabi (Martín, min.46), Darío, Gesto (Uru, min.46), Dani Seaia (Eliseo, min.60) e Jacobo.
Partido tremendamente igualado cunha primeira metade co Castrelo de Roland máis metido, con 3 boas ocasións por mediod e Roi e Edreira por dúas veces. O Cerqueda tamén tiña as súas como un centro que se paseou por diante da meta de David Buxantes, pero que non atopou rematador.
Na segunda o Castrelo seguía defendendo ben, demostrando que xa non son a cincenta da categoría. O Cerqueda necesitaba tirar dende lonxe para buscar un gol que non chegaba. A última ocasión era para Roi, que non conseguía rematar un bo centro de Víctor e o marcador non se movería.
Aquí deixamos un rato do choque:
Coristanco - Muxía (3-2)
- CORISTANCO: Nacho, José (Facal, min.46), Rubén, Sergio, Pazos, Mato (Míchel, min.40), Iván (Héctor, min.60), Juan, Toni (Marquiños, min.90), Mallón (Pichel, min.50) e Gonzalo.
- MUXÍA: Santi Papi, Currás, Santos, Sergio Tarrela, Pataca, Juan Prado, Conguito, Javi Rey, Esteban, Gerardo e Rubén. Tamén: José Antonio, Samuel, Antonio, Caamaño e Víctor Alcaina.
- Goles: 0-1, min.30: Javi Rey; 1-1, min.43: Juan en xogada individual; 1-2, min.64: Sergio Tarrela; 2-2, min.83: Sergio; 3-2, min.89: Gonzalo a pase de Míchel.
- Expulsión: oa muxiána Conguito (min.50) e Javi Rey (min.80).
Partido que se xogaba en Coristanco para aproveitar as sinxerxias da Festa da Pataca. Foi o equipo de Da Silva o que propuña máis fútbol na primeira, ante un Muxía moi ben situado e buscando contras perigosas. Terían Gonzalo, Juan e Toni as primeiras ocasións pero era o Muxía o que se adiantaba á media hora. Antes do descanso o Coristanco empataba.
Xa na segunda o Coristanco saíu polo partido e o Muxía quedaba con 10, feito que acusou o Muxía no treito final do encontro. Pero aínda así se metía por diante o cadro de Suso Rey.
Tocaba remar, un para remontar, e outro para aguantar cun home menos. Gonzalo e Juan fallaban ante Santi Papi, que se volvía poñer baixo paus. Pero cando chegaban 10 minutos, o Muxía sufría outra expulsión que o mataba, para que Sergio marcase nun barullo, e xa contra o final Gonzalo remachase unha acción de Míchel para conseguir unha vitoria que os deixa no máis alto da táboa.
Protestaron os muxiáns a expulsión de Javi Rey cando tiña só unha amarela, unha expulsión chave pois xusto antes da remontada do cadro local.
Crónicas da 3ª
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: Cee e Volantes quedan sós.
- 1ª Autonómica: 3 costeiros no grupo de arriba.
- Preferente: Punto a punto con boas sensacións.
- A Crónica e os 60 resultados da última xornada de verán no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- Últimos días para inscribirse no Curso de Adestradores Nivel 1 de Carballo.
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).