Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Indepediente segue imbatido e o Baíñas xa sabe gañar

3ª Autonómica: O Indepediente segue imbatido e o Baíñas xa sabe gañar

Nova xornada da 3ª da Costa que deixa cousas interesantes. Como a vitoria do líder en Ara Solis, demostrando que non é casualidade que estean aí arriba. Non se descolgan Porteño e Camelle, que colleitaban sendas vitorias claras en Corcoesto e Coristanco e amosan as súas credenciais.

Por abaixo, cómpre destacar a primeira vitoria da historia do Baíñas, ante un Xaviña ao que xa empata a puntos. Abaixo quedan o Fisterra B, cun punto; o Castrelo con 2, e o Muxía, con só 3 puntos a pesar da gran melloría que está tendo o equipo de Papi.

Esta semana tocoulle descansar ao Soneira B, e a ver que lle se senta ben o descanso pois tras dúas vitorias seguidas perdeu os dous últimos partidos.


Xaviña - Baíñas (1-3)

Primeira vitoria do Bainas en Xavina - Foto- FB do CD Bainas
  • XAVIÑA: Moro, David, Chiriví, Gallego (Rubén, min.,46), Caamaño, Ismale, Frutos, Martelo (Bieito, min.75), Felipe, Dani Borja (Elvis, min.60).
  • BAÍÑAS: Damián, Héctor, Sancho, Samuel (Sergio, min.75), Chambón (Simón, min.55), Dani, Luís, Styven, Cristian (Diego, min.70), Fernando, Adrián.
  • Goles: 0-1, min.20: Cristian; 0-2, min.40: Luís de falta; 1-2, min.55: Frutos de penalti; 1-3, min.70: Luís.
  • Expulsión: o porteiro local no min.30 e Chiriví tivo que poñerse na meta.

Primeira vitoria da historia do Baíñas en liga. Os vimianceses sufriron pero conseguiron sacar adiane o partido. Puxéronse por diante con 0-2 antes do descanso e a renda puido ser maior. Pero os locais recurtaron recurtaron ao volver do descando, e, xogando mellor con 10 que con 11, levou o peso do partido durante os primeiros 15 minutos da segunda e de feito Frutos recurtou pero Dani, Frutos á contra e Felipe de cabeza fallaron para empatar. O Baíñas sentenciou á contra por medio de Luís.


Fisterra B - Indep. Carballo (0-2)

  • FISTERRA B: David, Juanjete (Gonzalo, min.55), Dani, Jorge (Rubén, min.80), Santi, Juan, Dudo (Estrella, min.60), Pana, Mario, Bruno, Iago (Eloy, min.75).
  • INDEPENDIENTE: Iván, Dani, Castro (Jonathan, min.65), Brais (Scott, min.46), Suso, Mario, Carlos, Cholo, Ivi (Adrián, min.80), Benítez (Palermo, min.46), Juni.
  • Goles: 0-1, min.47: Juni; 0-2, min.55: Palermo tras un córner.

Moi fortes están os carballeses, líderes imbatidos, que na segunda metade sentenciaron. A primeira metade foi máis igualada, cun xogo algo embarullado no medio campo e sen demasiadas ocasións. Pero nada máis comezar a segunda xa marcaron o primeiro gol e aí os fisterráns marcharon do partido. Ademais, co vento a favor, os independientes tiveron controlado o partido.

O Fisterra B, que buscou xogar o balón, aínda está mirando un par de altas máis para completar o plantel.


Muxía - Lira (3-4)

 Muxia-Lira-Foto-Luigi-na-Costa-2
  • MUXÍA: Luís Romaní, Peski, Martinciño, José Manuel (Castreje, min.70), Currás, Julián, Adrián Alcaina, Santi Papi, Albertiño, Casais (Juan Prado, min.55) e Adrián Negro.
  • LIRA: Garrido, Xabi (Saúl, min.60), Herminio, Pelexo, Fran Chancho, Cristian da Portuguesa, Manolo de Abelleira (Uxío, min.72), Suso Patachín, Miguel, Suso Perico (Óliver, min,79), Germán.
  • Goles: 1-0, min.17: Casais; 1-1, min.25: Suso Perico; 2-1, min.35: Albertiño; 2-2, min.55: Germán; 3-2, min.63: Adrián Negro; 3-3, min.74: Suso Perico; 3-4, min.85: Suso Perico de penalti.

Partido movido, bonito, entretido, con ocasións para os dous lados, e con algo de polémica, pois o colexiado estivo regular segundo os dous equipos, se ben os que máis protestaron foron os locais.
A primeira metade foi do Muxía, co vento a favor.Tivo boas ocasións para acabar con máis renda que o 2-1 que sinalaba o marcador ao remate dos primeiros 45 minutos, pero a falta de acerto foi clave. De feito, meteuse por diante ata en 3 ocasións e remataron perdendo.

Os locais protestaron unha man na área liracha que o colexiado non veu, pero logo si que pitou, a falta de 5 minutos para o final unha xogada semellante.

O Lira, buscando as contras con perigo fixo moito dano arriba. Casais, Albertiño e Adrián Negro puñan en vantaxe aos locais pero Suso Perico estaba inconmensurable e anulaba a renda unha e outra vez ata o penalti final.
Aínda tralo 3-4 houbo un balón ao pao Suso Perico, pero o Muxía tamén tivo o empate na man de non ser por un espectacular Garrido que desbaratou un par de mans a mans.
Cómpre destacar o destacar os debut co primeiro equipo do Muxía dos xuvenís Adrián Alcaina, que o ano pasado estaba no Dumbría, e Castreje.

Muxía-Lira en Arliña- Foto: Blog de Luigi na Costa

Corcoesto - Camelle (0-4)

  • CORCOESTO: Anxo, Panblo; Sergil, Edelmiro, Germán, Uruguaio (Couto, min.46), Javi, Josiño, Martín, Txavi, Héctor (Miguel, min.40).
  • CAMELLE: Purrúa, Dido (Diego, min.70), Valiña, Manuel (Coruña, min.65), Matías, Iván, Mario (René, min.85), Jati (Tedín, min.75), Sergio (Javi Rañal, min.46), Miguel Riveiro, Barreiro.
  • Goles: 0-1, min.55: Jati tras un erro do porteiro local; 0-2, min.65: Barreiro tras un pase ás costas da defensa; 0-3, min,75: Matías de falta; 0-4, min.80: Iván tras un penalti fallado.
  • Lesión: Héctor cun problema muscular.

Resultado demasiado abultado para o visto no terreo de xogo pero é certo que o Camelle foi superior ao Corcoesto. I é que este Camelle está facendo un moi bo grupo e onte estreaba unha nova fichaxe, Javi Rañal, que ademais se entende ás mi marabillas cos Barreiro e Miguel Riveiro formando un tridente importante.

Foi un partido moi duro, no que na primeira só houbo unha ocasión para cada equipo pero o marcador non se moveu. Por bando local só Héctor probou ao meta camellán, mentres que foi Barreiro o que probou a Anxo.

Xa na segunda e malia que seguía sendo un partido moi físico, un mal despexe deixou a Jati só diante do porteiro e non fallou. 10 minutos despois marcaba Barreiro de falta con algo de sorte e o partido xa se decantaba para os visitantes e os locais baixaban os brazos. Unha falta de Matías, outra de Jose, foron algunhas das ocasións viistantes que tamén protestaron un penalti por mans dentro da área.
E houbo penaltis, 2, e os dous os parou Anxo a tiros de Mario e Diego, se ben o rexeite do segundo foi aproveitado por Iván para certificar o 0-4.


Cerqueda - Castrelo (4-1)

  • CERQUEDA: Rubén, Bastón, Ato, Santi, Pablo, Dani, Lorenzo (Manu, min.60), David (Juanjo, min.60), Javi Pazos (Iván, min.80), Iván (Dani Seaia, min.65), Dieguito.
  • CASTRELO: David, Luís, César (David, min.60), Mario, Kevin, Manolo (Andrés, min.46), Estevo (Denís, min,.65), Jota, Edreira (Sebas, min.75), Litos, Germán.
  • Goles: 1-0, min.10: Dieguito; 1-1, min.30: Germán de cabeza a centro de Litos; 2-1, min.50: Dieguito; 3-1, min.70: Javi Pazos; 4-1, min.75: Dani Seaia.

Partido de tolos, de ida e volta, con ocasións para todos os lados marradas moi claras, que puido acabar con 7-4 tranquilamente. A primeira metade foi algo máis igualada, cun Cerqueda tocando moito, e tocando ben, amosando o que máis lle gusta. Dieguito adiantaba aos locais pero Germán empataba á media hora. Non foi ata mediada a segunda metade cando o Cerqueda sentenciou co 3-1 obra de Javi Pazos.

Unha sentencia que xa deixaba ao Castrelo sen folgos. Un Castrelo, que non xogou ben, perdendo moitos balóns, cunha boa actuación do porteiro xuvenil David, iso si. Por bando local destacar o debut de Dani Seaia, procedente do Malpica, que debutou con gol. Unha UD que tamén recuperou a Lorenzo tras unha longa baixa.


Alcaián - Ameixenda (0-1)

  • ALCAIÁN: Martín, Pombo, Lino, Rubén, Facal (Martínez, min.46), Iván, David, Pichel, Framil, Daviciño, Daniel Facal.
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Álvaro, Demetrio (Manuel, min.88), Alex, Bichiño, Mateo, Borja, Jorge, Diego Riolo (David Carballo, min.46), Javier, Javichu (Manuel, min.89).
  • Gol: 0-1, min.60: Mateo, de cabeza tras un córner.
  • Expulsado: o xogador visitante David Carballo por doble cartón no min.75.

3 vitorias seguidas leva este Ameixenda que xa está completamente en forma, e sobre todo está a mellorar no posicionamento defensivo. O choque, moi embarullado e con moit blaón aéreo, parecía decantado para un empate sen goles, pero foi un solitario gol de Mateo á saida dun córner o que decantou a balanza para os ceenses. Un gol que protestaron os locais ao entender que Mateo cometeu unha carga contra o meta Martín.

Os locais non quedaron contentos coa arbitraxe pois tamén vían como o colexiado lles anulaba un tanto por fóra de xogo de Daniel Facal na primeira metade.


Coristanco - Porteño (0-4)

  • CORISTANCO: Ché, Óscar, Iván, Héctor (Mallón, min.60), Torreira (Nacho, min.80), Luís, Aratón, Cristian (Omar, min.46), Añón, Gonzalo (Marcos, min.46), Damián (Sergio, min.55).
  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Óscar, Iago Carril Sestayo, Maikol, Mario Toja (Cousillas, min.30), Ismael, Iago Matinez, Brais Vela, Bieito (Nené, min.55), Búa (Gabi, min.65).
  • Goles: 0-1, min.15: Mario Toja; 0-2, min.20: Pejo de cabeza a un córner; 0-3, min.60: Búa de vaselina dende fóra da área; 0-4, min.75: Nené.
  • Lesión: por banda local Torreira cun pinchazo e tivo que entrar o porteiro suplente Nacho. E por banda vistante Mario Toja, no primeiro gol tras unha forte entrada.

Efectividade foi a palabra que pode definir o partido do Porteño en Coristanco. Demasiada renda levan os da Ponte nun choque no que lle saíu todo perfecto. E iso que o Coristanco fixo un bo partido, moi duro, moi físico, pero que xa se lle puña de costas nada máis comezar cun mal despexe do porteiro que deixou só a Pejo que non perdoou. Nesa xogada tivo que ser substituído por unha forte entrada. Pejo ampliaba a renda pronto.

Na segunda o Coristanco foi a buscar o empate, tivo que abrir as liñas e aproveitaron á contra os visitantes. O Coristanco mandou un par de faltas ao poste e outra ao longueiro, pero o meta visitante estivo fino. Ademais protestaron que o 3º gol, o de Búa, foi en fóra de xogo.


Laxe - Nantón (3-3)

  • LAXE: Illote, Jacinto (Roi, min.75), Naya, Adrián Porteiro, Aarón, Pailos (Iván Ventura, min.70), Borja, Darío, Felipe, Samuel, Zurich (Mandi, min.60).
  • NANTÓN: Bonano, Lareo, Félix, Diego, Carlos Santos (Eloy, min.55), Rubén, Fabio, Carlos Vidal, Martín (Dani, min.65), Luís, Cachi (Borja, min.75).
  • Goles: 0-2, min.15: Luís tras un erro defensivo; 0-2, min.50: Luís; 2-1, min.70: Darío de penalti; 2-2, min.73: Samuel; 3-2, min.75: Luís; 3-3, min.85: Samuel.

Coma sempre, boa entrada (unhas 200 persoas) e moito vento no campo do Laxe, para ver un partido incerto. I é que o Nantón controlou a primeira metade e iso que estaba contra o vento. Puxéronse 0-2 á volta dos vestiarios por medio do de sempre, Luís, que asinou o primeiro hat-trick da tempada, pero deixaron vivo ao Laxe, que recurtou e veuse arriba. O Nantón estivo frouxo en defensa e o Laxe aproveitou para empatar por dúas veces. É o segundo partido consecutivo que o Nantón deixa escapar unha vitoria, a pesar de que o resultado final foi considerado xusto polos locais.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios