3ª Autonómica: O Lira ponse ao mando
2ª xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira e só o Lira suma 6 puntos. A igualdade parece que será unha das protagonistas da tempada, cando só queda o Muxía, que descansou (e ben que lle viño, que parece que foi pensado a propóstico para poder disfrutar das Festas da Barca), sen puntuar.
Por detrás do Lira colócanse 2 dos chamados favoritos, como son o Ameixenda e o Coristanco.
4 partidos por xornada, pero ollo, que son 4 voltas esta complexa Liga de 3ª Autonómica.
Coristanco - Corcubión (2-0)
- CORISTANCO: Nacho, Jose (Bili, min.70), Sergio, Rubén, Pazos, Moreno (Míchel, min.60), Mato, Iván, Mallón, Toni e Gonzalo.
- CORCUBIÓN: Sito, Javi, Rubén, Jose María (Gorka, min.60), Checho, Gabi, Sebas, Lema, Edu, Toja e Coiro (Javi, min.46).
- Goles: 1-0, min.42: Pazos de centro que se envelena e entra; 2-0, min.89: Bili nunha contra.
Moi forte parece que vai estar o Coristanco na Rocheira. Foi un partido igualado, no que o meta local Nacho tivo dúas grandes paradas un tiros de Lema e Toja. Non estaba fino ao principio o equipo de Da Silva, e os de Carlos Lema levaban o peso. Pero sen crear perigo, pelexando, iso si, o Coristanco conseguíu poñerse por diante ao fío do descanso, cun centro de Pazos que se envelena e entra pola escuadra.
Máis igualada estivo a segunda, co Corcubión dominando o balón de novo. E cando máis estaba dominando o cadro visitante, nunha contra, a 10 para o final, Bili facía o segundo e definitivo tanto, deixando un resultado que non asemella o visto no partido.
Lira - Laxe (5-2)
- LIRA: Aitor, Chindo, Miki, Pedro Suárez, Javi Pelos, Pata, Iago, Demetrio, Adrián Porto, Yanki e Manu. Tamén xogaron: Javier Carnota, Adrián León, Paulino, Oli e Germán.
- LAXE: Anxo, Aarón, Iván, Samuel Gora, Jacinto, Iván, Roberto, Borja, Daniel, Manuel e Jose A.
- Goles: 0-1, min.25: Dani; 1-1, min.30: Adrián Porto; 2-1, min.44: Pata; 3-1, min.70: Javi Pelos; 4-1, min.80: Oli; 4-1, min.82: Nico; 5-2, min.86: Yanki.
- Expulsión: o visitante Fernando no min.36 por vermella directa.
Segunda vitoria do Lira esta campaña ante un Laxe que comezaba moito mellor que un durmido Lira. E empezaron marcando o Laxe de Chamy, que non puido asistir ao choque, por medio de Dani. Pero a partir de aí o Lira (foi como unha labazada para espertar) se puxo o mono, empatou de contado Adrián Porto e Pata xa metía por diante aos lirachos antes do descanso.
Na segunda, máis ocasións para os locais, que tardaron en sentenciar ata o min.70 por medio de Javi Pelos. Tivo arrestos o Laxe para recurtar distancias pero non había tempo, só para que Oli marcase o seu segundo tanto da temporada e Yanki o seu terceiro.
Nantón - Castrelo (1-1)
- NANTÓN: Guillermo, Carlos, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal (Dani Costa, min.73), Fabio, Lareu, Luís, David e Iván.
- CASTRELO: David Buxantes, Marcos, Pichón, Darío, Víctor, Roi (Suso, min.65), Luis (Edreira, min.55), Esteban Quintáns, Félix (Adrián Ozón, min.80), Israel (Kevin, min.73) e Estiven.
- Goles: 0-1, min.80: Estiven; 1-1, min.90: Luís nun rexeite.
Soso partido en Nantón que rematou cun soso empate. Parecia que o Nantón comezaba mellor posicionado no campo, levando o peso do encontro pero sen facer dano. Si que pouco a pouco ía estirándose o cadro local e Iván e David puideron marcar, pero o pau impediuno.
Asentouse o Castrelo e ao fío do descanso tivo un par de saídas perigosas á contra, pero Guillermo puido salvar.
Saía o Castrelo polo partido despois do descanso, entrando por banda con perigo ás costas da defensa e mesmo pedindo un penalti que o colexiado non pitou por considerala involuntaria.
Coa entrada de David Costa no campo sustituindo a Vidal, o Nantón recuperaría o control no centro do campo, aínda que foi no minuto 80 cando nun balón largo, Estiven conseguiría ganarlle a partida aos dous centrais e marcar con tiro cruzado o 0 -1 sen que Guillermo poidese facer nada para evitalo. Xa co Nantón totalmente a desesperada no que restaba de encontro, o gol do empate conseguiríao Luís, co seu olfato habitual que nunca esmorece, aproveitando un rexeite que queda solto na área pequena.
Cerqueda - Ameixenda (0-0)
- CERQUEDA: Rubén, Pailos, Xabi (Uru, min.85), Sergio, Atu, Javi Pazos, Gesto (Dani Seaia, min.50), Dani, Jacobo (Eliseo, min.60), Dani Añón (Juanjo, min.56) e Darío.
- AMEIXENDA: Óscar Riolo, Camacho (Jorge, min.46), Javichu, Bruno, Iván, Jesús (Demetrio, min.68), David (Antón, min.68), Diego (Víctor, min.46), Miro (Mateo, min.68), Borja e Cristian.
- Expulsión: Eliseo no min.70.
Partido soso en Xaviña, pero moi disputado e igualado, sen moitas ocasións claras. A mellor, a de Jacobo para os de Emilio Uzal no ecuador do primeiro tempo, mentres que os de Manolín tamén enviaron un balón á madeira por medio de Borja nun centro ao que non puido chegar Cristian.
Estaba algo mellor o Cerqueda na segunda e curiosamente coa expulsión de Eliseo foi cando máis opcións tivo, sobre todo a balón parado, de romper a xusta igualada.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: Xornada de estreas.
- 1ª Autonómica: Xa temos líder tras unha xornada co primeiro derbi.
- Preferente: Collendo posicións.
- Resultados dunha fin de semana de Barca.
Novas relacionadas
- Últimos días para inscribirse no Curso de Adestradores Nivel 1 de Carballo.
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).