Luns. 15.08.2022
El tiempo

3ª Autonómica: Xa gañan todos

3ª Autonómica: Xa gañan todos
Pese a que semella que vai a ver unha gran brecha entre a parte alta desta 3ª Autonómica e baixa, esta semana, dos 8 equipos que quedaban sen coñecer a vitoria, tres saborearon o que é sumar de tres en tres. Foi o caso do Camelle que goleou nun partido loco ao Corcoesto, o Xaviña que se desfacía pola mínima do Pereiriña e máis o Laxe que tivo que sudar forte para dobregar ao Coristanco. Con respecto a parte alta da táboa, a non disputa do Montelouro-Carnota, polo falecemento en accidente de tráfico do fillo do e-alcalde carnotán, fixo que o liderado estea agora compartido entre Outes e Alcaian que non fallaron. Volantes e Cabana golearon e tamén se manteñen nos postos que dan opcións a loitar polo ascenso. A nova negra da xornada en Terceira foi a grave lesión do muxián Miguel Camaron que rompeu un nocello e xa foi intervido quirurxicamente na tarde-noite de onte.

Atl. Pereiriña - Xaviña (0-1)

  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Álvaro Fiuza (Mateo, min.80), Mario, José Express (Gabri, min.46), Javichu, Riki, Adán (Paulino, min.66), Josiño, Morcillo (Álex, min.46), Jorge Monterroso (Rafa, min.10) e Poky.
  • XAVIÑA: Pablo, Jallejo, Maikel (Adrián, min.76), Diango, Sergio, Juan Antonio, Búa, Chapu (Elvis, min.72), David (Chiribí min.80), Diego e Martín.
  • Gol: 0-1, min.62: Diango.
Non acaba de arracar o novo proxecto deportivo do Pereiriña e as numerosas baixas que arrastran tampouco lles axuda moito, xunto que non están a poder contar con varios xogadores que inicialmente se pensaba, pois están a viaxar co Cee por necesidades do equipo promotor. Con estes antecedentes, os locais non deron a talla ante un Xaviña que se aproveitou dunha falta botada por Diango con ánimo de encontrar rematador, pero finalmente entrou o balón directo. Primeira vitoria dos camariñás que escalan unhas cantas posicións na táboa clasificatoria.

Coristanco - Laxe (2-3)

  • CORISTANCO: Gonzalo, Castro (Chutin, min.70), Arantón, Oscar (Edgar, min.65), Marcos, Pazos (Mallón, min.60), Dani, Luís (Germán, min.46), Benitez, Iván (Carlos, min.46) e Toniño.
  • LAXE: Illote, Jaja, Aarón, López (Rivera, min.70), Antonio Castro, Adán, Iván (Oscar, min.75), Felipe, Aarón, Zurich (Jacinto, min.78) e Darío.
  • Goles: 0-1, min.7: Darío; 1-1, min.35: Toniño; 2-1, min.50: Germán; 2-2, min.75: Felipe; 2-3, min.89: Antonio Castro.
  • Expulsión: O local Arantón (min.65) por dobre cartón amarelo.
Partido igualado no que a expulsión do local Arantón foi clave na derrota do Coristanco. Ata ese momento os locais sen moita superioridade tiñan o partido controlado. A base de xogadas a balón parada os de Laxe remontaron o partido e logran a primeira vitoria da tempada.

Muxía - Cabana (0-5)

  • MUXÍA: José Antonio (Cristian, min.80), Miguel Camaron (Carrera, min.46), Martinciño (Santi, min.61), Currás, Pataca (José Manuel, min.64), José Antonio, Javi, Juni, Ziro, Albertiño e Arsires (Raúl, min.60).
  • CABANA: Añón, Pancho, David, Marcos, Jose, Eloi Pereira (Rubén Rama, min.46), Sandro (Jacobo, min.62), Darío (Diego, min.57), Eloi García, Adrián (Fran Martuxa, min.65) e Nando.
  • Goles: 0-1, min.8: Eloi García, de gol olímpico; 0-2, min.60: Adrián; 0-3, min.61: Adrián; 0-4, min.80: Diego; 0-5, min.87: Nando.
  • Lesións: os locais, Miguel Camaron coa rotura dun nocello (min.42) e Juni (min.80) cunha lesión muscular.
Partido accidentado o xogado na Arliña no que o local Miguel Camaron tivo que saír do campo en ambulancia e xa foi operado na tarde-noite de onte da rotura do nocello. A ambulancia tardou media hora en chegar ao campo, destacar tamén a pouca sensibilización do colexiado, pois dou por rematado o encontro na primeira metade tras a lesión faltando aínda 3 minutos e cun córner a favor dos visitantes, marchou para a caseta e nin máis se preocupou polo lesionado. No aspecto deportivo, primeira metade igualada. Na segunda mellor os visitantes que acabaron goleando, aínda que foron moi protestados o segundo e terceiro gol por entender que Adrián estaba en claro fóra de xogo.

Volantes - Lira (4-1)

  • VOLANTES: Masu, Juan, Maikel, Mou, Paki (Piru, min.70), Ramon (Fran, min.75) Varo, Brais, Pardelo (Javi, min.55), Edu (Ivi, min.65), Piti (Benja, min.80).
  • LIRA: Miguel Anxo, Angel (Fran, min.47), Chindo, Manolo (Miche, min.65), Fernando, Abel (Yerai, min.60), Suso Patachin, Gabri (Iago, min.70), Fran Perico, Lalo e Ancho.
  • Goles: 1-0, min.10: Brais; 2-0, min.25: Brais; 2-1, min.49: Lalo; 3-1, min.55: Piti; 4-1, min.70: Piti.
Partido moi entretido na tarde de sábado cheo de ocasións por parte dos locais sobre todo. A dupla atacante neste dia do volantes, formada por Brais e Piti, fulminou a base de paredes a toda a estrutura visitante creando situacións de perigo en multitude de ocasións, froito das cales Brais se prantou na primeira metade diante do porteiro visitante, para primeiro batelo por baixo e no segundo collelo a media saída e facerlle unha vaselina. A superioridade dos locais foi abrumadora, rondando a área lirista durante a maior parte do tempo. Destacar a finais do primeiro tempo unhas protestas visitantes por un posible penalti do porteiro local e un remate o pau de Varo a saída dun córner. Na segunda parte os liristas saíron un pouco mais espoleados e nunha fermosa contra despois doutra fermosa xogada de Brais e Piti na frontal da área, Lalo rematou en repetidas ocasións contra o porteiro local poñendo o 2-1 no marcador ao terceiro disparo. Pero todo isto foi unha ilusión, debido a que nun balón en longo Piti soubo aproveitar moi ben a súa veterania e oficio e gañou as costas da defensa visitante para rematar facendo o 3-1 tamén de vaselina. Neste intre os visitantes rendéronse e o final 4-1 ven dun fermoso traiazo de Piti dende a esquina da área, sen deixar caer o balón que se colou pola escadra con permiso dun expectante porteiro visitante.

Montelouro - Carnota (Suspendido)

Suspendeuse o encontro polo falecemento a pasada noite nun accidente de tráfico do fillo do ex-alcalde José Oreiro. Dende o Montelouro solicitaron información afirmando que non lles chegou notificación algunha da suspensión do choque.

Corcoesto - Camelle (4-7)

  • CORCOESTO: Siro, Germán, Edelmiro, Manuel, Rodri, Luís, Uru, Carlos Longo, Pablo, Javi e Miguel.
  • CAMELLE: Carlos Purrua, Cristian (Adrián, min.60), Diego, Manuel, Coruña (Buri, min.80), Alvaro (René, min.70), Valiña (Alberto, min.75), Mario, Martín (Sergio, min.46), Iván e Felipe Barreiro.
  • Goles: 0-1, min.20: Iván; 0-2, min.30. Barreiro; 0-3, min.40: Barreiro; 0-4, min.55: Barreiro; 1-4, min.75: Miguel; 1-5, min.76: Mario; 2-5, min.78: Javi, de falta; 3-5, min.80: Rodri; 3-6, min.80: Mario; 3-7, min.82: René; 4-7, min.85: Miguel.
  • Lesións: os locais Germán, cun problema na espalda, e Luís.
Tarde loca de goles no campo Das Bouzas. Os locais que tan só contaron con 11 xogadores e xogando con Germán lesionado dende o comezo e posteriormente Luís, pouco puideron facer para evitar a primeira vitoria da tempada do Camelle que foi superior sobre o campo.

Porteño - Soneira B (1-0)

  • PORTEÑO: Asiel, Pejo, Yago (Pablo Santacristiña, min.60), Yago Sestayo (Tajes, min.75), Asier, Ismael, Pablo de Quintáns (Piti, min.55), Brais, Sergio de Vilaseco (Oscar, min.50), Wii e Jorge.
  • SONEIRA B: Víctor, Vicente, Alberto (Chuchi, min.83), Pichón, Damián, Dani, Roi, Javi Jemisa, Félix (Ricardiño, min.55), Cristian de Cereixo (Cristian de Carantoña, min.55) e Capote (Marquitos, min.70).
  • Gol: 1-0, min.20: Wii.
De novo o filial mostrou unha boa cara dominando o partido na primeira metade, pero a falta de pegada e un erro defensivo marcou o derbi en favor dos porteños. Polo bando visitante debutou Javi Jemisa, que estaba sen xogar, e Roi, procedente do Dumbría, posiblemente para a semana debute Quilmes que ten intención de deixar o Porteño.

Alcaián - Independiente (1-0)

  • ALCAIÁN: Rizos, Andrés, Luís, Fran Pombo, Negreira, Pío, Tote (Nando,min.60), David (Víctor, min.55 (Iván Souto, min.80)), Roberto, Rubén e Pistolas.
  • INDEPENDIENTE: Noé, Rafa, Dani, Scot (Brais, min.75), Efrem (Carlos, min.65), Míchel, Cholo, Sande, Ivi, Juni (Brian, min.60) e Gustavo (Iván Lorenzo, min.69).
  • Gol: 1-0, min.70: Pistolas.
Mellorou moito a imaxe dos de Carballo con respecto a semana pasada e mereceron algo máis no campo de Portorrubio a onde regresou o Alcaian. Un solitario gol de Pistolas a vinte minutos para o final deulle os tres puntos ao equipo de Víctor Pazos que se coloca no máis alto da táboa empatado co Outes.

Outes - Fisterra B (8-0)

  • OUTES: Gato, Debé, Saúl, Chúa, Arturo, David, Poque (Lass, min.58), Potro, Deivi (Kin, min.46), Pesco (Damian, min.46) e Fernando (Pitu, min.74)
  • FISTERRA: David, Insua, Santi (Pirri, min.68), Dudo, Eddy (Noé, min.38), Jorge, Didier (Miguel, min.46), Dani (Gabi, min.60), Cristian (Tano, min.68), Bruno e Juanjete.
  • Goles: 1-0, min.18: David; 2-0, min.21: David; 3-0, min.36: Pesco; 4-0, min.37: Pesco; 5-0, min.46: Damián; 6-0, min.48: Fernando; 7-0, min.62: Arturo; 8-0, min.88: Potro.
  • Expulsión: O visitante Juanjete (min.61), con cartón vermello directo por unha forte entrada.
Non dou opcións o Outes e xa dende moi pronto deixou claro no campo que este ano a pólvora non esta mollada, e si tanto se queixaba Manu Roque outros anos de que non tiñan gol, este ano son o equipo máis goleador con diferenza, en 5 xornadas levan marcados 25 goles. O filial fisterrán "canso e sen espírito de loita".

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios