Luns. 06.12.2021
El tiempo

3º Autonómica: Porteño e Camelle aproveitan o descanso do Independiente

3º Autonómica: Porteño e Camelle aproveitan o descanso do Independiente

Descansaba o Independiente Carballo tras 5 vitorias en 5 partidos e os equipos camariñans do Porteño e do Camelle non desaproveitaron a ocasión para igualalo no máis alto da táboa. Por detrás chega o Ameixenda tras 4 vitorias consecutivas acadadas pola mínima. E Cerqueda e Lira miran de preto.

Camelle - Muxía (2-1)

A Camelle situase co líder-Foto-Blog SD Camelle
  • CAMELLE: Púrrua, Carlos de Dido, Manuel, Valiña, Matías (Coruña, min.77) Varu (René, min.88), Mario, Miguel Riveiro, Jose (Sergio, min.84), Javi Rañal (Adrián Barca, min.68) e Felipe Barreiro.
  • MUXÍA: José Antonio, Pesqui, Martín, Pataca, Currás, Santi, Adrián Negro, Javi, Casais (Carrera, min.75), David, Alberto.
  • Goles: 1-0, min.15: Matías; 1-1, min.30: David de falta; 2-1, min.50: Jose.
  • Expulsións: O xogador local Barreiro (min.83) e o visitante Javi (min.70). Tamén foi expulsado o míster muxián, Papi (min.75).

Partido de poder a poder no Rodeiro, no que o cadro local foi superior por momentos, pero no que o Muxía tamén fixo un gran despliegue a pesar das baixas 5ª vitoria seguida deste sorprendente Camelle que segue dando alegrías á parroquia.

Empezaba o Caelle controlando o xogo co vento a favor. Matías puña por diante aos locais pero David igualaba de falta. Aguantou o debutante na meta muxián José Antonio as embestidas locais, pero non puido facelo mesmo co segundo gol, á volta do descanso, que asinaría José. Puido sentenciar á contra o Camelle ante o control muxián nos últimos intres, pero tamén David tivo unha boa falta ao final para empatar. Ao final, xusta vitoria local pero na que o Muxía volveu a demostrar estar moito mellor do que indica a táboa.

Como detalle estrano, o colexiado non lles fixo firmar a acta aos delegados, e non entregou a acta aos equipos argumentando que xa lla enviará por correo.

Imaxe do Camelle-Muxía - Foto- Blog SD Camelle

Ameixenda - Xaviña (1-0)

  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Álvaro, Demetrio, Alex, Bichiño, Mateo, Borja (Grille, min.81), Jorge, Riolo (Diego Trillo, min.85), Javier, Javichu (Manuel, min.68).
  • XAVIÑA: Chiriví, Juan Antonio, Caamaño, David, Gatusso, Pirucho, Martelo, Frutos, Pequenao (Rodrigo), Felipe, Borja.
  • Gol: 1-0, min.60: Borja cun golazo dende a esquina da área de volea.

Partido moi igualado en Cee que supón a 4ª vitoria seguida dos locais. O partido estivo algo máis dominado polo cadro local, pero sen demasiadas ocasións. O Xaviña, con 12 xustos e cun xogador de campo, Chiriví, de porteiro, aguantou o que puido e mesmo tivo unha moi clara para empatar pero fallouna Borja. Ademais os Felipe e Roberto Pirucho de falta tamén estiveron preto do gol, pero Óscar Riolo volveu demostrar que non pasan os anos por el. Por bando local, a máis clara chegaba por medio de Borja que servía para avisar xusto antes do golazo de volea do propio medio ceense.

Soneira B - Coristanco (2-1)

  • SONEIRA B: Martín, Chans, Alberto, Curra, Chuchi, Jemisa, Quilmes (Borja, min.90), Richi (Sergio Coello, min.91), Cristian Canosa (Pichón, min.80), Félix (Wi, min.59), Chino (Pablo Santacristiña, min.70)
  • CORISTANCO: Ché, Óscar, Iván, Marcos, Torreira, Luís, Damián (Héctor, min,75), Pazos, Arantón, Añón (Omar, min.65), Mallón (Gonzalo, min.60).
  • Goles: 1-0, min.25: Cristian Canosa de penalti; 1-1, min.35: Mallón de cabeza tras un córner; 2-1, min.60: Richi de penalti.
  • Expulsión: Aratón min.60 por cartón vermello directo.

Deixou escapar o Coristanco un partido que puido gañar pero unha expulsión e dous penaltis (o segundo moi discutido polos visitantes) foron demasiado para eles. A primeira metade foi parella, con dous equipos tentando combinar. Se puña por diante o filial soneirán pero o Coristanco respostaba por medio de Mallón. Aí tivo o partido de cara o Coristanco e fallou varias bocas ocasións como unha de Añón que foi ao pao. /p>

Pero a expulsión de Añón e o segundo penalti mataron ao Coristanco que se resintiu e o Soneira B veuse arriba e puido ampliar a renda. O míster coristanqués Roccichioli confía moito a na melloría do seu equipo.

Porteño - Laxe (3-0)

  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Sestayo, Maikol, Iago, Asier, Ismael, Brais (Óscar, min.60), Cousillas (Yuyo, min.46), Búa, Bieito (Nené, min.75).
  • LAXE: Illote, Jacinto, Aarón, Naya, Adrián Porteiro, Pailos (Rafa, min.55), Vilanova (Roi, min.65), Felipe, Borja, Mandi, Iván Ventura (Saleta, min.46).
  • Goles: 1-0, min.10: Brais Grela; 2-0, min.50: Bieito; 3-0, min.75: Iago de volea pola escuadra tras un centro de Búa.
  • Expulsión: o visitante Aarón no min.60.

Gran vitoria do Porteño que se coloca líder empatado con Camelle e Independiente. I é que os da Ponte están moi fortes e así o demostraron. O Laxe, que contaba con serias baixas arriba como as de Samuel ou Zurich (que se lesionaba no adestramento e ten para 2 meses) chegou buscando un partido moi físico, e conseguíu aguantar ata o descanso, pero o gol inicial do Bieito e a expulsión de Aarón deixaron sentenciado o partido, e na segunda, co Laxe algo aberto, os extremos locais entraban con profundidade e puido caer algún máis.

Castrelo - Corcoesto (0-3)

  • CASTRELO: Roberto, Kevin, Luís, Césareo (Andrés), Mario (Bogi), Estevo, David, Lolo, Sebas (Denís), Germán, Litos.
  • CORCOESTO: Edelmiro, Angel, Longo, Germán, Alberto, Pichuco (Uru, min.65) (Couto, min.80), Javi, Pablo, Xabi (Miguel, min.70), Josiño, Héctor (Rodri, min.46).
  • Goles: 0-1, min.50: Pichuco dende fóra da área; 0-2, min.60: Josiño de penalti sobre el; 0-3, min.75: Josiño.
  • Expulsións: os locais Germán e Diego.
  • Lesión: Héctor con recaída dunhas molestias e Uru que levou un golpe e saíu por precaución.

Levou o Corcoesto o partido tras unha boa segunda metade. A primeira foi igualada pero na segunda, un par de goles rápidos, dúas expulsións e un penalti foron demasiada bagaxe en contra para reporse, e acabou sendo un partido bastante cómodo para o Corcoesto, e iso que chegaba co xogador Edelmiro de porteiro ante a baixa de Anxo.

O Castrelo, algo coxo no medio campo, aguantou as embestidas locais na primeira, como un par de Josiño que saíron fóra. Os locais probaban a balón parado pero sen sorte. Á volta dos vestiarios pronto chegaría o primeiro e o partido romperíase co segundo tanto e a expulsión do xogador local Germán.

Lira - Fisterra B (1-1)

  • LIRA: Miguel Anxo, Isma, Manolo (Santi, min.70), Fran, Pelexo; Germán, Miguel, Cristian, Suso Patachin (Saúl, min.70); Suso Perico (Xabi, min.85) e Fran Perico (Miche, min.60)
  • FISTERRA B: David Perlón, Rubia, Jorge, Juan, Insua, Cotarro, Bebeto, Santi Pelada, Brunito, Rivas, Naranjo. Tamén xogaron: Pana, Dudo, Estrella, Juanjete.
  • Goles: 0-1, min.40: Santi Pelada tras unha falta lateral; 1-1, min.89: Miguel de falta.

Partido onde o colista non pareceu tal. Malia isto as mellores ocasions caeron para o bando local, aínda que o empate caeu no último suspiro. Comezou o partido sen moito xogo combinativo por parte dos locais buscando balóns longos ós irmans Pericos, sendo a idea dos visitantes buscar ós rápidos extremos.

A primeira gran ocasion para os locais foi un mal despexe dos visitantes que rematou indo ó pao no minuto 20. E aquí houbo 5 minutos de despropósitos debido a que houberon outros 2 paos á saída de saques do curruncho, un de Germán e outro mal despexe dos fisterráns. Os visitantes enfriaronse cando o colexiado non pitou un penalti na área local, e na seguinte xogada os locais protestarían unhas mans na área visitante. Pero non había máis ocasións, ata que un desaxuste defensivo nunha falta lateral, deixou un tiro franco para que Santi Pelada dende dentro da area asinara o 0-1 co que se chegou o descanso.

Na segunda parte foi un querer e non poder, os locais querían ter máis ocasións e os visitantes matar o partido ó contragolpe. Pero so houbo un par de ocasións, sobre todo un discutido libre indirecto na frontal da área pequena visitante, ampliamente discutido polos visitantes e polos locais ó dicir que petou nas mans dun integrante da barreira. Pero aí se diluiu o partido, cos dous equipos máis entretidos nas protestas, que xogando, ata que no 89 unha falta sacada por Miguel se coou pola escadra da porteria visitante, facendo o definitivo 1 a 1.

Baíñas - Cerqueda (2-2)

  • BAÍÑAS: Damián, Simón, Sancho, Samuel (Iván, min.46), Héctor, Luís, Dani (Sergio de Quintáns, min.46), Cristian (Taski, min,46), Styven (Esteban, min.70), Fernando, Yanki.
  • CERQUEDA: Rubén, Bastón (Iván, min.90), Pato, Javi, Pablo, Dani, Santi, David (Dani Seaia, min.54), Lorenzo (Manu, min.85), Juanjo (Javi Pazos, min.52), Dieguito.
  • Goles: 0-1, min.8: Dieguito; 1-1, min.70: Taski; 2-1, min.87: Manu; 2-2, min.94: Yanki.
  • Expulsión: o local Iván no min.93.

Sabe ben o empate en Baíñas conseguido no último minuto tras un final agónico.I é que foi un partido igualado e moi competido, sen demasiadas ocasións, que rematou cun empate xusto. Apenas houbo ocasións, os goles e pouco máis, nun choque que foi dominado na primeira metade polos visitantes e na segunda polo cadro local. Os visitantes perdoaron o 0-2 por medio de Diegutio, que xa os adiantara, e Lorenzo, e permitiron o empate á volta do descanso.

Os locais buscaron sempre nos balóns parados a Taski (algo baixo fisicamente) e a Yanki, que debutaba demostrando que está en boa forma e ademais de foi o protagonista ao acadar o gol do empate xa co tempo cumplido, 5 minutos despois de que Manu metese o que parecía o gol da vitoria local.

Nantón - Alcaián (3-1)

Nanton-Alcaian -Foto- Victor Santos
  • NANTÓN: Erni. David, Carlos Santos, Félix, Diego, Carlos Vidal (Dani, min.78), Fabio, Rubén, Luis, Martín, Cachi (Borja, min.81).
  • ALCAIÁN: Martín, Pombo, Rubén, Lino (Jorge Facal, min.75), Martínez, Iván (Fede, min.60), Daviciño (Dani, min.65), David, Framil, Diego, Facal.
  • Goles: 0-1, min.22: Framil tras un rexeite saída dun córner; 1-1, min.44: Luís Giance nun man a man co porteiro tras unha asistencia de Fabio; 2-1, min.52: Carlos Vidal a saída dun córner; 3-1, min.62: Luís Giance trallazo de Luis o borde da área.

Conseguí manter a renda o Nantón desta volta tras varios partidos nos que deixaba escapar a vantaxe. E iso que o Alcaián se puña por diante, a pesar de ter moitas baixas como as dos irmáns Pichel. Pero non está ben o Alcaián e acabou deixando marchar o partido.

Luís, Rubén e Cachi avisaban e era o propio Luís o que facía o 1-1 ao fío do descanso. De contado, Carlos Vidal asinaba tras un córner e Luís sentenciaba dende o borde da área. Finalmente, un Nantón máis acertado foi superior e xusto vencedor ante un frouxo Alcaián, que espera a vindeira semana a visita do Porteño.

Nantón-Alcaián -Foto- Víctor Santos

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

comentarios