30 de xuño: Día do fútbol da Costa
09:15 12/06/12
Algún día se tiña que buscar, e a Asociación de Clubes da Costa da Morte vén de asignar esta data, a do sábado 30 de xuño, como o día da Festa do fútbol da Costa. Ese día o Campo de Miraflores de Muros vivirá un intenso choque entre a Selección Costa-Norte e a Selección Costa-Sur, dirixidas por Berto e Manu Roque respectivamente.
Ademais, de seguido, ás 19:00 na Casa da Cultura de Muros, terá lugar a Gala do fútbol da Costa onde se escollerán aos mellores da tempada.
Iso si, apuntamos que para o comezo da tempada que vén a familia de QPC Deportes terá tamén unha cita a modo de festa, máis que a modo de Gala, para compartirmos experiencias, e felicitar aos que estades escollendo como os 11 ideais do fútbol da Costa.
Así que a relación de finalistas para a primeira Gala do Fútbol da Costa é:
- MELLOR EQUIPO: SANTA COMBA - XALLAS - CORME - DUMBRIA - CLUB DO MAR.
- MELLOR DIRECTIVA: OUTES - DUMBRIA - VOLANTES - CLUB DO MAR - FISTERRA.
- MELLOR XOGADOR: LEO (CAMARIÑAS-DUMBRÍA) - VITUCO (CLUB DO MAR) - VIA RAPIDA (SONEIRA) - SELUCO (VOLANTES) - ALEX (CERQUEDA).
- MELLOR ENTRENADOR: CAMBEIRO - SIL - MANOLIN - REPI - DAVID BAÑA.
Final da Copa da Costa
E antes de ir co choque de seleccións e mentres escollemos ao Xogador Super Bock da Final da Copa da Costa, apuntamos que a Final xa ten determinado onde será a ida e a volta. A ida será este domingo 17 de xuño en Fontenla e a volta no Conco.Choque de seleccións
Esta é a convocatoria de xogadores para as seleccións da Costa para o partido a celebrar o 30 de xuño de 2012 no campo de Miraflores, as 17:00 horas (en todo caso parece que terá que haber algún cambio unha vez que hai algún xogador que non poderá acodir como o carballés Dani Rosalía por mor dunha boda, e algún outro xogador) Selección Costa-Norte:- Club do Mar: Alex.
- Malpica: Suso.
- Buño: Víctor.
- Cerqueda: Alberto.
- Ponteceso: Alberto Recarey.
- Xallas: Alexandre.
- Corme: Pandi.
- Castriz: Bruno.
- San Lorenzo: Carlos.
- Santa Comba: Chinda.
- Sofán: Iván Rey.
- Camelle: Barreiro.
- Independiente: Dani Rosalía.
- Xaviña: Pablo.
- Cabana: Rubén Rama.
- Porteño: Brais.
- Corcoesto: Edelmiro.
- Camariñas: Moriño.
- Nantón: Sito.
- Laxe: Zúrich.
- Coristanco: Marcos.
- Alcaián: Pío.
- Muros: Sexo.
- Esteirana: Andel.
- Volantes: Seluco.
- Montelouro: Chema.
- Carnota: Pedro Pichín.
- O Pindo: Juan de Dios.
- Lira: Miguel Anxo.
- Outes: Chua.
- Mazaricos: Brais.
- Corcubion: Lema.
- Fisterra: Nico.
- Fisterra B: Hidalgo.
- Cee: Diego Cespón.
- Atl. Pereiriña: Gabi.
- Muxía: Angel Luis.
- Dumbría: Aaron (Muros).
- Dumbría B: Toni.
- Soneira: Quique.
- Soneira B: Mayor.
- Zas: Jorge.
- Baio: Javi Suárez.
Máis información
- Escolle ao Xogador Super Bock da Final da Copa da Costa.
- oteuoncedacosta.tk.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2012 de Afeccionados, Xuvenís e Veteranos.
Crónicas da semana
- Fases Ascenso: Un Malpica de 1ª e un Cabana de 2ª.
- Resultados: Xa temos final da Copa, un Malpica de 1ª e un Cabana de 2ª.
- Repaso dos últimos movementos no fútbol da Costa.
- Ánimo Cerqueda.
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Un Mar de Paixón: Tonié.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).