3ª Autonómica: 4 equipos perseguen ao Corcubión
Gañou con solvencia o Corcubión ao Seaia e mantén unha vantaxe de 3 puntos sobre un Laxe que non pasou do empate no tenso derbi ante o Camelle. Ademais, o Muxía métese ben arriba, e o Lira sumou o seu primeiro punto.
Laxe 1-1 Camelle
- Campo: O Areal.
- Laxe: Noe, Borja, Naya, Stiven (Iván, m.80), Djamel, Santi, Gora (Jorge Pichel, m.46), Felipe, Rafa (Bras, m.65), Migue e Omar (Zurich, m.46).
- Camelle: Jimmy, Lado, Sicario, Valiña, Snakcy, Richard, Juansiño (Toja, m.63), Jaty (Tonsón, m.76), Varu (Gemelo, m.73), Mario e Felisiano (Carlos do Trenco, m.80).
- Goles: 1-0, m.7: Gora nun córner; 1-1, m.52: Felisiano de penalti.
- Expulsións: Os locais Naya (m.52) e Felipe (m.89) e os visitantes Carlos de Dido e Richard nesa mesma última xogada do m.89).
Derbi intenso
200 persoas creaban un bo ambiente no Municipal de Laxe para este derbi da ría. Un choque moi igualado, un partido moi entretido, de ida e volta, con dúas afeccións entregadas. Comezaba mellor o Laxe na primeira, e Gora adiantaba pronto aos seus tras un córner. A primeira metade transcorría igualada, con poucas ocasións.
Quedaba con 10 o Laxe comezada a segunda metade por un penalti que ademais supuña a igualada. Pintaban ben as cousas para o Camelle, pero o Laxe foi quen de aguantar as embestidas camelláns, pois estes tiveron o partido en varias ocasións.
Detalle feo, pero de pouca gravidade, no último suspiro, con 3 expulsións, xustas, por dar a uns e revolverse a outros, xa case co partiro rematado. Non había necesidade ningunha tras un partido limpo.
Corcubión 5-0 Seaia
- Campo: Novo Cubaleiro.
- Corcubión: Beto, Adri, Senra, Pablo, Xabi, Sebas, Goche, Mario, Suárez, Roca, Lema e Tito. Tamén xogaron: Edu, Toja, Miguel, Alán e Roi.
- Seaia: Jorge, Vistas, Víctor, Ramón, Josiño, Michi, Parga, Guille, Nacho (Roke, m.55), Cristian e Jorge Parga.
- Goles: 1-0, m.50: Tito a pase de Lema; 2-0, m.60: Tito aproveita un erro da defensa e o porteiro; 3-0, m.70: Lema de toque sutil; 4-0, m.75: Senra remata un golazo de cabeza nun córner; 5-0, m.80: Roi.
Reafirmando o liderado
Trala xornada de descanso tiña que marcar diferencias o Corcubión. E o fixo a costa dun Seaia que chegou moi xusto ao Cubaleiro e que aguantou a primeira metade ben pechadiños. Foi un primeiro tempo trabado e só Tito tivo un par de ocasións, nas que unha se lle vai alto e outra a atrapa Jorge. Sebas intentouno pero a presión dos malpicáns non permitía claridade.
O descanso fixo dano nas curtas filas malpicáns e o Emilio Corzón apretou aos locais, que saíron a portas como un rodete, aproveitando o baixón físico visitante. Pronto Tito aproveita un pase de Lema dende a liña de fondo para abrir a lata a pracer. O mesmo Tito aproveita un pase de Mario Suárez e unha indecisión entre porteiro e defensa.
Bo partido do Corcubión que lamenta que este puido ser o último partido de Edu, que marcha traballar a Madrid.
Polo lado contrario, vaille vir ben o parón ao Seaia da seguinte semana, a última xornada da primeira volta, para recuperar efectios e saír a competir de verdade na 2ª e 3ª voltas.
Castrelo 1-2 Muxía
- Campo: Municipal.
- Castrelo: Josiño, Edreira, Marcos, Luís, Víctor, Maikol, Chuchi (Martín), Añón, Félix, Suso (Elvis) e Roi.
- Muxía: Papi, Peski, Pataca, Castreje, Martín (Man, m.70), Curras, Noé, Julián, Pana (Gusa, m.80), Adrián (Jose, m.80) e Álex (Ruso, m.60).
- Goles: 1-0, m.25: Roi; 1-1, m.55: Peski; 1-2, m.68: Peski.
O Muxía mete a cabeza entre os 4 de arriba
Moi igualado o encontro disputado en Vimianzo entre unCastrelo que podería ter cazado ao Muxía na clasificación, pero que deixa ao Muxía metido entre os de arriba e ao Castrelo un pouco máis lonxe. Un Castrelo de novo con problemas de efectivos, que necesita unha serie de fichaxes para mellorar o rendemento.
Foi un choque moi igualado, no que se adiantaban os locais cun tanto de Roi, tras facer unha boa primeira metade.
O partido convertiuse nun toma e daca, pero na segunda metade foi un monólogo visitante a base de forza, e os goles de Peski para remontar.
A boa nova no equipo de Manín, ademais dos 3 puntos, o debut de Noé, ex do Fisterra.
Lira 1-1 Nantón
- Campo: Lombáns.
- Lira: Katalán, Choqueiro, Santi, Jesús, Eloy Muros, Salva, Simón, Pata, Germán e Eloy Cee. Tamén xogaron; Manu, Roberto, Zeus e Villar.
- Nantón: Guille, Salva, Guau, Raúl (Budy, m.66), Diego, Carlos Vidal, Fabio (Iván, m.55), Redondo, Enmanuel, Martín e Sergio (Patelele, m.78)
- Goles: 1-0, m.51: Santi remata unha falta; 1-1, m.70: Enmanuel de cabeza.
- Lesión: o meta cabanés Guille que sufriu un forte impacto na faciana nun lance do xogo, pasou a noite no hospital por precaución, onde todas as probas apuntan a que todo está ben.
O Lira suma o seu primeiro punto
Tras un comezo de Lira horrible, o Lira continúa a súa melloría e conseguía o seu primeiro punto a costa do Nantón. Foi nun partido máis disputado que vistoso, con moitos nervios, imprecisións e balóns longos.
Comezaba o Nantón chegando arriba nunha igualada primeira metade na que o Lira foise facendo co control do partio. Saía mellor o Lira na segunda, e Santi abría o marcador ao rematar unha falta.
Tocáballe empurrar ao Nantón, que conseguiría o empate aproveitando unha indecisión do porteiro local na súa saída. Cada equipo tivo a sua ocasión mais clara mandando o balón o pau, pero por bando liracho quedaron con sabor amargo.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.7: Recortándolle a vantaxe ao líder.
- X.6: O Laxe confirma a súa candidatura aplicando a primeira derrota ao Corcubión.
- X.5: Pésima imaxe.
- X.4: Vai por ti.
- X.3: Unha xornada de baixa.
- X.2: O Corcubión queda en solitario.
- X.1: Balóns novos para a curta Terceira.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: A Costa da Bastilla.
- 1ª Autonómica: O Cunchido, pesadelo do líder.
- Preferente: Sabor amargo.
- A crónica de GP: O cañón Dosil.
Novas relacionadas
- 20 adestradores comezaron o Curso en Baio.
- Sporting Zas: Crise dos 40? No, festa dos 40.
- Medio século de fútbol soneirán comprimidos nunha emotiva Gala.
- O Sofán arma unha cea solidaria polos refuxiados sirios.
- Baio e Carballo acollen os novos Cursos de Adestrador dos Niveis 1 e 2.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga ([email protected]).