3ª Autonómica: A lama frea ao Laxe



Segue sendo o Laxe o único invito do Fútbol da Costa, pero o sábado non puido co Camelle nun enlamado Rodeiro, nun deses partidos que nos recordan o fútbol de sempre.
Aproveitou o tropezo o Corcubión, que sen facer nada, levou os puntos ao Seaia. Mala xornada para os malpicáns que vén como o Nantón, que sufríu para vencer a un mellorado Lira, escapa nos postos da promoción, onde tamén está asentado o Muxía.
Muxía - Castrelo (3-0)
- Muxía: Papi, Pesky, Congui, Martín, Pataca (Carlos, m.76), Adrián (José Antonio, m.89), Currás, Noé (Álex, m.54), Alberto (Josiño, m.68), Julián e Pana (Cristian, m.65).
- Castrelo: Josiño, Marcos, Chuchi, Luís, Curra; Chapu; Añón, Suso, Elvis (David Caamaño) Félix e Estiben.
- Goles: 1-0, m.17: Julia; 2-0, m.28: Alberto; 3-0, m.36: Adrián.
Sobraron 75 minutos
Chegaba con 12 o Castrelo a Arliña, e aguantou os primeiros 15 minutos, pero tralo primeiro gol de Julián o equipo vimiancés baixou os brazos. Sobrou o resto do partido, pois á media hora o chque xa estaba sentenciado.
Camelle - Laxe (2-2)

- Camelle: Rubén, Sicario (Tonsón, m.85), Santi, Valiña, Snacky, Varu, Gemelo, Tedín (David, m.75), Dimitri (Dido, m.70), Mario e Toja (Sergio, m.50) (Felisiano, m.60).
- Laxe: Noé, Estiven, Naya, Jacinto, Bras, Borja, Santi (Iván, m.85), Miguel, Felipe Rodríguez (Gora, m.60), Djamel (Zurich, m.70) e Felipe Oróns.
- Goles: 1-0, m.63: Felisiano; 2-0, m.70: Felisiano de penalti; 2-1, m.76: Zurich de córner directo; 2-2, m.84: Zurich de penalti.

Batalla na lama

Partidazo auténtico do fútbol da Costa de sempre, co campo enlamado e máis de 100 persoas no derbi da zona entre Camelle e Laxe. Un Camelle que prantará cara a todos. Saíu o Laxe a por todas dende o primeiro minuto e controlou máis o tempo do xogo na primeira metade, pero non houbo grandes ocasións ante a sólida defensa local. Era un partido de fútbol director e forte. Os locais tiraron algunha contra que salvou ben Noe.
Na segunda, co vento a favor o Camelle estirouse, igualando as forzas e meténdose por diante con dous tantos de Felisiano. Quedaban 20 minutos e os de Adrián Lema tiveron que volcarse ao ataque. Zurich recorta de córner directo e con só 5 para o final, outro penalti acada o empate. Xa co tempo cumplido tivo Felipe Oróns un par de ocasións mandando mesmo un balón á madeira.
O Laxe fixo debutar a Felipe Rodríguez, natura de Treos, formado nas categorías inferiores do Zas, e que levaba 4 anos sen xogar despois de deixar o Baio.
Nantón - Lira (2-1)

- Nantón: Chechu, Guau, Silva, Raúl, Diego, Carlos Vidal, Valetín (Budi, m.54), Redondo, Sergio (Patelele, m.78), Martín e Iván.
- Lira: Che, Santi, Choqueiro, Santi, Costa, Simón, Marcos, Salva, Tano, Eloy e Villar. Tamén: Jesús, Manu e Xandre.
- Goles: 1-0, m.15: Redondo de gol olímpico coa axuda do porteiro liracho; 1-1, m.65: Salva a un bo pase de Marco ao oco; 2-1: Raúl aproveita un despiste da defensa tras unha falta.
O Lira mereceu algo máis
Bo partido deste Lira que parece con outra cara a piques de rematar a segunda volta. Se ben o Nantón saíu máis dominador no primeiro tempo, carecía de ocasións ante un serio Lira. Iván avisaba para os locais e Redondo, coa axuda do porteiro, facía un gol de córner directo, unha xogada que leva buscando todo o curso. O Lira intentou empatar pero none staba acertado.
Quedou así a cousa ata o comezo da segunda metade, que se convertiu nun ida e volta con moito balón aéreo. Empataría o Lira no ecuador nunha boa contra, e tivo varias ocasións para pero o Nantón reaccionaría e marcaría pronto aproveitando un despiste da defensa local.
Aí volcouse o Lira, que gañou o medio campo e puido empatar, pero seguía sen sorte cara gol, permitindo que o Nantón abra unha fensa sobre o Seaia na pelexa pola Promoción.

Seaia - Corcubión (0-1)
- Seaia: Nacho, Parga, Jorge Parga, Carabel, Pablo (Michi, m.75), Cristian (Brandon, m.40) (Paco, m.70), Josiño (Feles, m.70), Víctor, Eiroa, Ramón e Dani Seaia.
- Corcubión: eto, Checho, Lema, Adri, Xabi, Alán, Mario Suárez, Toja, Goche, Roca e Tito. Tamén xogaron: Roi, Gorka, Abe, Balucho e Gabi.
- Goles: 0-1, m.77: Roi a pase de Lema.
- Lesión: o local Cristian.
- Expulsión: o visitante Goche, m.65.
O menos malo
Mal partido, en xeral, o disputado en Malpica. O Corcubión non foi superior ao Seaia, que chegaba con moitas baixas e que prantou cara ata o final e tivo mala sorte.
Apenas houbo xogo na primeira parte. Moi parado, moitas interrupcións e sen apenas ocasións de gol, máis que un remate de corner de Lema e unha falta de Toja para os líderes.
Na segunda metade parecía que iba ter máis ritmo o partido. Tivo o Seaia dúas ocasións moi claras, con dous mans a mans que parou ben Beto. Quedábase o Corcubión cun home menos por expulsión por doble cartón amarelo de Goche, e cando peor pintaba o choque para os corcubioneses, Lema regateou en velocidade a dous defensas do Seaia, gañaba línea de fondo e poñía o balón atrás para que Roi a empurrase. Pouco fútbol para ampliar a vantaxe cos perseguidores.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).