mércores. 30.04.2025
El tiempo

3ª Autonómica: Lombáns e o surrealismo

3ª Autonómica: Lombáns e o surrealismo
O Lira foi quen de igualar un 0-4 adverso, para desesperación dun Muxía que desapareceu do campo; cumpriu o Laxe na xornada de descanso do Corcubión Castrelo e Camelle igualaron no Municipal - Foto: SD Camelle Castrelo e Camelle igualaron no Municipal - Foto: SD Camelle   Monte Louro 3-2 Nantón
  • Campo: Agra de Filgueira
  • Monte Louro: Fernando, Abel (Canelo m.46), Pablo, Borja, David, Dani (Sergio m.80), Riki, Sexo, Adrián (Anxo m.46), Juan de Celia (Fran m.60) e Geiko
  • Nantón: Guille, Lareu, Silva, Budi (Sergio m.59), Diego, Carlos Vidal, Fabio, Redondo, Valentín, Martín e Iván
  • Árbitro: Mella Fernández (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.10 Carlos Vidal; 1-1 m.19 Adrián; 2-1 m.41 Sexo; 3-1 m.67 Geiko; 3-2 m.89 Carlos Vidal
O Louro pode co Nantón e o seu presidente Custoulle ao Monte Louro converter en goles o seu dominio no xogo sobre o Nantón. Os cabaneses sairon contestóns, e aos dez minutos o home para todo do clube, Carlos Vidal, aproveitaba a primeira chegada para mandar a sorpresa ao marcador. A superioridade local era máis de sensacións que efectiva, a pesares da igualada de Adrián nunha rápida acción. O zurdo pródigo Sexo, antes do descanso, voltearía o marcador cun toque suave. Non mudou o guión nun segundo acto que parecía pechar Geiko co terceiro, pero novamente Carlos Vidal, co tempo case cumprido, levou a incertidume á grada.   Lira 4-4 Muxía
  • Campo: Lombáns (Carnota)
  • Lira: Che, Santi, Salva, Choqueiro, Eloy, Xandre, Marco Piteiro, Simón, Tan e Costa. Tamén: Villar, Manu, Santi e Chiru
  • Muxía: Papi, Castreje, Conguito (Gusa m.46), Pesqui, Pataca, Adrián (Cristian m.76), Currás, Noe (Álex m.57), Pana, Julián e Alberto
  • Árbitro: Brun Pintor (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.2 Pataca; 0-2 m.11 Adrián; 0-3 m.18 Adrián; 0-4 m.30 Noe, de penalti; 1-4 m.47 Tano; 2-4 m.51 Tano; 3-4 m.62 Santi; 4-4 m.77 Tano
Entre o heroico e o descalabro Resulta compricado xulgar se a remontada do Lira, ou a case remontada, é máis mérito do primeiro ou patinazo do cadro da Barca. Todo foron boas sensacións para os de Manín nun primeiro tempo en forma de paliza incontestable, cun notable Adrián e un inoperante cadro local. Foi colosal a modorra na reanudación, que lle permitiu aos locais firmar o seu partido máis sobresainte da tempada, a pesares do sufrido nos primeiros corenta e cinco miniutos.   Castrelo 1-1 Camelle Unha vez máis, o Camelle non camiñou solo - Foto: SD Camelle Unha vez máis, o Camelle non camiñou solo - Foto: SD Camelle
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Castrelo: Josiño, Gustavo, Chuchi, Marcos, Edreira, Luis, Suso, Félix, Añón, Dany (Martín m.77) e Roi
  • Camelle: David, Tajes, Santi, Valiña, Sergio, Martín (Tedín m.72), Rubén Toja (Javier m.46), José Manuel, Mario, Álvaro e Jose
  • Árbitro: Fuentes Seoane (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.5 Esteban; 1-1 m.62 José Manuel
Táboas insuficientes Houbo máis colorido na grada do Municipal de Vimianzo que sobre o céspede para o enfrontamento entre Castrelo e Camelle. Os locais, que se adiantaron moi cedo de penalti cometido sobre Roi, non foron quen de manter a vantaxe ante un rival que apretou e que igualaría despois da reanudación. Unha victoria nos últimos tres partidos ten alonxado aos camariñáns do ascenso directo.   Laxe 3-0 Sporting Seaia
  • Campo: Cabo D'Area
  • Laxe: Jacobo, Naya, Jacinto, Aarón (Bras m.46), Steven (Djamel m.46), Santi, Borja, Felipe (Pichel m.65), Miguel (Iván m.71) e Zúrich
  • Sporting Seaia: Jorge, Sergio, Carabel (Josiño m.60), Vistas, Víctor, Ramón Parga (Feles m.66), Eiroa, Dani Seaia (Michi m.36), Jorge Parga e Cristian (Nacho m.15)
  • Árbitro: Arranz Gil (A Coruña). Expulsou a Jorge e Vistas, do Seaia e a Sergio e Javi do Seaia
  • Goles: 1-0 m.17 Zúrich, de penalti; 2-0 m.55 Felipe; 3-0 m.90 Djamel
Moi cedo a favor Aguantou dignamente o Seaia, a pesares de acabar con nove homes o encontro no campo do Laxe. Resultou determinante a expulsión de Jorge no cuarto de hora inicial, con penalti convertido por Zúrich. De feito, os visitantes protestaron moito a labor do colexiado. Os laxenses, que debían aproveitar o descanso do Corcubión, reaccionaron á volta do vestiario, cunha boa xogada entre Zúrich e Felipe, que finalizou o clásico ariete.  

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios