3ª Autonómica: O Corcubión estira a Liga
Ampliou a renda o Corcubión co seu perseguidor, un Laxe que non pasaba do empate en Arliña, demostrando que o equipo de Manín vai estar aí. Queda o Muxía con 14 puntos, a 7 do liderato pero a só 2 do Montelouro e do propio Laxe.
Máis atrás, parece que haber unha boa loita entre case todos (Camelle, Nantón e Castrelo tamén teñen argumentos), se ben Seaia e Lira aínda teñen marxe para poñerse a competir de verdade e mesmo aspirar a meterse na fase.
Camelle 1-3 Corcubión
- Campo: Rodeiro.
- Camelle: Jimmy, Sicario, Lado, Valiña, Snacky, Varu, Gemelo, Tedín, Velo, Mario e Felisiano. Tamén: Toja, Tonsón, Santi, David e Dimitri.
- Corcubion: Beto, Iván, Senra, Pablo, Balucho, Sebas, Alán, Gabi, Mario Suárez, Lema e Tito. Tamén xogaron: Toja, Roy, Miguel, Goche e Xabi.
- Goles: 1-0, m.46: Felisiano aproveita o rexeite de Beto a un bo tiro; 1-1, m.50: Roy; 1-2, m.60: Roy; 1-3, m.75: Goche.
Difícil parar ao Corcubión
Moito balón longo no Rodeiro nun partido tranquilo, sen demasiados apuros para o colexiado, no que o cadro camellán puxo en apretos ao líder. Comezou ben o Corcubión, probando dende o córner con dous bos remates de Iago Lema. O propio Lema fallaba un penalti (boa parada de Jimmy) cometido sobre Sebas e moi protestado polos locais, deixando o empate sen goles ao descanso, tras un primeiro tempo cun Corcubión levando o peso pero sen profundidade, e un Camelle que saía ben ás contras. Protestaron os locais un gol anulado por fóra de xogo.
Saíron fortes os locais na segunda e nada máis saír Felisiano abre o marcador En la segunda empezamos atontados los 5 primeros minutos y ellos salieron muy fuerte a por todas. Pero entraron de contado Toja e Roy, que cambiaron o partido. O mesmo Toja, que foi o mellor do partido, metía dous balóns ás costas da defensa que Roy non fallaba dando a volta ao marcador en apenas 10 minutos, unha por baixo e outra de vaselina. Toja e Lema puideron ampliar, pero o Camelle veuse arriba, e cando parecía que o empate podería chegar Goche remata de cabeza dentro da área pequena sentenza o partido.
Montelouro 4-0 Lira
Montelouro e Lira saltan ao céspede do Agra da Filgueira-Foto-Xosé Sendón- Campo: Agra da Filgueira.
- Montelouro: Yago (Fernando, m.50), Abel (Sergio, m.60), César, David, Pablo, Bolo, Gabriel, Xexo, Dani Sahorta (Adrián, m.70), Juan de Celia e Geiko(Cristian, m.80).
- Lira: Parrulo, Choqueiro, Santi, Eloy, Jesús, Pata, Suso Perico, Asien, Villar, Manu, Salva. Tamén: Zeus, Minos e Chiru.
- Goles: 1-0, m.20: Geiko; 2-0, m.30: Xexo; 3-0, m.75: Geiko; 4-0, m.90: David.
- Lesión: Katalán lesionado no quecemento despois de darse un golpe contra o poste e tivo que se atendido dunha brecha na cabeza.
O Lira volve cas súas
Parecía a semana pasada que o Lira comezaba a competir de verdade co punto colleitado ante o Nantón. Pero volveu desaparecer no campo do veciño Montelouro. Os de Marcelo fixeron un bo partido ante un rival moi baixo, e os goles de Geiko, Xexo e David demostraron a superioridade local.
Montelouro-Lira-Foto-Xosé SendónNantón 3-3 Castrelo
- Campo: Fontiñas.
- Nantón: Fariña, Lareu, Pablo, Raúl, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Iván, Enmanuel, Martín e Silva. Tamén: Bardanca, Sergio, Valetín, Moreira e Óscar.
- Castrelo: Josiño, Chuchi, Víctor, Gus (Edreira), Luís, Estebo, Maikol, Elvis, Félix (Martín), Suso (Añón) e Roi (David Caamaño).
- Goles: 0-1, m.5: Félix; 0-2, m.20: Roi; 0-3, m.50: Maikol; 1-3, m.82: Carlos Vidal de penalti; 2-3, m.86: Enmanuel; 3-3, m.90: Enmanuel.
Escapóuselle a vitoria aos vimianceses
Non sabe o míster dos cabaneses como puideron empatar un partido que tiñan perdido, despois de estar "fatal en todas as facetas, ranto arriba, e sobretodo atrás". Pero parece que o Castrelo segue sen sorte, e a pesar de ir 0-3 a falta de 8 minutos, deixouse dous puntos nas Fontiñas.
Dominou o partido o equipo vimiancés, meténdose moi pronto por diante, e soubendo remar e gardala roupa. Non pasou apuros en toda a primeira metade e nada máis comezar a segunda parecía que sentenciaba co terceiro tanto.
Pero un penalti a falta de 8 minutos cambiou o rumbo do partido. Estaba morto o Nantón pero o gol de Carlos Vidal envalentonou aos cabaneses que se viñeron arriba e conseguir empatar co tempo cumplido con dous tantos á desesperada de Enmanuel.
Muxía 1-1 Laxe
- Campo: Arliña.
- Muxía: Papi, Castreje, Peski (Conguito, m.40), Pataca, Martín, Samu, Álex (Santi, m.46), Peski, Noé, Pana (Barri, m.75), e Adrián Negro.
- Laxe: Noé, Dlamel (Bras, m.46), Estiven (Adrián, m.70), Jorge Pichel, Jacinto, Borja, Gora, Rafa (Zurich, m.46), Santi (Iván, m.80) e Omar.
- Goles: 0-1, m.2: Omar de fermosa chilena na primeira xogado do partido; 1-1, m.18: Peski.
- Expulsión: Jorge Pichel no m.80.
Puido gañar calquera
Demostrou este Muxía de Manín que pode competir con calquera. Viña oi Laxe moi forte nos últimos partidos, pero o cadro muxián prantoulle cara e puido levar o partido. O choque comezou cun gran ritmo, e se Omar facía un golazo de chilena na primeira xogada do partido, pronto empata o equipo local.
A segunda metade foi un "toma e daca", con ocasións para os dous conxuntos pero o gol non chegou e ambos se repartiron os puntos.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.8: 4 equipos perseguen ao Corcubión<.
- X.7: Recortándolle a vantaxe ao líder.
- X.6: O Laxe confirma a súa candidatura aplicando a primeira derrota ao Corcubión.
- X.5: Pésima imaxe.
- X.4: Vai por ti.
- X.3: Unha xornada de baixa.
- X.2: O Corcubión queda en solitario.
- X.1: Balóns novos para a curta Terceira.
Crónicas da semana
- Un Ponteceso de Pinguel.
- 1ª Autonómica: E o Outes tomou o Carral.
- Preferente: Pechando a táboa.
- Resultados do #FútboldaCosta: Unhas sorpresas de Primeira.
Novas relacionadas
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).