3ª Autonómica: O Corcubión queda en solitario
Queda o Corcubión como o único equipo que sumou partidos por vitorias. 6 puntos ten o equipo de Emilio Corzon polos 4 do Laxe, que sorprendía en Louro e se perfila como unha das revelacións da temporada.
Lira - Castrelo (2-4)
- Campo: Lombáns.
- Lira: Aitor, Eloy Muros, Jesús, Saúl, Catalán, Choqueiro, Eloy Cee, Manu, Pata, Suso Perico e Costa. Tamén: Miki e Salva.
- Castrelo: Josiño, Raúl, Luís, Marcos, Víctor, Maikol, Martín (Edreira), Suso, Roi e Dani (Elvis).
- Goles: 0-1, m.20: Dani dende fóra; 0-2, m.40: Stiven de cabeza; 1-2, m.50: Eloy de Cee; 1-3, m.60: Stiven; 2-3, m.63: Pata; 2-4, m.85: Stiven.
Triplete de Stiven
Partido igualado en Lombáns que significaba o debut do Lira este curso, que non foi malo a pesar da derrota, tendo en conta que o segundo foi un regalo. Antes do descanso o Castrelo facía o segundo dando conta da súa lixeira superioridade.
Saíu enchufado o Lira na segunda e o Lira recurta e case pon o empate. Pero reaccionou o cadro vimiancés e Stiven os volve ampliar a renda. Eran minutos de toma e daca e nunha falta Jesús recurta de novo de falta directa. Aí o Lira tivo o empate moi preto, estirándose con moito perigo pero unha contra, xa a 5 do remate, Stiven completa o seu triplete sentenza o choque.
Muxía - Seaia (3-1)
- Campo: Arliña.
- Muxía: José, Antonio (Ruso), Peski (Alex), Castreje, MacAreno, Martín, Julián, Alex, Cris, Alberto e Conguito (José).
- Seaia: Jorge, Vistas, Pepis, Víctor, Jorge Parga, Guille (Kevin, m.60), Parga, Feles (Paco, m.65), Nacho (Roke, m.65), Pablo (Carabel, m.65) e Eiroa (Michi, m.60).
- Goles: 1-0, m.20: Castreje tras un rebote; 2-0, m.43: Alberto; 2-1, m.65: Pablo; 3-1, m.81: Manuel.
O Seaia segue en formación
Levou o Muxía o partido ante o renovadísimo Seaia, que non se adaptou ao campo duro de Arliña, e saíu durmido. 2 goles na primeira metade foron demasiada lousa para remontar na segunda metade, cando o cadro malpicán reaccionou e recurtou distancias. Pero contra o final o Muxía de Manín sentenciaba o partido cun gol de Manuel, mentres Alberto Abeleira aínda ten que atopa a tecla.
Nantón - Corcubión (1-4)
- Campo: As Fontiñas.
- Nantón: Chechu, Maikel (Lareu, m.55), Guau (Petelele, m.47), Raúl, Diego, Carlos Vidal (Valentín, m.46), Fabio (Budy, m.69), David, Enmanuel, Redondo, Silvariño.
- Corcubión: Beto (Jesús, m.75) Adri (Xabi, m.72) Pablo, Gabi, Balucho, Sebas (Roi, m.51), Edu, Alan, Toja (Mario Suárez, min.57), Tito (Iván, m.64) e Lema.
- Goles: 1-0, m.31: Lema; 0-2, m.51: Lema; 0-3, m.60: en propia; 1-3, m.70: Valetín; 1-4, m.84: Lema.
Un sólido líder cun gran pichichi
Queda líder en solitario o Corcubión tras vencer con rotundidade ao Nantón, nun choque que dominou ante un Nantón que parecía máis sólido do que acabou sendo. Un erro en defensa dos de Carlos Margarida permitou ao cadro de Emilio Corzón adiantarse, e se ben puido empatar Silvariño o partido marchaba á caseta co 0-1.
Na segunda, o tempraneiro gol, o segundo de Iago Lema, que vai con gañas de volver repetir o pichichi, deixaba o partido encarrilado, máis cando pouco despois o Nantón marcábase en propia meta. O partido estaba pranticamente sentenciado pero o Nantón quería marcar, alomenos, a honra, e Valentín aproveitaba unha boa xogada de Redondo para recurtar, antes de que Lema completase o triplete.
Montelouro - Laxe (1-2)
- Campo: Agra da Filgueira.
- Montelouro: Fernando, César, Pedro, Iván (Juan, m.60), David (Gabriel, m.70), Xexo, Dani Deza (Abel, m.75), Riky e Geiko.
- Laxe: Noe, Naya, Jacinto, Bras, Stiven, Pichel (Gora, m.70), Borja, Djamel, Rafa (Felipe Oróns, m.45), Omar (Zurich, m.45 ) e Santi.
- Goles: 1-0, m.20: Dani Deza dende o medio campo pola escuadra; 1-1, m.48: Zurich; 1-2, m.75: Zurich.
O Laxe frea ao Montelouro
Chegou o Laxe a Agra da Filgueira para frear a boa marcha do equipo loureán. Fixo o mal partido o cadro de Marcelo, a pesar de comezar gañando cun golazo de Dani Deza que volveu a comandar a dianteira local. Pero deixouse sorprender por un Laxe de Adrián Lema que fixo unha segunda metade estupenda, e no que a saída de Zurich antollouse fundamentall pois fixo os dous tantos que lle serven para situarse moi arriba, con 4 puntos.
Crónicas da 3ª Autonómica
Conversas co Mito
- Presentación: A importancia de ser Manolín. Conversas co mito.
- Conversas I: “A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”.
- Conversas II: “Vexo cousas no Real Madrid ou no Barcelona que xa as inventara eu”.
- Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: Ouro en Ara Solis.
- 1ª Autonómica: Unha dupla que vale un liderato.
- Preferente: Esperanza ou desconfianza.
- Tarde de pecado na Porta Santa.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- En marcha un novo curso de Monitor de Fútbol Base en Santa Comba.
- Óscar Leis analiza o estado de saúde da canteira do Dumbría CF.
- Guillermo Parga a Cambeiro: Só lle falta o Dépor.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).