Luns. 09.09.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Corcubión terá que esperar rival

3ª Autonómica: O Corcubión terá que esperar rival
11 Corcubion na ida en Camelle-Foto-SD O 11 do Corcubión na ida en Camelle-Foto-SD Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB

Marcou a xornada o tráxico suceso acontecido en Arliña. A morte de Abdulaye provocaba a suspensión do partido da Fase entre Muxía e Nantón, deixando ao Corcubión á espera de rival para a final desta Fase de Ascenso á Liga da Costa.

Volcouse o Fútbol da Costa ao completo, con minutos de silencio en todos os campos (foi especialmenteemotivo o de Ara Solis con 2000 afeccionados e o presidente muxián sobre o céspede), e mesmo o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, se achegou a Muxía para darlle todo o seu apoio ao club e á familia muxiá.

O partido entre Muxía e Nantón disputarase esta vindeira fin de semana, e acollerá unha sentida homenaxe ao rapaz e aos seus familiares.

Campaña de axuda

Agora toca campaña de axuda para que a familia poida levar o corpo de Abdulaye ata Senegal. Dende o club veñen de abrir unha conta en Abanca para que todo o que queira faga a súa humilde achega:

  • Donancións á familia de Abdoulaye Fall Seck, no Nº de conta: ES16 2080 0078 4630 4000 7676.
 

Corcubión - Camelle (3-1)

  • Corcubión: Beto, Alán, Senra, Pabliño, Adri, Gabi, Sebas, Mario Suárez, Toja, Lema e Tito. Tamén Abe, Samu, Rama, Gorka e Germán.
  • Camelle: Álvaro, Sicario, Richard, Valiña, Snaki, Dido, Gemelo, Tedín, Jaty, Varu e Felisiano. Tamén: Santi, Tonsón, Dimitri e Sergio.
  • Goles: 1-0, m.1: Mario a centro de Tito; 2-0, m.25: en propia meta; 2-1, m.44: Felisiano de penalti; 3-1, m.65: Iago Lema.
  • Expulsións: os camelláns Varu (m.78) e Gemelo (m.80).

Esperando rival

Bo ambiente no Cubaleiro para esta volta das semifinais da Promoción. O 0-0 da ida deixaba un partido aberto, que se decantaba moi cedo, cun tanto na primeira xogada do partido do Corcubión, e outro en propia meta dos camelláns que deixaban o partido de cara para os de Emilio Corzón.

Metíase na eliminatoria o Camelle cun tanto de penalti ao fío do descanso (que ademais producía a lesión do meta local Beto), co que un gol lle daba a clasificación.

Comezaba a segunda metade sen demasiadas ocasións, faltaba ritmo, ata que Lema daba a tranqulidade ao partido e Rama puido ampliar a vantaxe ante un Camelle que quería pero non podía. Dúas expulsións amosaron a impotencia dos camelláns, e mesmo un afeccionado saltou ao campo e ameazou ao colexiado. Parou o choque o colexiado e tivo que chegar a Garda Civil, e gracias ao bo comportamento do plantel do Camelle a cousa non foi a máis e o partido rematou sen problemas.

 

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios