sábado. 15.03.2025
El tiempo

3ª Autonómica: O Laxe confirma a súa candidatura aplicando a primeira derrota ao Corcubión

3ª Autonómica: O Laxe confirma a súa candidatura aplicando a primeira derrota ao Corcubión
O SD Laxe confirma a súa candidatura O SD Laxe parece que comeza unha boa campaña Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB

Reafírmase este Laxe como unha das revelacións da temporada na 3ª e confirma a súa candidatura ao ascenso directo. Puido ao Corcubión, que sumaba 5 vitorias en 5 partidos nun choque que non parecía da última categoría federada. Manteñen os de Adrián Lema na 2ª praza, por diante dun Montelouro que parece que vai atopando o camiño, e un Camelle que aproveitou a debilidade do Lira. Ademais, o Castrelo puido Seaia nun duelo marcado polos erros.

 

Laxe - Corcubión (1-0)

  • Laxe: Noé, Naya, Jacinto, Aarón, Stiven, Borja, Miguel Varela (Djamel, m.75), Santi, Rafa (Iván, m.80), Jorge Pichel (Gora, m.75) e Zurich (Omar, m.25).
  • Corcubión: Miguel, Iván, Senra, Pablo, Adri, Sebas, Alán, Mario Suárez, Toja, Lema e Roi. Tamén xogaron: Tito, Roca, Balucho, Xabi e Checho.
  • Gol: 1-0, m.90: Omar.
  • Lesións: os laxenses Zurich e Djamel, cun corte e 11 grapas na cabeza.

O Laxe frea ao Corcubión

Bo partido ante unhas 75 persoas no Areal, cun ritmo trepidante nos primeiros compases, dando conta do bo facer de ambos conxuntos. Chegaban ocasións polas dúas bandas, e se Pichel e Zurich (tivo que sacala Pablo baixo paus) puideron abrir o marcador, tamén Mario dispuxo dunha ocasión clarísima que salvou Noé.

Baixou o ritmo na segunda, e o xogo endureceuse. O Laxe, máis veterano, soubo ler mellor o partido, e cando parecía que o choque remataría empate sen goles, o cadro local subíu unha marcha e nos últimos 10 minutos marcaba o gol do partido.

 

Lira - Camelle (0-4)

  • Lira: Zeus, Jesús, Choqueiro, Eloy Muros, Piti, Costa, Salva, Manu, Simón, Eloy Cee e Pata. Tamén: Germán, Miky, Suso Perico e Villar.
  • Camelle: Jimmy, Lado, Valiña, Snacki, Richard, Juansiño, Toja, Carlos de Dido, Mario, Felisiano e Gemelo. Tamén: Peseta, Dimitri, Josiño, Jati e Tonsón.
  • Goles: 0-1, m.50: Felisiano; 0-2, m.65: Valiña; 0-3, m.77: Tonsón; 0-4, m.88: Jati.

Sen porteiro non hai paraíso

Segue o Lira buscando un porteiro e nótase. O cadro liracho aguantou ben a primeira metade ante un serio Camelle, pero na segunda metade, xa comezaba marcando pronto o Camelle e despois impoñendo o seu ritmo, combinando ben e dominando o partido.

 

Castrelo - Seaia (2-1)

  • Castrelo: Josiño (David Caamaño), Raúl, Luís, Marcos, Víctor (Dani), Maikol, Martín (Edreira), Añón (Suso), Félix, Estiven e Roi.
  • Seaia: Jorge, Ramón, Vistas, Carabel, Parga, Víctor, Guille, Cristian, Sergio, Nacho e Miguel.
  • Goles: 0-1, m.15: Vistas tras saque de esquina; 1-1, m.30: Estiven; 1-2, m.38: Roi.

Os erros marcan a vitoria

Partido igualado, de ida e volta e condicionado polo tempraneiro gol do Seaia tras un despiste da defensa dos locais. Pouco a pouco o Castrelo foise metendo no partido e á media hora, outro par de erros defensivos pero na área visitante, permitía empatar e darlle a volta ao partido ao equipo vimiancés.

Na segunda metade o Seaia veuse algo arriba pero o Castrelo soubo aguantar.

 

Montelouro - Muxía (5-1)

  • Montelouro: Yago, César (Iván, m.50), Bolo, Abel, David, Gabriel (Edu, m.60), Xexo, Geiko (Adrián, m.75), Juan de Celia, Gelo e Dani Deza (Pesi, m.85).
  • Muxía: José, Maca, Currás (Papi, m.69), Castreje, Peski, Martín, Álex (Pataca, m.55), Pana, Julián, Adrián (Man, m.80) e Conguito (Gusa, m.80).
  • Goles: 1-0, m.10: Abel; 2-0, m.25: Juan de Celia; 2-1, m.40: Conguito; 3-1, m.50: Juan de Celia; 4-1, m.85: Gelo de penalti; 5-1, m.90: Xexo.

O Montelouro, no bo Camiño

Un gran Juan de Celia guiou ao Montelouro polo bo camiño de cara a unha contundente vitoria ante un Muxía que acusou a mala tarde do seu porteiro.

Fixo o cadro de Marcelo unha boa primeira metade, superando aos de Manín, pero ao final, os 5 tantos, foron demasiado castigo.

 

Crónicas da 3ª Autonómica

Crónicas da semana

Máis información

Fonte

Comentarios