Martes. 15.10.2024
El tiempo

3ª Autonómica : O Laxe, único equipo invicto do Fútbol da Costa

3ª Autonómica : O Laxe, único equipo invicto do Fútbol da Costa
Gora, do invicto Laxe, no partido da semana pasada en Nantón-Foto-JP Gora, do invicto Laxe, no partido da semana pasada en Nantón-Foto-JP Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB

Caía o Paiosaco esta fin de semana polo que só queda o Laxe invito nas ligas de Modestos de toda a zona. Quedan aínda unha ducia de equipos sen coñecer a derrota en todas as Ligas de Galicia, pero nas 4 principais do Fútbol da Costa, só o Laxe sen perder partido. Os de Adrián Lema vencer ao Montelouro e segue a 5 puntos do poderoso líder, un Corcubión que si perdeu un partido, precisamente en Laxe, pero que colleu o bastón de mando na primeira xornada e suma 9 vitorias en 10 partidos.

 

Corcubión 4-2 Nantón

  • Corcubión: Beto, Iván, Pablo, Gabi, Adri, Alán, Sebas, Mario Suárez, Goche, Roca e Toja. Tamén xogaron: Abe, Lema, Roi, Tito e Germán.
  • Nantón: Guille, Lareu, Silva, Raúl, Diego, Patelele, Sergio, Redondo, Enmanuel, Martín e Iván.
  • Goles: 0-1, m.5: Enmanuel; 1-1, m.30: Toja de fermosa falta; 2-1, m.55: Roi tras un pase de tacón de Toja; 3-1, m.60: Toja de cabeza; 3-2, m.73: Sergio finaliza unha boa contra; 4-2, m.75: Tito.
  • Expulsións: Silvariño (m.20) e Pablo (m.35).

Un castigado Nantón non pode co líder

Visitaba o Cubaleiro unu Nantón con só 11 xogadores e aínda así saían con todo. Ben armados atrás e buscando rápidas contras, como a que aos 5 minutos Enmanuel fai unha gran galopada e bate a Beto á segunda.

Cando menos, o go meteu no partido aos locais e empezaron a dominar o xogo, tocar e tocar. O Nantón aguantaba e saía rápido, defendendo ben. Un tiro de Sebas dalle na man a un xogador visitante e o árbitro pita penalti. O porteiro adiviña a intención de Alán e consigue paralo, mandando o balón o corner. Pero na seguinte xogada, por mor das protestas, Silvariño era expulsado cando quedaba moito partido.

Tiña que aguantar o Nantón. Gabi mandou alto un bo centro de Mario Suárez, pero nada puido facer a defensa cabanesa ante unha fermosa falta de Toja que se colaba pola escuadra para facer o empate.

Pouco despois Pablo tiña que derribar a Pablo como último home e era expulsado, igualando así as forzas.

Subiu liñas o Corcubión e sacou xente fresca, e precisamente esa profunidade de banquiño foi clave ante un curto Nantón de Carlos Margarida. Pouco tardou Toja en deixar novas mostras da súa calidade cun taconazo que deixaba só a Roi para facer o segundo, e cun remate de cabeza que facía o terceiro.

Tivo arrestos para recurtar o Nantón nunha contra, pero na seguinte xogada Tito facía o cuarto aproveitando que o cadro cabanés adiantara a liña defensiva.

Unha boa nova para o cadro corcubionés, é que volveu Abelleira a defender a portería, despois dun par de anos fora por un problema de saúde.

E ollo ao pichichi, que Lemaxogou polas rotacións do míster Emilio Corzón, e Enmanuel achégase na táboa dos pichichis. O cabanés leva 9 tantos (os mesmos que o vimiancés Estiven, que fixo triplete) polos 10 de Iago Lema.

 

Laxe 2- 0 Montelouro

  • Laxe: Noé, Pichel, Naya, Estiven, Bras, Gora, Rafa (Iván, m.85), Miguel (Santi, m.42), Felipe, Samu (Jacinto, m.74) e Zurich (Omar, m.50).
  • Montelouro: Fernando, Abel, David, Pablo (Iván, m.60), Bolo, César, Edu, Dani Sahorta, Adrián, Xexo e Geiko.
  • Goles: 1-0, m.70: Samu; 2-0, m.87: Jacinto de penalti.

0 partidos sen coñecer a derrota

E iso que viña o 3ª clasificado ao Campo d'Area de Laxe, un Montelouro que chegaba empatado a puntos, e que malia facer un bo encontro non tivo sorte cara gol. Tivo Geiko dúas boas ocasións para romper a igualada inicial ás que respondeu ben Noé, e Xexo tamén deixou constancia da súa calidade, pero non acertaron e o partido afrontaba a recta final con empate sen goles.

A primeira metade foi un partido sen demasiada intensidade, cun Montelouro máis mandón. Tardou en espertar o Laxe ata xa pasada a hora de xogo, e gracias a Noé mantiñamn a porta a cero. Chegaron aí varias ocasións, nos pés de Felipe, e os tantos de Samu e de Jacinto de penalti xa case co tempo cumplido.

 

Seaia 2-1 Muxía

  • Seaia: Jorge (Nacho, m.46), Jorge Parga, Víctor, Caravel, Vistas, Michi (Eiroa, m.70), Parga, Sergio (Paco, m.80), Josiño (Pepis, m.70), Dani Seaia (Cristian, m.38) e Guille.
  • Muxía: Papi, Martín, Curras, Castreje, Peski, Adrián (Ruso, m.80), Noé, Pana, Julián (Man, m.85), Álex e Pataca.
  • Goles: 1-0, m.30: Sergio a pase de Dani Seaia; 1-1, m.40: Adrián coa axuda dun defensa; 2-1, m.60: en propia meta.

Segunda vitoria malpicá

Partido bronco o vivido en Malpica con certa polémica, pois o Muxía pediu ata dous penaltis non sinalados polo colexiado. O Seaia estivo máis dominador no primeiro tempo, e un Muxía que estivo a piques de empatar na segunda.

Foi Dani Seaia o protagonista da primeira metade. O trotamundos voltaba ao equipo da casa e despois de darlle o pase do primeiro gol a Sergio, esnaquizaba o nocello e tiña que saír do campo.

Perdeu o Seaia ao seu estilete e o Muxía veuse arriba. Pero en fronte estaba Nacho que fixo un gran partido na meta local na segunda metade, facendo paradas incribles e permitindo que o gol en propia faltando media hora valese para que os puntos quedasen en casa.

 

Castrelo 3-3 Lira

  • Castrelo: Josiño, Raúl, Chuchi, Luís, Gustavo, Edreira, Estiben, Félix, Suso, Añón (Dani) e Elvis (Martín).
  • Lira: Katalán, Santi, Choqueiro, Eloy, Jesús, Simón, Santi Porrero, Esien, Salva, Rubén e Manu. Tamén: Zeus, Chiru e Minos.
  • Goles: 0-1, m.38: Jesús; 1-1, m.44: Estiven; 2-1, m.54: Estiven; 2-2, m.65: Zeus; 3-2, m.82: Estiven; 3-3, m.88: Esien.
Triplete de Estiven

Partido de tolos en Vimianzo con alternativas no xogo e no marcador. Comezaba o Castrelo algo máis metido, pero sen acerto cara gol, como vén sendo habitual. E foi Jesús o que adiantaba aos lirachos nunha contra. Pero antes de ir ao descanso o partido comezaba a ter a sinatura de Estiven, que xa asoma a cabeza pola parte alta da táboa dos pichichis.

Saíu ben o Castrelo na segunda, pero a cada golpe de Estiven, reaccionaba o Lira para empatar. Non matou o partido o cadro local, e no último suspiro, a última fichaxe liracha, Esien, facía o gol do empate, tras completar un gra partido, do mellor do choque xunto a Santi Porrero, tamén unha das últimas fichaxes dos carnotáns, procedente dos Miúdos.

 

Crónicas da 3ª Autonómica

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios