3ª Autonómica: Recortándolle a vantaxe ao líder
Aproveitaron os Laxe, Montelouro, Camelle e Muxía para recurtar distancias co líder, un Corcubión ao que lle tocaba descansar.
Por abaixo, parece que Seaia e Lira xa comezan a competir de verdade.
Camelle - Castrelo (4-3)
Imaxe do Camelle-Castrelo- Camelle: Jimmy, Lado, Snacky, Valiña, Gemelo, Álvaro, Juansiño, Tedín, Jati, Mario e Felisiano. Tamén: Cristian, Dimitri, David, Suárez.
- Castrelo: Josiño, Gustavo, Luís, Marcos, Víctor, Martín, Maikol, Añón, Félix, Edreira e Roi. Tamén: David, Esteban, Elvis, Quintáns e Suso.
- Goles: 0-1, m.7: Roi; 1-1, m.16: Jaty; 2-1, m.20: Tedín; 3-1, m.35: Felisiano; 4-1, m.36: Jaty; 4-2, m.58: Roi; 4-3, m.67: Edreira.
- Expulsións: os visitantes Stiven e o segundo adestrador David e delegado Martín.
Goles e emoción
Partido vibrante no Rodeiro con dous equipos que nunca se deron por vencidos e pelexaron ata o final. Foi un cbhoque emocionante ata o último minuto. Dominou na primeria metade o Camelle despois do gol inicial dos visitantes e o marcador sinalaba un claro 4-1 ao descanso. Pero reaccionou o Castrelo na segunda, empezaron moi enchufados e recurtaron ata colocarse 4-3 aproveitando a relaxación dos locais, pero a pesar de achuchar ante o final, non chegou o empate. As malas novas, as expulsións dos vimianceses por protestar.
Nantón - Montelouro (1-2)
- Nantón: Guille, Lareu (Iván, m.60), Guau, Raúl, Diego, Budo (Vidal, m.46), Fabio, Redondo, Enmanuel, Martín e Silva (Sergio, m.70).
- Montelouro: Yago, Abel, César, Pablo, Bolo, Adrián (Edu, m.50), David, Geiko (Pesi, m.80), Juan de Celia, Gelo (Gabriel, m.70) e Riky.
- Goles: 0-1, m.6: Geiko marca un golazo ás costas da defensa; 0-2, m.70: Bolo marca nun rexeite; 1-2, m.75: Carlos Vidal.
Gran tarde nas Fontiñas
Foi bonito o partido celebrando no Nantón, entre un cadro local sen puntería e un Montelouro moi serio e acertado. Adiantouse pronto o cadro de Marcelo, que dominou un primeiro tempo cheo de imprecións por ambos lados.
Na segunda cambiou a cor do partido e o Nantón pasou a dominar, pero non acertaba na meta de Yago. Foi Bolo, o mellor do partido, o que marcaría o segundo, pero pouco despois metíase de novo o cadro cabanés no partido co tanto de Carlos Vidal. Volcouse o cadro local pero á contra o equipo loureán tivo a sentenza, pero o marcador non se movería.
Muxía - Lira (2-1)
- Muxía: Papi, Martín, MacAreno, Castreje, Peski (Jose, m.80), Currás (Mario, m.85), Julián, Álex (Ruso, m.70), Benlloch, Pana e Adrián.
- Lira: Katalam, Roberto, Miky, Eloy Muros, Jesús, Zeus, Manu, Salva, Santi, Costa, Eloy Cee e Pata.
- Goles: 1-0, m.60: Julián; 1-1, m.65: Eloy Muros de penalti; 2-1, m.75: Pataca nun córner.
Partido igualadísimo
Partido tan igualado como aburrido en Arliña entre un Muxía que segue collendo o ton e un Lira que vai mellorando, paseniño, conforme pasan as xornadas.
Acabaría un soso primeiro tempo co marcador a cero, pero na segunda chegaron os goles. Adiantouse o Muxía, respondeu o Lira e finalmente, nun córner, Pataca facía o gol da vitoria dos locais.
Seaia - Laxe (1-2)
- Seaia: Nacho, Carabel, Vistas, Ramón (Kevin, m.60), Víctor, Sergio, Cristian (Roke, m.70), Michi (Feles, m.70), Parga, Josiño e Pablo.
- Laxe: Jacobo, Naya, Jacinto, Aarón, Estivenm Borja, Gora (Pichel, m.45), Djamel, Rafa (Felipe, m.45), Santi e Omar (Iván, m.80).
- Goles: 0-1, m.15: en propia; 0-2, m.60: Omar; 1-2, m.70: Parga de penalti.
- Expulsións: os laxenses Aarón e Jacinto e o 2º adestrador Bruno.
O Seaia xa pranta cara
Intenso partido, moi igualado, cun Seaia, que a pesar das 8 baixas comezou moi ben prantado atrás, e xogando de ti a ti á posible revelación da temporada na categoría. Estaba entrando ben por banda o cadro local, pero era o Laxe o que se metía por diante cun tanto en propia meta dun defensa local.
Pouco despois o colexiado sinala os 11 metros, pero Pablo manda o penalti á cepa do pau, o que puido ter sido o empaye.
Remataba a aburrida primeira metade e na segunda o partido púxose máis agresivo. Ampliaba a renda o Laxe cando mellor estaba o Seaia, pero pouco despois si marcaba Parga a segunda pena máxima. Intentouno o Seaia, e máis despois de que o Laxe quedase con 9 homes, pero a pesar das ocasións non conseguía o empate.
Así e todo quédalle un bo sabor de boca aos malpicáns, que xa comezan a competir de verdade.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.6: O Laxe confirma a súa candidatura aplicando a primeira derrota ao Corcubión.
- X.5: Pésima imaxe.
- X.4: Vai por ti.
- X.3: Unha xornada de baixa.
- X.2: O Corcubión queda en solitario.
- X.1: Balóns novos para a curta Terceira.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: Ponteceso e Zas marcan o ritmo. 1ª Autonómica: Que bonitos son os derbis costeiros.
- Preferente: O Xallas releva ao Dumbría na UCI.
- Resultados dunha xornada completa de Difuntos.
Novas relacionadas
- Sporting Zas: Crise dos 40? No, festa dos 40.
- /medio-seculo-de-futbol-soneiran-comprimidos-nunha-emotiva-gala/>Medio século de fútbol soneirán comprimidos nunha emotiva Gala.
- O Sofán arma unha cea solidaria polos refuxiados sirios.
- Baio e Carballo acollen os novos Cursos de Adestrador dos Niveis 1 e 2.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).