Mércores. 09.10.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Un Poroto corcubionés

3ª Autonómica: Un Poroto corcubionés
Beto fixo de Porto Lux-Foto-Jorge Parri Beto fixo de Porto Lux no Muxía-Corcubión-Foto-Jorge Parri Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB

Un Beto en plan Lux salvou a vitoria do Corcubión en Arliña, que lle permite ao cadro de Emilio Corzón manter o liderado da categoría, con 5 puntos de vantaxe sobre o Laxe e o Montelouro. Parecen os de Adrián Lema e Marcelo os equipos que pelexarán tamén polo ascenso directo, mentres o Camelle e Muxía parecen estar un paso por diante de Nantón, Castrelo, Seaia e Lira.

 

Camelle 1-0 Seaia

Tedin no Camelle-Seaia-Foto-SD Tedín no Camelle-Seaia-Foto-SD
  • Camelle: Jimmy, Sicario, Lado (Santi, m.64), Valiña, Snacky, Gemelo, Tedín, Felisiano, Velo, Varu (Rubén, m.76) e Dimitri (Juansiño, m.55).
  • Seaia: Nacho, Jorge, Carabel, Víctor, Ramón, Vistas, Michi (Eiroa, m.70), Parga, Josiño (Sergio, m.60), Pepis e Cristian (Fran, m.65).
  • Gol: 1-0, m.3: Felisiano.
  • Lesión: o porteiro Jimmy.

O Seaia compite

Un tempraneiro gol de Felisiano decidiu o partido para o Camelle nun campo do Rodeiro en mal estado. Así e todo os dous equipos fixeron un bo partido, con ocasións para ambos. O Camelle soubo manter o partido no seu lugar, cedeu o balón ao Seaia e gardou ben a súa área. Acabou sufrindo nos últimos instantes pero os puntos quedaron en Camelle.

O Seaia non sacou nada do Rodeiro-Foto-SD O Seaia non sacou nada do Rodeiro-Foto-SD  

Muxía 1-2 Corcubión

  • Muxía: Papi, Santi, Martín, Samuel, Sergio, Julián (Álex, m.65), Pana, Noé, Adrián, Conguito e Peski.
  • Corcubión: Beto, Adri, Pablo (Isma. m.51), Senra (Mario Suárez, m.13), Xabi, Alán, Gabi Golpes (Goche, m.63), Sebas, Toja, Roi (Roca, m.51) e Lema.
  • Goles: 0-1, m.44: Roy de vaselina; 1-1, m.60: Peski; 1-2, m.70: Lema.
  • Lesión: o corcubionés Senra lesionouse un nocello.

Beto salvador

Un penalti a pouco do final parado por Beto a Noé foi clave para que o Corcubión levase os puntos de Arliña nun choque no que o empate tería máis xusto. Foi un encontro trabado, cun campo en malas condicións e moito vento, pero tamén especial para moitos, como o propio Manín, ex adestrador do cadro corcubionés, onde coincidiu ademais con xogadores como Santi Papi ou Conguito. Por bando visitante, debutaba Gabi Golpes co primeiro equipo.

Moitos balóns longos na primeira metade, comezando cun Muxía máis metido en campo contrario e con varias ocasións a balón parado. Pero ao fío do descanso un pase en profundidade de Lema, Roy ganalle a posición co corpo á defensa local e bate por riba a Papi desde fóra da área. 4º gol en 3 partidos do corcubionés.

Despois do descanso o Muxía saíu máis enchufado, con vento a favor e dominaron o xogo. Ao Corcubión tocáballe "achicar" balóns, nunha allo dito, cun Sebas facendo de central improvisado pero sempre cumplindo. Lema e Toja pelexaban arriba por velocidade.

Pero no bando muxián, un reconvertido Peski, agora punta tras moitos anos de lateral, facía moito perigo ca súa velocidade. Así chegaba o empate, aproveitando un balón en profundidade. Pero cando mellor estaba o Muxía, Lema tiraba de calidade para facer o seu noveno tanto da campaña e afianzarse como pichichi da Liga.

Aínda quedaba moito, e Beto fixo de Lux, e tras un gran partido, foi protagonista a falta de 5 minutos parándolle un penalti a Noé que puido ser o empate.

 

Nantón 0-2 Laxe

  • Nantón: Guille, Lareu, Silva, Raúl, Diego, Carlos Vidal, Budi (Sergio, m.57), Redondo (Valetín, m.66), Enmanuel, Martín e Iván.
  • Laxe: Noé, Borja, Jacinto, Bras (Estiven, m.46), Djamel (Jacobo, m.80), Gora, Santi (Rafa, mn.46), Miguel, Felipe, Samu (Zurich, m.60) e Omar (Adrián López, m.70).
  • Goles: 0-1, m.10: Samu aproveita un erro da defensa local, entra por banda, fai parede con Miguel e anota no man a man; 0-2, m.60: Samu marca un golazo de falta.

O Laxe amosa intencións

Dicíamos estas pasadas semanas que o Laxe estaba presentando credenciais a todo, e onte o demostrou en Fontiñas onde superou a un Nantón que non estivo acertado, gracias á gran actuación de Noé baixo paus, e de Samu na área rival, cos seus dous tantos.

Foi un choque complicado, cun terreo moi húmudo, que comezaba cun regalo da defensa cabanesa que Samu non desaproveitaba. Pouco despois, o Nantón tivo o empate tras un penalti cometido sobre Enmanuel, pero Noé paroulle a pena máxima ao presi Carlos Vidal.

Chegana o Nantón nesa primeira metade pero o empate nunca chegaría.

Asentouse o cadro laxense na segunda, dominando e controlando o partido, máis se cabe despois do golazo de Samu pola escuadra de falta.

 

Montelouro 6-2 Castrelo

  • Montelouro: Fernando (Joaquín, m.80), Abel, David, Pablo, Airán, César (Sergio, m.70), Xexo, Gabriel (Pesi, m.60), Geiko, Juan de Celia e Dani Sahorta.
  • Castrelo: Josiño (David Caamaño, m.80), Marcos, Chuchi, Gus (Dani, m.70), Luís (Suso, m.60), Estebo, Maikol, Elvis, Félix, Dany Añón e Raúl.
  • Goles: 1-0, m.8: Xexo; 2-0, m.22: Geiko; 2-1, m.33: en propia; 3-1, m.50: Juan de Celia; 4-1, m.55: Geiko; 4-2, m.70: Dani; 5-2, m.85: Pesi; 6-2, m.87: Juan de Celia.

Potente e efectivo Montelouro

Bo partido do cadro de Marcelo ante un Castrelo que non puido prantar cara. Marcou pronto o cadro local por medio do veteranos Xexo. Non foi quen de reaccionar o Castrelo, e nun córner marcaba Geiko. Recurtaba o Castrelo con algo de fortuna cun gol en propia, pero na segunda o cadro local goi un rodete.

 

Crónicas da 3ª Autonómica

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios