3ª Autonómica: Vai por ti



Non cede o Corcubión e menos ante un Lira que, xunto co Seaia, aínda non sabe o que é sumar. Xa saca 4 puntos ao 2º, un Laxe que sacou un empate en Vimianzo ante un Castrelo que parece ir a máis. Como tamén vai o Nantón, que foi superior ao Camelle.
Todo nunha xornada onde as homenaxes aos lesionados foron protagonistas.
Lira - Corcubión (0-3)
- Campo: Lombáns.
- Lira: Aitor, Catalán, Miky, Eloy Cee, Costa, Pata, Germán, Salva, Maseiras, Suso e Choqueiro. Tamén: Rubén, Saúl e Papin.
- Corcubión: Jesús, Iván Pablo Adri Balucho, Edu Sebas Mario Suárez, Toja, Tito e Lema. Tamén xogaron: Miguel, Roy, Senra, Roca e Checho.
- Goles: 1-0, m.8: Sebas de cabeza tras un rexeite a un bo tiro de Mario Suárez; 2-0, m.60: Toja dende a frontal; 3-0, m.70: Lema.
- Expulsión: dous lirachos.
O primeiro contra o último
Notouse a diferencia na táboa de 12 puntos entre o líder, o Corcubión, e un Lira que entre lesións e expulsións non acaba de conxuntar un equipo completo, malia contar xa con Villar, ex do Corcubión precisamente, e con Zeus, ex do Fisterra. A primeira metade foi sosa, sen dominador, marcada polo tempraneiro gol de Sebas que daba vantaxe a un Corcubión que non facía demasiado.
Chegaba o Lira con algún pase en profundidade pero entre Jesú e a falta de puntería dos lirachos, o empate non chegaba.
Unha expulsión no descanso e outra ao comezo da segunda, ambas por protestar deixaba practicamente o parido sentenciado. Roca e Roy avisaron e Iago Lema tivo varias para marcar, pero foi Toja primeiro e o propio Lema despois os que puxeron a guinda.
Castrelo - Laxe (1-1)
- Campo: Municipal de Vimianzo.
- Castrelo: David Caamaño, Chuchi, Luís, Marcos, Víctor (Roi), Maikol, Martín, Añón (Gustavo), Suso (Félix), Estiben e Elvis (Dani).
- Laxe: Jacobo (Noé, m.46), Naya, Jacinto, Aarón (Bras, m.46), Stiven, Borja, Santi, Miguel Varela (Gora, m.60), Felipe Oróns, Rafa (Omar, m.60) e Zurich.
- Goles: 0-1, m.38: Zurich de falta directa; 1-1, m.55: Luís de cabeza a unha falta lateral.
- Expulsión: o local Chuchi m.36.
Homenaxe ao presi

Comezaba o choque cunha pequena homenaxe da xente do Castrelo ao seu presidente, Juan Carlos Trillo, recén operado dun xeonllo.
Pero era o Laxe o que comezaba dominando, con rápidas combinacións e saídas á contra que puideron adiantar antes aos de Adrián Lema, pero foi Zurich o que faltando pouco para o descanso marcaba o primeiro tanto pouco despois de que o Castrelo quedase con 10 pola expulsión de Chuchi.
Parecía o partido claro para o Laxe, pero os locais viñéronse arriba crendo na remontada. Pronto empatou Luís tras unha falta lateral botada por Félix. Neses minutos o choque estaba máis preto do bando vimiancés, pero aproveitando o cansanzo recuperou terreo o Laxe nos últimos 15 minutos meténdose arriba pero sen acerto cara gol.
Nantón - Camelle (2-0)
- Campo: Fontiñas.
- Nantón: Guille, Micael, Pablo, Raúl, Diego, Carlos Vidal, Lareu, Fariña, Enma, Martín e Silvariño. Tamén: Sergio, Dani, Iván, Redondo e Óscar.
- Camelle: Jimi, Sicario, Snacky, Valiña, Lado, Felisiano, Santi, David, Juan, Tedín e Jati. Tamén xogaron: Gemelo, Dimitri, Carlos, Toja e Peseta.
- Goles: 1-0, m.73: Raúl; 2-0, m.78: Enmanuel.
- Lesión: David con rotura de tibia e peroné.
Un regalo para David

Adicoulle a vitoria o Nantón ao seu compañeiro David, un rapaz da casa que aos seus 20 anos estaba sendo o mellor do equipo, tirando do carro, pero a mala sorte, e unha mala entrada, provocoulle unha rotura de tibia e peroné .
Unha vitoria xusta ante un Camelle que non mereceu máis e que apenas tivo unha ocasión clara en todo o partido, pero o tiro de Jati pegou no pau. Os de Carlos Margarida foron superiores aos de Jesús do Petrallo, pero aínda así tardou en romper a igualada inicial. Na primeira metade tiveron numerosas ocasións pero non estaban acertados cara gol.
Ao longo da primeira metade a lesión de David provocou un parón de 45 minutos e o Nantón tardou en reaccionar. E xusto cando o Camelle empezaba a asustar, Guille fixo un paradón salvando o 0-1. Aí espabilou o Nantón da man dun imperial Carlos Vidal, e en 5 minutos Raúl e Enmanuel deixaban o partido visto para sentenza.
Montelouro - Seaia (4-1)
- Campo: Agra da Filgueira.
- Montelouro: Yago (Fernando, m.75), Abel (Juan de Celia, m.50), Juan, César, Bolo, Gabriel (Pesi, m.80), David, Pedro (Adriá, m.70), Geiko, Riky e Gelo.
- Seaia: Jose, Vistas, Javi, Jorge, Diego, Guille, Parga, Miguel, Sergio, Cristian e Pablo. Tamén: Iván, Adrián, Chouciño e Adrián.
- Goles: 0-1, m.10: Pablo de penalti; 1-1, m.35: Pedro; 2-1, m.60: Geiko; 3-1, m.75: Juan de Celia; 4-1, m.85: Juan de Celia.
O Seaia segue sen sumar
Estalle costando armar o equipo a Alberto, un equipo completamente novo que necesita máis minutos para unirse. Este sábado en Agra da Filgueira aguantou unha espesa primeira metade mesmo meténdose por diante pero cos cambios o cadro de Marcelo mellorou e foi superior na segunda metade.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.3: Unha xornada de baixa.
- X.2: O Corcubión queda en solitario.
- X.1: Balóns novos para a curta Terceira.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: Bergantiños ‘rules’.
- 1ª Autonómica: Así tamén vale.
- Preferente: Aformigados.
- Ara Lorenzus.
Conversas co Mito
- Conversas I: “A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”.
- Conversas II: “Vexo cousas no Real Madrid ou no Barcelona que xa as facía eu”.
- Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga ([email protected]).