venres. 02.05.2025
El tiempo

3ª Galega: A pelexa vén por abaixo

3ª Galega: A pelexa vén por abaixo
Co Muxía imparable, e Ameixenda, Nantón e Lira con boas liñas, parece que a pelexa está na 5ª praza, a última que dá acceso á fase de ascenso. O Cabana empatou en Cee ante o Ameixenda-Foto-Cabana O Cabana empatou en Cee ante o Ameixenda-Foto-Cabana O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Volantes e Castrelo colócanse empatados nesa devezada 5ª praza. Os laranxas empataban nun duro choque ante o Nantón, mentres o Castrelo vencía no m.93 a un bo filial do Outes. O Cabana amosa melloría e queda a 3 puntos, un por riba do Outes B. Toca xa ir pensando Volta dos Dezaseisavos da #CopadaCosta, que se disputa este martes.  

Castrelo - Outes B (1-0)

  • Campo: Municipal.
  • Castrelo: Caamaño, Curra, Luís, Pichón, Chuchi (Víctor, m.65), Maikol, Costa (Edgar , m.64), Félix (Mateo, m.70), Cris (Estiven, m.63), Sergio (Gus, m.84) e Vicente.
  • Outes B: Mosto, Yosi, Sergi, Samuel, Gorgal, Pablo, Álvaro, Alberto, Michi, Veleiro e Kike (Paulo, m.70).
  • Gol: 1-0, m.93: Luís nun córner.
Ata o pitido final Partido igualado en Viimianzo, entre un Castrelo que tivo máis presencia en campo contrario na primeira metade coas internadas por banda de Cris e Sergio pero sien chegar a crear ocasións de moito perigo. Na segunda, o filial do Outes tratou de levar a iniciativa e Michi en dúas ocasións, e un tiro de Pablo preto da escuadra puideron darlles a vitoria, ademais dun penalti que pedía Veleiro. E cando todos marchaban relativamente satisfeitos co empate, na útima xogada do partido e nun córner, Luís decanta o choque para os locais.  

Muxía - Seaia (4-0)

  • Campo: Arliña.
  • Muxía: José Antonio, Chans, Denis, Breo, Martinciño, Curras, Adrian Alcaina, Julián (Conguito, m.70), Adrián Negro (Castreje, m.65), Munitis (Ruso, m.55) e Iván Lagoa (Peski, m.80).
  • Seaia: Anxo; Ramón (Roke, m.70)), Carabel, Vistas, Canario; Josi (Dario, m.46), Dimaga, Adri, Cristian (Zala, m.80); Chols e Eme.
  • Goles: 1-0, m.7: Adrián Alcaina; 2-0, m.30: Curras empurra un fermoso taconazo de Julián; 3-0, m.60: Iván Lagoa tras un córner; 4-0, m.75: en propia.
Sen cor Máis ben de cor vermello o partido de Arliña ante un Seaia que intentou pelexar contra o poderoso líder, e que estreaba á nova e retornada fichaxe de Vistas. Pero pronto Adrián Alcaina abría o marcador para os locais e á media hora, na xogada máis fermosa do partido, Curras sentenciaba o choque para os de Ordóñez. A segunda parte sobraría.  

Volantes - Nantón (2-2)

  • Campo: Eleuterio Balayo.
  • Nantón: Guille, Efe, Lareu, Rulo, Guau, Carlos Vidal (Kevin, m.78), Juan (Budi, m.85), Redondo, Emmanuel (Tato, m.82), Martín e Iván (Eloy, m.75).
  • Volantes: Javirra, Yeray (Bernar), Mou, Roi, Tiko, Púgil, Parde, Uru, Minos (Yanki); Kanote e Samuel.
  • Goles: 1-0, m.13: Samu marca un golazo; 1-1, m.16: Iván; 2-1, m.17: Samu; 2-2, m.48: Redondo.
De ida e volta Curioso partido en Muros, sen dominador claro nin demasiadas ocasións. Comezaba mellor o Volantes, que collía ás costas con facilidade dunha despistada defensa cabanesa. E chegaron 3 goles en apenas 5 minutos, adiantándose o cadro local, empatando o Nantón e volvendo a meterse por diante os laranxas. Na segunda parte o equipo cabanés saía máis centrado e entrando por banda e conseguindo de man de Redondo o empate moi pronto. Aí o partido se convertía nun ida e volta que puido caer de calquera dos dous bandos e rematou cun xusto empate. Primeiro foi o Nantón o que golpeba á meta local, pero no treito final foron os muradáns os que tiveron varias ocasións que salvou ben Guille.  

Lira - Camelle (3-2)

  • Campo: Aitor, Ánge Pelexo, Cartamil, Iván, Adrián; Miguel (Suso Patachín, m.75), Cheick, Pedro Paki (José Senra, m.30), Guardiola; Oli (Chiry, m.65) e Costa (Eloy, m.55).<(li>
  • Camelle: Carlos, Lado, Valiña, David, Santi, Tedín, Felisiano, Jose, Cristian (Sergio) Rodri e Álvaro.
  • Goles: 1-0, m.53: José Senra; 1-1, m.62: Jose; 2-1, m.67: Guardiola marca un golazo de falta; 3-1, m.83: Eloy; 3-2, m.89: Felisiano.
Ata o rabo Vivido ata o final o choque en Lombáns cun Camelle que estivo mellor nunha primeira metade na que non estivo acertado cara gol. Arrincou a segunda metade co gol local, pero o Camelle respondía. Era o fisterrán Guardiola cunha fermosa falta o que metía ao Lira de novo por diante. Empurraba o Camelle e Eloy facía o que parecía a sentenciar o choque. Pero o Camelle non se daba por vencido e vendeu cara a súa pel. Felisiano recurtaba pero sen tempo á lograr o empate. Aquí vemos o golazo de Guardiola para o 2-1: [fbvideo link="https://www.facebook.com/lira.portocubeloteixoeira.9/videos/135889150228785/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]  

Ameixenda - Cabana (1-1)

  • Campo: San Paio de Refoxos.
  • Ameixenda: Farrapa, Grille (Camacho, m.46), Samu, Bichiño, Javichu, Adán, Jesús, Bicho (Suso, m.64), Borja, Cristian e Demetrio (Rafa, m.75).
  • Cabana: Víctor, Grille (Nando), Ismael, Fernando, Djamel, Manolo, Cristian, Miki, Àlex, Reigía, Pablo (José Àngel).
  • Goles: 1-0, m.35: Cristian dentro da área; 1-1, m.60: Dani Reigía cun lanzamento coa axuda do meta local.
capis-do-ameixenda-cabana Sosa igualada Pouca tensión no choque ceense cun Ameixenda que saía máis mandón, pero sen crear perigo a un Cabana que gardaba ben a posición, e saía á contra, como unha internada de Álex que salvaba Farrapa cunha gran intervención cos pés. Do lado contrario o pichichi da categoría Cristian tamén tivo unha gran ocasión quedando só diante do porteiro e sorprendentemente mandaba o balón fóra. Rematou moi ben o Ameixenda esa prieira metade, e era o propio Cristian o que abría o marcador nunha xogada na que podía estar en fóra de xogo. Saíu mellor o Cabana na segunda, sen demasiado xogo pero moitas gañas, e levando todos os balóns divididos. A partir de aí os dous equipos tiveron ocasions para levar o partido pero quedaría en empate. Un punto que o cadro cabanés llo dedica a Diego Cacha polo falecemento da súa avoa durante a fin de semana. ameixenda-cabana-1  

Máis información

Comentarios