xoves. 01.05.2025
El tiempo

3ª Galicia: alternancia no liderato

3ª Galicia: alternancia no liderato
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Ten pinta a 3ª da Costa de que nos vai dar incertidumbre ata o final. Recuperou o liderato o Volantes despois do empate do Cabana, e Muros e Ameixenda acércanse á cabeza. Isto vai a dar todavía moitas voltas. CORCUBIÓN 0 - MUROS 3 CORCUBIÓN: Beto, Dantés, Mario, Pablo, Adri, Rubén, Gabi, Lema, Cote, Rama e Roi. Tamén xogaron Asier, Antón, Tito, Toja. MUROS: Xandre, Berni, Pedro Suárez, Iván Cerilla, Gael, Javi, Mou, Saul, Canote, Pedro Fdez., Alvarito. Tamén xogaron Banana, David Brea, Hugo, Yerai e Angel. GOLES: 0-1 13´Iván Cerilla   0-2 33´Alvarito   0-3 50´Iván Cerilla Moi mal partido dos locais, moi desconectados do encontro e que non foron quen de meterse no encontro en ningún momento, ante un Muros totalmente superior. Ó descanso xa gañaban os visitantes por 2 tantos, e os locais non deron ningunha sensación de perigo ante a meta do Muros. Aquí vos deixamos unha escolma de fotos de Manuel Caamaño sobre o partido. PORTEÑO 3 - SP.SEAIA 0 PORTEÑO: Jonathan, Pejo, Caamaño, Curra, Sendón, Xoel, Jorge Simaría, Pardiñas, Wii, Rachón e Marcos.   Tamén xogaron Angel, Martín e Manu. SP.SEAIA: Recarey, Jorge Parga, Alex, Alvaro Ramos, Ramón, Darío, Chols, Adrián Parga, Josi, Mara e Vistas.   Tamén xogaron Dani e Camafreita. GOLES: 1-0 29´Wii 2-0 58´Rachón   3-0 89´Angel Por fin o Porteño atopou un partido cómodo, no que atopou porta con facilidade e foi capaz de non cometer erros de outros días para asegurar a súa mantendoa a cero e levándose o partido con solvencia. Adiantou Wii ós locais á media hora e con ese resultado foise ó descanso. No segundo tempo un tanto de Rachón, rapaz que debe marcar diferencias na 3ª, e outro cando xa se acababa o partido deixou o marcador no 3-0 que acerca ós da Ponte do Porto ós postos de promoción. CABANA 1 - CAMELLE 1 CABANA: Víctor, Fernando, Manu, Isma, Cabana, Mateo, Dani Reigía, Manolo, Pablo Pose, Christian e José Ángel.   Tamén xogaron Samuel, Laik, Diego e Alberto. CAMELLE: Caamaño, Sergio, Carlos, Barbeito, Tedín, Barreiro, Miguel Riveiro, Méndez, Lema, Adrián e Vieites. GOLES: 1-0 49´Cristian   1-1 64´Adrián Pasantes Gran partido en Cabana. Ambos equipos estiveron a moi bo nivel, nun encontro moi competido. O Cabana estivo mellor no primeiro tempo, con 3 ocasións bastante claras nos pes de Pablo, Dani Reigía e José Ángel, este último estrelou un balón no pao. Adiantouse o equipo local cunha gran xogada colectiva que anotou Cristian. O Camelle buscou entón o empate. igualou cun gran disparo de Adrián Pasantes, e o meta local Víctor tivo que facer unha gran parada para firmar o empate. NANTON - CASTRIZ NANTON: Guille, J.Manuel, Pablo, Gavín, Diego, Carlos Vidal, Lareu, Martín, Bardanca, Redondo e Moreira.   Tamén xogaron Martín, Micael e Raúl. CASTRIZ: Alvaro, Rubén, Toniño, Paredes, Adrián, Mata, Kevin, Steven, Nakate, Iván e Balsa.   Tamén xogaron Matías, Amarelle, Jonathan e Negreira. GOLES: 0-1 39´Kevin   0-2 44´Nakata   0-3 54´Kevin   1-3 88´Micael   2-3 89´Lareu Partido extraño en Nantón, onde o Castriz nun treito final de primeiro tempo prácticamente sentenciou o encontro con tantos de Kevin e Nakata, pero case leva un susto no final por relaxarse, pois o Nantón nunca se rendiu e a piques estivo de dar a machada da remontada. AMEIXENDA 3 - LAXE 1 AMEIXENDA: Papi, Bichiño, Bruno, Andrés, Yago, Adán, Chucho, Pikero, Susiño, Castreje, Cristian.   Tamén xogaron Bicho e Pablo. LAXE: Jacobo, Iván, Toja, Naya, Jacinto, Borja, Gora, Santi, Ventura, Bieito e Jorge.   Tamén xogaron Carlos e Elías. GOLES: 0-1 44´Naya   1-1 55´Castreje   2-1 86´Piquero   3-1 89´Cristian Dominio total do Ameixenda no primeiro acto, tocando ben o balón, diante dun Laxe ben arroupado e con contras perigosas. O Ameixenda estrelou dous balóns nos paos neste tempo, pero foi Naya o que adiantou ós visitantes cun golazo de antoloxía, unha chilena á saída dun córner que aplaudiron locais e visitantes. O segundo tempo foi do Ameixenda. Igualou pronto Castreje, e tivo que esperar ata os últimos minutos para levarse o partido, primeiro nun penalti que transformou Piquero, e despois nunha contra de Cristian. Gran partido, goles espectaculares e remontada local. VOLANTES 5 - OUTES B 1 VOLANTES: Rubén, Tico, Dani, Rapante, Juan do Sivil, Pardelo, Raúl, Godo, Alberto, Maikel e Picho.   Tamén xogaron Caamaño, Cajulo, Yeray, Mingos. OUTES B: Antón, Cesar, Lago, Cristian, Juan, Saul, Boris, Paullo, Fabio, Fran e Sergio.   Tamén xogaron Fabián, Raúl, Sergio e Fran Lago. GOLES: 0-1 6´Sergio Lado   1-1 21´Picho   2-1 56´Rapante   3-1 62´Cajulo   4-1 68´Pardelo   5-1 79´Godo Encontro de moito fútbol directo en Muros. Adiantouse o filial, pero igualou Picho á saída dun córner. O Volantes fíxose co partido a raíz do empate. A saída de Cajulo foi o que revolucionou o encontro, e o ex da Esteirana fixo o gol da tarde ó colar pola escadra un gran lanzamento. O resultado final, a pesar da superioridade clara do Volantes, antóllase algo abultado polos méritos do Outes B.

Comentarios