3ª Galicia: cambio de líder

09:57 22/01/18
VOLANTES DE BAÑO F.C. 3 - C.D. MUROS 0
Entradón no Eleuterio Balayo
VOLANTES - Javira, Tico, Rapante, Juan do Sivil, Thiago, Pardelo, Raúl, Santi, José Lado, Maikel e Picho. Tamén xogaron Cajulo, Yanki, Mou, Ricardo e Mingos.
MUROS - Xandre, David, Banana, Iván Cerilla, Gael, Ramón, Javi, Berni, Saúl, Pedro e Xavier Abeijón. Tamén xogaron Alvarito, Canote, Hugo, Alejandro e Angel.
GOLES: 1-0 53´Rapante 2-0 67´Yanki 3-0 78´Yanki
Expulsados Ricardo no 89 e Alvarito no 90
Moita expectación en Muros para ver o gran derbi do pobo, que ademáis supoñía poñer en xogo o liderato da 3ª Galicia. O partido foi máis igualado do que parece polo marcador, sobre todo no primeiro tempo, pois no segundo o Volantes desmelenouse e coa saída de Yanki sentenciou o encontro. De inicio moi parexos ambos equipos. O Volantes, ben replegado e xogando ó espacio foi cando fixo daño. Aínda así ambos equipos fóronse ó vestiarios coa sensación dun xusto empate.
Na reanudación cambiou a cousa. Nunha contra Rapante solventou ben o man a man con Xandre e anotou o primeiro tanto. A partir de ahí o Volantes interpretou mellor o encontro e foi superior. Yanki á saída dun córner no 67 e de vaselina no 78 puxo os goles que sentenciaron o encontro e lle dan o liderato ó Volantes.
S.D. LAXE 0 - CAMELLE S.D. 1
LAXE - Eloy, Iván, Toja, Naya, Borja, Felipe, Ventura, Jorge Elías, Santi e Bieito. Tamén xogaron Iñigo, Carlos e Manu.
CAMELLE - David Caamaño, Sergio, Pablo, Tedín, Barreiro, Miguel Riveiro, Méndez, Tajes, Adrián Pasantes, Vieites, Alvaro. Tamén xogaron Rodrigo, Adrián Tajes e Cristian Lema
GOL: 0-1 9´Barreiro
Un solitario gol de Barreiro no inicio do encontro dou unha importante vitoria ó Camelle en Laxe ante un rival directo, que lle serve ós do Rodeiro para non perder comba dos dous equipos de Muros na cabeza da tabla clasificatoria.
OUTES B 1 - SP. SEAIA C.F. 3
OUTES B - Gorka, Cesar, Rubén, Alberto, Saúl, Jason, Fabio, Paullo, Fran Bouzas, Aitor e Sergio. Tamén xogaron Fabián, Breno, Nieto, Raúl e Pazos.
SP. SEAIA - Martín Recarey, Jorge Parga, Juni, Dani, Changui, Carracedo, Sergio, Chols, Josi, Vistas e Diego. Tamén xogaron David e Chema.
GOLES: 1-0 9´Sergio 1-1 55´Josi 1-2 69´David 1-3 83´David
Expulsado Carracedo 35´
O Seaia sobrepúxose a xogar con 10 a maior parte do partido e con tantos de Josi, e 2 de David no segundo tempo remontou o tanto inicial de Sergio por parte do filial do Outes.
S.D. AMEIXENDA 1 - C.F. CASTRELO 2
AMEIXENDA - Poke, Bichiño, Susiño, Castreje, Bicho, Cristian, Pablo, Nes, Yago, Juan Antonio, Adan. Tamén xogaron Andrés, Borja e Tomás.
CASTRELO - Carreira, Fabio, Mario, Gustavo, Luis, Esteban, Maikol, Steven, Iván, Dani Picallo e Sergio. Tamén xogaron Martín, Carballo, Nico e Juan.
GOLES: 1-0 41´Carreira en pp 1-1 42´Juan Antonio en pp 1-2 67´Maikol
Moi bo partido do Castrelo en Cee, onde dou a sorpresa e se levou os puntos ante o Ameixenda. Os de Vimianzo estiveron máis activos e metidos no partido que os locais, que acusaron as baixas e non foron quen de facer o seu fútbol habitual. Un disparo de Nes ó pao foi a primeira ocasión clara dos amarelos, que se adiantaron nun gol un tanto raro, tras un córner no que o porteiro visitante, según o colexiado, se meteu co balón na portería. Pero máis extraña foi a continuación, co saque de centro, indecisión na defensa local e gol en propia meta de Juan Antonio que valía para igualar o encontro. Castreje mandou outro balón ó pao no segundo tempo, pero adiantouse o equipo visitante con gol de Maikol. Cara o final o Castrelo aguantou ben e levouse tres merecidos puntos.
C.D. NANTÓN 1 - U.D. CORCUBIÓN 2
NANTÓN - Guille, Silvariño, Pablo, Gavín, Diego, Pereira, Fabio, Micael, Pastoriza, Martín e Lareu. Tamén xogaron Vidal, MArtín Varela, Eloy, Dani Bardanca e Carlos.
CORCUBIÓN - Beto, Fran, Pabliño, Lema, Oca, Samu, Gabi, Mario, Lagoa, Rama e Roi. Tamén xogaron Asier, Iago, Augusto e Alexandro.
GOLES: 1-0 12´Gavín 1-1 54´Rama de pti 1-2 58´Roi
Un Corcubión con moitas baixas e 4 xuvenís na convocatoria, levouse tres importantes puntos en Nantón. Adiantáronse os locais no pesado campo de herba natural, e non foi ata o segundo tempo onde igualou o Corcubión de penalti. O porteiro local retirouse lesionado tras unha mala caída. Nunha contra Roi anotou o segundo tanto que lle dou a vitoria ós visitantes.
CABANA S.D. 2 - C.F PORTEÑO 1
CABANA - Víctor, Duda, Isma, Samuel, Fernando, Mateo, Manolo, Cristian, Cacha, Diego e Pablo. Tamén xogaron Manu, Fariña, José Angel e Dani.
PORTEÑO - Jonathan, Marcos, Pejo, Jose, Adrián Sendón, Cousillas, Isma, Wii, Rachón, Vicente e Angel. Tamén xogaron Jorge, Martín, Curra e Xoel.
GOLES: 0-1 38´Rachón 1-1 71´Cristian 2-1 88´Cacha
Partido de infarto en Cabana, entre dous aspirantes ó ascenso. Un disparo de Pablo ó pao da meta de Jonathan precediu o gol de Rachón, ó resolver un barullo na area. O Cabana estivo algo despistado ata a última media hora, a mellor da tempada do cadro de Mingui. Cacha, Cristian e Manu tiveron claras ocasións. Nun centro lateral Cristian anotou de cabeza o gol da igualada, e cando xa remataba o encontro unha gran xogada Cacha levaba o delirio ó graderío.




