![O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega]()
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Volvemos a ter novo líder na 3ª, o Cabana, e parece que pode ser esta unha tónica habitual, a de cambio de líder, pois os 7 equipos cabeceiros están moi igualados e en poucos puntos de distancia. Xa queda pouco para completar a primeira volta do campionato e vanse aclarando as posición para poder asaltar os postos de ascenso.
OUTES B 0 - AMEIXENDA 1
OUTES B: Gorka, Cesar, José Lago, Rubén, Saúl, Jasón, Paullo, Fabio, Fran, Alberto e Sergio. Tamén xogaron Raúl, Boris, Adrián e Sergio Nieto.
AMEIXENDA: Poke, Samu, Oca, Bichiño, Pablo, Bicho, Juan Antonio, Chucho, Piquero, Castreje, Cristian. Tamén xogaron Yago, Andrés, Susiño e Tomás.
GOL: 0-1 73´Piquero
Plantou cara e de que maneira o Outes B ó Ameixenda. Defendeu ben a súa portería e creou claras ocasións que nunhas veces o acerto de Poke e noutras os paos non permitiron que terminaran en gol. Piquero tivo un claro remate pero Gorka sacou unha boa man. No segundo tempo o Ameixenda realizou tres cambios e tentou ir a polo partido. Cristian, Castreje e Piquero insistiron e tanto foi o cántaro á fonte que o propio Piquero nun disparo raso anotou o tanto que á postre lle dou a vitoria ós visitantes.
MUROS 3 - CASTRELO 1
MUROS: Xandre, Lice, Berni, Iván, Yerai, Lariño, Ramón, Saúl, Canote, Pedro e Alvarito. Tamén xogaron Gael, Javi, Hugo, Alejandro e Sergio.
CASTRELO: Gustavo, Fabio, Esteban, Maikol, Luis, Steven, Félix, Juan, Lado, Iván e Nico. Tamén xogaron Dani Picallo e Mario.
GOLES: 0-1 27´Iván 1-1 40´Canote 2-1 80´Canote 3-1 84´Alejandro
Tivo que remontar o Muros ante o incómodo Castrelo, e non foi ata os minutos finais nos que primeiro Canote, que fixo doblete, e despois Alejandro saíndo do banquillo lle deron a vitoria ó cadro local, moi necesaria para seguir enganchados á parte alta da tabla clasificatoria.
SP.SEAIA 0 - CORCUBIÓN 4
SP.SEAIA: José, Jorge Parga, David, Juni, Dani, Carracedo, Chols, Adrián, Josi, Mara e Vistas. Tamén xogaron Alvaro, Recarey e Darío.
CORCUBIÓN: Abe, Mario, Brais, Rubén, Coté, Adrián, Rama, Lema, Lojo, Pablo e Dantés. Tamén xogaron Alex, Samu e Antonio.
GOLES: 0-1 11´Lema 0-2 17´Lagoa 0-3 54´Lojo 0-4 72´Lema
Expulsado Juni 42´
O Corcubión, con varios xuvenís na súa alineación, levouse con claridade o partido en Malpica ante o Seaia. Un disparo lonxano de Lema e un gol de Lagoa á saída dun córner adiantaron ós visitantes. Rama mandou un balón ó pao e fallou outra clara ocasión. A expulsión de Juni foi unha lousa demasiado pesada para o Seaia, que viu como no segundo tempo o Corcubión lle anotou dous novos tantos.
LAXE 1 - NANTÓN 1
LAXE: Eloy, Iván, Elías, Borja, Jacinto, Gora, Santi, Manu, Bieito, Jorge e Ventura. Tamén xogaron Samuel, Adan e Elías López.
NANTÓN: Guille, José Manuel, Pablo Romero, Gavín, Diego, Carlos Vidal, Martín, Pereira, Lareu, Redondo e Moreira. Tamén xogaron Eloy, Micael e Dani Bardanca.
GOLES: 1-0 10´Bieito 1-1 57´Gavín
Expulsados Elías no 63´ e Moreira no 82´
Partido moi igualado en Laxe, con un tanto e un expulsado por cada bando. Adiantouse o Laxe no primeiro cuarto de hora por medio de Bieito, pero no inicio do segundo acto igualou Gavín. A expulsión de Elías fixo que o Nantón tentase ir polo partido, pero Iván Moreira foi tamén expulsado e ambos equipos conformáronse coa igualada.
CAMELLE 1 - PORTEÑO 0
CAMELLE: Caamaño, Sergio, Carlos, Barbeito, Tedín, Barreiro, Méndez, Mario, Adrián, Tajes, Vieites. Tamén xogaron Roi, David e Rodrigo.
PORTEÑO: Jonathan, Marcos, Curra, Adrián, Manu Castiñeiras, Xoel, Mario, Cousillas, Jorge Velo, Luis e Vicente. Tamén xogaron Martín e Canosa.
GOL: 1-0 39´Barreiro
Expulsados Manu CAstiñeiras no 55´e Jorge Velo no 55´
![]()
A solidaridade tamén chegou á Terceira Galicia
Derbi dos de sempre no Rodeiro, onde un solitario gol do pichichi Barreiro lle dou a vitoria ó Camelle. O Porteño tentouno pero viu como lle expulsaban a Manu e Jorge e con dous homes menos pouco puido facer ante o cadro local.
CASTRIZ 0 - CABANA 2
CASTRIZ: Alvaro, Rubén, Paredes, Matías, Adrián, Mata, Kevin, Steven, Negreira, Amarelle e Balsa. Tamén xogaron Jonathan, Nakata, Raúl e Toniño.
CABANA: Víctor, Duda, Cabana, Isma, Fernando, Mateo, Alberto, Laik, Reigía, José Angel e Pablo. Tamén xogaron Samuel, Manu, Manolo e Cristian.
GOLES: 0-1 48´Pablo 0-2 55´Jose Angel
![]()
O Cabana novamente lider
Gran vitoria do Cabana para poñerse líder, ante un respondón Castriz. O equipo local saíu moi forte e mandou dous balóns ó longueiro, pero a partir do minuto 30 o Cabana fíxose co mando. O gol de Pablo e pouco despois o de José Angel viron traducido ese dominio no marcador. O Castriz achuchou pero o meta do Cabana Víctor estivo moi ben en dúas intervencións contra o final do encontro.