xoves. 01.05.2025
El tiempo

3ª Galicia: Gran xornada para o Volantes

3ª Galicia: Gran xornada para o Volantes
S.D. CASTRIZ 1 - SP. SEAIA C.F. 0 CASTRIZ: Alvaro, Rubén, Toniño, Paredes, Adrián, Mata, Kevin, Steven, Negreira, Iván e Amarelle. Tamén xogaron Nakata, Raúl, Javier e David. SP. SEAIA: Camafreita, Jorge Parga, Dani, Alvaro Ramos, Sergio, Darío, Adrián Parga, Josi, Vistas e Diego Quintas.  GOL: 1-0 25´Adrián Tarde fría en San Pedro para ver a vitoria do Castriz O Castriz meteuse en postos de promoción de ascenso merced á súa vitoria ante o Sp. Seaia, que queda un pouco descolgado da zona noble da tabla. O encontro foi moi disputado e decidiuse con un solitario tanto de Adrián mediado o primeiro tempo. Así o Castriz mantén intactas as súas esperanzas de ascenso, pois ten 7 puntos menos que o Muros pero con 2 partidos menos. S.D. LAXE 2 - C.D. MUROS 0 Partido moi emocionante en Laxe LAXE: Eloy, Iván, Ventura, Jacinto, Borja, Santi, Gora, Juan Paredes, Jorge, Veciño e Bieito. Tamén xogaron Iñigo e Samu. MUROS: Xandre, Yerai, Banana, Iván Cerilla, Pedro Suárez, Ramón, Javi, Xavier, Saúl, Pedro Fdez, Hugo. Tamén xogaron Alvarito e Manuel. GOLES: 1-0 87´Samu   2-0 91´Gora O Muros dou un paso atrás nas súas aspiracións ó título ó caer en Laxe nos últimos instantes do partido. O conxunto local xogou un dos seus mellores encontros e atopou o premio cando o partido xa tocaba ó seu fin, con dous tantos case sobre a hora. Gora anotou o último tanto OUTES F.C. B 2 - C.F. CASTRELO 3 OUTES B: Gorka, Cesar, Fabián, Rubén, Jason, Fabio, Paullo, Fran, Aitor, Breno e Sergio Lado. TAmén xogaron Jose, Boris, Nieto e Raúl. CASTRELO: Gustavo, Mario, Martín, Fabio, Luis, Esteban, Maikol, Steven, Dani Picallo, Sergio Lema e Elvis. Tamén xogaron Nico e Iván Caamaño. GOLES: 0-1 34´Esteban   0-2 62´Esteban 1-2 64´Fabio   1-3 68´Elvis   2-3 76´Aitor Levouse o Castrelo o duelo de colistas, nun partido moi emocionante e de goles. O Outes saíu respondón e non se dou por vencido en ningún momento. Foi ganando por 0-1 o Castrelo ó descanso, e no segundo tempo chegaron o resto dos goles. O Outes foi respostando a cada gol do Castrelo, tentouno ata o final buscando a igualada pero os puntos caeron do lado visitante. VOLANTES DE BAÑO F.C. 2 - U.D. CORCUBIÓN 0 VOLANTES: Javira, Dani, Juan do Sivil, Thiago, Jesús, Raúl, Godo, Santi, Miguel, Javier e Picho. Tamén sobaron Yanki, Alberto, Mingos e Yeray. CORCUBIÓN: Abe, Mario, Oca, Rubén, Carlos, Roi, Lema, Samu, Dantés, Gabri e Asier, Tamén xogaron Lagoa, Fran, Sambade e Marcos. GOLES: 1-0 63´Thiago   2-0 83´Jesús Partido moi difícil o que sacou adiante o líder ante un Corcubión que non se veu abaixo en ningún momento. Abriu o marcador Thiago ós 60 minutos e sentenciou Jesús a pouco do final. O Volantes está imparable, moi seguro na liña defensiva e agora mesmo é o claro candidato ó título. S.D. AMEIXENDA 2 - C.F. PORTEÑO 1 AMEIXENDA: Papi, Camacho, Diego Oca, Chucho, Susiño, Lagoa, Cristian, Pablo, Nes, Juan Antonio e Adán. Tamén xogaron Bruno, Yago, Piquero e Borja. PORTEÑO: Jonathan, Adrián, Caamaño, Pejo, Curra, Vicente, Rachón, Jorge, Velo, Marcos e Angel. Tamén xogaron Xoel, Brais, Manuel e Mario. GOLES: 1-0 22´Chucho de pti   1-1 44´Rachón   2-1 89´Xoel en pp Gol de Chucho de penalti para o Ameixenda Sufriu o Ameixenda ata o final para levarse o partido. Inicio igualado que se rompeu coa xogada do penalti no que se adiantaron os locais. Buscou a igualada o Porteño ata o descanso e atopouna nun rexeite dun córner que aproveitou Rachón para empatar. A igualdade seguiu no segundo tempo, pero pouco a pouco o Ameixenda foise facendo co partido. Os últimos minutos foron de acoso local. Cristian puido marcar no 82´, pero Brais rexeitou. E nun disparo do propio Cristian Xoel anotou o tanto en propia porta que daba a vitoria ós locais. C.D. NANTÓN 2 - CABANA S.D. 0 NANTÓN: Guille, Lareu, Pablo, Gavín, Diego, Pereira, Fabio, Micael, Pastor, Martín, Jose Manuel. Tamén xogaron Moreira e DAni Bardanca. CABANA: Víctor, Duda, Fariña, Isma, Fernando, Mateo, Diego, Manolo, Cacha, Cristian e Pablo. Tamén xogaron Alberto, Manu, Castro e Iago. GOLES: 1-0 39´Fabio de pti   2-0 66´Pastor de pti Partido condicionado polo estado do terreo de xogo, moi pesado e embarrado. O Nantón adaptouse mellor e levouse o encontro. Os dous porteiros estiveron a moi bo nivel, evitando as numerosas ocasións de ambos equipos. O Nantón estrelou dous balóns no pao, un en cada tempo. Ambos goles foron de penaltis, e a ocasión máis clara do CAbana tivoa Manolo ante Guille, pero o meta fixo unha gran parada.

Comentarios