Martes. 23.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: haberá igualdade ata o final

3ª Galicia: haberá igualdade ata o final
Temos unha 3ª Galicia con incertidume constante e igualdade en todos os partidos, e parece que esta tónica se manterá ata o final de liga, para ver quen son os 2 equipos que ascenden directo e quen os que xogan a promoción. De momento é o Muros de Bibi o que encabeza a taboa con 4 puntos de vantaxe e 1 partido máis que os perseguidores. MUROS: O equipo de Bibi está a facer unha gran competición, so perdeu 1 partido e ocupa o primeiro posto da tabla clasificatoria despois de 13 xornadas. A volta do histórico conxunto celeste está a ser inmellorable a pesar da lesión dun dos seus mellores homes, Javi Pelos. O capitán Iván Cerilla está a aportar veteranía e goles, e xunto con Canote é o pichichi do equipo con 5 tantos. Están a ser moi fiables como locais, pois en Muros so o Camelle e o Volantes no derbi lograron sacar empates. CAMELLE: Traxectoria moi regular do Camelle, que non perde dende a xornada 5 e que se está a mostrar fortísimo no Rodeiro, onde venceu nos 6 partidos que disputou. Esa regularidade na casa estaos a levar ós postos de ascenso. O goleador do equipo é un clásico, Barreiro, que xa leva 8 tantos. Angel Riveiro, con 4 goles, e o seu irmán Miguel Riveiro son pezas clave no equipo, que promete dar guerra polo ascenso ata o final. VOLANTES DE BAÑO: O Volantes de Baño de Sil é un dos grandes candidatos ó ascenso, a pesar de que cando o equipo se viu no máis alto da clasificación perdeu en Ameixenda e en Castriz, e iso fíxolle retroceder varios postos. A seriedade do mister Sil e o talento de varios dos seus homes, como Thiago, que leva 6 tantos, ou Cajulo, que leva 5, fano un equipo moi perigoso. Curiosamente é o equipo mais realizador da liga, xunto con 2 conxuntos que non están nos postos altos, o Corcubión e o Porteño. Volantes de Bano -Foto-Manuel Camano CABANA: Con un dos adestradores máis prometedores da Costa no banco, Mingui, o Cabana parece que este ano sí que pode ser un candidato real ó ascenso. O equipo estase a mostrar moi regular, excepto o sorprendente tropezo en Outes ante o filial da Serra. A última derrota en Muros ante o líder alonxouno un pouco dos de Bibi, pero as súas posibilidades están intactas. O goleador Pablo Pose, e os veteranos Fariña, Diego Varela, Manolo ou Fernando, son o sostén dun equipo moi serio e traballado. AMEIXENDA: Sen dúbida é o Ameixenda un dos equipos que mellor fútbol practican na liga, pero a veces ese gusto polo xogo ofensivo fai que sufran algunha sorprendente derrota que os está a alonxar dos postos de ascenso directo. Aínda así será un claro candidato a eles, e non pode ser de outra maneira nun equipo que ten ó goleador Cristian, xa con 10 tantos, nas súas filas, ademais de homes como Chucho, Piquero ou Castreje. Sen dúbida o mestre Manolín pode facer unha muesca máis no seu revolver. LAXE: Está o Laxe a facer unha boa tempada, apoiados nos resultados como locais. Quizais a faceta a mellorar sexan os rexistros como visitante, pois as súas 4 derrotas veñen lonxe do seu campo. O conxunto blanco está a potenciar ós xogadores do equipo xuvenil, sobre todo ó talentoso Santi, xogador para tomar nota e non se descarta que poida ser un equipo correoso no que ó ascenso se refiere. CASTRIZ: Está a ser moi irregular o cadro de Mata. Penalízalle todavía un inicio nada bo, con 3 derrotas en 6 partidos, que está tentando remontar nas últimas xornadas con vitorias ante Porteño, Nantón e Volantes de Baño. O goleador do equipo está a ser Mata, que esta mostrando a súa calidade no centro do campo, con 8 goles. Se pillan un bo ritmo é un rival a ter moi en conta. NANTÓN: Empezou ben o Nantón pero estase a desinflar nas últimas xornadas, nas que perdeu con Volantes, Castriz e Seaia e se descolgou dos postos altos da clasificación. A falta de capacidade realizadora estalles a pasar factura, o seu máximo goleador é Diego Pastoriza con 5 tantos. Se o equipo logra pillar unha boa linea é candidato a meterse nas plazas de playoff. PORTEÑO: Está a sorprender negativamente o Porteño, un dos candidatos ó ascenso no inicio de liga, pero que non da atopado o bo ritmo á competición. Despois de dúas vitorias iniciais, tivo 6 derrotas en 8 partidos, e parece que ultimamente, coas incorporacións de Pejo do Baíñas e Rachón do Soneira está a mellorar algo, o que os fai ser optimistas para a segunda parte da competición. O seu goleador é o clásico Wii, con 5 tantos. SP. SEAIA: Teñen un plantel con moitos homes de calidade contrastada os malpicáns, como Juni, Mara ou Changui, pero non dan atopado o seu lugar nesta difícil 3ª Galicia. O equipo é moi irregular, capaz de gañar 4-1 ó líder Muros na única derrota destos, e perder 0-4 na casa co Corcubión 15 días despois. O adestrador que iniciou a tempada, Martuxa, xa non está, pero aínda así se o equipo logra atopar a estabilidade necesaria é un rival a ter en conta. CORCUBIÓN: Moi decepcionante a traxectoria do Corcubión, que con so 3 vitorias en 12 partidos, está 3º pola cola, lonxe dos postos de ascenso e promoción. A pesar de ter un dos máximos goleadores do campionato, o ex fisterrán Coté, con 9 tantos, e a Lema con 6, un dos clásicos da 3ª, esto non é suficiente para os do Novo Cubaleiro. Encaixan demasiados goles e os seus partidos son realmente espectaculares en canto ó tanteo, sempre con moitos goles e alternativas. OUTES B: Está a cumplir o filial a súa función de dar saída ós xogadores da canteira da Serra de Outes, sin demasiada presión polos resultados. Aínda así o Outes B está a competir ben e a conquerir resultados como a vitoria ante o Cabana, ou a derrota por 0-1 ante o Ameixenda. E o equipo mais goleado da categoría con 50 tantos, e o menos goleador con 13. Outes B ante Muros - Foto-Manuel Caamaño CASTRELO: Suma o Castrelo únicamente 4 puntos, merced a unha vitoria ante o Corcubión e un empate ante o Castriz. Os de Vimianzo, a pesar de levar 41 goles en contra, teñen a miúdo partidos igualados que se decantan por pequenos detalles. Cinco dos encontros que perderon foi pola mínima, o que indica que tampouco andan tan lonxe de sumar máis puntos dos que teñen.

Comentarios