![O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega]()
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Partidos moi igualados a maioría nesta 3ª Galicia na que non se percibe de inicio un claro favorito ó título, e si un grupo de aspirantes que nos prometen emocións fortes.
CASTRELO 1 - CABANA 4
CASTRELO: Oscar, Fabio (Nico 69´), Elvis (Dani 53´), Mario, Luis, Steven (Carreira 46´), Maikol (Esteban 61´), Michel, Esteban, Sergio Lema e Germán.
CABANA - Victor, Reigia (Diego Castro 81´), Raul, Isma, Serio, Mateo, Alejandro (Diego Varela 39´), Laik (Manuel 46´), Pablo Pose, Alessandro (Alberto 46´) e Fernando.
GOLES: 0-1 8´Fabio 0-2 14´Alessandro 1-2 17´Luis 1-3 36´Pablo Pose 1-4 89´Pablo Pose
Partido cómodo para o Cabana, que se foi ó descanso con ventaxa clara e soubo administrala no segundo tempo. A pesar dos cambios do descanso o equipo de Mingui controlou a situación sin problemas e levouse unha vitoria importante para encarar os vindeiros compromisos.
CASTRIZ 4 - OUTES B 0
CASTRIZ: Alvaro, Ruben (Paredes 84´), Toniño, Adrian, Mata (Amarelle 79´), Kevin (Nakata 61´), Steven, Ivan, Pastoriza (Miguel 74´), Raul e Landeira.
OUTES B: Antón, Cesar, Jose Lago, Brion, Bruno, Saul, Sergio, Brea, Edu, Caamaño, Paullo.
GOLES: 1-0 3´Pastoriza 2-0 8´Mata 3-0 73´Toniño 4-0 80´Adrián
![]()
O Castriz sumou a primeira vitoria
O Castriz foi moi superior ó filial do Outes e levouse unha abultada vitoria, cimentada nuns bos primeiros minutos de xogo onde Iván Pastoriza e Mata xa case sentenciaron o encontro antes do 10´. O filial tentou facer fronte, pero un Castriz enrabietado pola primeira derrota ligueira en Muros non dou opción, e ata un vello rockeiro como Toniño tivo a súa oportunidade de facer gol, algo realmente pouco habitual en el.
CAMELLE 3 - VOLANTES 2
CAMELLE: David Caamaño, Sergio (David 32´), Pablo, Felipe, Miguel Riveiro, Mendez, Mario, Adrián Pasantes (Adrián Tajes 79´), Alvaro (Tedín 69´) Lema, Vieites, Cristian Lema.
VOLANTES: Javira, Juan do Sivil, Mou (Pardelo 46´), Cajulo, Yanki, Gutiérrez, Ricardo (Rapante 70´), Alberto (Raul 59´), Dani, Yerai (Tico 46´), Maikel
GOLES: 1-0 11´Miguel Riveiro 2-0 19´Mendez 3-0 50´Mendez 3-1 83´Rapante 3-2 87´Yanki de pti
Partido de dúas caras en Camelle o sábado. Os locais foron unha apisonadora durante 50 minutos, pero a relaxación levounos a ter un final de encontro que non acabou en susto de casualidade, pois os de Sil puxeron o mono de traballo e case lle dan a volta a un 3-0 en contra. Foi expulsado Yanki no minuto 90
CORCUBIÓN 1 - PORTEÑO 2
CORCUBIÓN: Iago Abelleira, Mario Suárez, Rubén, Coté, Lestón (Tito70´), Roi (Alex Castro 83´), Iago Lema, Rama (Asier 62´), Dantes (Cobenta 62´), Gabri (Adrián 78´), Pabliño.
PORTEÑO: Jonathan, Martin, Marcos, Sergio, Manu, Jose, Jorge (Manuel 84´), Mario (Pablo 48´), Luis (Wii 71´), Isma (Jesús 61´), Vicente (Adrián 75´).
GOLES: 0-1 15´Luis 1-1 53´Roi 1-2 66´Jorge
Debut do xovencísimo equipo e Emilio Corzón, ante o rocoso Porteño. Os locais sufriron o fútbol directo do Porteño, que se adiantou pronto no marcador. No segundo tempo estiveron os mellores minutos do Corcubión, que igualou a contienda e tivo un par de boas opcións, pero unha boa contra doulle o segundo tanto e os tres puntos ó Porteño, que conta os seus partidos por vitorias.
MUROS 1 - NANTON 0
MUROS: Xandre, Lice (Angel 89´), Pedro, Yerai, Javier, Pelos, Ramon, Berni (Lariño 47´), Edu, Alvarito (Hugo 61´), Manu (Sergio 88´).
NANTON: Guille, Silvariño (Eloy 77´), Romero, Gavin, Diego, Pereira, Fabio, Lareu (Critian 61´), Pastoriza, Dani (MArtin 71´), Iván Moreira.
GOLES: 1-0 31´Pelos
Un solitario gol de Pelos doulle a primeira vitoria ó Muros na súa volta á 3ª Galicia, no campo Eleuterio Balayo. O encontro foi moi disputado e puido caer para calquera dos dous pero o factor campo sempre ten un peso especial en Muros, pobo que acolle con ilusión a volta do equipo ás competicións costeiras. Cuidado con este Muros que pode dar mais de un susto este ano.
SP.SEAIA 2 - S.D. AMEIXENDA 4
SP.SEAIA: Jose, Alejandro, Dario (Elvis 75´), David Muiño (Sergio 85´), Adrian Brandon, David Perez, Carlos, Adrian Parga, Jose Suarez, Mara, Javier Garcia.
SD AMEIXENDA: Maikel, Anton (Samu 46´), Oca, Bruno, Camacho, Chucho (Iago 17´), Adán, Pablo (Susiño 57´), Lagoa, Andres e Cristian.
![]()
Ameixenda e Seaia deron un bo espectáculo en Malpica
GOLES - 1-0 7´Adrián 1-1 24´Adrián Parga pp 1-2 68´Susiño 2-2 75´Mara de pti 2-3 80´Cristian 2-4 89´Cristian de pti
Partidazo na Pedra Queimada entre dous dos equipos que mellor fútbol realizan na 3ª Galicia. Adiantouse o Seaia pero pronto igualou o Ameixenda, non sin antes ter que levar ó seu xogador Chucho por urxencia tras un aparatoso corte. O xogador levou varios puntos de sutura e un bo susto. O partido desbocouse no segundo tempo. Adiantouse o Ameixenda pero logo igualou Mara de penalti. Foi expulsado o visitante Bruno, e con 10 e Andres lesionado, o Ameixenda foi quen de anotar dous tantos e levarse os tres puntos de maneira case heroica.