3ª Galicia: o Cabana aguanta en cabeza
13:18 30/10/17
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Destácase o Cabana ó frente da taboa, cun partido menos que os seus perseguidores Muros e Volantes de Baño. Un ano mais da a sensación que a promoción reactivou a 3ª Galicia, pois practicamente todos os equipos, excepto Outes B e Castrelo, van a ter opcións de subir de categoría, e eso nótase no igualado dos encontros e da competición en xeral.
CAMELLE 2 - SP.SEAIA 0
CAMELLE: David Caamaño, Sergio, Carlos Tajes (Rubén 75´), Barbeito, Tedín (Rodrigo 75´), Barreiro (Canosa 85´), Miguel Riveiro, Méndez (Adrián 66´), Mario, Álvaro Lema (David 82´) e Vieites
SP.SEAIA: Recarey, Canario, Jorge Parga, David Muíño, Carracedo (Álvaro Ramos 46´), Darío, Chols, Parga, Josi, Mara e Vistas
GOLES: 1-0 20´Méndez 2-0 53´Carlos Tajes
O Camelle esta a acercarse ós postos altos da taboa sacando bos resultados no seu campo. O sábado puido co Seaia con claridade. Adiantouse o conxunto local con gol de Méndez ós 20´, e a pouco de iniciarse o descanso Carlos anotou o segundo. O Seaia intentouno, pois tiña ganas de dedicarlle o triunfo ó seu xogador Eme, lesionado a semana pasada, pero non foi posible.
CASTRIZ 0 - MUROS 1
CASTRIZ: Alvaro, Rubén, Toniño, Carlos, Matías (José Suárez 57´), Adrián, Steven, Iván Castro (Martín Negreira 89´), Iván Pastoriza (Nakata 78´), Raúl e Landeira (Kevin 60´)
MUROS: Xandre, Yerai (Pedro Fdez 55´), Pedro (Lice 84´), Iván Cerilla, David (Hugo 69´), Ramón (Lariño 70´), Gael, Banana, Berni, Alvarito (Manuel 65´) e Canote
GOL: 47´Iván Cerilla
Temos xa ó Muros, na súa volta ó fútbol costeiro, en postos de ascenso directo, e fixoo nun difícil campo, o do recén descendido Castriz, que non acaba de arrancar como se esperaba deles. Foi Iván Cerilla, o veterano defensa, o que anotou o tanto da vitoria ó inicio do segundo tempo.
LAXE 4 - CASTRELO 1
LAXE: Eloy, Iván, Naya, Jacinto, Borja, Paredes (Bieito 85´), Santi (Manu 82´), Samu (Jorge 87´), Elías Galeano, Adán e Gora
CASTRELO: Carreira, Elvis (Gustavo 45´), Maikol, Mario, Juan, Félix (Nico 75´), Esteban (Michel 72´), Steven, Martín, Sergio Lema e Iván Caamaño (Dani Picallo 45´)
GOLES: 1-0 2´Samuel Lema 2-0 6´Paredes 2-1 29´Esteban 3-1 34´Samuel Lema 4-1 80´Samuel Lema
Non tivo problemas o Laxe para desfacerse do Castrelo nun encontro que ós 5 minutos xa tiña case sentenciado, merced a un inicio fulgurante dos locais, que non puido opoñerse o Castrelo. Reduciu distancias o conxunto visitante, pero a afortunada tarde de Samuel Lema, autor de tres tantos fixo o resto.
OUTES B 1 - CORCUBIÓN 4
OUTES B: Raúl, Cesar, José Lago, Christian, Juan Caamño, Saúl, Jasón (Fabio 60´), Paullo (Sergio 65´), Fran (Aitor 70´), Breno e David
CORCUBIÓN: Abe, Dantés (Tito 80´), Pabliño, Mario, Porto, Gabi (Asier 67´), Rubén (Mario 80´), Lema, Cote (Samu 46´), Antón e Luis Lojo (Rodri 54´)
GOLES: 0-1 43´Coté 1-1 51´David 1-2 67´Samu 1-3 79´Lema 1-4 87´Rodri
Ritmo lento no primeiro tempo cun montón de ocasións falladas polos visitantes. O filial tivo a súa mais clara nun libre indirecto dentro da area. Coté adiantou ó Corcubión antes do descanso. No segundo tempo o partido estivo aberto, o Outes igualou o partido, pero o Corcubión non se impacientou e conseguiu levarse a vitoria incluso goleando.
VOLANTES DE BAÑO 4 - PORTEÑO 1
VOLANTES: Rubén, Rapante (Godo 65´), Mou (Tico 84´), Thiago (Dani 82´), Cajulo, Raúl, Iván, Alberto (Mingos 71´), Yeray, Maikel, Sergio
PORTEÑO: Jonathan (Brais 65´), Marcos (Xoel 80´), Curra, Sergio (Mario 70´), Manu, Vicente, Jorge, Jose, Jorge Velo, Isma e Adrián (Wii 70´)
GOLES: 1-0 19´Thiago 1-1 41´Manu 2-1 51´Cajulo 3-1 65´Rapante 4-1 82´Thiago
Gran partido do Volantes onte en Muros, para impoñerse a un dos favoritos ó ascenso, o Porteño, que esta a ter unha xeira moi mala últimamente que o está a alonxar dos postos punteiros. O partido foi igualado, mais do que asemella polo marcador. Ó descanso o resultado era de empate, con goles de Thiago e o veterano defensa o Porteño Manu, pero no segundo tempo en apenas 10 minutos o Volantes sentenciou o encontro con tantos de Cajulo e Rapante. Thiago anotou o seu segundo da tarde a pouco do final para sentenciar o encontro.
AMEIXENDA 1 - CABANA 2
AMEIXENDA: Poke, Oca, Camacho, Bichiño (Santi 70´), Jesús (Bicho 64´), Lagoa, Cristian (Pablo 43´), Samu, Bruno (Juan Antonio 83´), Yago (Piquero 65´) e Chucho
CABANA: Víctor, Djamel, Isma, Duda, Fernando, Mateo (Diego 53´), Alex (Manuel 35´), Laik, Manolo, Alessandro (Dani 78´), Pablo (Castro 65´)
GOLES: 1-0 31´Cristian 1-1 55´Isma 1-2 79´Manuel
O Cabana aguantou o liderato nun dos campos mais difíciles da categoría. Co vento a favor no primeiro tempo o Ameixenda atacou con insistencia, e á media hora adiantouse nunha boa xogada de Bichiño con remate de Cristian. Os visitantes dispuxeron dunha boa ocasión de Alessandro que desbaratou o meta local. O Cabana no segundo tempo buscou un fútbol mais directo, e pronto igualou a contienda. Fernando estrelou un balón no pao. Cando o Ameixenda se volcou a pola vitoria o Cabana aproveitou unha indecisión entre a defensa e o porteiro local para levarse os tres puntos. A nota negativa foi a lesión de Cristian, con un forte golpe no codo tras un choque co porteiro do Cabana.