3ª Galicia: O título ten pinta de que vai a quedar no Concello de Muros

15:45 29/01/18
CAMELLE S.D. - S.D. CASTRIZ
Suspendido
SP. SEAIA 0 - LAXE S.D. 1
SEAIA: Recarey, Jorge Parga, David Muíño, Juni, Dani, Alvaro, Sergio, Darío, Chols, Josi e Vistas. Tamén xogaron Adrián Parga, Mara e Bili.
LAXE: Eloy, Iván, Toja, Naya, Jacinto, Gora, Ventura, Paredes, Jorge, Elías e Bieito. Tamén xogou Manu.
GOL: 0-1 54´Bieito
Un solitario gol de Bieito doulle os tres puntos ó Laxe nun partido vital para a loita pola promoción. O Partido foi intenso e con certos momentos de tensión. Foron expulsados por parte local o gardameta Recarei 89´e por parte visitante Elías 71´e Naya 90´.
C.D. MUROS 5 - OUTES B 0
MUROS: Matías, Yerai, Banana, Iván Cerilla, Gael, Pedro, Javi, Xavier, Ramón, Saúl e Canote. TAmén xogaron Hugo, Alejandro, Lice, Sergio e Xandre.
OUTES B: Raúl, Cesar, Fabián, Rubén, David, Fabio, Paullo, Fran, Aitor, Breno e Sergio. Tamén xogaron Nieto, Jose e Adrián.´
GOLES: 1-0 2´Saúl 2-0 47´Canote de pti 3-0 60´Ramón 4-0 79´Hugo 5-0 87´Xavier
Goleada do Muros ó filial, nun partido que se volcou definitivamente no segundo tempo, pois ó descanso chegouse con 1-0 no marcador e máis igualdade da que poida parecer. Pero o Muros non cede na súa carreira detrás do título e levouse o partido nun bo segundo tempo.
C.F. CASTRELO 0 - VOLANTES DE BAÑO F.C. 5
CASTRELO: Carreira, Mario, Gustavo, Fabio, Luis, Esteban, Maikol, Steven, Dani, Iván e Sergio. TAmén xogaron Juan, Carballo e Nico.
VOLANTES: Yanki, Dani, Rapante, Juan do Sivil, Mou, Thiago, Cajulo, Santi, Pardelo, Miguel e Picho. Tamén xogaron Alberto, Raúl, Godo, Lado e Alex.
GOLES: 0-1 8´Luis en pp 0-2 44´Cajulo 0-3 53´Thiago 0-4 88´Alberto 0-5 89´Rapante
Fixo un partido moi serio o Volantes en Vimianzo para imporse con claridade ó Castrelo, a pesar de que por motivos de lesións e enfermidades tivo que ser Yanki o que ocupase porta do conxunto de Sil. O dianteiro estivo fenomenal e deixou a portaa cero.
U.D. CORCUBION 3 - S.D. AMEIXENDA 4
CORCUBIÓN: Abe, Oca, Pablo, Lema, Dantés, Rubén, Gabi, Lagoa, Mario, Rama e Roi. Tamén xogaron Tito, Antón, Alex, Samu e Marcos.
AMEIXENDA: Papi, Oca, Camacho, Chucho, Susiño, Lagoa, Cristian, Pablo, Nes, Juan Antonio e Adán. TAmén xogaron Bicho, Andrés e Borja.
GOLES: 0-1 13´Nes 1-1 22´Mario 1-2 38´Cristian 1-3 61´Cristian 2-3 80´Lema 3-3 73´Roi 3-4 75´Camacho
Partidazo no Novo Cubaleiro entre dous equipos sabedores da importancia dos puntos en xogo. Adiantouse o Ameixenda nun disparo lonxano de Nes que non atallou o porteiro local. Igualou pronto o Corcubión nun centro lateral que tras varios rexeites acabou en gol. Antes do descanso estiveron os mellores minutos do Ameixenda, con Chucho dirixindo a manobra. Anotou Cristian, case marca Chucho de falta e Camacho anotou o 1-3, pero este gol foi anulado. No segundo tempo o Ameixenda seguiu creando perigo e Cristian anotou esta vez si o terceiro. Pero o Corcubión non se rende nunca, e levantou o encontro en apenas 5 minutos. Pero o Ameixenda sabía que tiña que ganar se quería seguir arriba, e despois dun disparo de Chucho foi Camacho o que fixo o gol definitivo.
Debutou no Corcubión o gardameta de Ameixenda Marcos, de só 16 anos de idade.
C.F. PORTEÑO 6 - C.D. NANTÓN 2
PORTEÑO: Brais, Adrián, Caamaño, Pejo, Curra, Cousillas, Vicente, Luis, Rachón, Marcos e Angel. Tamén xogaron Velo, Wii, Manuel, Xoel e Martín.
NANTON: José Manuel, Silva, Guau, Fran, Diego, Budi, Fabio, Maikel, Pastor, Martín e Cachopo. Tamén xogaron Eloy, Lareu e Cristian
GOLES: 1-0 7´Angel 2-0 11´MArcos de pti 2-1 16´Pastor 2-2 18´Maikel 3-2 22´Caamaño 4-2 32´Marcos 5-2 60´Marcos 6-2 77´Pejo
Dominio total do Porteño ante o Nantón. Ó cuarto de hora xa dominaba por 2-0 no marcador o cadro local, pero en 10 minutos remontou o Nantón con goles de Pastor e Maikel. A partir de ahí o Porteño foi o único equipo no terreo de xogo ante un Nantón que según caían os goles ía baixando cada vez máis os brazos.

