![O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega]()
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
OUTES F.C. 1 - S.D. CASTRIZ 5
OUTES B: Alvaro, César, Fabián, Juan, Saúl, Ramón, Paullo, Fabio, Fran, Aitor e Sergio. Tamén xogaron Alberto, Jasón, Nieto, Raúl e Del Río.
CASTRIZ: Alvaro, Toniño, Paredes, Adrián, Mata, Kevin, Steven, Martín Negreira, Nakata, Amarelle e Raúl. Tamén xogaron Matías e Jonathan.
GOLES: 0-1 1´Mata de pti 0-2 6´Mata 0-3 19´Nakata 0-4 73´Toniño 0-5 76´Nakata 1-5 78´Saúl
Clara vitoria dun Castriz que se achega ós postos de cabeza merced a unha boa xeira de resultados nos últimos partidos. Onte o encontro non tivo moita historia, pois ós 6 minutos xa vencía o cadro visitante con dous goles do seu home de máis calidade, Mata. A partir de ahí baixou o ritmo, e aínda así Nakata en dúas ocasión e Toniño ampliaron o marcador. Saúl anotaría o tanto da honra a dez minutos do final.
VOLANTES DE BAÑO F.C. 4 - CAMELLE S.D. 0
VOLANTES: Javira, Tico, Rapante, Juan do Sivil, Thiago, Raúl, Santi, Jose, Mingos, Maikel e Picho. Tamén xogaron Cajulo, Yeray, Mou, Alberto e Ricardo.
CAMELLE: David Camaño, Sergio, Angel Riveiro, Pablo, Tedín, Felipe, Miguel Riveiro, Méndez, Tajes, Adrián Pasantes e Vieites. Tamén xogaron Alvaro, Roi e Rubén.
GOLES: 1-0 27´Thiago 2-0 30´Thiago 3-0 41´Rapante 4-0 89´Rapante
Partidazo do Volantes para derrotar ó Camelle, rival directo, que foi inferior ós de Sil no Eleuterio Balayo muradán. Xa ó descanso o encontro estaba sentenciado. Thiago, en vena goleadora, anotou os dous primeiros tantos e Rapante foi o autor dos outros dous. Foi expulsado Angel Riveiro no minuto 60 por parte dun Camelle que non dou a medida das súas posibilidades reais.
S.D.AMEIXENDA 1 - SP.SEAIA 0
AMEIXENDA: Poke, Camacho, Oca, Bruno, Chucho, Castreje, Cristian, Pablo, Iago, Juan Antonio. Tamén xogaron Nes e Bicho
SP.SEAIA: José Camafreita, Alex, Jorge, Changui, Alvaro Ramos, Jose, Carracedo, Chols, Adrián, Josi e Vistas. Tamén xogaron Darío e Diego.
GOL: 1-0 88´Andrés
Vitoria sufrida pero merecida do Ameixenda ante o Seaia, nun partido marcado polo frío reinante. O Ameixenda controlou o xogo por completo, tendo o balón a maior parte do tempo. A pesar diso non dispuxo de ocasións excesivamente claras, pois pecou dun fútbol demasiado horizontal. Se no primeiro tempo non houbo moitas chegadas, no segundo sucedéronse unha detrás doutra. Chucho enviou unha falta ó pao, Bruno tivo outro pao á saída dun corner, Cristian marrou ata tres opcións claras... E cando parecía que o empate ía ser o resultado definitivo Nes, que debutaba procedente do Cee, meteu un centro alto dende a banda que se lle colou ó porteiro do Seaia, que xogou os últimos minutos con dificultades por un golpe recibido pouco antes.
C.D. NANTÓN 0 - C.D. MUROS 1
NANTÓN: Guille, Jose M., Pablo, Gavín, Diego, Pereira, Fabio, Micael, Pastoriza, Christian e Moreira. Tamén xogaron Silvariño, Lareu, Eloy, Martín e Dani Bardanca.
MUROS: Xandre, Berti, Banana, Iván Cerilla, Gael, Javi, Ramón, Yerai, Saúl, Pedro e Alvarito. Tamén xogaron Alejandro, Matías e Angel.
GOL: 0-1 82´Gael
![]()
Mantense o líder Muros na cabeza merced a vitoria en Nantón, moi meritoria diante dun conxunto local que viña de facer bos partidos e que lle puxo moi difícil o encontro ó líder, que so cun gol de Gael a pouco do final se puido levar os puntos en xogo.
CABANA S.D. 1 - C.F. CASTRELO 0
CA
BANA: Diego, Fernando, Manu, Fariña, Isma, Mateo, Reigía, Manolo, Cristian, Alberto e José Angel. Tamén xogaron Laik, Pablo, Diego Varela e Duda.
CASTRELO: Carreira, Fabio, Mario, Gustavo, Steven, Esteban, Maikol, Lado, Elvis, Dani e Iván. Tamén xogou Nico.
GOL: 1-0 40´José Angel
Partido moi condicionado polo forte vento e o frío intenso que fixo difícil ver bo fútbol en Cabana. O Castrelo saíu respondón ó Cabana, tivo dúas moi boas ocasións no primeiro tempo, incluso estrelou un balón no pao, pero encaixou a pouco do descanso nun bo pas de Reigía a José Angel que este transformou no único tanto do encontro. No segundo tempo o Cabana, co vento a favor, controlou mellor o encontro, e tivo ata 4 claras ocasións de gol. O Castrelo empurrou para buscar a igualada pero non foi quen de anotar, e os puntos quedaron na casa.
PORTEÑO C.F. 3 - U.D. CORCUBIÓN 0
PORTEÑO: Jonathan, Adrián, Curra, Pejo, Caamaño, Martín, Marcos, Cousillas, Jorge, Rachón e Angel. Tamén xogaron Wii, Xoel, Manuel Canosa e Mario.
CORCUBIÓN: Abe, Brais, Rubén, Coté, Rodri, Lema, Lagoa, Dantés, Gabi, Tito e Pablo. Tamén xogaron Sami, Jose Angel e Mini.
GOLES: 1-0 36´Caamaño 2-0 81´Wii 3-0 88´Pejo
Expulsado Brais 76´
Partido difícil na Grixa, cun terreo de xogo moi encharcado. Pouco fútbol no primeiro tempo onde os locais se adiantaron á media hora nunha falta lateral. O Corcubión acosou durante o segundo tempo pero non estivo demasiado acertado cara a gol, e nos minutos finais con goles de Wii e Pejo o Porteño sentenciou o encontro.