3ª Galicia: Aprétase a cabeza

12:05 15/01/18
S.D. CASTRIZ 3 - S.D. LAXE 1
CASTRIZ: David Gerpe, Rubén, Toniño, Paredes, Matías, Adrián, Mata, Kevin, Steven, Nakata e Raúl. Tamén xogaron Amarelle e Javi Martínez.
LAXE: Eloy, Iván, Toja, Naya, Jacinto, Borja, Ventura, Juan, Jorge, Elías López e Bieito. Tamén xogaron Felipe e Iñigo.
GOLES: 0-1 17´Jorge 1-1 44´Adrián 2-1 54´Amarelle 3-1 83´Raúl
O Castriz está a coller velocidade de cruceiro e non sen apuros venceu ó Laxe nun partido moi importante para ambos equipos. Adiantouse o equipo visitante pero antes do descanso igualou o CAstriz. No segundo tempo os locais foron superiores e por medio de Amarelle e Raúl leváronse un partido moi disputado e igualado.
CAMELLE S.D. 4 - OUTES B 1
CAMELLE: David Caamaño, Sergio, Carlos Tajes, Pablo, Barreiro, Miguel Riveiro, Mario, Adrián Pasantes, Alvaro Lema, Roi Caamaño e Vieites. Tamén xogaron Rodrigo, Sergio Romero e Alvaro Canosa.
OUTES B: Gorka, César, Fabián, Rubén, Juan, Jason, Paullo, Bruno, Fran, Sergio Nieto e Sergio Lado. Ta-m én xogaron Raúl e Del Río.
GOLES: 1-0 18´Barreiro 1-1 33´Sergio Lado 2-1 67´Adrián Pasantes 3-1 70´Adrián Pasantes 4-1 83´Rodrigo
O Camelle sufriu máis do que reflexa o marcador para impoñerse ó filial do Outes, nun encontro que foi empatado ó descanso, pero que no segundo tempo o acerto de cara á meta visitante de Adrián Pasantes solucionoulle a papeleta ó Camelle.
SP. SEAIA 1 - VOLANTES DE BAÑO F.C. 4
O Volantes de Baño está a realizar unha gran campaña
SP. SEAIA: Recarey, Jorge Parga, David, Dani, Changui, Alvaro Ramos, Carracedo, Sergio, Adrián, Vistas e Diego Quintas. Tamén xogaron Juni, Chols, Bili e Josi.
VOLANTES: Javira, Tico, Rapante, Juan do Sivil, Mou, Thiago, Pardelo, Raúl, Santiago, José e Maikel. Tamén xogaron Ricardo, Yeray, Mingos e Alberto.
GOLES: 0-1 6´Thiago 0-2 11´Thiago 0-3 19´Juan do Sivil 0-4 48´Thiago 1-4 62´Chols
Partido moi completo do Volantes en Malpica. Con seguridade defensiva, e seriedade, o talento de Thiago cara a gol foi suficiente para que o conxunto de Sil se levase o partido con comodidade. Os primeiros minutos foron plenos de acerto dos visitantes, que ó descanso dominaban a placer o marcador. O segundo tempo foi un mero trámite cun Volantes moi superior.
C.D. MUROS 1 - S.D. AMEIXENDA 1
MUROS: Xandre, David, Banana, Iván Cerilla, Gael, Ramón, Javi, Berni, Saúl, Pedro e Alvarito. Tamén xogaron Xavier, Lariño e Canote.
AMEIXENDA: Papi, Camacho, Bruno, Chucho, Susiño, Castreje, Cristian, Pablo, Borja, Alex e Adan. Tamén xogaron Nes, Piquero e David.
GOLES: 0-1 14´Castreje 1-1 20´Saúl
Partidazo en Muros entre dous candidatos a todo. Saíu moi ben o Ameixenda e nun centro envenenado de Castreje anotou o primeiro tanto. Pouco despois nun balón en profundidade Papi non é quen de atallalo e Saúl iguala a porta baleira. O Muros entón tomou o dominio do encontro, acosando a meta visitante. O pao evitou o segundo tanto local no minuto 35. No segundo tempo Chucho lanzou unha falta que o meta local sacou moi ben, e Papi evitou o segundo tanto local nun man a man. O partido foi moi tenso ata o final, cun expulsado por cada bando, pero a sangue non chegou ó río e a igualada final pódese considera xusta.
CASTRELO C.F. 2 - C.D.NANTON 3
CASTRELO: Carreira, Gustavo, Fabio, Esteban, Luis, Steven, Maikol, Lado, Dani Picallo, Iván e Mario. Tamén xogaron Juan, Nico, Felix, Sergio Lema e Elvis.
NANTON: Guille, José Manuel, Pablo, Gavín, Diego, Dani Bardanca, Fabio, Micael, Cristian, Martín e Lareu. Tamén xogaron Moreira, Martín e Eloy.
GOLES: 1-0 20´Iván 1-1 25´Cristian 2-1 26´Iván 2-2 55´Micael 2-3 89´Gavín
Ata o último minuto non se decidiu o apretado CAstrelo - Nantón, no que os locais foron moito tempo do partido dominando o marcador, pero non puideron aguantar o empuxe do Nantón nos intres finais.
U.D.CORCUBIÓN 3 - CABANA S.D. 1
CORCUBION: Beto, Mario,Oca, Rubén, Samuel, Rodrigo, Lema, Rama, Dantés, Gabri e Pablo. Tamén xogaron Saulo, José Angel e Fran.
CABANA: Víctor, Manu, Duda, Isma, Fernando, Manolo, Reigía, Cacha, Laik, Cristian e José Angel. Tamén xogaron Iago, Alessandro e Dani
GOLES: 1-0 12´Rodrigo 2-0 24´Mario 2-1 36´José Angel 3-1 52´Lema
O Corcubión impúxose ó Cabana nun partido que supoñía o debut de Cachadiña nas filas visitantes, procedente do Dumbría. O Cabana marrou claras ocasións, e o acerto do Corcubión foi decisivo. José Angel fallou un man a man xusto antes do primeiro gol local. O mesmo xogador tivo outra opción moi clara antes do gol de Mario. Con un home menos o Cabana puido empatar nun remate de Ismael que se foi fora. Co 3-1 o Corcubión defendeuse ben, o Cabana lanzou unha falta ó pao pero o marcador non se movería ata o final.



