3ª Galicia: triple empate en cabeza
11:18 16/10/17
Outes B - Muros - Foto-Manuel Caamaño
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Despois da vitoria do Nantón sobre o Porteño, temos a este equipo de líder igualado a puntos co Cabana e o Ameixenda. Excepto Castrelo e Outes B, que todavía non puntuaron, os outros conxuntos están nun puño, e dúas vitorias poden aupar a calquera ós postos altos.
CASTRIZ 3 - CAMELLE 2
CASTRIZ: Alvaro, Toniño, Paredes, Adrián, José Suárez, Kevin, Steven, Nakata, Amarelle (Landeira 60´), Pastoriza e Raúl
CAMELLE: David Caamaño, Sergio, Rubén (Cristian Lema 75´), Carlos, Pablo, Tedín (Álvaro Lema 62´), Barreiro, Ángel Riveiro, Méndez (Serxio Romero 70´), Adrián Pasantes (Canosa 82´) e Vieites
GOLES: 1-0 5´Adrián 1-1 33´Barreiro de pti 1-2 39´Felipe 2-2 44´Kevin 3-2 58´Steven
Partido entre dous galos da categoría de 3ª Galicia o xogado en Castriz, con moitas alternativas e emoción. Adiantouse o equipo local moi pronto, pero o Camelle non se veu abaixo con este gol, e o seu dianteiro goleador Barreiro, que está a atopar o camiño da portería con facilidade, en seis minutos dou a volta ó partido, primeiro de penalti. Tentou aguantar este resultado o Camelle ata o descanso pero o gol de Kevin foi chave, pois irse igualados ós vestiario sentoulle ben ó Castriz, que no segundo tempo e con paciencia logrou o gol da vitoria por medio de Steven.
LAXE 2 - SP.SEAIA 0
LAXE: Eloy, Xosé Toja, Naya, Jacinto, Borja Iglesias, Felipiño (Elías López 70´), Jorge (Gora 46´), Santi (Iván 87´), Elías, Manu (Samuel Lema 55´) e Adán
SP.SEAIA: Martín Recarey, Alejandro, David Muíño (Javi 58´), Elvis (Darío 70´), Álvaro (Jorge Parga 63´), Bili (Changui 25´), Chols, Parga, José, Mara e Vistas.
GOLES: 1-0 60´Gora 2-0 62´Gora
Dous tantos de Gora déronlle a vitoria ó Laxe e acércase ós postos altos da clasificación, a pesar de ser dos equipos que ten un partido menos co líder, o Nantón. Pola súa parte o Seaia non da arrancado a pesar de ter moitas esperanzas postas nesta tempada.
OUTES B 1 - MUROS 6
Outes B ante Muros - Foto-Manuel Caamaño
OUTES B: Raúl (Sergio 60´), Cesar Lago, Christian, Juan Caamaño (Gorka 60´), Saúl, Alberto (Álvaro 46´), Aitor (Edu 46´), Joel, Fran Bouzas, Breno e David Brea
Muros ante o Outes B - Foto-Manuel Caamaño
MUROS: Angel, Yerai (Lice 55´), Banana (David Brea 67´), Pedro (Matias 76´), Iván Cerilla (Sergio 64´), Ramón, Javi, Berni, Pelos, Alvarito (Lariño 60´), Canote
GOLES: 0-1 7´Canote 0-2 39´Pelos 0-3 48´Alvarito 0-4 53´Berni 0-5 57´Canote 0-6 62´Canote 1-6 78´David
Partido cómodo para o Muros en Outes ante o filial local, con triplete goleador de Canote. Con estos puntos os de Muros sitúanse con 9 a un so da cabeza da taboa.
VOLANTES DE BAÑO 3 - CASTRELO 2
VOLANTES: Rubén, Rapante (Yanki 68´), Juan do Sivil, Mou, Cajulo (Mingos 86´), Pardelo, Raul (Iván 65´), Godo, Ricardo (Tico 56´), Yeray (Alberto 56´) e Maikel
CASTRELO: Carreira, Oscar, Gustavo, Elvis, Luis, Esteban (Nico 68´), Félix, Maikol, Steven, Lema e Iván (Dani 65´)
GOLES: 0-1 16´Esteban 1-1 19´Cajulo 2-1 28´Juan do Sivil 2-2 56´Steven 3-2 67´Rapante
Saiu respondón o Castrelo no Eleuterio Balayo ó Volantes, que tivo que traballar e moito para levarse a vitoria. Sorprenderon os visitantes de inicio e adiantáronse no marcador ó cuarto de hora, pero Cajulo igualou pronto, para tranquilidade dos de Sil. O gol de Juan do Sivil parecía decantar o encontro hacia o lado local, pero no segundo tempo o Castrelo logrou igualar de novo. Tivo que ser Rapante o que anotara o tanto da vitoria, sufrida, e que acerca ó Volantes ós postos cabeceiros.
AMEIXENDA 3 - CORCUBIÓN 4
AMEIXENDA: David, Bruno (Antón 56´), Diego Oca, Samu, Camacho, Chucho, Samuel Castreje, Cristian, Piquero (Susiño 46´), Yago e Juan Antonio (Pablo 46´)
CORCUBIÓN: Abe, Adri (Porto 83´), Pabliño, Mario Suárez, Rubén, Gabi (Asier 67´), Cote, Antón Lestón (Roi 54´), Lema, Rama (Alex 59´) e Tito (Samuel 78´)
GOLES: 0-1 10´Cote 0-2 15´Rama 1-2 17´Samuel Castreje 2-2 30´Samuel Castreje 2-3 39´Coté 3-3 73´Cristian 3-4 81´Roi
Vaia partido o disputado en Cee. Saiu despistado o Ameixenda e Cote e Rama adiantaron ó Corcubión. Os locais reduciron distancias á saida dun corner, e pouco despois nunha gran combinación igualaba Lagoa. Pero antes do descanso de novo Coté adiantou ós visitantes. No segundo tempo o Ameixenda buscou a igualada con ahinco, tivo clarísimas ocasións, e logrouna por medio de Cristian, pero cando buscaban o tanto da vitoria foi Roi de fermosa vaselina á contra o que lle dou os puntos ó Corcubión.
NANTÓN 4 - PORTEÑO 2
NANTÓN: Guille, Silvariño, Pablo, Gavín, Diego, Carlos Vidal (Pereira 59´), Fabio (Bardanca 71´), Christian Pazos, Pastoriza (Moreira 79´), Martín (Raúl 86´) e Iván Moreira
PORTEÑO: Santi, Adrián (Canosa 66´), Curra (Wii 46´), Sergio, Jose Caamaño, Vicente, Jorge, Cousillas (Xoel 72´), Luis, Isma (Martín 83´) e Marcos
GOLES: 1-0 3´Diego 1-1 40´Cousillas 2-1 49´Pastoriza 2-2 56´Wii 3-2 60´Pastoriza 4-2 81´Moreira
Gran encontro en Nantón, onde o equipo local tivo que remar moito para levarse o partido, ante un correoso Porteño, que igualou por duas veces o marcador, pero non puido facer nada ante o arreon final do Nantón, que con goles de Diego Pastoriza e Iván Moreira no treito final logrou levarse o partido e colocarse líder da 3ª, parón para coller folgos pola forte calor incluido.