martes. 17.06.2025
El tiempo

400 deportistas arrincan unha nova tempada de natación e triatlón co AD Fogar

400 deportistas arrincan unha nova tempada de natación e triatlón co AD Fogar
Natacion co AD Fogar

250 socios e algo máis de 400 deportistas avalan a traxectoria do AD Fogar, entidade deportiva con 28 anos de vida. Unha entidade socio-deportiva sen ánimo de lucro que traballa a cabalo entre Carballo e Oleiros, e que comeza unha nova campaña 2016/2017 tanto nas Piscina Carballo Calero como nas Instalacións do INEF.

O seu sino é a formación de base e a práctica competitiva da Natación e o Triatlón en todas as súas modalidades e categorías. Ademais o seu proxecto social e deportivo se fundamenta principalmente no “esforzo alturista dunha directiva de 7 persoas, a profesionalidad de 8 técnicos titulados e por suposto a paixón e a entrega das xeracións e xeracións de deportistas que pasaron polo club ao longo de todos estes anos”.

Teñen colleitando numerosos premios en competicións nacionais, rexionais e provinciales, teñen acadado convocatorias internacionais de seleccións e enviado bolseiro a centros de tecnificación e adestramento que serviron de inspiración doutros moitos. E sobre todo, teñen fomentado o deporte e a vida sana.

Por outros 20 anos da AD Fogar.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios