xoves. 01.05.2025
El tiempo

5 medallas para o CDM Piragüismo Dumbría na súa proba dos Campionatos Galegos de Promoción

5 medallas para o CDM Piragüismo Dumbría na súa proba dos Campionatos Galegos de Promoción
Campionato Galego de Slalom de promocion no circuito do Couqino-Olveira-Dumbria

5 medallas conseguíu o CDM Piragüismo Dumbría facendo de anfitrión dos Campionatos Galegos de Promoción de Slalom de promoción, celebrados este pasado domingo no campo de O Couquiño, Olveira. 5 clubs galegos trouxeron a case que 80 rapaces e rapazas que competiron nas categorías de promoción (prebenxamíns, benxamíns, alevíns e infantiles).
Era un circuito esixente tecnicamente, ao que había que engadir un orballo incómodo que en todo caso non foi quen de deslucir unha proba á que asistíu numero público.

A nivel individual, o CDM Piragüismo Dumbría acadou cinco medallas, das que destacan a de Alexia Canosa, terceira no K1 infantil femenino, e a de Brais Sánchez Cancela, tamén terceiro no K1 Alevín masculino. Ademais subiron ó pódium as Benxamíns Iera Lema, Roque Gonzalez e Marta Senlle.

O triunfo final por clubs foi para o CDM Teixugos de Goian, que se impuxo por diante do CP Penedo de Caldelas de Tui e o Clube Quixos de Monforte de Lemos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-medalla-de-jorge-quintans-salva-un-mal-campionato-de-espana-do-cdm-piraguismo-dumbria/

Comentarios