![]()
O vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas, o pavillón Bergantiños de Carballo acolle a
V edición do día do Pequebasket que este ano bate marcas de participación. Así, a organización viuse obrigada a pechar anticipadamente o prazo de inscrición xa que nos últimos días superouse o límite de 49 equipos polo que se viron obriagos a ampliar a 55 equipos participantes que congregan a máis de 650 xogadores e xogadoras de toda a comunidade galega.
O evento está organizado pola
Escola Basket Xiria coa colaboración do concello de Carballo, a Deputación da Coruña e a federación Galega de Baloncesto, así como outros patrocinadores de forma privada.
Equipos participantes
Entre os equipos participantes están o CB Viveiro de Lugo; AD Bosco Salesianos de Ourense; Franciscanos de Lugo; EDM Ponteceso; CB As Pontes; CD Los Rosales de A Coruña; ADM Peleteiro de Santiago; CB Mercedarias de Ferrol; CB Costa Artabra; AD Franciscanos de A Coruña; CB Porto do Son; CB Artai de Carballo; CB Sarria; Cristo Rey de A Coruña; CD San José de Cluny de Santiago; CB Basquet Coruña; CB Universitario de Ferrol; Estudiantes de Lugo; Club Jesuitinas de A Coruña; CD Galogrin de Teo; ACB Costa da Morte de Cee; CD María Auxiliadora de Lugo; Celta Baloncesto de Vigo; Basket School de Ferrol; CB Culleredo; AAA Dominicos; EMB A Laracha e a Escola Basket Xiria.
Hoxe, ás 19:15 horas terá lugar
a presentación do 5º día do Pequebasket nun acto que terá lugar no Casino de Carballo (rúa Vázquez de Parga nº 1) e no que estarán Marcos Díaz Molk - presidente da Escola Basket Xiria -; Francisco Martín Micó -presidente da Federación Galega de Baloncesto -; José Garcia Liñares - deputado provincial da Coruña de Mocidade e Deportes -; e Evencio Ferrero Rodríguez - alcalde de Carballo -.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Basket Xiria